{"id":25711,"date":"2025-10-05T21:33:40","date_gmt":"2025-10-05T19:33:40","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25711"},"modified":"2025-10-06T09:07:56","modified_gmt":"2025-10-06T07:07:56","slug":"sobre-lingua-cultura-tradicions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/10\/05\/sobre-lingua-cultura-tradicions\/","title":{"rendered":"Sobre lingua, cultura, tradici\u00f3ns&#8230;"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"456\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Esquema_sobre_a_biblioteca_de_Getaria_-_Guethary.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25732\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Esquema_sobre_a_biblioteca_de_Getaria_-_Guethary.jpg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/10\/Esquema_sobre_a_biblioteca_de_Getaria_-_Guethary-300x198.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Hai pouco fixen unha viaxe lenta, &#8216;slow travel&#8217; que inclu\u00edu o Pa\u00eds Vasco. En bicicleta, tendo un certo roce co local, e por suposto, trato coa xente, cos &#8216;locais&#8217;.<\/p>\n\n\n\n<p>Vindo de Galicia, non me estra\u00f1ou o &#8216;kaixo&#8217; de sa\u00fado, nin tampouco notei estra\u00f1eza no cambio de lingua \u00f3 apreciar a xente a mi\u00f1a incomprensi\u00f3n do e\u00fascaro. Estra\u00f1oume m\u00e1is a percepci\u00f3n propia, mi\u00f1a, de que o tono, a cadencia da xente \u00f3 falar, era diferente nunha e outra lingua. \u00d3 mellor, s\u00f3 percepci\u00f3n mi\u00f1a, como se o acento cambiara coa lingua.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasando por Gasteiz -Vitoria na outra lingua cooficial no pa\u00eds-, Agurain -Salvatierra-, Ikaztegieta -este, m\u00e1is doado, Icaztegieta-, Irun -este, tam\u00e9n, Ir\u00fan-, Hondarrib\u00eda -Fuenterrab\u00eda-, Hendaia -neste caso, o cooficial en Iparralde \u00e9 o franc\u00e9s: Hendaye- ou a norte\u00f1a Getaria -de novo, franc\u00e9s, Gu\u00e9thary-, entre outras, poden observarse moitas diferenzas. Pero a querencia \u00e1 cultura, tradici\u00f3ns ou lingua son patentemente constantes. E sono na convocatoria de actos plas m\u00faltiples asociaci\u00f3ns a m\u00e1is de polas entidades p\u00fablicas, pola promoci\u00f3n da eu.wiki (eu.wikipedia.org), ou a convocatoria da popular korrika -carreira- anual polo e\u00fascaro, pero tam\u00e9n polas bibliotecas.<\/p>\n\n\n\n<p>Gardo grata lembranza da pequena biblioteca de Getaria\/Gu\u00e9thary, onde Catherine fai a s\u00faa labor &#8216;fierment&#8217; (con orgullo, en traduci\u00f3n literal do franc\u00e9s), pero tam\u00e9n lembro con agrado as de Tolosa -aqu\u00ed non hai cambio de denominaci\u00f3n entre linguas- ou Astigarraga -tampouco-, onde se nota un coidado agradecido pola concorrencia cidad\u00e1 \u00f3s establecementos, sexa castel\u00e1n falante ou te\u00f1a como lingua vehicular o e\u00fascaro. Agradecemento que se nota en xeral nos usuarios das bibliotecas, pero que noutros lugasres vese arroupado por abonda menor concorrencia. \u00c1s bibliotecas na vilas grandes xa se lles sup\u00f3n fondos bibliogr\u00e1ficos e persoal de atenci\u00f3n abundantes, pero o certo \u00e9 que mesmo en pobos de non moita veci\u00f1anza a biblioteca ocupa un lugar aparentemente destacado na vida do entorno.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha viaxe, dixen \u00f3 comezar. O retorno, en tren, ofreceume un \u00faltimo contraste a sinalar, entre outros moitos posibles. As comunicaci\u00f3ns en tren pola cornixa cant\u00e1brica non son excepcionalmente boas, como \u00e9 sabido, necesit\u00e1ndose dous d\u00edas para chegar en tren do Bidasoa ata a r\u00eda de Ribadeo. Sen detallar moito, a viaxe esixe ao menos cambio de tren en Donostia\/San Sebasti\u00e1n, Bilbo\/Bibao, Santander e Oviedo\/Uvi\u00e9u. Ao menos, con noite por medio. Unha viaxe que ofreceu contrastes sobre os que pensar, m\u00e1is al\u00f3 da densidade de poboaci\u00f3n ou riqueza actual do territorio, que por suposto infl\u00faen. As\u00ed, comecei a viaxe de retorno nun Euskotren el\u00e9ctrico de 6 vag\u00f3ns, que de cambio en cambio se foron reducindo (mesmo nunha parada intermedia en Infiesto na que teoricamente non ter\u00eda por que facerse o cambio) ata ser s\u00f3 un vag\u00f3n automotriz di\u00e9sel o que se chegou a reflectir nas augas da r\u00eda ribadense. De xeito parello, os avisos pasaron de estar difundidos en catro linguas (e\u00fascaro, castel\u00e1n, franc\u00e9s e ingl\u00e9s) a unha soa. A dobre v\u00eda, pasou a sinxela, mentres as denominaci\u00f3ns fac\u00edan cambio entre rexional, ancho m\u00e9trico ou &#8216;cercan\u00edas&#8217;&#8230; mesmo con varias denominaci\u00f3ns no mesmo tramo, de xeito que puiden comprobar que non fun o \u00fanico que na procura por internet se perdeu nas denominaci\u00f3ns, incapaz de atopar as li\u00f1as. Por suposto, o pasar dunha frecuencia dun convoi cada media hora a d\u00faas veces \u00f3 d\u00eda d\u00e9ixoa apartada por ter en principio outra orixe.<\/p>\n\n\n\n<p>Non, non se trata de querer ser vasco: estou orgulloso de ser o que son, cidad\u00e1n do mundo como galego. Pero como tal, sinto o aquel de mirar para f\u00f3ra e ver que \u00e1s veces as cousas poder\u00edan ir mellor fac\u00e9ndoas como as fan noutros lugares, como por exemplo o Pa\u00eds Vasco.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai pouco fixen unha viaxe lenta, &#8216;slow travel&#8217; que inclu\u00edu o Pa\u00eds Vasco. En bicicleta, tendo un certo roce co local, e por suposto, trato coa xente, cos &#8216;locais&#8217;. Vindo de Galicia, non me estra\u00f1ou o &#8216;kaixo&#8217; de sa\u00fado, nin tampouco notei estra\u00f1eza no cambio de lingua \u00f3 apreciar a xente a mi\u00f1a incomprensi\u00f3n do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[160],"tags":[10],"class_list":["post-25711","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cultura","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25711","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25711"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25711\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25733,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25711\/revisions\/25733"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25711"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25711"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25711"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}