{"id":2568,"date":"2022-10-20T08:38:00","date_gmt":"2022-10-20T06:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T19:57:00","modified_gmt":"2024-10-23T17:57:00","slug":"sobre-auga-e-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/20\/sobre-auga-e-ribadeo\/","title":{"rendered":"Sobre a auga e Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/memoria.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"286\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/memoria.jpg\" class=\"wp-image-2569\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hoxe chove. Leva horas fac\u00e9ndoo. O consumo de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/auga%20da%20billa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">auga da tra\u00edda<\/a> do concello de Ribadeo vir\u00eda suplido pola auga que caen nunha porci\u00f3n da superficie municipal. Hai que recollela. E facelo con tento para que te\u00f1amos auga na billa. O sistema, na actualidade, pasa por que&nbsp; maior\u00eda da auga consumida na vila sexa subida do r\u00edo Eo case a nivel do mar a unha instalaci\u00f3n a uns 120 m de altura en Vilarbetote, e logo, tra\u00edda \u00e1 ETAP (Estaci\u00f3n de Tratamento de Augas Potables) e \u00f3 dep\u00f3sito de Santa Cruz (un pouco m\u00e1is abaixo da anterior) con pouco gasto enerx\u00e9tico, case por gravidade (o que lembra que as tuber\u00edas, en zonas baixas, te\u00f1en que soportar presi\u00f3ns de m\u00e1is de 10 atmosferas e te\u00f1en m\u00faltiples aver\u00edas debido \u00f3 seu estado). O caso \u00e9 que as instalaci\u00f3ns fix\u00e9ronse de xeito p\u00fablico (e en concreto, as tuber\u00edas xa toca renovalas dende hai tempo) e xesti\u00f3nanse dende hai tempo de xeito privado. A empresa de xesti\u00f3n &#8216;de sempre&#8217; \u00e9 Viaqua, antes Aquagest, filial dunha multinacional, o Grupo AgBar, que participa tam\u00e9n co 70 % en Aguas de Barcelona, e que, por certo, est\u00e1 sendo <a href=\"https:\/\/www.elsaltodiario.com\/agbar\/barcelona-una-ciudad-frente-al-agua\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">duramente contestada polo concello barcelon\u00e9s<\/a> nas s\u00faas propostas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A 31 de xullo, hai dous meses e medio, a alcald\u00eda sacou unha &#8216;<a href=\"https:\/\/ribadeo.sedelectronica.gal\/board?x=712n-ELUolfYRFDAw3n2kAbJr4eYMqtWHvwx492kK3X6V11Qf7CSeBjwXhvWYhIdH6h*A**yMFxeap2tF23-ZlAnELITbQttA9YJyeR-usBRtOiNhtxl9s1LUKPNFvsB\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">MEMORIA XUSTIFICATIVA DA F\u00d3RMULA DE REVISI\u00d3N DE PREZOS E ESTRUTURA DE CUSTOS PARA A CONTRATACI\u00d3N MEDIANTE CONCESI\u00d3N ADMINISTRATIVA DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE, E SANEAMENTO NO CONCELLO DE RIBADEO<\/a>&#8216;, memoria que se fixo p\u00fablica na web (Sede Electr\u00f3nica do concello, onde aparece con varias faltas) s\u00f3 hai algo m\u00e1is de medio mes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>C\u00fastame entender por que non se seguiu a xesti\u00f3n p\u00fablica da auga en troques de servirlla en bandexa \u00e1 empresa privada, nun movemento que agora vese contestado en diversas partes do mundo polo abuso -de diversos xeitos- a ra\u00edz da necesidade de servizo de auga potable. Pero o caso \u00e9 que agora mesmo, \u00e9 as\u00ed, e visto o documento, parece que seguir\u00e1 as\u00ed. Por certo, o documento referido tam\u00e9n est\u00e1 feito por unha empresa privada de consultor\u00eda, Intoconsulting; a capacidade de xesti\u00f3n p\u00fablica parece ser minguante, e cabe preguntarse ata onde pode minguar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O informe, como pode verse de xeito doado, comeza na p\u00e1xina cuarta de 13, coa introduci\u00f3n, onde aparece diversa lexislaci\u00f3n eo principio de &#8216;referenciaci\u00f3n a custos&#8217; e non &#8216;a prezos&#8217;, as\u00ed como indica que o contrato sobrepasa os 5 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; No segundo punto, establece a petici\u00f3n de 5 valoraci\u00f3ns de estrutura de custos, que se anexan \u00f3 final do documento.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>No terceiro apartado emprega unha f\u00f3rmula para asegurar a ganancia do contratista, asegurando a amortizaci\u00f3n do investimento e unha taxa de retorno que supere en 2 % \u00e1 rendibilidade dos bonos do estado. O per\u00edodo de amortizaci\u00f3n \u00fasase para xustificar a revisi\u00f3n de prezos, e incide asemade no monto final.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A estrutura de custos \u00e1 que chega o informe \u00e9 a seguinte:<\/span><\/p>\n<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/estrutura20de20custos.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"461\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/estrutura20de20custos.jpg\" class=\"wp-image-2570\" width=\"479\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Os dous apartados seguintes determinan a f\u00f3rmula de revisi\u00f3n e os \u00edndices que &#8216;meter&#8217; na f\u00f3rmula, chegando a:<br \/>\n&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/fC3B3rmula20de20reviC3B3n.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"229\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/fC3B3rmula20de20reviC3B3n.jpg\" class=\"wp-image-2571\" width=\"606\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E axustando despois: &#8220;Para incentivar un comportamento eficiente do concesionario establ\u00e9cese un l\u00edmite \u00e1 variaci\u00f3n do prezo do contrato obxecto de revisi\u00f3n peri\u00f3dica fixando unha taxa de crecemento m\u00e1xima do 3% e m\u00ednima do -1%&#8221;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>En fin, d\u00e1 moitas voltas, pero mirado de xeito detido remata un a pensar derivando en varias cousas: por que ten que levar o conto un concesionario en troques da propia administraci\u00f3n, como o levou no seu momento (e non diminuiu persoal \u00f3 facelo, por que, en caso de concesi\u00f3n, non pode xerarse aqu\u00ed a empresa e ten que depender dunha multinacional, e por que unha revisi\u00f3n de contrato e non un contrato novo se non se axustaron xa \u00edndices de xeito autom\u00e1tico.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Por certo, e como remate, chego tarde con este comentario no sentido de que o prazo de exposici\u00f3n p\u00fablica est\u00e1 m\u00e1is ou menos a rematar, co que xa non se poder\u00edan nin presentar alegaci\u00f3ns \u00e1 memoria, presentada na Sede Electr\u00f3nica pero que non vin anunciada por ningures nas novas do concello.<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hoxe chove. Leva horas fac\u00e9ndoo. O consumo de auga da tra\u00edda do concello de Ribadeo vir\u00eda suplido pola auga que caen nunha porci\u00f3n da superficie municipal. Hai que recollela. E facelo con tento para que te\u00f1amos auga na billa. O sistema, na actualidade, pasa por que&nbsp; maior\u00eda da auga consumida na vila sexa subida [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2569,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[54,21],"class_list":["post-2568","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-auga-da-billa","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2568","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2568"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2568\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2569"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2568"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2568"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2568"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}