Estes d\u00edas pasados, a conto das protestas pola participaci\u00f3n dun equipo chamado Israel – Premier Tech na \u2018Vuelta ciclista a Espa\u00f1a\u2019 que comezou en Italia, tr\u00f3uxose a colaci\u00f3n que \u2018o deporte non \u00e9 pol\u00edtica\u2019, ou, dun xeito quizais m\u00e1is realista, que \u2018hai que apartar deporte e pol\u00edtica\u2019. A\u00ednda sabendo que o deporte est\u00e1 (mellor \u2018est\u00e1\u2019 que \u2018pode estar\u2019, \u00e1 vista dos acontecementos dende que o deporte \u00e9 considerado tal) profundamente relacionado coa pol\u00edtica, como amosan o boicot \u00f3s XX. OO. de Moscova, a non aceptaci\u00f3n de conxuntos rusos en diversas competici\u00f3ns despois do comezo da guerra na Ucra\u00edna, ou o bloqueo \u00e1 participaci\u00f3n de Sud\u00e1frica en diversas competici\u00f3ns, entre moitos outros exemplos; a\u00ednda co\u00f1ecendo iso, tense feito fincap\u00e9 na separaci\u00f3n entre deporte e pol\u00edtica, como se correspondese \u00e1 realidade. Como se o aceptar un equipo que se manifesta el mesmo promotor do bo nome de Israel \u00f3 tempo que ese estado est\u00e1 a cometer un xenocidio, \u00f3 tempo que en cada etapa mata 50 ou 100 persoas, non tivera implicaci\u00f3n pol\u00edtica.
Escribo unha volta rematada a \u2018Vuelta\u2019. Na etapa A Veiga-Monforte, escoitei a un organizador dicirlle a algu\u00e9n que portaba unha bandeira palestina de xeito pac\u00edfico detr\u00e1s dun valado: \u2018lo malo de esto es que, sabes? Los ciclistas corren peligro\u2019. Como ciclista aficionado, co\u00f1ezo os perigos da estrada e t\u00e9\u00f1oos sufrido. Como persoa, sab\u00eda que o d\u00eda anterior volveran matar decenas de seres humanos, persoas, en Gaza. Como manifestante \u2018educado\u2019, s\u00f3 me met\u00edn para retrucarlle \u2018tranquilo, somos pac\u00edficos\u2019, cal\u00e1ndome \u2018n\u00f3s non somos terroristas\u2019 e \u2018tampouco colaboramos para que sigan matando xente sent\u00edndose impunes\u2019 ou \u2018o malo disto, sabes? \u00c9 que estades a normalizar o xenocidio\u2019.
Esa etapa saldouse cunha ca\u00edda sobre a que comentarios e titulares en xeral dic\u00edan algo as\u00ed como \u2018un manifestante provoca a ca\u00edda de dous ciclistas\u2019, cando o manifestante (vese claro no v\u00eddeo difundido con eses titulares), caeu na cuneta, e o que provocou a ca\u00edda foi o cruce dun polic\u00eda. Era un manifestante exaltado que pretend\u00eda facer caer ciclistas? Ser\u00eda\u2026 haber\u00e1 que demostralo. O que est\u00e1 claro \u00e9 que el non os fixo caer nin se ve que saltara ningunha protecci\u00f3n. E o que se sabe \u00e9 que hai un manifestante acusado de facer caer ciclistas. Torceduras de significado semellantes hai abondas. Hoxe mesmo, chegoume unha noticia, co titular: \u201cNos pod\u00edan haber matado, nos tiraron chinchetas cuando \u00edbamos a 80 por hora\u201d. Lendo no texto que encabezaba, est\u00e1 claro: o titular \u00e9 mentira, o ciclista non dixo tal.
Certo \u00e9 que p\u00f3dese facer pol\u00edtica de xeito moito m\u00e1is c\u00f3modo e con moito maior rendemento se se ten acceso directo a un despacho que tent\u00e1ndoo con actos na r\u00faa, m\u00e1is a\u00ednda se son pac\u00edficos, como podemos sentir t\u00f3dolos d\u00edas. E tam\u00e9n \u00e9 certo que hai incontrolados nas protestas, mesmo infiltrados e\/ou contratados para rebentalas (como se ten demostrado moitas veces \u00f3 longo da historia), as\u00ed como tam\u00e9n os hai nos despachos, de Washington a Moscova ou Xerusal\u00e9n, en xeral abondo m\u00e1is perigosos estes \u00faltimos que os anteriores.
Volvendo \u00f3 t\u00edtulo e traducindo unha das acepci\u00f3ns de \u2018pol\u00edtica\u2019 do dicionario da Real Academia Espa\u00f1ola: \u2018Actividade do cidad\u00e1n cando interv\u00e9n nos asuntos p\u00fablicos coa s\u00faa opini\u00f3n, co seu voto, ou de calquera outro modo\u2019. Como o ser humano vive en sociedade, pouco do seu facer escapa \u00e1 pol\u00edtica. As\u00ed pois, pol\u00edtica es ti (a\u00ednda que non te decates a maior\u00eda do tempo).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Que \u00e9 pol\u00edtica? E ti mo preguntas? Pol\u00edtica es ti Parafraseando a B\u00e9cquer nun c\u00e9lebre verso, podemos dicir o t\u00edtulo: \u201cQue \u00e9 pol\u00edtica? E ti mo preguntas? Pol\u00edtica es ti\u201d.Estes d\u00edas pasados, a conto das protestas pola participaci\u00f3n dun equipo chamado Israel – Premier Tech na \u2018Vuelta ciclista a Espa\u00f1a\u2019 que comezou en Italia, tr\u00f3uxose […]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[177],"tags":[17],"class_list":["post-25622","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-paz","tag-paz"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25622","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25622"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25622\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25624,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25622\/revisions\/25624"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25622"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25622"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25622"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}