Cada vez \u00e9 m\u00e1is patente que boa parte do tempo os pobos e os pol\u00edticos que os gobernan van por cami\u00f1os diferentes. Non \u00e9 un fen\u00f3meno novo, sen\u00f3n un que \u00f3 longo do tempo foi posible observar mellor e por iso ver as diferencias, a\u00ednda que nos \u00faltimos tempos o enturbiado das redes sociais estea a facer retroceder a visi\u00f3n a nivel de tempos xa pasados.
Parece que tempo pasou de cando os reis dic\u00edan \u2018o estado son eu\u2019, \u00f3 tempo que as ra\u00ed\u00f1as aconsellaban \u00f3 pobo que, sen non ti\u00f1an pan, comeran doces. Hoxe a monarqu\u00eda \u00e9 unha instituci\u00f3n que se conserva por inercia hist\u00f3rica e conveniencias diversas de poderes non menos diversos. Dificilmente pode argumentarse que se mant\u00e9n pola s\u00faa utilidade, a utilidade da monarqu\u00eda, ou pola utilidade e val\u00eda de quen est\u00e1 no posto, polos polos propios reis (hoxe e en xeral, sexan monarcas actuais ou pasados). Sinxelamente, \u00e9 algo como un comod\u00edn intercambiable que xogadores nas altas esferas sociopol\u00edticas poden usar no seu xogo de poder (usar e tam\u00e9n gastar, como amosa o em\u00e9rito)
Seguindo co t\u00edtulo da obra de Francisco de Rojas, \u2018Del Rey abajo, ninguno\u2019, os poderes que van en cascada dende o mandam\u00e1is\/Rei ate o pobo que podemos ser ti ou eu, tam\u00e9n se ven cuestionados. Non porque pasara o seu tempo como pode ser no caso dos reis (dende o seu establecemento, coa tendencia a caducar de todo o temporal), ou pola falta de representatividade que podan ter no caso doutros poderes (por defecto democr\u00e1tico na s\u00faa constituci\u00f3n ou o feito da s\u00faa non elecci\u00f3n). Non, sen\u00f3n sinxelamente por apartarse as s\u00faas decisi\u00f3ns do ben da xente, no presente e cara \u00f3 futuro. \u00c9 dicir, por tomar decisi\u00f3ns favorables a unha minor\u00eda con poder en prexu\u00edzo do pobo, a maior\u00eda da que emana o poder.
O caso \u00e9 que xa na obra de teatro de Francisco de Rojas, coa mentalidade da \u00e9poca, est\u00e1 establecida unha diferencia entre o Rei, \u00f3 que se lle permiten facer cousas, e o resto, a quen non. Tempo despois, sexa ou non representativo, o rei segue a ter prerrogativas que os m\u00e1is non temos. E a\u00ednda m\u00e1is, \u00e9 inevitable un efecto contaxio a outras persoas, ben por proximidade de trato, lazos econ\u00f3micos ou sociais, proximidade na escala de poder ou outras causas, chegando dese xeito a que haxa m\u00e1is xente que se vexa por riba da lei (pol\u00edticos que a lexislan, empresaios que presionan para escapar dela, xu\u00edces que deberan aplicala\u2026), e a que se multipliquen en consecuencia os efectos negativos desa desigualdade entre \u2018os poderosos\u2019, que engaden privilexios \u00f3 seu poder inicial, e \u2018o pobo\u2019. Un efecto contaxio que se ve incrementado por evoluci\u00f3ns que est\u00e1n a ter lugar noutras partes do mundo, dende o Israel de Netanyahu da fuxida adiante, xenocidio inclu\u00eddo, para eludir a s\u00faa propia culpabilidade e enxuizamento por outros temas, \u00f3s Estados Unidos de Trump, que pasa por riba das leis, militariza cidades, destr\u00fae familias enteiras de inmigrantes e ameaza con postularse para outro mandato por riba do tempo establecido, como calquera ditador.
Exemplos m\u00e1is pr\u00f3ximos? Queda para outra; seguro que ti podes atopar m\u00e1is dun.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
\u2018Del Rey abajo, ninguno\u2019Cada vez \u00e9 m\u00e1is patente que boa parte do tempo os pobos e os pol\u00edticos que os gobernan van por cami\u00f1os diferentes. Non \u00e9 un fen\u00f3meno novo, sen\u00f3n un que \u00f3 longo do tempo foi posible observar mellor e por iso ver as diferencias, a\u00ednda que nos \u00faltimos tempos o enturbiado das […]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[176,158],"tags":[13,9],"class_list":["post-25602","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-politica","category-sociedade","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25602","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25602"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25602\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25603,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25602\/revisions\/25603"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25602"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25602"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25602"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}