{"id":2554,"date":"2022-10-25T19:05:00","date_gmt":"2022-10-25T17:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2026-03-10T15:21:15","modified_gmt":"2026-03-10T14:21:15","slug":"cronica-dunha-viaxe-0","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/25\/cronica-dunha-viaxe-0\/","title":{"rendered":"Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 0  Atravesando a pen\u00ednsula"},"content":{"rendered":"<p>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 0\u00a0 Atravesando a pen\u00ednsula<\/p>\n<p>(do Cant\u00e1brico galego \u00f3 Mediterr\u00e1neo valenciano)<\/p>\n<p>Do 25 de setembro \u00f3 10 de outubro pasados fixen unha viaxe en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Bicicleta+\">bicicleta<\/a> que resultou rematar despois de algo m\u00e1is de 1100 km, salvando un desnivel positivo acumulado duns 7800 m, nun tempo dunhas 66 h. A orixe, Ribadeo. O seu final, Valencia.<\/p>\n<p>Pretendo contar aqu\u00ed, etapa a etapa (pero tam\u00e9n con cousas mesturadas), non s\u00f3 o m\u00e1is salientable (o que me pareceu a min m\u00e1is salientable), sen\u00f3n tam\u00e9n de sentimentos \u00f3 longo da experiencia a an\u00e9cdotas diversas.<\/p>\n<p>Coido que a preparaci\u00f3n, por pequena que te\u00f1a sido neste caso, debe contar como unha etapa m\u00e1is. De a\u00ed este cap\u00edtulo 0. E contar que, a\u00ednda que foi sinxela, o tomar a decisi\u00f3n de facer a viaxe prolongouse ata que un bo d\u00eda, p\u00faxenlle data de partida. A partir de a\u00ed, comezou a viaxe.<\/p>\n<table class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\" cellspacing=\"0\" cellpadding=\"0\" align=\"center\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center\"><a style=\"margin-left: auto;margin-right: auto\" href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/mapa20da20viaxe.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2555\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/mapa20da20viaxe.jpg\" width=\"656\" height=\"505\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center\"><span style=\"font-size: x-small\">Trazos b\u00e1sicos da viaxe. Cada tramo entre dous \u00e1ngulos, unha etapa.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O resume do itinerario ser\u00eda:<\/p>\n<p>Etapa 01 Ribadeo &#8211; O C\u00e1davo, 84 km, 1200 m de desnivel acumulado, 5 horas. Por A Pontenova e O Pedregal de Irimia, dando algunha volta en balde e chegando a Meira para logo, \u00e1 beira da Marronda, arribar \u00f3 Cadavo.<\/p>\n<p>02 O C\u00e1davo &#8211; Ponferrada, 94 km, 950 m, 5,5 h. Baixando cara a Baleira e sen chegar, acadando a N VI para\u00a0 despois dunha parada no miradoiro de Doncos, chegar a Pedrafita e logo a Villafranca e \u00e1s proximidades de Ponferrada. Contacto co Cami\u00f1o de Santiago \u00e1 inversa.<\/p>\n<p>03 Ponferrada &#8211; Astorga, 61 km, 1200 m, 4,5 h. Tentando seguir no posible o Cami\u00f1o de Santiago e culminando o punto m\u00e1is alto do recorrido, a Cruz de Ferro. Pode que o tramo m\u00e1is duro.<\/p>\n<p>04 Astorga &#8211; Le\u00f3n, 51 km, 200 m, 3 h. Seguindo o Cami\u00f1o en boa parte, tramo de medio descanso.<\/p>\n<p>05 Le\u00f3n &#8211; Villarmentero, 108 km, 400 m, 6 h. Tentando ir polo Cami\u00f1o de Santiago, con varias desviaci\u00f3ns e visita a Sahag\u00fan e Carri\u00f3n de los Condes.<\/p>\n<p>06 Villarmentero &#8211; Burgos, a \u00faltima etapa en setembro, 77 km, 530 m, 5,5 h. Polo Cami\u00f1o de Santiago, inclu\u00edda unha parte no Canal de Castilla, e visitas a Fr\u00f3mista ou Castrojeriz.<\/p>\n<p>07 Burgos &#8211; Santo Domingo de Silos, 74 km, 500m, 5 h. Xa f\u00f3ra do Cami\u00f1o Franc\u00e9s, o tr\u00e1fico polas v\u00edas que sigo case desaparece. Primeira parte pola V\u00eda Verde Santander &#8211; Mediterr\u00e1neo, e retrocedendo dende Salas de los Infantes para chegar a Silos.<\/p>\n<p>08 Santo Domingo de Silos &#8211; Soria, 95 km, 650 m, 6,5 h. Xa mergullado na Espa\u00f1a Baleirada, sen ter onde comer ata Abejar.<\/p>\n<p>09 Soria &#8211; Calatayud, 95 km (medidos por estrada, o tramo m\u00e1is longo), 310 m, 5 h. Por Almenar de Soria, deserto\u2026 ata para o caf\u00e9.<\/p>\n<p>10 Calatayud &#8211; Calamocha, 66 km, 500 m, 4 h. Sa\u00edda por \u2018v\u00edas verdes\u2019 e decepci\u00f3n. Subida \u00f3 porto de Villafeliche antes de Daroca. Encontro con Pedro, de O Barqueiro, facendo unha ruta ciclista de Salas de los Infantes a Segorbe.<\/p>\n<p>11 Calamocha &#8211; Teruel, 73 km, 200 m, 4 h. Por estrada e coroando varios altos de arredor de 1000 m no que para Galicia \u00e9 unha chaira.<\/p>\n<p>12 Descanso (Teruel &#8211; Teruel), co\u00f1ecendo a cidade.<\/p>\n<p>13 Teruel &#8211; Barraques, 67 km de v\u00edas verdes, 520 m, 4 h. As VV de Ojos Negros II son recomendables, e transitadas.<\/p>\n<p>14 Barraques &#8211; La Vall D\u2019Uix\u00f3, 83 km, 140 m, 4 h. A meirande parte, por unhas VV Ojos Negros I moi transitadas en s\u00e1bado, e o resto, por estradas auxiliares \u00e1s principais como non sei que as haxa en Galicia.<\/p>\n<p>15 La Vall d\u2019Uix\u00f3 &#8211; Sagunto, 34 km, 90 m, 1,75 h. De novo, por v\u00edas de servicio ata o Porto de Sagunto, antes de subir a Sagunto por v\u00edas urbanas.<\/p>\n<p>16 Sagunto &#8211; Valencia, 44 km, 130 m, 2,25 h, v\u00edas de servicio e desviaci\u00f3ns diversas antes e despois de dar unha volta por B\u00e9tera.<\/p>\n<p>As distancias, desniveis e tempos son aproximados: as paradas, desviaci\u00f3ns, paso por rutas non marcadas no mapa dixital, etc, fan que o c\u00f3mputo non poda ser m\u00e1is ca iso, aproximado. Ver no m\u00f3bil a t\u00faa sinalizaci\u00f3n de posici\u00f3n no medio da nada, sen ruta reco\u00f1ecible nunha redonda de 1 km non deixa de ser gracioso a m\u00e1is de presentar os l\u00edmites e fiabilidade de datos e tecnolox\u00eda a disposici\u00f3n das persoas correntes&#8230; Algo parello a atopar preto dunha vila grande sinalada como ruta un cami\u00f1o impracticable.<\/p>\n<p>A t\u00e1boa anterior tampouco \u00e9 exactamente a prevista en principio. A ruta programada foi pensada para ter dous d\u00edas de marxe para chegar o d\u00eda que quer\u00eda, dos que rematei consumindo un visitando unha vila que non co\u00f1ec\u00eda, Teruel, e outro \u00f3 facer unha desviaci\u00f3n e etapa extra por La Vall d&#8217;Uix\u00f3. A m\u00e1is, por ser unha viaxe en certo xeito experimental, coll\u00eda d\u00eda a d\u00eda o aloxamento, o que me forzou a algunha variaci\u00f3n. Como a visita a Santo Domingo de Silos, cun tramo, entre ese punto e Hacinas, pola BU 910 (26 km ida e volta e inclu\u00eddo un pequeno porto en Carazo) que foi o \u00fanico repetido por obriga, digamos &#8216;t\u00e9cnica&#8217;.<\/p>\n<p>A preparaci\u00f3n, a m\u00e1is da lista de cousas a levar comigo, da procura de afastarme de Madrid e favorecer v\u00edas pouco transitadas por veh\u00edculos a motor, v\u00edas verdes e Cami\u00f1o de Santiago (recorrido \u00e1 inversa, claro!), inclu\u00edu a bicicleta. Ti\u00f1a claro a elecci\u00f3n da bicicleta de monta\u00f1a que uso normalmente, con rodas grosas, que dificultan o avance pola estrada pero ofrecen m\u00e1is seguridade e a posibilidade de ir por v\u00edas non moi ciclables. Sufriu unha revisi\u00f3n antes da sa\u00edda, con cambio dalgunha parte, e xa na viaxe, unha substituci\u00f3n de bolas de rodamento oxidadas en Astorga. En m\u00e1is dunha ocasi\u00f3n tem\u00edn que non aguantara os continuos botes nos cami\u00f1os, cargada cunhas alforxas cheas de m\u00e1is por precauci\u00f3n (ese &#8216;cheas de m\u00e1is&#8217; \u00e9 o motivo polo que non especifico a lista de cousas coas que carguei, para non inducir \u00f3 mesmo erro a ningu\u00e9n). Pero aguantou, e sen rodas picadas.<\/p>\n<p>As alforxas eran para abrir \u00e1 final da etapa. A m\u00e1is, unha mochila de ciclismo coa documentaci\u00f3n e cartos era o b\u00e1sico do que non me desprend\u00eda, xunto co m\u00f3bil, que por comodidade \u00eda unha pequena bolsa preto do manillar. Como comprobei, o separar as cousas en dous lugares diferentes (en realidade, tres, como remato de dicir) foi un acerto que me permitiu unha mobilidade que non ter\u00eda de usar s\u00f3 as ateigadas alforxas, e as\u00ed puiden deixar m\u00e1is dunha vez a bicicleta f\u00f3ra da vista (candada cun sinxelo candado de n\u00fameros) por uns minutos, non temendo que desapareceran m\u00e1is que cousas remprazables de xeito doado a\u00ednda que tiveran un custe.<\/p>\n<p>E o ciclista, apoiado ata a Cruz de Ferro para non levar alforxas nas primeiras (e maiores, e m\u00e1is fortes) subidas, tam\u00e9n tivo sorte, non enfermou e aguantou, fortaleceuse e desfrutou na viaxe, para o que non fixo \/ non fixen unha preparaci\u00f3n f\u00edsica especial. De feito, a preparaci\u00f3n aumentou \u00f3 longo das d\u00faas semanas de recorrido!<\/p>\n<p>Un apunte m\u00e1is: a viaxe foi en solitario, salvo acompa\u00f1amentos puntuais e casuais, como o de Pedro de O Barqueiro por terras aragonesas. Ou polo caudal de xente \u00e1 contra polo Cami\u00f1o de Santiago, con momentos de encontro de algarab\u00edas nos que sorr\u00eda para min desfrutando dunha pracida soidade, polo demais meditada.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=cr%C3%B3nica+dunha+viaxe\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-0.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 0 Atravesando a pen\u00ednsula<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-01-ribadeo-o-cadavo.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 01 Ribadeo &#8211; O C\u00e1davo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-02-o-cadavo.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 02 O C\u00e1davo &#8211; Ponferrada<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-03-ponferrada.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 03 Ponferrada &#8211; Astorga<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-04-astorga-leon.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 04 Astorga &#8211; Le\u00f3n<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-05-leon.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 05 Le\u00f3n &#8211; Villarmentero<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-06-villarmentero.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 06 Villarmentero &#8211; Burgos<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-07-burgos-santo.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha Viaxe \/ 07 Burgos &#8211; Santo Domingo de Silos\u00a0<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-08-santo-domingo-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 08 Santo Domingo de Silos &#8211; Soria<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-09-soria-calatayud.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 09 Soria &#8211; Calatayud<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-10-calatayud.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">\u00a0\u00a0 \u00a0Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 10 Calatayud &#8211; Calamocha<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-11-calamocha-teruel.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">\u00a0\u00a0 \u00a0Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 11 Calamocha &#8211; Teruel<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-12-teruel-teruel.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">\u00a0\u00a0 \u00a0Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 12 Teruel &#8211; Teruel<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-13-teruel-barraques.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">\u00a0\u00a0 \u00a0Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 13 Teruel &#8211; Barraques<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-14-barraques-la.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">\u00a0\u00a0 \u00a0Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 14 Barraques &#8211; La Vall d&#8217;Uix\u00f3<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-15-la-vall-duixo.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">\u00a0\u00a0 \u00a0Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 15 La Vall d&#8217;Uix\u00f3 &#8211; Sagunto<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-16-sagunto-valencia.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">\u00a0\u00a0 \u00a0Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 16 Sagunto &#8211; Valencia<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-e-17-rematando.html\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">\u00a0\u00a0 \u00a0Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ e 17, rematando<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 0\u00a0 Atravesando a pen\u00ednsula (do Cant\u00e1brico galego \u00f3 Mediterr\u00e1neo valenciano) Do 25 de setembro \u00f3 10 de outubro pasados fixen unha viaxe en bicicleta que resultou rematar despois de algo m\u00e1is de 1100 km, salvando un desnivel positivo acumulado duns 7800 m, nun tempo dunhas 66 h. A orixe, Ribadeo. O [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2555,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[28,85],"class_list":["post-2554","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-bici","tag-cronica-dunha-viaxe"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2554","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2554"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2554\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27075,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2554\/revisions\/27075"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2555"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2554"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2554"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2554"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}