{"id":25514,"date":"2025-08-26T14:25:58","date_gmt":"2025-08-26T12:25:58","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25514"},"modified":"2025-08-26T14:33:56","modified_gmt":"2025-08-26T12:33:56","slug":"nos-tamen-fomos-emigrantes-si-pero-non-asi","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/08\/26\/nos-tamen-fomos-emigrantes-si-pero-non-asi\/","title":{"rendered":"N\u00f3s tam\u00e9n fomos emigrantes&#8230; si, pero non as\u00ed."},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"491\" height=\"559\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/Castelao-e-a-emigracion.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25517\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/Castelao-e-a-emigracion.jpg 491w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/Castelao-e-a-emigracion-264x300.jpg 264w\" sizes=\"auto, (max-width: 491px) 100vw, 491px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Estos d\u00edas est\u00e1 en Ribadeo a exposici\u00f3n &#8216;N\u00f3s tam\u00e9n fomos emigrantes&#8217;, con fotos relacionadas coa <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=emigraci%C3%B3n\">emigraci\u00f3n<\/a> entre a guerra e os anos 60. Cando vin o cartel, f\u00edxenme \u00e1 idea de vela, na Oficina de Turismo. E al\u00ed fun hoxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Certo, non \u00e9 a idea que ti\u00f1a dunha exposici\u00f3n sobre a emigraci\u00f3n galega. A exposici\u00f3n consta de fotos diversas, pero en xeral, de grupo. \u00c9 dicir, de grupos encadrados na &#8216;emigraci\u00f3n oficial&#8217;, &#8216;respaldada e organizada polo estado&#8217;, etc. Ou sexa, dunha parte da emigraci\u00f3n, dulcificada e na que aparece o estado non como causante sen\u00f3n como provedor de futuro da xente. Un grupo de mulleres que \u00e9 formado por monxas durante un mes para emigrar a Australia -1961, varias fotos-, un barco que chega con emigrantes retornados coa &#8216;operaci\u00f3n Espa\u00f1a&#8217; recibidos en porto por moita xente e unha banda de m\u00fasica -propaganda-, mans en alto co sa\u00fado feixista \u00f3 chegar a Alema\u00f1a a traballar (neste caso, estamos a falar de 1941&#8230;), un empresario que fixo cartos con voos para emigrantes tomando caf\u00e9 \u00f3 p\u00e9 dunha estatua de Beethoven en Alema\u00f1a -como tipo caracter\u00edstico da emigraci\u00f3n?- son alg\u00fans dos temas. E cando a foto se achega \u00f3s rostros, tranquilidade, mesmo sorrisos, ledicia&#8230; tanto \u00f3 volver como \u00f3 marchar! De feito, hai nela fotos que non se sabe se recollen esceas de despedida ou de benvida no retorno. Nada ou moi pouco que poda lembrar \u00f3 que nos contaban os nosos familiares ou co\u00f1ecidos de volta \u00e1 terri\u00f1a, ou do que refer\u00eda Castelao de xeito gr\u00e1fico, ou do que se pode ver en pel\u00edculas como &#8216;Un franco, catorce pesetas&#8217;, ou mesmo entrever noutras cintas m\u00e1is antigas que ti\u00f1an que burlar a censura. A emigraci\u00f3n era tam\u00e9n as\u00ed, as fotos son reais, pero, en que proporci\u00f3n? E, mesmo para esa mesma xente, que hai do &#8216;resto do tempo&#8217;?<\/p>\n\n\n\n<p>Si, certo, o t\u00edtulo da exposici\u00f3n serve para lembrar que n\u00f3s, a xente que nos precedeu nesta terra e a\u00ednda boa parte dos que a habitan hoxe, foron emigrantes, pero o seu contido implica que &#8216;fomos emigrantes doutra clase&#8217;, &#8216;organizados, mantidos por un estado que apoiaba&#8217;&#8230; cando esas son verdades que atinxen a unha m\u00ednima parte da emigraci\u00f3n e que a m\u00e1is, a\u00ednda deixan f\u00f3ra, acalan e ocultan moitos aspectos desa parte da emigraci\u00f3n que tentan retratar como \u00fanica.<\/p>\n\n\n\n<p>Coido que a exposici\u00f3n \u00e9 no mellor dos casos unha oportunidade perdida para amosar de xeito amplo o mundo da emigraci\u00f3n, e, no peor, unha mostra de nesgo ideol\u00f3xico cun lavado de cara dun tempo pasado. Un evento que recorre Galicia con moita difusi\u00f3n polo respaldo econ\u00f3mico de Abanca, feita a partir de fondos gr\u00e1ficos da axencia EFE -fundada por Ram\u00f3n Serrano S\u00fa\u00f1er no 1939- e correspondentes \u00f3 per\u00edodo de ditadura,&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estos d\u00edas est\u00e1 en Ribadeo a exposici\u00f3n &#8216;N\u00f3s tam\u00e9n fomos emigrantes&#8217;, con fotos relacionadas coa emigraci\u00f3n entre a guerra e os anos 60. Cando vin o cartel, f\u00edxenme \u00e1 idea de vela, na Oficina de Turismo. E al\u00ed fun hoxe. Certo, non \u00e9 a idea que ti\u00f1a dunha exposici\u00f3n sobre a emigraci\u00f3n galega. A exposici\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-25514","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25514","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25514"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25514\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25520,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25514\/revisions\/25520"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25514"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25514"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25514"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}