{"id":25496,"date":"2025-08-23T13:25:05","date_gmt":"2025-08-23T11:25:05","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25496"},"modified":"2025-08-23T19:45:48","modified_gmt":"2025-08-23T17:45:48","slug":"parque-si-parque-tematico-non","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/08\/23\/parque-si-parque-tematico-non\/","title":{"rendered":"Parque si, (parque) tem\u00e1tico non"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"342\" height=\"513\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/Sen-titulo.pngcartel-en-Santiago.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25497\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/Sen-titulo.pngcartel-en-Santiago.jpg 342w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/Sen-titulo.pngcartel-en-Santiago-200x300.jpg 200w\" sizes=\"auto, (max-width: 342px) 100vw, 342px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Cartel en Santiago<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">Parque si, (parque) tem\u00e1tico non<\/p>\n\n\n\n<p>O que segue esta referido a Ribadeo, no que indican os datos concretos. Mais estimo que hai abondos outros lugares que en calquera momento poden seguir cami\u00f1os semellantes, no caso de que non estean xa transitando por eles. Ti que les poder\u00e1s xulgar.<\/p>\n\n\n\n<p>O principal lugar de ocio p\u00fablico no centro do pobo de Ribadeo \u00e9 un parque, \u2018o parque\u2019, ou, se se lle pregunta \u00e1 xente de m\u00e1is idade, a\u00ednda \u2018o campo\u2019, o que ser\u00eda o antigo campo da feira do pobo. Ese parque leva moitos anos partido en dous, despois de recoller historicamente un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/12\/14\/o-parque-de-ribadeo-no-seculo-xx-do-campo-pasando-polo-parque-da-republica-a-actualidade\/\"><u>cami\u00f1o polo medio do \u2018campo\u2019 e trazados dos anos trinta do s\u00e9culo pasado<\/u><\/a>. As d\u00faas partes son nomeadas como \u2018Parque de San Francisco\u2019 e \u2018Praza de Espa\u00f1a\u2019. No de San Francisco, o m\u00e1is pr\u00f3ximo \u00e1 igrexa, o quiosco da m\u00fasica e os xogos dos m\u00e1is pequenos son os que dominan, limitados por d\u00faas amplas avenidas e edificios p\u00fablicos. Na outra zona, as avenidas con \u00e1rbores encadran \u00e1 s\u00faa beira alg\u00fans elementos singulares. Ben, \u00e9 un dicir. Este ver\u00e1n, as avenidas protexidas polas \u00e1rbores para o desfrute e paseo deixaron lugar a tenderetes varios boa parte, sen\u00f3n a meirande, dos d\u00edas. A maior, segundo a tendencia \u00f3 medre dos \u00faltimos anos. E a \u00faltima polo momento, cun \u2018Mercado do cami\u00f1o\u2019 xestionado por unha empresa privada a proveito das festas e do concello, segundo os carteis. A outra zona, a de San Francisco, tivo tam\u00e9n acubillada algunha montaxe. De feito, agora mesmo que escribo, a\u00ednda mediados de agosto, e parece que ata mediados de setembro (\u00e9 dicir, cousa dun mes de xeito continuado) unha parte dela pasou a estar ocupada por un inchable, primeiro, e logo, de xeito inmediato, tam\u00e9n por outras atracci\u00f3ns. Sen descartar a\u00ednda novas incorporaci\u00f3ns, novas \u2018casetas de actividades\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p>Visto o visto, a xente do pobo qu\u00e9dase sen parque \u00f3s poucos. Pode que, para ir adiantando, xurdira hai alg\u00fan tempo a brillante idea de cortar algunhas <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=%C3%A1rbores\">\u00e1rbores<\/a> e as\u00ed ir despexando o terreo. Unha idea polo momento desbotada despois das protestas e presi\u00f3n da xente; para simplificar, ch\u00e1malles \u2018veci\u00f1os\u2019, \u2018nativos\u2019 ou \u2018locais\u2019. E unha idea que parece encami\u00f1ada a que a \u2018praza\u2019 sexa unha praza con dominio do asfalto, formig\u00f3n ou semellante. A facer obras, deixar sitio chiringuitizable, desafiuzar \u00f3s maiores que por al\u00ed procuran acubillo e \u00f3s nenos que se van quedando sen espazo para compartir. E ru\u00eddo: cada chiringuito ven acompa\u00f1ado da s\u00faa cota sonora, \u00e9 cousa sabida de todos e exercida coa displicencia de quen deber\u00eda ter conta da tranquilidade e en xeral do benestar dos veci\u00f1os.<\/p>\n\n\n\n<p><br>O parque, como s\u00edmbolo particular da conversi\u00f3n dun pobo en parque tem\u00e1tico en canto nos despistemos&#8230; Exemplos \u00f3 largo da xeograf\u00eda abundan, dende os emblem\u00e1ticos, moi citados de Venecia que expulsa \u00f3s veci\u00f1os, a Barcelona con alg\u00fan barrio invivible ou o Santiago da zona vella deshabitada, a outros menos co\u00f1ecidos e con outras caracter\u00edsticas polo seu moito m\u00e1is pequeno tama\u00f1o. Mentres, Ribadeo fai o imposible por seguir o cami\u00f1o.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Parque si, (parque) tem\u00e1tico non O que segue esta referido a Ribadeo, no que indican os datos concretos. Mais estimo que hai abondos outros lugares que en calquera momento poden seguir cami\u00f1os semellantes, no caso de que non estean xa transitando por eles. Ti que les poder\u00e1s xulgar. O principal lugar de ocio p\u00fablico no [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[158],"tags":[9],"class_list":["post-25496","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sociedade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25496","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25496"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25496\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25503,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25496\/revisions\/25503"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25496"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25496"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25496"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}