{"id":25465,"date":"2025-08-20T12:59:04","date_gmt":"2025-08-20T10:59:04","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25465"},"modified":"2025-08-20T12:59:04","modified_gmt":"2025-08-20T10:59:04","slug":"casa-da-ria-apartamentos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/08\/20\/casa-da-ria-apartamentos\/","title":{"rendered":"Casa da r\u00eda apartamentos"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Casa da r\u00eda apartamentos<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/07\/photo_5785168811836689228_y-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25270\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/07\/photo_5785168811836689228_y-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/07\/photo_5785168811836689228_y-300x225.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/07\/photo_5785168811836689228_y-768x576.jpg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/07\/photo_5785168811836689228_y.jpg 1280w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Que bonita vista dende Sta. Cruz!<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Dada a escaseza de aloxamento en Ribadeo, oc\u00f3rreseme, por que non facer apartamentos na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Casa+da+r%C3%ADa\">Casa da r\u00eda<\/a> en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Santa+Cruz\">Santa Cruz<\/a>?<\/p>\n\n\n\n<p>Que os apartamentos poidan ser para vivir na veci\u00f1anza de Ribadeo ou apartamentos tur\u00edsticos\u2026 o fin, non e semellante? Se se alugan como vivendas de uso tur\u00edstico ou algo parello, axudar\u00e1n a descomprimir o mercado de apartemos para vivir, non? Iso \u00e9 algo como o que se soe dicir para xustificar que hai que constru\u00edr m\u00e1is (apartamentos, a\u00ednda que rematen co apelido \u2018tur\u00edsticos\u2019) e non regular ou limitar prezos, que desincentivar\u00edan a construci\u00f3n e o movemento de cartos (de alg\u00fans)<\/p>\n\n\n\n<p>15 de agosto. Subo a Santa Cruz e s\u00edntome en Ribadeo. Entend\u00e1monos: Santa Cruz pertence \u00e1 parroquia de Ove. Logo, legalmente, \u00e9 Ribadeo. Mais como sentimento, destaco que hai visible abonda m\u00e1is xente de Ribadeo que visitantes, algo do que no propio pobo \u00f3 longo do ver\u00e1n e cada vez m\u00e1is noutros momentos, non hai moitos exemplos, a non ser nalgunha r\u00faa afastada do centro e baleira. Pero Santa Cruz non est\u00e1 baleira. Hoxe bule tranquila, mesmo con m\u00fasica nalgunha mesa das ocupadas, sen o marmurio vocingleiro dos visitantes fac\u00e9ndose escoitar por riba dos m\u00e1is.<\/p>\n\n\n\n<p>A imaxe anterior non estar\u00eda completa sen incorporar a Casa da r\u00eda, en ru\u00ednas, de novo coa porta aberta como invitando \u00e1 xente a subir e admirar o medre das \u00e1rbores sobre as baldosas despois da xira. \u00c1rbores esas que parecen exentas de corte ou arranque a diferenza do que lles ocorre a outras conx\u00e9neres s\u00faas no pobo.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero sigamos. Xa que durante anos, despois de ser constru\u00edda veu deix\u00e1ndose da man de deus; xa que non \u00e9 usada como ben p\u00fablico, sen\u00f3n abandonada polas instituci\u00f3ns p\u00fablicas, por que non privatizalo, ou privatizar o seu uso? Que algu\u00e9n lle saque partido, xa que o concello non llo saca!. Que importa que pasen a facerlle render cartos mans privadas? Mellor que deixalo a monte, sen mesmo que (en teor\u00eda non) se poda entrar nela? Si, poder\u00eda usarse para moitas cousas (entre elas, para o que foi concibida), pero como non se usa, e non se molestan as instituci\u00f3ns en usar un ben p\u00fablico, pois mellor que o aproveite algu\u00e9n, e mesmo o pode conservar mellor\u2026 Non importa que despois, para usar un ben p\u00fablico haxa que pagar, que non se pode esperar que o coidado saia gratis! Ou que de xeito f\u00e1ctico se var\u00ede a propiedade, constru\u00edda con cartos de todos, ou o entorno arredor (porque claro, para aproveitar a casa da r\u00eda haber\u00eda que dotala dun pequeno terreo arredor como xard\u00edn, terraza ou chiringuito). Total, a quen molesta? \u00d3s turistas seguro que non, e \u00e1 xente do pobo, se xa est\u00e1 estragada, ser\u00e1 que non lle interesa moito\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>E claro, para promoci\u00f3n, mellor un lema. Trat\u00e1ndose dunha situaci\u00f3n no monte de Santa Cruz, a un paso do miradoiro, que tal \u2018<em>Casa da r\u00eda: todo Ribadeo \u00f3s teus p\u00e9s<\/em>\u2019? Soa a real \u00f3 tempo que pode ser unha met\u00e1fora\u2026<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Casa da r\u00eda apartamentos Dada a escaseza de aloxamento en Ribadeo, oc\u00f3rreseme, por que non facer apartamentos na Casa da r\u00eda en Santa Cruz? Que os apartamentos poidan ser para vivir na veci\u00f1anza de Ribadeo ou apartamentos tur\u00edsticos\u2026 o fin, non e semellante? Se se alugan como vivendas de uso tur\u00edstico ou algo parello, axudar\u00e1n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[],"tags":[26,9],"class_list":["post-25465","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25465","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25465"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25465\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25467,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25465\/revisions\/25467"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25465"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25465"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25465"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}