{"id":25420,"date":"2025-08-14T18:10:02","date_gmt":"2025-08-14T16:10:02","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25420"},"modified":"2025-08-14T18:22:53","modified_gmt":"2025-08-14T16:22:53","slug":"presentacion-de-as-bocas-cosidas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/08\/14\/presentacion-de-as-bocas-cosidas\/","title":{"rendered":"Presentaci\u00f3n de As bocas cosidas"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/photo_5832476716960959829_y-768x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25424\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/photo_5832476716960959829_y-768x1024.jpg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/photo_5832476716960959829_y-225x300.jpg 225w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/photo_5832476716960959829_y.jpg 960w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Marilar Aleixandre, asinando libros<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Onte m\u00e9rcores 20250813, tivo lugar a presentaci\u00f3n de <em>As bocas cosidas<\/em>, libro de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Marilar_Aleixandre\">Marilar Aleixandre<\/a>, na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Biblioteca+p%C3%BAblica+municipal+Viejo+Pancho\">Biblioteca p\u00fablica municipal Viejo Pancho<\/a> de Ribadeo. Era a segunda presentaci\u00f3n, despois da inicial poucos d\u00edas antes na feira do libro de A Coru\u00f1a. Deixo o v\u00eddeo e o escrito da introduci\u00f3n feita por min, tras unhas poucas notas sobre a conversa mantida entre Marilar como autora e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Lourenzo+Fern%C3%A1ndez+Prieto\">Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto<\/a> como co\u00f1ecedor do tema. \u00d3 final, a nota de prensa e cartel anunciadores.<\/p>\n\n\n\n<p>A asistencia encheu a biblioteca, entre 60 e 70 persoas, que escoitaron cousas como a existencia de 27 partidos con representaci\u00f3n en xullo do 1936, que o 80% dos fusilados en Galicia f\u00f3rono nos seis primeiros meses (2\u00ba semestre do 1936), do cambio da narrativa pola ditadura e a s\u00faa imposici\u00f3n, do env\u00edo de 1000 kg de documentos a Francia, o que evitou que caeran en mans franquistas e unha maior represi\u00f3n a\u00ednda, a compaxinaci\u00f3n necesaria entre estudo e imaxinaci\u00f3n para encher ocos e poder narrar, o cambio non s\u00f3 de nomes, sen\u00f3n tam\u00e9n mesmo de apelidos dos nenos acollidos nos hospicios, da marcha das brigadas internacionais no 37, que a dereita non estaba co golpe como conxunto&#8230; o mesmo que na novela, a narrativa e os datos entremesturados de xeito necesario para chegar a n\u00f3s.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-4-3 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Presentaci\u00f3n de As novas cosidas en Ribadeo \" width=\"500\" height=\"375\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/gQjr7KfB2KI?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Introduci\u00f3n \u00e1 presentaci\u00f3n:<\/p>\n\n\n\n<p>Grazas por vir a esta actividade da AVV O Tes\u00f3n. Grazas \u00e1 biblioteca e a quen a mant\u00e9n en funcionamento -nunca se dan grazas abondas \u00e1s bibliotecas- e grazas a Angel Alda pola idea e a xesti\u00f3n pr\u00e1ctica que nos permite estar hoxe aqu\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p>As persoas que me acompa\u00f1an non necesitan presentaci\u00f3n, a m\u00e1is de ter ambos un amplo artigo na Galipedia en caso necesario. Pero te\u00f1o que xustificar a mi\u00f1a presenza, logo direi algunhas palabras m\u00e1is, comezando por que a ambos co\u00f1\u00e9zoos dende hai tempo e a ambos adm\u00edroos dun ou outro xeito.<\/p>\n\n\n\n<p>A Marilar -non sei se algu\u00e9n a chama Mar\u00eda del Pilar- co\u00f1ecina hai tempo por cousa do traballo e antes de ser famosa (polo menos, eu non era consciente de que o fose). Docente, coido que en primeiro lugar, loitadora social, \u00e9 polifac\u00e9tica, e tam\u00e9n se asomou \u00e1 pol\u00edtica mesmo cunha candidatura \u00f3 Senado. A s\u00faa obra incl\u00fae poes\u00eda e narrativa \u00e1 beira de textos acad\u00e9micos ou literatura da que se chama infantil, a\u00ednda que poda ter tanta ou m\u00e1is profundidade e dificultade que a \u2018obra para adultos\u2019. Foi reco\u00f1ecida con unha morea de premios e distinci\u00f3ns, pero quedarei, sen contar o seu rango, s\u00f3 con d\u00faas: unha, o Premio San Clemente, co que representa para unha docente o ser elixida por un xurado de estudantes de ensino medio. Foi no 2003, recibido por \u2018Teor\u00eda do Caos\u2019. A outra, o ingreso na Real Academia Galega dunha persoa nada en Madrid. Unha distinci\u00f3n, que tam\u00e9n representa un traballo posterior \u00f3 que lle foron acumulados varios cargos na instituci\u00f3n. Por certo, crin que lle seguira a traxectoria ata que mirei de novo a s\u00faa entrada na Galipedia e vin a cantidade de cousas que me perdera.<\/p>\n\n\n\n<p>Lourenzo \u00e9 un pouco da casa, por nacemento e sentimento. Vale dicir que a s\u00faa foto na Galipedia est\u00e1 feita na Casa do Mar de Ribadeo. Ou que hab\u00eda no Ferrol unha nutrida representaci\u00f3n ribadense cando a s\u00faa aceptaci\u00f3n como acad\u00e9mico de n\u00famero. Pero tam\u00e9n que sendo historiador, Ribadeo \u00e9 un lugar frecuentado para a difusi\u00f3n dos seus traballos e iluminaci\u00f3n dos tempos escuros cos seus estudos. Tema este que o relaciona coa obra que hoxe se presenta, a m\u00e1is da s\u00faa amizade con Marilar. Como \u00faltimo apunte, dicir que hai dez anos a Galipedia po\u00f1\u00eda que ti\u00f1a m\u00e1is dun cento de publicaci\u00f3ns. Que eu saiba, non parou de traballar dende aquela.<\/p>\n\n\n\n<p>De ambos poder\u00edase dicir moitas cousas m\u00e1is, pero ambos son moi quen de amosar aqu\u00ed o por que estamos agardando polas s\u00faas verbas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">&#8212;<\/p>\n\n\n\n<p>AVV O Tes\u00f3n<\/p>\n\n\n\n<p>20250805<\/p>\n\n\n\n<p>Nota de prensa<\/p>\n\n\n\n<p>O pr\u00f3ximo m\u00e9rcores 13 de agosto de 2025, \u00e1s oito da tarde na Biblioteca P\u00fablica Municipal Viejo Pancho de Ribadeo ter\u00e1 lugar a presentaci\u00f3n do libro \u201c<strong>As bocas cosidas<\/strong>\u201d, de <strong>Marilar Aleixandre<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Organizada pola AVV O Tes\u00f3n, con colaboraci\u00f3n da Casa das Letras, a Editorial Galaxia e o Concello, contar\u00e1 coa presenza da autora, Marilar Aleixandre, acad\u00e9mica de n\u00famero da RAG, e entre outras moitas distinci\u00f3ns, premio nacional de narrativa 2022 e premio San Clemente 2003, e do tam\u00e9n acad\u00e9mico, a m\u00e1is de paisano, Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto. Introducir\u00e1 o acto Antonio Gregorio. O acto corresponder\u00e1 a un formato de tipo conversa.<\/p>\n\n\n\n<p>As bocas cosidas \u00e9 o \u00faltimo libro de Marilar Aleixandre, novelado a partir dun episodio familiar. En xaneiro de 2010, \u00f3 pai da autora ped\u00edronlle saliva para identificar un curm\u00e1n, soterrado nunha fosa com\u00fan, morto en 1947, guerrilleiro comunista, e desco\u00f1ecido polas xeraci\u00f3ns m\u00e1is novas da familia: sobre a guerra, as bocas estaban cosidas.<\/p>\n\n\n\n<p>Documentaci\u00f3n e imaxinaci\u00f3n desvelan o que as bocas cosidas non permit\u00edan co\u00f1ecer, da adolescencia pasando pola s\u00faa actuaci\u00f3n como partisano ata os campos de concentraci\u00f3n. Unha vida envolta nunha sociedade, nunha \u00e9poca, e nuns episodios que incl\u00faen a fame e a represi\u00f3n. O texto d\u00e1 voz aos ecos do pasado, nunha atmosfera impregnada do peso do silencio e da memoria.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"819\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/P-As-bocas-cosidas-4-819x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-25428\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/P-As-bocas-cosidas-4-819x1024.jpeg 819w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/P-As-bocas-cosidas-4-240x300.jpeg 240w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/P-As-bocas-cosidas-4-768x960.jpeg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/08\/P-As-bocas-cosidas-4.jpeg 1080w\" sizes=\"auto, (max-width: 819px) 100vw, 819px\" \/><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte m\u00e9rcores 20250813, tivo lugar a presentaci\u00f3n de As bocas cosidas, libro de Marilar Aleixandre, na Biblioteca p\u00fablica municipal Viejo Pancho de Ribadeo. Era a segunda presentaci\u00f3n, despois da inicial poucos d\u00edas antes na feira do libro de A Coru\u00f1a. Deixo o v\u00eddeo e o escrito da introduci\u00f3n feita por min, tras unhas poucas notas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[160],"tags":[10],"class_list":["post-25420","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cultura","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25420","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25420"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25420\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25431,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25420\/revisions\/25431"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25420"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25420"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25420"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}