{"id":25412,"date":"2025-08-12T20:22:18","date_gmt":"2025-08-12T18:22:18","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25412"},"modified":"2025-08-12T20:22:18","modified_gmt":"2025-08-12T18:22:18","slug":"necesitamos-unha-disrupcion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/08\/12\/necesitamos-unha-disrupcion\/","title":{"rendered":"Necesitamos unha disrupci\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p>Si, necesitamos unha disrupci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>E que \u00e9 iso?<\/p>\n\n\n\n<p>Unha \u2018rotura ou interrupci\u00f3n brusca\u2019, di o dicionario castel\u00e1n, adaptaci\u00f3n doutro termo ingl\u00e9s, \u00e1 s\u00faa vez doutro latino. Vese que a cousa viuse dende hai tempo, \u00e9 hist\u00f3rica. Mais en galego parece que a\u00ednda non est\u00e1 admitido o termo&#8230; e con dificultade, o feito.<\/p>\n\n\n\n<p>E para que?<\/p>\n\n\n\n<p>Para evitar que os nosos pobos \u2018tur\u00edsticos\u2019, \u2018en voga\u2019, \u2018refuxio clim\u00e1tico\u2019, etc, caian en breve (a cousa vai r\u00e1pido) na irrelevancia do turismo que arrasa o territorio e a n\u00f3s con el, no f\u00f3ra de foco do que xa non est\u00e1 \u2018de moda\u2019, do que non serve tampouco como refuxio clim\u00e1tico porque se autodestru\u00edu.<\/p>\n\n\n\n<p>Por que? De que estou a falar? De pobos como Ribadeo, un dos pobos m\u00e1is bonitos do Cant\u00e1brico, onde o turismo fl\u00fae non s\u00f3 polas catedrais sen\u00f3n polas r\u00faas. Onde \u00e1 masa de xente a mediod\u00eda lle importa a praia, pero non a tanta xente como non seguir a ser masa. Onde hai zonas acusticamente contaminadas que o concello se nega a reco\u00f1ecer como tales, non se vaia alarmar a xente. Onde os usos e costumes locais quedan amedrentados pola invasi\u00f3n visitante. Onde o concello traballa con vistas \u00e1 xente de f\u00f3ra, que a local vive como pode e seguir\u00e1, suponse. Onde os visitantes, por diversos mecanismos dende o ru\u00eddo \u00e1s colas, pasando polos prezos, producen unha xentrificaci\u00f3n que baleira o centro do pobo sen necesidade de que sexan conscientes dela\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>Non, o turismo non \u00e9 a gali\u00f1a dos ovos de ouro, ao menos para a maior\u00eda. Non, cando contrib\u00fae a incrementar o prezo dos alugueiros ben por riba dos soldos, dos caf\u00e9s, ben por riba das pensi\u00f3ns, mesmo dos alimentos por riba doutros lugares. A aumentar as infracci\u00f3ns de tr\u00e1fico ben por riba do n\u00famero de veh\u00edculos e este, ben por riba das persoas que \u2018est\u00e1n\u2019 no pobo nun momento dado. E n\u00famero, o das persoas, que sobrepasa o desexable para manter servizos que sirvan. Turismo que incrementa a perigosidade de darse un ba\u00f1o na praia \u00e1 que vai a xente do pobo coa idea de mollarse sen ter que pensar nun accidente cunha moto acu\u00e1tica, unha lancha a toda pastilla ou un esqu\u00ed co patr\u00f3n da embarcaci\u00f3n mirando a figura do esquiador e non para diante.<\/p>\n\n\n\n<p>Non, o turismo non \u00e9 sexy, non \u2018realza o atractivo f\u00edsico\u2019 dos pobos sen a propia xente dos mesmos, e menos, para a s\u00faa xente. Pasa ent\u00f3n a ser un turismo zombi, de masa, de botell\u00f3n e de ru\u00eddo, por moi &#8216;sofisticado&#8217; que sexa. Necesitamos unha disrupci\u00f3n, un cambio r\u00e1pido de mentalidade, de actitude, de actividade, antes de que sexa demasiado tarde para poder reclamalo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Si, necesitamos unha disrupci\u00f3n. E que \u00e9 iso? Unha \u2018rotura ou interrupci\u00f3n brusca\u2019, di o dicionario castel\u00e1n, adaptaci\u00f3n doutro termo ingl\u00e9s, \u00e1 s\u00faa vez doutro latino. Vese que a cousa viuse dende hai tempo, \u00e9 hist\u00f3rica. Mais en galego parece que a\u00ednda non est\u00e1 admitido o termo&#8230; e con dificultade, o feito. E para que? [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[158],"tags":[9],"class_list":["post-25412","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sociedade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25412","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25412"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25412\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25413,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25412\/revisions\/25413"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25412"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25412"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25412"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}