{"id":25335,"date":"2025-08-04T20:04:07","date_gmt":"2025-08-04T18:04:07","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25335"},"modified":"2025-08-04T20:12:03","modified_gmt":"2025-08-04T18:12:03","slug":"fedea-bancos-intereses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/08\/04\/fedea-bancos-intereses\/","title":{"rendered":"FEDEA, bancos\u2026 intereses!"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">FEDEA, bancos&#8230; intereses!<\/p>\n\n\n\n<p>Vivimos nunha sociedade capitalista, xa o sabemos. Mais ata hai pouco, era normal no imaxinario da xente pensar que o capital procuraba ganancias, pero dentro dun orde. Por exemplo, admit\u00edase, acept\u00e1base a explotaci\u00f3n como contraprestaci\u00f3n do uso do capital, pero non a mentira. De feito, a grandes trazos, poder\u00edase dicir que \u00e9 o que recolle a lei.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero dende hai tempo \u00e9 com\u00fan o co\u00f1ecemento \u2013s\u00e1bese, por m\u00e1is xente e de xeito cada vez m\u00e1is evidente- que o capital procura inversi\u00f3n para os seus excedentes, o que vai na v\u00eda de xerar aumentos de prezos con eses excedentes, e con eses aumentos, tam\u00e9n aumento das ganancias, provocando escaseza. Tam\u00e9n, tenta aumentar o campo posible de inversi\u00f3n, de ocupar o que previamente son terreos comunais, sexan metaf\u00f3ricos ou reais. Dende os chamados \u2018cerramentos\u2019, que significaron converter zonas de aproveitamento comunal en zonas privadas por apropiaci\u00f3n por parte de xente con poder, ou o tentar apoderarse doutro tipo de bens comunais como son os acu\u00edferos, por po\u00f1er dous casos relacionados con bens tanxibles, a despoxar \u00e1 xente do manexo libre dos cartos para obrigarnos a deixar que o seu fluxo beneficie a terceiros que pasan a ter o poder de controlalos. \u00c9 dicir, tam\u00e9n, facer que os cartos pasen de xeito obrigado a ser \u2018aproveitados\u2019 por outros. Ent\u00e9ndase, o de \u2018de xeito obrigado\u2019 vai polos administrados que temos que cedelos e pagar por elo, de xeito obrigado, como \u2018clientes\u2019, como cando non se poden facer pagos \u00e1 ou dende a administraci\u00f3n se non \u00e9 polo banco, mesmo a trav\u00e9s dunha conta. Ou cando a administraci\u00f3n deixa que as empresas privadas, aproveitando o seu poder, moito maior que o dos seus usuarios\/clientes, fagan o mesmo.<\/p>\n\n\n\n<p>Pois ben, na conquista de terreos para os negocios (l\u00e9ase \u2018lucro\u2019) quedan a\u00ednda terreos ind\u00f3mitos, como o aire que respiramos ou a auga que bebemos. Para esta, nalg\u00fans lugares, xa hai que deixar o anterior en entredito, como esta mesma semana remata de quedar patente na Arxentina. Tam\u00e9n entran como conquistables os servizos p\u00fablicos, sexan sanidade, educaci\u00f3n ou pensi\u00f3ns das que se tenta privatizar a s\u00faa xesti\u00f3n (ou sexa, de novo aproveitar cartos de todos para lucro particular). Estes \u00faltimos, como inmateriais, a m\u00e1is de ter sempre a seguridade da s\u00faa necesidade e apoio social de \u00faltimo recurso (o de ganancias privadas, socializaci\u00f3n de perdas), son vistos de conquista m\u00e1is doada. As\u00ed o \u00e9 dende o desenvolvemento da propaganda e a defensa da mentira conclu\u00edda a partir de verdades nesgadas mediante estudos ad-hoc pagados de xeito interesado por quen ten intereses neses campos. Un exemplo proporci\u00f3nao FEDEA (ver os \u2018membros protectores\u2019 na s\u00faa p\u00e1xina web, <a href=\"https:\/\/fedea.net\/miembros-protectores\/\"><u>https:\/\/fedea.net\/miembros-protectores\/<\/u><\/a>, despois de definirse como \u2018f\u00e1brica de ideas\u2019) co tema das pensi\u00f3ns e a s\u00faa presunta falta de sostibilidade, que se pode rastrexar que ven sendo predita dende hai unhas tres d\u00e9cadas para dez ou quince anos m\u00e1is adiante. \u00c9 dicir, estaba prognosticada xa para antes da crise de 2008. Mais, a\u00ednda co traspaso de cartos da seguridade social \u00f3s bancos para o seu \u2018salvamento\u2019 pos crise (eses cartos que \u00edan devolver, pero que se quedaron engrosando as ganancias), a pesar das influencias para lexislar en contra, a pesar das \u2018previsi\u00f3ns\u2019, non se ten cumprido a ru\u00edna das pensi\u00f3ns. E mira que se leva tirado contra do sistema e favorecido \u00e1s \u2018pensi\u00f3ns privadas\u2019 por parte de determinados gobernos\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>Por certo, un par de cousas:<\/p>\n\n\n\n<p>Se as pensi\u00f3ns p\u00fablicas son insostibles, como \u00e9 que queren facer negocio coas pensi\u00f3ns, mant\u00e9ndoas e m\u00e1is obtendo lucro privado?<\/p>\n\n\n\n<p>Temos escoitado diversas advertencias do estilo da insostibilidade das pensi\u00f3ns tendo como fonte FEDEA. Esta entidade ten un estudo que di que por cada ano de retardo na xubilaci\u00f3n, aumenta un 38 % a probabilidade de morte entre 60 e 69 anos (<a href=\"https:\/\/bit.ly\/3AEMX25\">https:\/\/bit.ly\/3AEMX25<\/a>). Algu\u00e9n escoitou falar del?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>FEDEA, bancos&#8230; intereses! Vivimos nunha sociedade capitalista, xa o sabemos. Mais ata hai pouco, era normal no imaxinario da xente pensar que o capital procuraba ganancias, pero dentro dun orde. Por exemplo, admit\u00edase, acept\u00e1base a explotaci\u00f3n como contraprestaci\u00f3n do uso do capital, pero non a mentira. De feito, a grandes trazos, poder\u00edase dicir que \u00e9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[188,176,158],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-25335","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-economia","category-politica","category-sociedade","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25335","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25335"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25335\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25338,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25335\/revisions\/25338"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25335"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25335"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25335"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}