{"id":25053,"date":"2025-07-01T22:07:28","date_gmt":"2025-07-01T20:07:28","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25053"},"modified":"2025-07-01T22:07:28","modified_gmt":"2025-07-01T20:07:28","slug":"lideres-de-dentro-a-fora-e-camino-de-volta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/07\/01\/lideres-de-dentro-a-fora-e-camino-de-volta\/","title":{"rendered":"L\u00edderes: de dentro a f\u00f3ra e cami\u00f1o de volta"},"content":{"rendered":"\n<p>Dende hai alg\u00fan tempo ch\u00e1mame a atenci\u00f3n nos xornais o uso da palabra &#8216;l\u00edder&#8217;. Se imos \u00f3 dicionario, aparece que significa &#8220;Cabeza dun grupo ou persoa que o dirixe ou representa&#8221;. E de a\u00ed, poderiamos estender o seu uso &#8216;legal&#8217;, respaldado pola Academia, a multitude de campos, entre eles, a pol\u00edtica. Mais, nunha democracia, o uso da verba &#8216;l\u00edder&#8217; leva consigo a rebaixa, a diminuci\u00f3n relativa dos e das encabezados \/ dirixidos \/ representados, en relaci\u00f3n \u00f3 ou \u00e1 &#8216;l\u00edder&#8217;, en flagrante contradici\u00f3n coa esencia democr\u00e1tica. Algo, ese significado e o que leva asociado, que pode vir por dous cami\u00f1os, &#8216;de arriba abaixo&#8217; ou de &#8216;abaixo arriba&#8217;. Expl\u00edcome:<\/p>\n\n\n\n<p>Hai xente que se autoproclama l\u00edder, conseguindo m\u00e1is ou menos \u00f3 tempo unha representaci\u00f3n de ten algo de uso da base democr\u00e1tica, nun sistema que se cualifica como democr\u00e1tico. A\u00ed temos unha morea de casos, dende o Hitler votado en minor\u00eda nunhas primeiras elecci\u00f3ns que lle permitiron manobrar para arrasar non s\u00f3 coas elecci\u00f3ns v\u00eda a noite dos cristais esnaquizados, sen\u00f3n co seu pa\u00eds e co mundo enteiro. Dic\u00eda, dende el \u00f3 Trump votado maioritariamente segundo o sistema electoral norteamericano despois de alentar un ameazador asalto \u00f3 Congreso e usando o resultado para tentar pasar da parte do sistema que non lle interesa no momento. Dous, por po\u00f1er s\u00f3 dous exemplos ben diferentes e \u00f3 tempo ben iguais. En ambos casos, o resto da xente ser\u00edan ben os seus seguidores ou ben os seus inimigos. Si, xa sei que inimigo non \u00e9 o contrario de seguidor, e m\u00e1is a\u00ednda, que entrambos grupos debera estar a maior\u00eda social, pero as\u00ed \u00e9 como os autoproclamados l\u00edderes establecen as cousas.<\/p>\n\n\n\n<p>Por outra banda, hai xente que de xeito consciente ou inconsciente, abdica de pensar como individuo, por si mesma, de opinar e actuar en consecuencia, aceptando e acollendo como propios datos, referencias, pensamentos, opini\u00f3ns e actuaci\u00f3ns doutras persoas. De xeito l\u00f3xico, no cami\u00f1o de adaptaci\u00f3n prod\u00facense desaxustes grandes, como acoller pol\u00edticas que os prexudican, sen ter contrapartidas como, por exemplo, a de que puideran beneficiar \u00e1 maior\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Os dous &#8216;cami\u00f1os&#8217; mencionados est\u00e1n relacionados, claro, pero non deixan de ser diferentes por ser a visi\u00f3n como &#8216;l\u00edder&#8217; ou como &#8216;liderado&#8217;. Considero que o segundo, o que toma a masa &#8216;liderada&#8217;, \u00e9 a\u00ednda m\u00e1i perigoso que o primeiro. Como mostra, un bot\u00f3n: esta semana pasada, un &#8216;socialista&#8217; ga\u00f1ou as primarias do partido dem\u00f3crata para alcalde da cidade de Nova York. M\u00e1is al\u00f3 do que iso poda supo\u00f1er para o chamado establishment dem\u00f3crata ou en xeral, da clase que mant\u00e9n o poder nos USA, os medios est\u00e1n a cualificalo de iso, de &#8216;l\u00edder&#8217;, que tomado no sentido tradicional da pol\u00edtica levar\u00eda a que chegara a ser un m\u00e1is dentro da oligarqu\u00eda que controla os EEUU. Ou sexa, a un futuro no que as s\u00faas ideas e expectativas quedar\u00edan mediatizadas de xeito autom\u00e1tico pola s\u00faa situaci\u00f3n de poder. E, de ser as\u00ed, o que estariamos ser\u00eda cambiando un aut\u00f3crata -dalg\u00fan xeito, xa &#8216;amortizado&#8217; polo sistema- por outro pintado doutra cor, outro nome e mesmo outras acci\u00f3ns superficiais, pero rulando co mesmo sistema de autocracia e uso da democracia, que non de democracia &#8216;a secas&#8217;. Non sei se el mesmo, agora mesmo, se considera ou non &#8216;l\u00edder&#8217;, pero as lentes coas que se pretende que o miremos levan escrta esa verba: l\u00edder. E as verbas, logo, devan a plasmar o significado en cada cousa que se fai.<\/p>\n\n\n\n<p>Particularmente, non quero l\u00edderes no sentido que se entende, sen\u00f3n persoas que traballen c\u00f3bado con c\u00f3bado co resto da sociedade. E ese significado de l\u00edder hoxe por hoxe xa \u00e9 dif\u00edcil que se comprenda e se aplique&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dende hai alg\u00fan tempo ch\u00e1mame a atenci\u00f3n nos xornais o uso da palabra &#8216;l\u00edder&#8217;. Se imos \u00f3 dicionario, aparece que significa &#8220;Cabeza dun grupo ou persoa que o dirixe ou representa&#8221;. E de a\u00ed, poderiamos estender o seu uso &#8216;legal&#8217;, respaldado pola Academia, a multitude de campos, entre eles, a pol\u00edtica. Mais, nunha democracia, o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,166,176,1],"tags":[32,16,13],"class_list":["post-25053","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-filosofia","category-lingua","category-politica","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-lingua","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25053","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25053"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25053\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25062,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25053\/revisions\/25062"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25053"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25053"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25053"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}