{"id":2505,"date":"2022-10-31T12:00:00","date_gmt":"2022-10-31T11:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:53:56","modified_gmt":"2024-10-23T15:53:56","slug":"cronica-dunha-viaxe-06-villarmentero","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/31\/cronica-dunha-viaxe-06-villarmentero\/","title":{"rendered":"Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 06 Villarmentero &#8211; Burgos"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 06 Villarmentero &#8211; Burgos<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nova etapa coas rutinas xa no seu sitio: rutinarias. Sa\u00edda despois de almorzar e en s\u00f3 un cuarto de hora, en Fr\u00f3mista. Paro fronte a unha igrexa antiga, a de San Pedro, pero que se ve eclipsada pola m\u00e1is famosa de San Mart\u00edn de Tours. A\u00ednda \u00e9 cedo para facer un descanso diante dunha mesa, e contin\u00fao ata a sa\u00edda do pobo, para enlazar co Canal de Castilla na c\u00e9lebre esclusa triple e seguir varios quil\u00f3metros \u00e1 beira da auga embridada, na mesma senda que usan os peregrinos e a que est\u00e1 catalogada como ruta Eurovelo da Costa Atl\u00e1ntica. Si, esa ruta ciclista que recorre a fachada atl\u00e1ntica de Europa salt\u00e1ndose a zona entre o Pa\u00eds Vasco e Portugal, onde entra polo sur, a Eurovelo 1. Claro que tam\u00e9n o Cami\u00f1o de Santiago \u00e9 Eurovelo, a n\u00famero 3&#8230; e, como descubrirei despois, ao menos nos tramos que recorr\u00edn, quedan moi por detr\u00e1s de algunha das v\u00edas verdes que tam\u00e9n fixen nesta viaxe.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/06.1.Igrexa20de20San20Pedro20Fomista.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"558\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/06.1.Igrexa20de20San20Pedro20Fomista.jpg\" class=\"wp-image-2506\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Igrexa de San Pedro. Fr\u00f3mista.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Fr\u00f3mista \u00e9 agradable e antiga, non porque te\u00f1a monumentos antigos, que tam\u00e9n, sen\u00f3n porque o conxunto favorece esa percepci\u00f3n. E o chegar \u00f3 Canal de Castilla a min non me decepcionou. Se ben queda pequeno fronte a outras canles europeas ou asi\u00e1ticas, a imaxe mental do seu uso para transporte e para rego, xunto \u00f3 baleiro de xente nas s\u00faas proximidades (exceptuando peregrinos, claro!) transmite tam\u00e9n unha certa sensaci\u00f3n riqui\u00f1a, buc\u00f3lica. E, por suposto, agrad\u00e9cese o terreo ch\u00e1 do cami\u00f1o \u00e1 s\u00faa beira, a\u00ednda que a zona xa \u00e9 ch\u00e1 de por si.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Nada m\u00e1is deixar o Canal de Castilla, en Boadilla del Camino, at\u00f3pome unha pequena perla, un bibliobus. Entre as bibliotecas que visitei, seguramente a m\u00e1is curiosa. Unha pequena charla co bibliotecario l\u00e9vao a comentarme a falta delas no noroeste, inclu\u00edda case toda Asturias, onde parece que funciona algunha ligada a alg\u00fan concello.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/bibliobus.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"243\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/bibliobus.jpg\" class=\"wp-image-2507\" width=\"649\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">D\u00faas vistas do bibliobus.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O chegar a Puente Fitero, o Pisuerga sa\u00fadame e escr\u00edbolle a un amigo pucelano e ciclista que pode vir nadando. \u00c9 o l\u00edmite entre Palencia, de onde saio e por onde foi o cami\u00f1o unha vez pasado Sahag\u00fan, e Burgos, a onde entro, a cuarta divisi\u00f3n administrativa provincial que vou atravesar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O seguinte lugar de parada \u00e9 Castrojeriz. Lembrado por telo estudado na escola como partido xudicial de Burgos, ti\u00f1a idea de que me \u00eda atopar cun pobo de certas dimensi\u00f3ns. E, a pesar dunha sinal nunha glorieta, preguntei na estaci\u00f3n de servicio se era aquelo. S\u00ed, \u00e9rao. Co menu comentario, a gasolineira viuse na obriga de engadir un &#8216;nos estamos quedando sin gente&#8217; na pequena conversa que mantivemos. De calquera xeito, sub\u00edn cara \u00f3 pobo, que queda ladeira arriba e non na estrada, e reconvinme e apunteino para visitalo de novo despois desta pequena visita en bicicleta con equipaxe. R\u00faas empedradas e inclinadas cerro arriba e tempo parado, a\u00ednda sen ter unha conservaci\u00f3n especialmente coidada. O caf\u00e9 serviume como compa\u00f1eiro para o debuxo dunha casa que ti\u00f1a fronte a min, unha como outras, \u00f3 tempo que tam\u00e9n intercambiei algunha frase cos poucos cami\u00f1antes e xente do pobo na terraza.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/06.2.Casa20en20Castrojeriz.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"612\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/06.2.Casa20en20Castrojeriz.jpg\" class=\"wp-image-2508\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Unha casa de pedra e adobe en Castrojeriz.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Estrada ata Hontanas e cami\u00f1o ata Rab\u00e9, a un tiro de pedra de Burgos. \u00d3 pouco de Castrojeriz, os resto do convento de San Ant\u00f3n sorprenden coas s\u00faas arcadas baleiras de contido (mesmo coa estrada BU-P-4013 por baixo dalgunha) e invitan a unha parada, a\u00ednda que sexa pequena.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/Convento20de20San20AntC3B3n20IMG_20220930_131330.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/Convento20de20San20AntC3B3n20IMG_20220930_131330.jpg\" class=\"wp-image-2509\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Convento de San Ant\u00f3n, entre Castrojeriz e Hontanas.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Tam\u00e9n no medio, hab\u00eda que comer, pero a pesar de estar no Cami\u00f1o de Santiago e haber xente abonda fac\u00e9ndoo, comet\u00edn a equivocaci\u00f3n que querer estender a ma\u00f1\u00e1 e comer tarde. O resultado, en Hornillos hab\u00eda un s\u00f3 lugar para comer, e estaba pechada a coci\u00f1a, e &#8216;pechados&#8217; tam\u00e9n os bocadillos. Houbo que tirar de reservas das alforxas, unha maz\u00e1, un pl\u00e1tano, unha barri\u00f1a enerx\u00e9tica&#8230; e, de paso que com\u00eda na praza, fixen un apunte do campanario da igrexa e trabei unha pequena conversa cunha peregrina australiana. Foi unha sorpresa que houbera algu\u00e9n na casa do pequeno concello e me puxera un selo.<\/p>\n<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/06.3.Hornillos20del20Camino.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/06.3.Hornillos20del20Camino.jpg\" class=\"wp-image-2510\" width=\"402\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Cr\u00f3nica de Hornillos del Camino.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><\/span>Despois da comida, unha subida pendente a un novo p\u00e1ramo co cami\u00f1o de pedras fixo que puxera o p\u00e9 en terra de novo e por \u00faltima vez no cami\u00f1o para salvar menos de cen metros de distancia. E en Tardajos, xa preto de Burgos, un bocata quente<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A chegada a Burgos, polo carril bici, mireina con lupa. O d\u00eda antes ti\u00f1a chamado a un wikipedista para tentar quedar con el despois de decatarme por Wikimedia Espa\u00f1a de que organizara una xornada de edici\u00f3n sobre rutas ciclistas. Non foi posible vernos, pero f\u00edxome algunha indicaci\u00f3n da s\u00faa labor e o paso por Burgos foi algo as\u00ed como un test sobre o que me dixo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E, despois de acomodar a bicicleta, aloxarme e ducharme eu, un paseo pola vila, comezando pola catedral. Era o previsto, pero o que non ti\u00f1a previsto era a secuencia de festas que me atopei no cami\u00f1o, comezado en domingo; case un seguimento de min parece que fac\u00edan! E Burgos non se quedou atr\u00e1s: festa medieval en venres, preludio da fin de semana e animaci\u00f3n a tope no centro da vila. A cidade ten lugar para ela, certo. Oficina de turismo, biblioteca p\u00fablica, visita dentro tam\u00e9n a unha exposici\u00f3n de papiroflexia, visita \u00f3 local da CNT pola presentaci\u00f3n dun libro (\u00e1 que \u00f3 final, non me quedei, pero o local ti\u00f1a cousas interesantes), e paseo por Burgos xa coa noite botada e despois de cear nun local de franquicia ateigado, pero menos que o resto dos que fun atopando cheos de festeiros.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/06.4.Biblioteca20Burgos.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/10\/06.4.Biblioteca20Burgos.jpg\" class=\"wp-image-2511\" width=\"536\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">A porta de entrada, xoia da biblioteca p\u00fablica de Burgos.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>.. e isto \u00e9 o resume dun recorrido duns 77 km salvando un desnivel acumulado de m\u00e1is de 500 m en 5 horas e media sobre a bicicleta, desenvolto en gran parte por cami\u00f1os.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=cr%C3%B3nica+dunha+viaxe\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe<\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-0.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 0 Atravesando a pen\u00ednsula<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-01-ribadeo-o-cadavo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 01 Ribadeo &#8211; O C\u00e1davo<\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-02-o-cadavo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 02 O C\u00e1davo &#8211; Ponferrada<\/a><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-03-ponferrada.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 03 Ponferrada &#8211; Astorga<\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-04-astorga-leon.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 04 Astorga &#8211; Le\u00f3n<\/a><span><br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-05-leon.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 05 Le\u00f3n &#8211; Villarmentero<\/a>&nbsp; <\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-06-villarmentero.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 06 Villarmentero &#8211; Burgos<\/a><span><br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-07-burgos-santo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha Viaxe \/ 07 Burgos &#8211; Santo Domingo de Silos&nbsp;<\/a> <\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-08-santo-domingo-de.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 08 Santo Domingo de Silos &#8211; Soria<\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-09-soria-calatayud.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 09 Soria &#8211; Calatayud<\/a> <span>&nbsp;&nbsp;&nbsp;<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-10-calatayud.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 10 Calatayud &#8211; Calamocha<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-11-calamocha-teruel.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 11 Calamocha &#8211; Teruel<\/a>&nbsp;&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-12-teruel-teruel.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 12 Teruel &#8211; Teruel<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-13-teruel-barraques.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 13 Teruel &#8211; Barraques<\/a>&nbsp;&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-14-barraques-la.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 14 Barraques &#8211; La Vall d&#8217;Uix\u00f3<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-15-la-vall-duixo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 15 La Vall d&#8217;Uix\u00f3 &#8211; Sagunto<\/a>&nbsp;&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-16-sagunto-valencia.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 16 Sagunto &#8211; Valencia<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/10\/cronica-dunha-viaxe-e-17-rematando.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ e 17, rematando<\/a><\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;Cr\u00f3nica dunha viaxe \/ 06 Villarmentero &#8211; Burgos &nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha nova etapa coas rutinas xa no seu sitio: rutinarias. Sa\u00edda despois de almorzar e en s\u00f3 un cuarto de hora, en Fr\u00f3mista. Paro fronte a unha igrexa antiga, a de San Pedro, pero que se ve eclipsada pola m\u00e1is famosa de San Mart\u00edn de Tours. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2506,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[28,85],"class_list":["post-2505","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-bici","tag-cronica-dunha-viaxe"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2505","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2505"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2505\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2506"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2505"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2505"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2505"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}