{"id":25013,"date":"2025-06-25T08:32:12","date_gmt":"2025-06-25T06:32:12","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=25013"},"modified":"2025-06-25T08:32:12","modified_gmt":"2025-06-25T06:32:12","slug":"bandeira-negra-e-situacion-limite-na-illa-pancha-covadonga-suarez-a-vv-por-nuestro-faro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/06\/25\/bandeira-negra-e-situacion-limite-na-illa-pancha-covadonga-suarez-a-vv-por-nuestro-faro\/","title":{"rendered":"\u201cBandeira negra e situaci\u00f3n l\u00edmite na illa Pancha\u201d. Covadonga Su\u00e1rez, A VV Por Nuestro Faro"},"content":{"rendered":"\n<p>Atop\u00e1monos a tan s\u00f3 uns d\u00edas para que se cumpra o prazo de dez anos para o fin da concesi\u00f3n que permite a explotaci\u00f3n privada da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/illa-pancha\/\">illa Pancha<\/a>. Concretamente, o 30 de xu\u00f1o de 2025, a validez desa concesi\u00f3n ser\u00e1 prolongada ou non por outros cinco anos, sen que Portos de Ferrol-San Cibrao, Xunta de Galicia, ou Concello de Ribadeo compartisen cos cidad\u00e1ns a m\u00ednima informaci\u00f3n respecto diso.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste sentido, hai 4 meses que a asociaci\u00f3n Por Nuestro Faro se dirix\u00eda \u00e1 Autoridade Portuaria para saber se a renovaci\u00f3n da concesi\u00f3n fora solicitada, e, en caso afirmativo, se o estudo de impacto ambiental, obrigatorio por lei e inexistente a d\u00eda de hoxe, \u00eda ser por fin esixido. Non recibimos ningunha resposta.<\/p>\n\n\n\n<p>Igualmente, o Concello de Ribadeo, facendo omisi\u00f3n das s\u00faas competencias, derivou directamente a Portos os nosos correos, sen achegar ningunha luz nin facer ning\u00fan xesto por mediar, supervisar ou involucrarse dalgunha forma no que atinxe a illa Pancha. Sorprende a\u00ednda m\u00e1is cando se trata dun lugar \u00fanico para os ribadenses, desde o punto de vista patrimonial, paisax\u00edstico e identitario.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao mesmo tempo dirix\u00edmonos ao Defensor del Pueblo, para expo\u00f1er a situaci\u00f3n e obter axuda. Efectivamente no seu escrito de hai exactamente un ano (13 de xu\u00f1o de 2024), o Defensor comunic\u00e1banos que a Conseller\u00eda de Medio Ambiente se comprometera textualmente a adoptar, nas s\u00faas certificaci\u00f3ns futuras, as medidas necesarias para o cumprimento do apartado cuarto do artigo 46 da Lei 42\/2007, do Patrimonio natural e da Biodiversidade, analizando os posibles efectos dun proxecto nos espazos da Rede Natura 2000 de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>Con todo, o reco\u00f1ecemento de que non se est\u00e1 a cumprir a legalidade, non moveu a Portos, Xunta ou Concello a corrixir a situaci\u00f3n, o que lles valeu hai uns d\u00edas a Bandeira Negra outorgada por Ecoloxistas en Acci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Non \u00e9 a primeira vez que esta plataforma ecoloxista subli\u00f1a o proceder com\u00fan destas tres entidades ao evitar esixir o cumprimento dos tr\u00e1mites nos seus respectivos procedementos de outorgamento de concesi\u00f3ns e licenzas. Xa en 2022 a situaci\u00f3n fora denunciada e sinalada con outra Bandeira Negra, pero as recomendaci\u00f3ns de ent\u00f3n por parte do Defensor e por parte de Ecoloxistas en Acci\u00f3n, non serviron para cambiar o seu rumbo. Por iso, actualmente desde a plataforma expr\u00e9sanse as\u00ed : <em>\u00abEntendemos que c\u00f3mpre esixir que non se conceda a pr\u00f3rroga mentres contin\u00faen as irregularidades denunciadas pola Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os Por Nuestro Faro, e concretamente que se proceda a avaliaci\u00f3n ambiental preceptiva antes de dar continuidade \u00e1 explotaci\u00f3n do paraxe. A obriga de realizar unha avaliaci\u00f3n de impacto ambiental para realizar unha actividade econ\u00f3mica allea \u00e1s tradicionais en zona de Rede Natura segue a ser incumprida pola promotora, e consentida polas tres administraci\u00f3ns con competencias no asunto que transitan entre o silencio e a opacidade\u00bb.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Tras dirixirnos recentemente \u00e1 Valedora do Pobo e \u00e1 Comisi\u00f3n de Transparencia, esta semana enviamos outro correo ao Defensor del Pueblo, expresando a nosa indefensi\u00f3n ante a falta de informaci\u00f3n por parte das instituci\u00f3ns, e de compromiso real ante a legalidade ignorada, neste lugar tan emblem\u00e1tico para todos que \u00e9 a illa Pancha.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde Por nuestro Faro esperamos que esta situaci\u00f3n irregular na que se atopa desde fai dez anos -tantos como levamos denunci\u00e1ndoo, e que o noso colectivo existe- non se prolongue m\u00e1is no tempo, e as instituci\u00f3ns velen polos nosos espazos m\u00e1is significativos, non s\u00f3 por lei, sen\u00f3n por conciencia pol\u00edtica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Atop\u00e1monos a tan s\u00f3 uns d\u00edas para que se cumpra o prazo de dez anos para o fin da concesi\u00f3n que permite a explotaci\u00f3n privada da illa Pancha. Concretamente, o 30 de xu\u00f1o de 2025, a validez desa concesi\u00f3n ser\u00e1 prolongada ou non por outros cinco anos, sen que Portos de Ferrol-San Cibrao, Xunta de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[178],"tags":[37],"class_list":["post-25013","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-illa-pancha","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25013","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25013"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25013\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25014,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25013\/revisions\/25014"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25013"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25013"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25013"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}