{"id":24892,"date":"2025-06-12T21:19:27","date_gmt":"2025-06-12T19:19:27","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=24892"},"modified":"2025-06-18T16:19:56","modified_gmt":"2025-06-18T14:19:56","slug":"un-comentario-arredor-da-xxx-feira-da-ciencia-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/06\/12\/un-comentario-arredor-da-xxx-feira-da-ciencia-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Un comentario arredor da XXX Feira da Ciencia de Ribadeo"},"content":{"rendered":"\n<p>Un comentario arredor da XXX Feira da Ciencia de Ribadeo<\/p>\n\n\n\n<p>Un ano m\u00e1is, a Feira da ciencia inundou non o edificio do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo mais tam\u00e9n os esp\u00edritos de expositores e asistentes a este evento anual. A trix\u00e9sima edici\u00f3n tivo sorpresas. E este ano, non s\u00f3 o foron as diversas experiencias amosadas, montaxes feitos polo alumnado ou explicaci\u00f3ns de asombran en boca da xente nova que nos ensina cousas que sabe. Tam\u00e9n tivo lugar o encontro dos centros educativos de Ribadeo. Un encontro que xa propiciara a Feira en algunha edici\u00f3n anterior, pero \u00f3 que este ano, co apoio da direcci\u00f3n xeral de educaci\u00f3n, se lle puxo o nome de \u2018I encontro\u2019, na procura dunha continuidade que se ve como favorecedora para os centros educativos, as\u00ed como para Ribadeo no seu conxunto.<\/p>\n\n\n\n<p>Con iso, o encontro propiciou que os m\u00e1is pequenos tam\u00e9n estivesen representados, con informaci\u00f3ns como a do CanSat, participando nun innovador concurso a nivel europeo que fai \u00f3s m\u00e1is pequenos part\u00edcipes da aventura espacial en Europa, e non s\u00f3 como espectadores, sen\u00f3n como actores: participan na c\u00faa concepci\u00f3n, elaboraci\u00f3n e, na feira, exposici\u00f3n, como os maiores. Unha experiencia na que desco\u00f1ec\u00eda tivera participaci\u00f3n un centro ribadense, que a ten xa por segundo ano. Non \u00e9 nin moito menos a \u00fanica sorpresa que ofreceron os dous centros educativos dos pequeni\u00f1os ribadenses. O CIFP Porta da Auga amosou a s\u00faa oferta educativa, con diversas montaxes, t\u00e9cnicas e demostraci\u00f3ns que podo testemu\u00f1ar chamaron a atenci\u00f3n. <\/p>\n\n\n\n<p>O ximnasio do IES quedou o m\u00e9rcores pequeno para abranguer todas as exposici\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>E, da man de Susi Besteiro, o IES desenvolveu a feira en si, m\u00e9rcores e xoves, con cantidade de montaxes, maquetas, estudos, etc, que non se deben resumir s\u00f3 nos t\u00edtulos e que abranguer\u00eda abondo m\u00e1is que estas li\u00f1as o adicarlle alg\u00fan pequeno comentario a cada un. A\u00ednda as\u00ed, vaian tres t\u00edtulos collidos \u00f3 chou:<\/p>\n\n\n\n<p>&#8211; Otolitos de peixe. Ben, se non sabes o que \u00e9 un otolito, sempre queda a Galipedia ou a intelixencia artificial, pero gar\u00e1ntoche que a explicaci\u00f3n non ser\u00e1 o mesmo que en vivo e en directo na feira&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p>&#8211; Pedras no ril. Se por desgraza as tes, xa saber\u00e1s algo delas, pero a completa descrici\u00f3n do que e do como dos tratamentos, xunto coa ponderaci\u00f3n para a elecci\u00f3n dun deles, podes tela estando san nesta XXX Feira da Ciencia.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8211; Sol\u00e1foro. Non sabes o que \u00e9? Pois un sem\u00e1foro aut\u00f3nomo funcionando a partir de luz solar e con vantaxes sobre os sem\u00e1foros convencionais. A maqueta estaba clara, en conxunto coa explicaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Trinta anos, pandemia por medio, cambio de centro, alumnos que agora xa son profesores ou pais de alumnos que est\u00e1n participando, son algunhas das caracter\u00edsticas desta feira da ciencia. Se miramos \u00f3 futuro, pode que o comezo cara \u00e1 consolidaci\u00f3n dun evento a nivel de t\u00f3dolos centros de Ribadeo, que a nivel de Ribadeo \u2013 sociedade l\u00e9vao sendo xa hai tempo. E, en calquera caso, algo que ten \u00f3 alumnado en primeiro termo, porque a feira \u00e9 sobre todo, para eles e por eles, para o seu proveito e manexando eles mesmos os \u00fatiles que os fan avanzar na comprensi\u00f3n do mundo e na s\u00faa xesti\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/Xardin-de-pensamentos-CEIP-Gregorio-Sanz-XXX-Feira-da-Ciencia-Ribadeo-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-24896\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/Xardin-de-pensamentos-CEIP-Gregorio-Sanz-XXX-Feira-da-Ciencia-Ribadeo-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/Xardin-de-pensamentos-CEIP-Gregorio-Sanz-XXX-Feira-da-Ciencia-Ribadeo-300x225.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/Xardin-de-pensamentos-CEIP-Gregorio-Sanz-XXX-Feira-da-Ciencia-Ribadeo-768x576.jpg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/Xardin-de-pensamentos-CEIP-Gregorio-Sanz-XXX-Feira-da-Ciencia-Ribadeo-1536x1152.jpg 1536w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/Xardin-de-pensamentos-CEIP-Gregorio-Sanz-XXX-Feira-da-Ciencia-Ribadeo-2048x1536.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Xard\u00edn de pensamentos de Rosal\u00eda. Obra do alumnado do <a href=\"https:\/\/www.edu.xunta.gal\/centros\/ceipgregoriosanz\">CEIP Gregorio Sanz<\/a><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">&#8212;<\/p>\n\n\n\n<p>Actualizaci\u00f3n coa nota de prensa do IES sobre as actividades do 11 e 12 de xu\u00f1o (e algunha ligaz\u00f3n m\u00e1is):<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"828\" height=\"629\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/imaxe.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-24981\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/imaxe.png 828w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/imaxe-300x228.png 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/imaxe-768x583.png 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 828px) 100vw, 828px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Ribadeo, 18 de xu\u00f1o, 2025. O alumnado e profesorado participante na XXX Feira da Ciencia, est\u00e1 enormemente agradecido a t\u00f3dolos visitantes que se acercaron ao IES de Ribadeo Dionisio Gamallo para co\u00f1ecer os proxectos presentados.<\/p>\n\n\n\n<p>O segundo d\u00eda, tivo moitas sorpresas e invitados ilustres. Rec\u00e9n aberta a xornada, chegou Don <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Francisco+D%C3%ADaz-Fierros\">Francisco D\u00edaz-Fierros Viqueira<\/a>, Catedr\u00e1tico de edafolox\u00eda da USC, cient\u00edfico, escritor e membro da Real Academia Galega. Comezou o percorrido no Cubo infinito de mulleres cient\u00edficas galegas e enseguida descubriu a cara dedicada a Manuela Barreiro Pico e tam\u00e9n a da s\u00faa profesora, \u00c1ngela Ru\u00edz Robles. Non dubidou en xogar co Tubo de Lenz, coa Xaula de Faraday, coa Cuna de Newton, co Taboleiro de Galton, coa Curva Braquist\u00f3crona ou co Parafuso de Arqu\u00edmedes. Escoitou atentamente \u00e1s alumnas inventoras do Sol\u00e1foro, da Aula de refrixeraci\u00f3n e da Iguana Espantallo. Despois, o alumnado de 3\u00ba ESO explicoulle con maquetas a Hemodi\u00e1lise, a Mitose, e as Tesoiras xen\u00e9ticas Crispercas9 que est\u00e1n revolucionado a medicina por permitir a terapia x\u00e9nica que abre as portas \u00e1 cura de moitas enfermedades. Tras unha breve entrevista que lle fixo Juana Carrera para a COPE, D\u00edaz Fierros rematou o percorrido visitando ao alumnado de 1\u00ba Bacharelato que adem\u00e1is de identificar os grupos sangu\u00edneo e diseccionar o ollo de vaca, cont\u00e1ronlle que no II Bioblitz realizado polo entorno do instituto atoparon moitos exemplares da bolboreta Cardera que realiza unha migraci\u00f3n de 15000km dende terras africanas ata o \u00c1rtico. Tam\u00e9n se interesou polo ni\u00f1o da Vespa velutina e polas trampas que o alumnado de 1\u00ba eso fai ano tras ano para loitar contra elas. Rematou a visita escoitando as curiosidades do Peixe globo que \u00f3 sentirse atacado, \u00ednchase de aire ou auga ata converterse nunha bola espi\u00f1enta intragable e non dubidou en felicitar a t\u00f3dolos participantes na XXX Feira da Ciencia.<br>Numeroso alumnado, familias, persoal non decente e profesorado estiveron presentes.<\/p>\n\n\n\n<p>Alg\u00fans, xa xubilados como \u00e9 o caso de Teresa D\u00edaz e Mar\u00eda Torres que tam\u00e9n axudaron nunhas cantas edici\u00f3ns, Roberto Rodr\u00edguez, fiel colaborador co centro e Antonio Gregorio promotor da I Feira da Ciencia e que tirou moito do carro ata a XXIV edici\u00f3n. Pero non remataron a\u00ed as sorpresas porque ao final da ma\u00f1\u00e1 apareceu Francisco Canosa, doutor en xeolox\u00eda e gran divulgador e finalmente Javier Su\u00e1rez, exinspector do centro que tras escoitar o traballo da disecci\u00f3n e funcionamento do ollo, explicou con todo detalle as intervenci\u00f3ns \u00e1s que tivo que someterse por un problema de vista.<\/p>\n\n\n\n<p>Finalmente Antonio Gregorio, Roberto Rodr\u00edguez, Javier Su\u00e1rez fixeron o acto de clausura. Felicitaron \u00f3 alumnado e profesorado implicado: Beatriz Gonz\u00e1lez, Noelia Gonz\u00e1lez Rejo, Andr\u00e9s Rodr\u00edguez, Javier Rodr\u00edguez, Jorge Mar\u00eda Ron, Modesto Refojo e Susi Besteiro, organizadora do evento. Entre todos fixeron posible a celebraci\u00f3n da XXX Feira da Ciencia e mante\u00f1en vivo o obxectivo de que o alumnado sexa o protagonista.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8212;<\/p>\n\n\n\n<p>A nota da COPE citada: <a href=\"https:\/\/www.cope.es\/emisoras\/galicia\/lugo-provincia\/ribadeo\/noticias\/capa-esclerotica-curva-braquistocrona-parafuso-solafono-argot-random-alumnos-ribadeo-lugo-feria-ciencia-20250612_3168726.html\">https:\/\/www.cope.es\/emisoras\/galicia\/lugo-provincia\/ribadeo\/noticias\/capa-esclerotica-curva-braquistocrona-parafuso-solafono-argot-random-alumnos-ribadeo-lugo-feria-ciencia-20250612_3168726.html<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un comentario arredor da XXX Feira da Ciencia de Ribadeo Un ano m\u00e1is, a Feira da ciencia inundou non o edificio do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo mais tam\u00e9n os esp\u00edritos de expositores e asistentes a este evento anual. A trix\u00e9sima edici\u00f3n tivo sorpresas. E este ano, non s\u00f3 o foron as diversas experiencias amosadas, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24896,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[161],"tags":[18],"class_list":["post-24892","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-educacion","tag-educacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24892","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24892"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24892\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24982,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24892\/revisions\/24982"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24896"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24892"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24892"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24892"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}