{"id":24826,"date":"2025-06-08T20:23:54","date_gmt":"2025-06-08T18:23:54","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=24826"},"modified":"2025-06-09T20:00:11","modified_gmt":"2025-06-09T18:00:11","slug":"que-e-democracia-e-ti-mo-preguntas-democracia-es-ti","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/06\/08\/que-e-democracia-e-ti-mo-preguntas-democracia-es-ti\/","title":{"rendered":"Que \u00e9 democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti."},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"827\" height=\"175\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/que-e-democracia.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-24836\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/que-e-democracia.jpg 827w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/que-e-democracia-300x63.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/06\/que-e-democracia-768x163.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 827px) 100vw, 827px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Parafraseando a segunda parte dunha c\u00e9lebre poes\u00eda de B\u00e9cquer, podemos preguntarnos: &#8216;Que \u00e9 democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti&#8217;.<\/p>\n\n\n\n<p>A resposta anterior, que leva aparellada unha carga de dereito, tam\u00e9n leva unha carga de deber, coa s\u00faa responsabilidade. E \u00e9 ambigua no sentido de que o uso que se faga dela pode ser &#8216;para ben&#8217; ou &#8216;para mal&#8217;, entendidas ambas opci\u00f3ns nun sentido amplo. Collamos as\u00ed por unha banda o actual presidente norteamericano ou outro semellante, e por outra un defensor dos servizos p\u00fablicos que pode ser o teu veci\u00f1o. O primeiro arr\u00f3gase algo parello \u00f3 que pretend\u00eda o rei Sol franc\u00e9s: &#8216;o estado son eu&#8217;. E tenta facer e desfacer \u00f3 seu antollo saltando por riba do que e de quen sexa, mesmo por riba da lei, como un vulgar facineroso con moito poder ou un vulgar rei aproveitado, destru\u00edndo (ou tentando facelo) a quen se lle op\u00f3n. A idea \u00e9 sinxela: el \u00e9 a democracia e non hai m\u00e1is democracia que a s\u00faa. Polo tanto, el define o que \u00e9 corrupci\u00f3n ou o que implica a defensa dos intereses dos EUA a m\u00e1is de cales son, e pode cambiar de criterio segundo os seus propios intereses, como un propietario e director plenipotenciario dunha empresa privada nun entorno anarcoliberal. O segundo, ese veci\u00f1o teu que loita polos dereitos de todos, tam\u00e9n est\u00e1 encarnando nel a democracia. Pero neste caso, el non \u00e9 o estado, sen\u00f3n o defensor do com\u00fan. Non atopa unha frase tan impactante e rimbombante como a de &#8216;o estado son eu&#8217;, por m\u00e1is que se achegue a aquel &#8216;un\u00eddevos, parias da terra&#8217; da Internacional. Tampouco anda na s\u00faa procura. Nin se lle pasa pola cabeza facer e desfacer el s\u00f3 \u00f3 seu antollo destru\u00edndo a quen se lle opo\u00f1a. Non quere, non vai con el, pero tampouco poder\u00eda, ou \u00f3 menos, resultar\u00edalle abondo m\u00e1is complicado que a Trump. A s\u00faa idea tam\u00e9n \u00e9 sinxela, atada \u00f3 universal &#8216;todos somos iguais baixo a lei&#8217;, unha lei que trate a todos igual e \u00e1 que \u00e9 o primeiro en someterse se o cumpre. Non est\u00e1 s\u00f3, son lexi\u00f3n. Quiz\u00e1is podamos dicir, ti m\u00e1is eu, &#8216;somos&#8217; lexi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Tentei comparar no par\u00e1grafo anterior dous personaxes que pouco m\u00e1is te\u00f1en en com\u00fan que pertencer \u00e1 raza humana e respirar no mesmo planeta. Te\u00f1o claro que un \u00e9 un eg\u00f3latra detestable a quen lle importas ti o mesmo que o planeta enteiro, pois non existes mentres non te entrometas no seu cami\u00f1o e non poda usarte e manipularte. O outro, podemos chamalo idealista, sabe que non est\u00e1 s\u00f3 e teno integrado nos seus xenes, polo que te considera a\u00ednda que non te co\u00f1eza e mesmo a\u00ednda que moitas veces saiba, co fastidio e contradici\u00f3ns internas correspondentes, que ter\u00e1 que enfrontarse a ti para ter o mellor para todos.<\/p>\n\n\n\n<p>As imaxes que se pretenden nunca reflicten exactamente a realidade, e deixan f\u00f3ra unha ampla gama intermedia. Pero dan iso, unha imaxe, que podemos manexar mentalmente para facernos cargo da situaci\u00f3n. Para fac\u00e9rmonos n\u00f3s, e non deixar &#8216;a situaci\u00f3n&#8217; en mans doutros, como se foramos seres privados do noso eu, viviramos nos &#8216;mundos de yupi&#8217; de propagandas e desinformaci\u00f3ns diversas, ou como se puid\u00e9ramos illarnos nunha burbulla na que, \u00e1 nosa escala, mandar como o presidente norteamericano ou calquera dictadorci\u00f1o \u00e1 s\u00faa escala particular.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Parafraseando a segunda parte dunha c\u00e9lebre poes\u00eda de B\u00e9cquer, podemos preguntarnos: &#8216;Que \u00e9 democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti&#8217;. A resposta anterior, que leva aparellada unha carga de dereito, tam\u00e9n leva unha carga de deber, coa s\u00faa responsabilidade. E \u00e9 ambigua no sentido de que o uso que se faga dela pode ser [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24836,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[175,176,158],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-24826","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-filosofia","category-politica","category-sociedade","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24826","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24826"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24826\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24850,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24826\/revisions\/24850"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24836"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24826"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24826"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24826"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}