{"id":24796,"date":"2025-06-03T09:45:31","date_gmt":"2025-06-03T07:45:31","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=24796"},"modified":"2025-06-03T14:11:22","modified_gmt":"2025-06-03T12:11:22","slug":"o-salto-dos-chinos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/06\/03\/o-salto-dos-chinos\/","title":{"rendered":"O salto dos chinos"},"content":{"rendered":"\n<p>Unha noticia atrib\u00fae este ano un maior n\u00famero de matriculaci\u00f3ns nas PAU \u00e1 materia de Matem\u00e1ticas para as Ciencias Sociais que a Matematicas II, materia troncal na v\u00eda de ciencias ou tecnolox\u00edas no bacharelato. Non \u00e9 unha &#8216;boa noticia&#8217; nin &#8216;mala&#8217;. Sinxelamente, \u00e9 &#8216;unha noticia&#8217;, unha informaci\u00f3n de que algo estar\u00eda a cambiar nas tendencias de elecci\u00f3n cara \u00f3 futuro. Coido que nin est\u00e1 relacionada cun maior interese pola ciencia nin cun maior aprecio ou valoraci\u00f3n da mesma.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n hai uns d\u00edas que por outra raz\u00f3n ben diferente, veu \u00e1 mi\u00f1a cabeza o &#8216;salto dos chinos&#8217;. Resulta que hai 40 ou 50 anos, cando a China era con diferenza a naci\u00f3n m\u00e1is poboada do mundo, e segu\u00eda a medrar a un ritmo superior a calquera outra, tivo certa difusi\u00f3n unha pregunta: que pasar\u00eda se todos os chinos se puxeran a saltar \u00f3 tempo? Xa adiantei noutro artigo que a resposta ser\u00eda &#8216;nada&#8217;. Fiando un pouco m\u00e1is fino, os chinos que saltasen sobre unha estrutura algo d\u00e9bil, pod\u00edan facer que tremera ou mesmo afundira, pero os menos de mil mill\u00f3ns de chinos daquela, repartidos nunha superficie de algo menos de 10 mill\u00f3ns de km<sup>2<\/sup> , a\u00ednda que desen un gran salto de un metro de alto e consideraramos que de media ti\u00f1an uns moi abundantes 100 kg, empregar\u00edan unha enerx\u00eda que, distribu\u00edda pola s\u00faa superficie, non chegar\u00eda a producir un movemento de terra que puid\u00e9ramos sentir. Outra cousa ser\u00eda que logr\u00e1ramos concentralos nun punto. Digamos, nunha cancha de f\u00fatbol sala. Ent\u00f3n, o efecto poder\u00eda sobrepasar un terremoto de magnitude 4 na escala Richter. En canto a ter unha influencia planetaria, sacar a Terra da s\u00faa \u00f3rbita -algo que cheguei a escoitar-, totalmente descartado: o movemento da Terra en conxunto non superar\u00eda a cent\u00e9sima parte do di\u00e1metro dun \u00e1tomo. Todo o dito neste par\u00e1grafo non \u00e9 dif\u00edcil de demostrar con matem\u00e1ticas elementais e un par de ideas de f\u00edsica.<\/p>\n\n\n\n<p>Mais o &#8216;salto dos chinos&#8217; coido ten hoxe unha implicaci\u00f3n profunda para a nosa sociedade con outro sentido totalmente diferente. As\u00ed, polo momento, a China \u00e9 o \u00fanico pa\u00eds que aparentemente lle est\u00e1 a discutir de xeito firme as medidas unilaterais \u00f3s EEUU de Trump, o mesmo que o liderado mundial. Algo normal despois de medrar economicamente (digamos en &#8216;contas empresariais&#8217;) durante ao menos tres decenios a taxas pr\u00f3ximas \u00f3 10 % anual (equivalente a dicir que en 25 anos multiplica por 10 o tama\u00f1o da s\u00faa econom\u00eda) mentres que os EEUU o fac\u00eda arredor do 2 ou 3 % anual (equivalente a dicir que no mesmo tempo, 25 anos, non chega a multiplicar por dous a s\u00faa econom\u00eda). Normal e relacionado co desenvolvemento non s\u00f3 do comercio mundial, sen\u00f3n da s\u00faa tecnolox\u00eda e a s\u00faa ciencia: hai asemade tempo que a competencia en materia de matem\u00e1ticas dos seus estudantes logra situarse entre as primeiras do mundo, e con elas, vai avanzando a competencia cient\u00edfica e tecnol\u00f3xica dun pa\u00eds que ten 1\/5 da poboaci\u00f3n mundial. L\u00e9mbrome diso nun tempo no que os EEUU, despois de ter rebaixado a calidade do seu sistema educativo, est\u00e1 a loitar para desprenderse dos mellores talentos cient\u00edficos aproveitando trabas diversas, e tam\u00e9n un tempo no que a China ano tras ano forma m\u00e1is enxe\u00f1eiros que o resto do mundo xunto.<\/p>\n\n\n\n<p>Non sei se en Pequ\u00edn na selectividade existen materias equivalentes \u00e1s nosas Matem\u00e1ticas II e Matem\u00e1ticas para as CCSS; supo\u00f1o que algo haber\u00e1. Pero a excelencia dos resultados al\u00ed en relaci\u00f3n \u00e1 matem\u00e1tica en xeral fai indiferente o valor da resposta, sen terremotos e sen que a Terra se saia da s\u00faa \u00f3rbita.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha noticia atrib\u00fae este ano un maior n\u00famero de matriculaci\u00f3ns nas PAU \u00e1 materia de Matem\u00e1ticas para as Ciencias Sociais que a Matematicas II, materia troncal na v\u00eda de ciencias ou tecnolox\u00edas no bacharelato. Non \u00e9 unha &#8216;boa noticia&#8217; nin &#8216;mala&#8217;. Sinxelamente, \u00e9 &#8216;unha noticia&#8217;, unha informaci\u00f3n de que algo estar\u00eda a cambiar nas tendencias [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-24796","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24796","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24796"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24796\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24805,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24796\/revisions\/24805"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24796"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24796"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24796"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}