{"id":24763,"date":"2025-05-30T13:38:24","date_gmt":"2025-05-30T11:38:24","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=24763"},"modified":"2025-05-30T13:38:24","modified_gmt":"2025-05-30T11:38:24","slug":"unha-xuntanza-no-porto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/05\/30\/unha-xuntanza-no-porto\/","title":{"rendered":"Unha xuntanza no Porto"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Unha xuntanza no Porto<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"677\" height=\"677\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/05\/Porto-Meeting-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-24764\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/05\/Porto-Meeting-1.jpg 677w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/05\/Porto-Meeting-1-300x300.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/05\/Porto-Meeting-1-150x150.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 677px) 100vw, 677px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Momento dunha actividade<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A semana pasada tiven a oportunidade de asistir a unha xuntanza no Porto. Organizada por Wikimedia Portugal e apoiada por Wikimedia Espa\u00f1a, ti\u00f1a por fin debater sobre as linguas minoritarias no contexto Wikimedia. Isto \u00e9, da Wikipedia e a constelaci\u00f3n doutras wikis co mesmo esp\u00edrito.<\/p>\n\n\n\n<p>Imos por partes. Aparec\u00edn al\u00ed de casualidade, contactado por WME por ser socio e relacionado coa Galipedia, o nome amigable da versi\u00f3n en galego da mundialmente estendida Wikipedia. E al\u00e9dome -de a\u00ed esta comunicaci\u00f3n- de ter aceptado a invitaci\u00f3n e asistido, non s\u00f3 por volver \u00f3 agradable Porto e co\u00f1ecer a desco\u00f1ecida Miranda do Douro, sen\u00f3n polo que aprend\u00edn e sobre todo pola xente, a m\u00e1is dalgunha contribuci\u00f3n que puiden aportar. Galipedia, Galizionario, Gali-libros\/fontes\/citas&#8230; ti\u00f1an que formar (e conformaron) parte da xuntanza.<\/p>\n\n\n\n<p>Facer unha descrici\u00f3n, a\u00ednda por riba, \u00e9 longo, e \u00f3 mellor non \u00e9 o m\u00e1is conveniente para comprender o encontro. Queda aqu\u00ed unha mestura, m\u00e1is de impresi\u00f3ns e sentimentos que de descrici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>O primeiro, a convocatoria ti\u00f1a o t\u00edtulo en ingl\u00e9s: \u201cWikimedia minority languages meeting\u201d, e p\u00e1xinas informativas en ingl\u00e9s, portugu\u00e9s e castel\u00e1n (de chino hab\u00eda a ligaz\u00f3n, pero non chegou a estar operativo). Mais, de todas as actividades previstas, sobrepasando a vintena, s\u00f3 catro se desenvolveron en ingl\u00e9s, a maior\u00eda en portugu\u00e9s e do resto, o galego foi a lingua m\u00e1is usada, con algunha aparici\u00f3n do mirand\u00e9s, estreme\u00f1p ou asturiano. Apunto isto porque a\u00ednda que o t\u00edtulo estaba en ingl\u00e9s, dirix\u00edase \u00e1s linguas minoritarias, e non s\u00f3 houbo unha mesa redonda e unha presentaci\u00f3n m\u00faltiple en varias linguas, sen\u00f3n que nesa mesa redonda trat\u00e1base da minorizaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica, nos coloquios formais ou informais s\u00f3 se usaba o ingl\u00e9s con algunhas persoas asistentes non familiarizadas coas linguas ib\u00e9ricas e hab\u00eda representantes das wikipedias en galego, asturiano, euskera, mirand\u00eas, estreme\u00f1u e portugu\u00e9s, a m\u00e1is de occitano, alem\u00e1n e dagbani, a\u00ednda que non de catal\u00e1n ou aragon\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p>O segundo, constatouse que esas linguas minoritarias estaban en posici\u00f3ns moi, moi diferentes polo seu desenvolvemento, n\u00famero de falantes, apoio institucional ou evoluci\u00f3n actual. As\u00ed, o mirand\u00eas foi reco\u00f1ecido oficialmente en Portugal a finais do s\u00e9culo pasado, e a pesar dunha evoluci\u00f3n favorable, non acada nin de lonxe os dez mil falantes, mentres do estreme\u00f1u a\u00ednda se desco\u00f1ece ese dato, o n\u00famero de usuarios, que foi estimado nuns 200 000 no ano 94. A evoluci\u00f3n do galego ou o euskera \u00e9 m\u00e1is co\u00f1ecida, pero non por iso necesariamente m\u00e1is reco\u00f1ecida. En relaci\u00f3n \u00e1 fala (sen Wikipedia) ou \u00f3 aran\u00e9s (dependente da Wikipedia en occitano), non se fixo m\u00e1is que citalos.<\/p>\n\n\n\n<p>Terceiro, hoxe en d\u00eda hai unha morea de ferramentas, en particular algunhas das presentadas na xuntanza e con orixe na fundaci\u00f3n Wikimedia, que tentan axudar a igualar as oportunidades ling\u00fc\u00edsticas, sexa no uso, na normativizaci\u00f3n ou na lexicolox\u00eda. Mais, como na biblia, \u2018moitos son os chamados e poucos os elixidos\u2019: na maior\u00eda das linguas minoritarias non hai xente abondo para levar a tarefa a cabo, con ou sen ferramentas.<\/p>\n\n\n\n<p>As linguas e as wikipedias foron a materia tratada no Porto e en Miranda. Os obxectivos, que inclu\u00edan xuntar \u00e1s comunidades ling\u00fc\u00edsticas minoritarias para compartir, apoiar reflexi\u00f3n, desenvolvemento de recursos e acci\u00f3ns concretas e crear unha rede de comunicaci\u00f3n e cooperaci\u00f3n, falta para dalos por conseguidos, mais p\u00faxose un chanzo m\u00e1is no cami\u00f1o -ou varios-. Continuarase no cami\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"690\" height=\"518\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/05\/Porto-Meeting-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-24765\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/05\/Porto-Meeting-2.jpg 690w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/05\/Porto-Meeting-2-300x225.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Arquivo municipal en Miranda do Douro, un dos lugares do encontro<\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha xuntanza no Porto A semana pasada tiven a oportunidade de asistir a unha xuntanza no Porto. Organizada por Wikimedia Portugal e apoiada por Wikimedia Espa\u00f1a, ti\u00f1a por fin debater sobre as linguas minoritarias no contexto Wikimedia. Isto \u00e9, da Wikipedia e a constelaci\u00f3n doutras wikis co mesmo esp\u00edrito. Imos por partes. Aparec\u00edn al\u00ed de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24764,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[182,166],"tags":[63,16],"class_list":["post-24763","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-galipedia","category-lingua","tag-galipedia","tag-lingua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24763","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24763"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24763\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24766,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24763\/revisions\/24766"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24764"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24763"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24763"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24763"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}