{"id":24672,"date":"2025-05-10T19:20:48","date_gmt":"2025-05-10T17:20:48","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=24672"},"modified":"2025-05-10T19:20:48","modified_gmt":"2025-05-10T17:20:48","slug":"sr-alcalde-respecte-a-ordenanza-municipal-farruco-grana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/05\/10\/sr-alcalde-respecte-a-ordenanza-municipal-farruco-grana\/","title":{"rendered":"\u201cSr. Alcalde!, respecte a ordenanza municipal\u201d. Farruco Gra\u00f1a"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\">Deixo a continuaci\u00f3n un escrito que me chegou <a href=\"https:\/\/www.cronica3.com\/2025\/05\/sr-alcalde-respecte-a-ordenanza-municipal-farruco-grana\/\">a trav\u00e9s de Cr\u00f3nica3<\/a>:<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 una vergo\u00f1a que na semana na que imos desenvolver un feixe de actos para conmemorarmos o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=D%C3%ADa+Das+Letras+Galegas\">D\u00eda Das Letras Galegas<\/a>, te\u00f1amos que comprobar que de novo o goberno municipal de Ribadeo volve empregar sinal\u00e9ctica en castel\u00e1n incumprindo a ordenanza municipal vixente no Concello de Ribadeo a respecto do uso do galego.<\/p>\n\n\n\n<p>Xa a comezos deste ano 2025 puidemos comprobar que foran colocados nos muros das nosas r\u00faas uns paneis prohibindo \u201cfijar carteles\u201d. \u00c9 que acaso hai quen considera que a lingua galega non \u00e9 digna de expresar valores est\u00e9ticos como o coidado e ornato das nosas r\u00faas? Acaso queremos reducir o uso do galego a actos protocolarios e negarlle a s\u00faa validez como lingua vehicular na vida coti\u00e1n das nosas vilas e cidades? Hai quen, por moito que tivera a oportunidade de se empapar da memoria dos muros que deron acubillo aos vilancicos de Nadal e Reis da Catedral de Mondo\u00f1edo, agora que ostenta outras responsabilidades, xa esquece a lingua do seu berce. Que te\u00f1a conta do angazo!<\/p>\n\n\n\n<p>Non \u00e9 este un artigo para falarmos de pol\u00edtica municipal. Como cidad\u00e1n ribadense que son, ben poder\u00eda estar preocupado pola situaci\u00f3n econ\u00f3mica do Concello (diminuci\u00f3n dr\u00e1stica dos remanentes), polo retraso na finalizaci\u00f3n das obras do Hospital Asilo, ou a corta incontrolada e totalmente inoportuna e caprichosa de \u00e1rbores (nomeadamente no CEIP Gregorio Sanz). Pero hoxe conv\u00f3came outra preocupaci\u00f3n ao f\u00edo da celebraci\u00f3n do D\u00eda Das Letras Galegas. E manif\u00e9stoa en tanto que presidente da Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta agrupaci\u00f3n, que tanto ten dado a co\u00f1ecer Ribadeo polo pa\u00eds adiante, e que \u00e9 un dos referentes na historia do asociacionismo cultural galego, desenvolveu ao longo dos seus 54 anos de historia un feixe de actividades destinadas todas elas a dar a co\u00f1ecer e desenvolver a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/tag\/lingua\/\">lingua<\/a> e a cultura galegas. Pasamos por momentos dif\u00edciles nos que as autoridades gobernativas miraban con lupa todo canto faciamos. A lembranza m\u00e1is intensa \u00e9 a da Feira do Libro en Galego, na que mesmo se vend\u00edan exemplares de xeito medio clandestino por temor a represalias. Lonxe quedan eses anos. Xa na actualidade puidemos gozar do apoio e colaboraci\u00f3n do concello de Ribadeo. E non nos importa ren, cada vez que realizamos un acto, indicar que contamos con ese apoio.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero o noso reco\u00f1ecemento non \u00e9 un silencio c\u00f3mplice e submiso. Non podemos mirar cara a outro lado e facer como que non vemos. Reclamamos do actual goberno municipal que respecte a ordenanza municipal sobre o uso do galego; reclamamos do actual goberno municipal que cumpra coa legalidade vixente ao respecto tam\u00e9n no \u00e1mbito galego. E esiximos do se\u00f1or conselleiro de Cultura que desde a Xunta de Galicia se vele por ese cumprimento. Como imos poder dar cr\u00e9dito \u00e1s gabanzas que o goberno da Xunta faga sobre o galego estes d\u00edas se, despois, compa\u00f1eiros seus de partido fan o contrario nos concellos? Par\u00e9celle ben ao se\u00f1or conselleiro de Cultura, Xos\u00e9 L\u00f3pez Campos, que en Ribadeo se use sinal\u00e9ctica en castel\u00e1n? Acaso non ve \u00fatil o galego para dar indicaci\u00f3ns \u00e1 cidadan\u00eda? S\u00f3 o acepta como adorno en actos protocolarios? Gustar\u00edalle que na Estrada tam\u00e9n se comezasen a rotular todos os carteis en castel\u00e1n? Se\u00f1or Campos, se\u00f1or Rueda: aposten definitivamente polo galego e d\u00e9ixense de c\u00e1lculos de interesada ambig\u00fcidade. A mellor celebraci\u00f3n do D\u00eda das Letras Galegas \u00e9 a que dura os 365 d\u00edas do ano.<\/p>\n\n\n\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=farruco+gra%C3%B1a\">Farruco Gra\u00f1a<\/a><\/em><br><em>(Presidente da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=agrupaci%C3%B3n+cultural+francisco+lanza\">Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza<\/a>)<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deixo a continuaci\u00f3n un escrito que me chegou a trav\u00e9s de Cr\u00f3nica3: \u00c9 una vergo\u00f1a que na semana na que imos desenvolver un feixe de actos para conmemorarmos o D\u00eda Das Letras Galegas, te\u00f1amos que comprobar que de novo o goberno municipal de Ribadeo volve empregar sinal\u00e9ctica en castel\u00e1n incumprindo a ordenanza municipal vixente no [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[167,166],"tags":[72,16],"class_list":["post-24672","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-farruco-grana","category-lingua","tag-farruco-grana","tag-lingua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24672","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24672"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24672\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24673,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24672\/revisions\/24673"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24672"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24672"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24672"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}