{"id":24549,"date":"2025-04-23T08:58:24","date_gmt":"2025-04-23T06:58:24","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=24549"},"modified":"2025-04-23T08:58:24","modified_gmt":"2025-04-23T06:58:24","slug":"unha-torre-nun-pobo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/04\/23\/unha-torre-nun-pobo\/","title":{"rendered":"Unha torre nun pobo"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"678\" height=\"833\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/04\/Torre-dos-Moreno-en-obras.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-24550\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/04\/Torre-dos-Moreno-en-obras.jpg 678w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2025\/04\/Torre-dos-Moreno-en-obras-244x300.jpg 244w\" sizes=\"auto, (max-width: 678px) 100vw, 678px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">A Torre dos Moreno, en obras en abril de 2025<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">Unha torre nun pobo<\/p>\n\n\n\n<p>De cando en vez, mirando ao noso arredor, danos o impulso de pararnos a pensar ao contemplar e admirar algunhas cousas que nos rodean no noso d\u00eda a d\u00eda. Cousas que poder\u00edamos dicir que temos. Non no sentido de ter un contrato que nos asigna a s\u00faa posesi\u00f3n, sen\u00f3n no de poder, dalg\u00fan xeito, desfrutar delas, gozar coa s\u00faa presencia e compa\u00f1\u00eda, a\u00ednda que legalmente non sexamos os seus propietarios, non sexan nosas, ou polo menos non estean \u00f3 noso nome, mesmo que sexan de alg\u00fan xeito da comunidade.<\/p>\n\n\n\n<p>O anterior \u00e9 o caso hoxe e para min, da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Torre+dos+Moreno\">Torre dos Moreno<\/a>. Como dic\u00eda o meu amigo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Amadeo+Arango\">Amadeo Arango<\/a>, non da \u2018Torre dos Morenos\u2019, de xente coa pel morena, sen\u00f3n da Torre dos Moreno, mandada facer polos irm\u00e1ns <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Pedro_e_Juan_Moreno\">Pedro Mar\u00eda e Juan Mar\u00eda Moreno Ulloa<\/a>, como reza nos seus soportais.<\/p>\n\n\n\n<p>O edificio, un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Casas+de+indianos\">s\u00edmbolo de Ribadeo<\/a>, \u00e9 unha construci\u00f3n que sen ser mi\u00f1a por contrato, ao menos podo desfrutar de xeito visual. Contempleino onte mesmo por \u00faltima vez. Hoxe a\u00ednda non o vin de xeito directo, a\u00ednda que poda reconstru\u00edr a s\u00faa imaxe na mi\u00f1a cabeza, como \u00e9 capaz de facer calquera ribadense e esa imaxe dera p\u00e9 a escribir estas li\u00f1as. Esta tempada, os cambios que se est\u00e1n a producir nela, como se dun ser vivo se tratara, son importantes, a\u00ednda que quede tempo para dicir que foron definitivos para devolverlle a s\u00faa sa\u00fade, primeiro, e logo a s\u00faa prestancia e uso interno. A estrutura de andamios e teas montada ao seu arredor manifesta m\u00e1is a\u00ednda algunha cousa que xa resalta sen ela. As\u00ed, o nome de Torre, plenamente xustificado na s\u00faa imaxe normal, cos andamios e protecci\u00f3ns postos ao seu arredor e o corte en dous visual do edificio a ra\u00edz dunha baixante de cascallo da obra, intensifica o sentido do seu nome \u00f3 mesmo tempo que presenta unha aparente dicotom\u00eda: o que \u00e9 a torre en si, e a impo\u00f1ente fachada do resto do edificio, ao que tam\u00e9n chamamos torre. Con esa vista, queda claro que o nome ven dado por unha parte do total, que llo presta \u00f3 conxunto. E dese xeito, nese conxunto, o que nos chama m\u00e1is a atenci\u00f3n, \u00e9 precisamente a torre, xustificando o nome dado \u00e1 centenaria construci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Con <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Torre_dos_Moreno\">p\u00e1xina propia na Galipedia<\/a>, en <a href=\"https:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/5826\/2011\/09\/torre-dos-moreno\/\">patrimoniogalego.net<\/a> (un dos <a href=\"https:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/category\/comarcas\/marina-oriental\/ribadeo\/\">102 bens culturais catalogados no concello<\/a>) ou na publicaci\u00f3n \u2018Casas de indianos\u2019 coordinada por Bores Gamundi, entre moitos outros lugares, a Torre dos Moreno, a m\u00e1is da s\u00faa impo\u00f1ente imaxe, ten unha historia tras de si. Unha historia que abrangue dende a substituci\u00f3n en 1915 da s\u00faa predecesora no lugar, a Torre da Fortaleza, ou a impactante nova da s\u00faa construci\u00f3n publicada por \u2018<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/06\/21\/bandera-catolica-e-ribadense-torre-dos\/\">Bandera Cat\u00f3lica<\/a>\u2019, pasando polo comezo dos efectos da corrosi\u00f3n ou polo seu nomeamento como ben de interese cultural no 1997, ate os \u00faltimos anos con episodios que refiren o alleamento da parte da propiedade que ostentaba o concello e paso da s\u00faa totalidade a propiedade privada, ou os repetidos arranxos necesariamente parciais -cartos (a sua falta) mandan- defendidos tecnicamente por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Jos%C3%A9+Calavera\">Jos\u00e9 Calavera<\/a> e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?s=Ernesto+Cruzado\">Ernesto Cruzado<\/a>. Unha historia que sobrepasa estas pinceladas de lembranza dun edificio que para moita xente \u00e9 agora s\u00f3 unha imaxe dunha fachada ruinosa que ignora a s\u00faa riqueza interior, inclu\u00edndo nel cousas como o seu pioneiro ascensor. Pero tam\u00e9n, unha historia que deixa que a data de hoxe, poidamos seguir contempl\u00e1ndoa e desfrut\u00e1ndoa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha torre nun pobo De cando en vez, mirando ao noso arredor, danos o impulso de pararnos a pensar ao contemplar e admirar algunhas cousas que nos rodean no noso d\u00eda a d\u00eda. Cousas que poder\u00edamos dicir que temos. Non no sentido de ter un contrato que nos asigna a s\u00faa posesi\u00f3n, sen\u00f3n no de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24550,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[165,158],"tags":[11,9],"class_list":["post-24549","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historia","category-sociedade","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24549","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24549"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24549\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24551,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24549\/revisions\/24551"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24550"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24549"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24549"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24549"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}