{"id":24539,"date":"2025-04-18T15:21:22","date_gmt":"2025-04-18T13:21:22","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/?p=24539"},"modified":"2025-04-18T15:21:22","modified_gmt":"2025-04-18T13:21:22","slug":"anexo-a-sargadelos-e-o-norte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2025\/04\/18\/anexo-a-sargadelos-e-o-norte\/","title":{"rendered":"Anexo a ‘Sargadelos e o norte’"},"content":{"rendered":"\n
De propietario a propietario de Sargadelos, f\u00e1lolle desde a sabedor\u00eda que me dan os meus 276 anos, perm\u00edtame dicirlle algunhas cousas coa sinceridade que xa os meus anos me permiten.
Te\u00f1o a intuici\u00f3n, amigo Segismundo, de que quizais eu sexa un referente para vostede, reforzado pola nosa case com\u00fan orixe xeogr\u00e1fica na terra dos Oscos e a posterior residencia en Ribadeo, por non falar da nosa com\u00fan querencia polos negocios e o noso com\u00fan \u00e9xito empresarial que nos deu a capacidade de exercer un poder que noutras circunstancias non ter\u00edamos. Non renego da mi\u00f1a boa reputaci\u00f3n como emprendedor e adiantado ao meu tempo, \u00e1 vista de como os historiadores me trataron logo da mi\u00f1a tr\u00e1xica morte, pero os anos posteriores ata hoxe, no s\u00e9culo XXI, tiven ocasi\u00f3n de darme conta de que non todo o que reloc\u00eda era ouro, e todos temos luces e sombras.
\u00c9 verdade que fun un empresario adiantado ao meu tempo e tam\u00e9n \u00e9 verdade que me aproveitei do traballo das xentes para explotalos e facerme a\u00ednda m\u00e1is rico, grazas o poder que me deu o \u00e9xito empresarial e o favor do rei, que me favoreceu porque precisaba da produci\u00f3n da mi\u00f1a f\u00e1brica de fundici\u00f3n. Eran outros tempos, pero non me doen prendas reco\u00f1ecelo a estas alturas da historia. As\u00ed que, amigo, tam\u00e9n iso temos en com\u00fan, a\u00ednda que a vostede non lle guste reco\u00f1ecelo, porque a\u00ednda \u00e9 moi novo e a sabedor\u00eda a\u00ednda non lle chegou, por  moito que o te\u00f1a crido.
O di\u00f1eiro d\u00e1 poder e o poder d\u00e1 a sensaci\u00f3n de ter a sempre a raz\u00f3n, ademais de bastante soberbia, d\u00edgollo por experiencia. O tempo permitiume ver que hai outras formas de ga\u00f1arse o respecto das xentes e pasar \u00e1 historia como un home de verdadeira importancia. Mire, sen ir m\u00e1is lonxe ao amigo Isaac, seguramente, outro dos seus referentes, a\u00ednda que para vostede tivese o gran defecto de non valorar suficientemente o di\u00f1eiro e o poder que este outorga.
Isaac foi un gran emprendedor tam\u00e9n, nun contexto ben dif\u00edcil, e tivo sobre todo a visi\u00f3n de saber converter a cer\u00e1mica de Sargadelos que eu fundei como unha mera copia industrial da louza inglesa, nunha cer\u00e1mica con gran calidade t\u00e9cnica e valor cultural propio, o que lle permitiu ser apreciada a\u00ednda hoxe, e a pesar do desastre que a s\u00faa f\u00e1brica actual est\u00e1 sendo, e seguramente en diante, se vostede non consigue apedrazala de todo. Isaac tam\u00e9n pasou xa \u00e1 historia como un home verdadeiramente importante, coas s\u00faas luces e sombras.
Chegando a vostede, Segismundo, heille dicir que polo cami\u00f1o que vai non vai pasar a historia, como seguramente lle gustar\u00eda, por ser un home verdadeiramente importante, sen\u00f3n que vai pasar \u00e1 historia como un impostor. Non chega con querer imitarme a min ou a Isaac para ser coma n\u00f3s. A vostede g\u00fastalle definirse como un hombre republicano, ao mellor para emular a Isaac, tam\u00e9n lle gusta dicir que \u00e9 un liberal, quizais para emularme a min, pero voulle dicir que para ser un verdadeiro liberal, hai que selo en todos os sentidos, \u00e9 vostede \u00e9 un pequeno ditador, que imp\u00f3n a s\u00faa vontade de forma caprichosa e arbitraria, algo que \u00e9 xustamente o oposto a ser un verdadeiro liberal. S\u00ed est\u00e1 atinado en ser ateo, porque podo confirmarlle que Deus non existe m\u00e1is que na mente das xentes, a\u00ednda que iso non lle outorga ning\u00fan m\u00e9rito, haille moitos m\u00e1is ateos polo mundo.
As\u00ed que, amigo Segismundo, perm\u00edtame darlle unha recomendaci\u00f3n por se quixese pasar \u00e1 historia salvando algo da dignidade que toda persoa merece: o respecto, amigo Segismundo, non se compra con di\u00f1eiro. O di\u00f1eiro dalle poder e o poder consigue que lle te\u00f1an medo, pero o medo non \u00e9 o mesmo que o respecto, cr\u00e9ame. O respecto g\u00e1\u00f1ase a pulso, respectando e escoitando \u00e1s persoas que o rodean, non s\u00f3 aos que o adulan por comenencia, e tomando decisi\u00f3ns reflexivas e xustas, para o que hai que ter tam\u00e9n algo de intelixencia emocional e empat\u00eda, algo do que vostede carece. Vostede non \u00e9 m\u00e1is que un home que tivo a habilidade de ga\u00f1ar cartos e utilizounos para crear un persoeiro que pretende transcender emulando a dous persoeiros que, coas s\u00faas luces e sombras, s\u00ed foron verdadeiramente importantes. As\u00ed que, amigo Segismundo, a realidade \u00e9 que vostede, de momento, conseguiu chegar a ser un impostor con cartos. Se quixese ser algo m\u00e1is digno, o \u00fanico que poder\u00eda facer ser\u00eda darse conta de que non pasa de emular con \u00e9xito a Ebenezer Scrooge, o personaxe principal do Conto de Nadal de Dickens, a ese s\u00ed que se lle parece de verdade, pero ata este foi m\u00e1is listo e soubo rectificar a tempo, dubido que vostede chegue sequera \u00e1 s\u00faa altura moral e intelectual.
Despois de publicar aqu\u00ed ‘Sargadelos e o norte‘ e velo tam\u00e9n noutros lugares, como impreso na Comarca del Eo, chegoume un escrito an\u00f3nimo que circula pola rede. Como p\u00fablico que xa \u00e9 e como digo, an\u00f3nimo e polo tanto sen saber a quen pedirlle permiso para publicalo, d\u00e9ixoo en baixo como unha especie de anexo […]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[159,188,175,165,158],"tags":[8,21,32,11,9],"class_list":["post-24539","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-blog","category-economia","category-filosofia","category-historia","category-sociedade","tag-blog","tag-economia","tag-filosofia","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24539","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24539"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24539\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24540,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24539\/revisions\/24540"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24539"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24539"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24539"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}