Con data de 24 de Marzo, na p\u00e1xina web do concello de Ribadeo pode lerse unha comunicaci\u00f3n sobre un proxecto de reformas no parque pr\u00f3ximo a capela de San Miguel do que reproducimos o seguinte par\u00e1grafo:<\/p>\n\n\n\n
\u201c\u2026garantir a seguridade deste parque, eliminando todos eses setos vexetais e colocando unha varanda de madeira que garanta a seguridade\u2026\u201d<\/em>
Calquera lector pode compartir o noso desconcerto dado que non se comprende en que poden prexudicar as sebes de ligustros \u00e1 seguridade dos nenos e nenas usuarios do parque ou \u00e1s persoas maiores que pasen por al\u00ed. Os ligustros, como todo o mundo sabe, son arbustos que se poden plantar como ornamentais e que tam\u00e9n fan uns peches de fincas moi densos pola sua ramaxe e son de folla perenne, ademais da beleza que aportan polo seu verdor e pola mesta floraci\u00f3n na primavera. Ser\u00eda ben que algu\u00e9n mais ilustrado nos iluminase de cales son os danos que poden infrinxir \u00e1 veci\u00f1anza ou se hai algunha enfermidade que poden transmitir ou calquera outra maldade que desco\u00f1ezamos.
Pode que, como no caso das cortas da \u00e1rbores que denunciamos recentemente, a palabra clave sexa a \u201celiminaci\u00f3n\u201d, que ten moitas connotaci\u00f3ns negativas. Pero non imos entrar en discursos gramaticais, simplemente atop\u00e1monos cun novo proxecto de facer desaparecer elementos verdes dos espazos p\u00fablicos aos que se lles denomina \u201csetos vexetais\u201d sen identificar. Compre suli\u00f1ar, e hanos de desculpar o lector por esta clarificaci\u00f3n innecesaria, que para nada as sebes son incompatibles cas varandas de madeira, as\u00ed que deixamos o tema polo de agora na agarda de algunha clarificaci\u00f3n. O tempo polo demais \u2013 e en que pouco- vai po\u00f1endo as cousas no seu sitio: v\u00e9xase como hab\u00eda que quitar os arbustos da praza Pancho Maseda para deixar pasar as ambulancias e non tardou nin un mes en quedar pechado o paso por unha exposici\u00f3n publicitaria (sen comentarios).
E por certo falando de \u201celiminar perigos e garantir a seguridade\u201d, non estar\u00eda mal que se acabasen de eliminar os eucaliptos que a\u00ednda quedan preto das casas e mesmo a car\u00f3n de certas industrias de alto risco de incendio. Unha pequena volta polo rural permitir\u00eda identificar en pouco tempo estas circunstancias.
Debemos informar tam\u00e9n que na \u00faltima xuntanza do noso colectivo estivemos d\u00e1ndolle voltas os pros e contras do proxecto de trasladar o centro de sa\u00fade \u00e1 sa\u00edda do casco urbano, a un quil\u00f3metro do actual e nunha zona de intenso tr\u00e1fico rodado e de dif\u00edcil acceso especialmente para as persoas maiores. Sabemos que a car\u00f3n de 700 persoas visitan acot\u00edo os servizos do centro de sa\u00fade e que a gran maior\u00eda van a p\u00e9 e aproveitan para facer compras ou tomar un caf\u00e9 e pensamos que a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo cometen un erro hist\u00f3rico quitando o servizo actual do centro da vila e da zona comercial e lev\u00e1ndoo a un arrabalde arredado, inc\u00f3modo e perigoso, malia que te\u00f1a a suposta vantaxe dun amplo aparcamento que non compensa os inconvintes amplamente co\u00f1ecidos. Sabemos que o concello leva adoptado algunhas medidas e acordos na direcci\u00f3n devandita, pero pensamos que se a maior\u00eda da xente estivese mellor informada posiblemente non se chegar\u00eda a levar a cabo este proxecto tan negativo ademais de innecesario. En realidade todos somos co\u00f1ecedores da falla de profesionais sanitarios que non se resolve cun novo edificio.
Polo tanto acordamos organizar unha marcha informativa \u2013 non unha manifestaci\u00f3n \u2013 para achegarnos cami\u00f1ando dende o centro actual ata a zona onde se proxecta o novo e ir tomando nota dos inconvintes e ach\u00e1degos que nos atopamos a m\u00e1is de rexistrar o tempo que botaremos, o tr\u00e1fico rodado e outras incidencias que nos podamos atopar. Avisaremos con antelaci\u00f3n para que participen as persoas que o desexen pero xa reiteramos que non se trata dunha manifestaci\u00f3n de protesta sen\u00f3n de un acto c\u00edvico para recoller informaci\u00f3n e para informar a quen estea interesad@.<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Plataforma pola defensa e protecci\u00f3n das \u00e1rbores de Ribadeo Nota de prensa Con data de 24 de Marzo, na p\u00e1xina web do concello de Ribadeo pode lerse unha comunicaci\u00f3n sobre un proxecto de reformas no parque pr\u00f3ximo a capela de San Miguel do que reproducimos o seguinte par\u00e1grafo: \u201c\u2026garantir a seguridade deste parque, eliminando todos […]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24473,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[162],"tags":[],"class_list":["post-24472","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24472","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24472"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24472\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24474,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24472\/revisions\/24474"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24473"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24472"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24472"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24472"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}