{"id":2443,"date":"2022-11-07T14:07:00","date_gmt":"2022-11-07T13:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:27:07","modified_gmt":"2024-10-23T15:27:07","slug":"as-formigas-e-os-humanos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/11\/07\/as-formigas-e-os-humanos\/","title":{"rendered":"As formigas e os humanos"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;As formigas e os humanos<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Os formigos e as humanas &#8230; Non, non vai diso, de cambio de sexo ou de x\u00e9nero, ou contraposici\u00f3n sexual, ou de interacci\u00f3n entre especies. Co que ten que ver \u00e9 co cambio de concepci\u00f3n das ideas, do mundo, polo uso e secuestro da linguaxe e da imaxe, do noso ser, que nos fai cada vez m\u00e1is, formigas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Estamos en plena batalla mundial polos datos. Pola s\u00faa obtenci\u00f3n, apropiaci\u00f3n e uso no marco do que se chama &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/econom%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">econom\u00eda<\/a> de datos&#8217;, que \u00e9 moito m\u00e1is que econom\u00eda &#8216;de cartos&#8217;, pois est\u00e1 ligada \u00e1 <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/econom%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">sociedade<\/a> e \u00e1s persoas e todas as s\u00faas (nosas) manifestaci\u00f3ns e actuaci\u00f3ns. Calquera interacci\u00f3n que te\u00f1amos ou deixemos de ter pode converterse en datos, que unha vez que nos son enaxenados (\u00e9 dicir, que se apropian deles outras persoas ou entidades) deixan de pertencernos en exclusiva, ou mesmo de pertencernos sen m\u00e1is, para pasar a ser algo comercializable no mercado e usable para dirixir a &#8216;nosa&#8217; pr\u00f3xima compra ou a nosa pr\u00f3xima votaci\u00f3n, ou a nosa pr\u00f3xima elecci\u00f3n de parella.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non, non \u00e9 ciencia ficci\u00f3n, sen\u00f3n algo que con menor ou cada vez maior \u00e9xito (tanto na recollida de datos, como na apropiaci\u00f3n, como no seu uso) se est\u00e1 a producir xa hoxe. Mesmo hai modelos diversos para iso da &#8216;econom\u00eda de datos&#8217;, tentando que se fale moito de como o goberno chino \u00e9 capaz de acceder de xeito inmediato \u00f3s nosos datos por medio das as empresas multinacionais chinas mentres se fala abondo menos de que as empresas -a maior\u00eda, norteamericanas- tecnol\u00f3xicas multinacionais leva anos accedendo \u00f3s nosos datos. Sen ir m\u00e1is lonxe, hai anos que o ficheiro que descarguei sobre min dende Facebook ti\u00f1a case mil megas, \u00e9 dicir, un tama\u00f1o equivalente a m\u00e1is de cen mill\u00f3ns de palabras, varios centos de Quixotes. Do mesmo xeito, hai anos que a tecnolox\u00eda fai a quen a controle capaz de espiarnos coas c\u00e1maras dos nosos propios aparellos, port\u00e1tiles ou m\u00f3biles practicamente a vontade, de tal xeito que estamos literalmente nunha vixilancia dixital, ou, nunha imaxe m\u00e1is arrepiante, nunha polo momento tosca c\u00e1rcere dixital.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/Ant_bridge.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/Ant_bridge.jpg\" class=\"wp-image-2444\" width=\"426\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Formigas formando unha ponte. CCBYSA 2.0, de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ficheiro:Ant_bridge.jpg\">gl.wikipedia.org<\/a>, por <a class=\"external text\" href=\"https:\/\/www.flickr.com\/people\/11014423@N07\" rel=\"nofollow\">Geoff Gallice<\/a><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Volvendo \u00e1s formigas, xa al\u00f3 polo 1930 <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Maurice_Maeterlinck\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Maurice Maeterlinck<\/a> describ\u00eda no seu libro &#8216;a vida das formigas&#8217; dun xeito detallado como as formigas estaban clasificadas e a s\u00faa vida depend\u00eda desa clasificaci\u00f3n, desenvolv\u00e9ndose no que se poder\u00eda dicir &#8216;xeito maquinal&#8217;, sen liberdade m\u00e1is que a correspondente a unha distribuci\u00f3n estat\u00edstica sinxela. E si, o formigueiro, debido a ese reparto de tarefas ata o m\u00ednimo detalle, florece, e as formigas est\u00e1n dispersas por toda a superficie terrestre a excepci\u00f3n de lugares como a Ant\u00e1rtida. \u00c9 dicir, ocupan unha extensi\u00f3n comparable \u00e1 dos humanos, con outro sistema social. A cousa \u00e9 que a vixilancia continua (se queres, non a chames vixilancia, di &#8216;observaci\u00f3n&#8217;) xera a capacidade de co\u00f1ecernos mellor que n\u00f3s mesmos, e con ela, a de interferir nas nosas decisi\u00f3ns, que pasan a ser nosas s\u00f3 na ficci\u00f3n, e nos converten en algo as\u00ed como formigas que te\u00f1en asignado un papel. Papel que pode ser diverso, e abranguer dende o que mercar ata o que votar. Que gran cousa ser\u00eda que puideramos dispo\u00f1er n\u00f3s mesmos, e s\u00f3 n\u00f3s, deses datos para aproveitalos para os nosos prop\u00f3sitos, a modo de &#8216;t\u00f3nicos para a vontade&#8217; e poder mellorar o conseguir o que queremos. Cousa ben diferente \u00e9 que sexan outros poderes os que usen eses datos para tentar que queiramos o que lles interesa e logo mellorar a consecuci\u00f3n deses intereses que nos inducen.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Mentres, segue aumentando o uso das tarxetas, con m\u00e1is posibilidade de rastreo do manexo de cartos e m\u00e1is dependencia dos bancos, coa desculpa de ser m\u00e1is as\u00e9ptico en pandemia e m\u00e1is &#8216;pr\u00e1ctico&#8217; en xeral. Ou, de xeito incomprensible para min, as petici\u00f3ns de c\u00e1maras de vixilancia en lugares p\u00fablicos, coa desculpa da seguridade, cando est\u00e1 demostrado que cazan as pequenas faltas de xente que non est\u00e1 preparada para evitalas por non facelo de eito organizado, mentres quen o fai a propio intento, de xeito programado, burla a vixilancia de diferentes xeitos. E, mentres, quen ten o control da c\u00e1mara sabe se pasaches diante dela, en que sentido, como \u00edas vestido, se \u00edas \u00e1s pr\u00e9sas&#8230; No noso edificio roubaron en varias portas hai m\u00e1is dun lustro. Naquel momento, igual que hoxe, d\u00e9ixanlle a unha empresa privada que te\u00f1a catro ou cinco c\u00e1maras nos baixos do edificio, escrutando \u00e1 r\u00faa, \u00e1 xente que entra e sae tanto como \u00e1 que est\u00e1 a tomar vi\u00f1os. Por suposto que tomar vi\u00f1os non e unha actividade delictiva, pero a observaci\u00f3n pode tranquilamente facer posible un ficheiro no que apareza t\u00f3dalas veces que unha persoa vai tomar un vi\u00f1o a un determinado local e canto tempo bota na tarefa, repartido entre o tempo que pasa dentro e o tempo que pasa na r\u00faa co vaso ou fumando. Iso non serviu para cazar \u00f3 delincuente, que aparece nunha toma tapado con capucha e cargado co bot\u00edn. Ata hoxe. Iso si, poden saber a que horas entro e saio da casa, se saio s\u00f3 ou acompa\u00f1ado, ver como vou vestido e facer deduci\u00f3ns de cara onde me podo dirixir. \u00c9 dicir, ter monitorizada parte da mi\u00f1a vida, que pasa a serme expropiada. E que &#8216;non faga ning\u00fan dano&#8217; non \u00e9 motivo para que me collan a vida e pase a ter vixilancia constante, e, nun momento dado, queiran cambiar o meu comportamento ou as mi\u00f1as querencias, e te\u00f1an datos abondo para exercer alg\u00fan tipo de castigo -multa, por exemplo- se non fago eses cambios, se non vou polo rego&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;As formigas e os humanos &nbsp;&nbsp;&nbsp; Os formigos e as humanas &#8230; Non, non vai diso, de cambio de sexo ou de x\u00e9nero, ou contraposici\u00f3n sexual, ou de interacci\u00f3n entre especies. Co que ten que ver \u00e9 co cambio de concepci\u00f3n das ideas, do mundo, polo uso e secuestro da linguaxe e da imaxe, do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2444,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9,40],"class_list":["post-2443","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2443","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2443"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2443\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2444"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2443"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2443"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2443"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}