{"id":238,"date":"2024-09-05T14:40:00","date_gmt":"2024-09-05T12:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-22T16:56:16","modified_gmt":"2024-10-22T14:56:16","slug":"un-novo-chio-n-31-setembro-2024","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/09\/05\/un-novo-chio-n-31-setembro-2024\/","title":{"rendered":"Un novo Ch\u00edo: n\u00ba 31, setembro 2024"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/09\/PCh.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"895\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/09\/PCh.jpg\" class=\"wp-image-239\" width=\"629\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp; &nbsp;&nbsp;<\/span>Despois do ver\u00e1n, un <a href=\"https:\/\/xn--cho-sma.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/Chio-Setembro-32_compressed.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">novo exemplar da revista Ch\u00edo<\/a> est\u00e1 dispo\u00f1ible. Aqu\u00ed o tes, con colaboraci\u00f3ns diversas: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Luc%C3%ADa+Ferro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Luc\u00eda Ferro<\/a>, Carlos Dafonte (si, fillo doutro <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_Dafonte_S%C3%A1nchez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carlos Dafonte<\/a>), Luis Villares, Santy Guti\u00e9rrez&#8230; co tema b\u00e1sico do cine como f\u00edo, e dirixida por Melina L\u00f3pez. Por certo, este e os anteriores exemplares podes velos en <a href=\"https:\/\/xn--cho-sma.com\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ch\u00edo.com<\/a>.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E, como de costume, tam\u00e9n en separado o meu artigo:<\/p>\n<p>Ch\u00edo?<\/p>\n<p>Oio os ch\u00edos dos paxaros al\u00f3, lonxe \u00e1 fronte. Tam\u00e9n alg\u00fan m\u00e1is, solto cara \u00e1 mi\u00f1a dereita. Un can ladra \u00e1s mi\u00f1as costas, onde hai pouco se escoitaba murar unha vaca. O zunido das follas \u00f3 vento mest\u00farase co acari\u00f1ar dese mesmo vento e o seu suave son. A mesma \u00e1rbore da que me chegan os ch\u00edos dos paxaros al\u00ed pousados, que hoxe asemellan engaiolados. Cambo de sentido e vexo o verde, os verdes, baixo o ceo gris, os ceos grises e azulados. O banco marr\u00f3n no que me deixo estar l\u00e9mbrame esa outra madeira, viva, que sustenta o verde das \u00e1rbores que nos facilita a vida co os\u00edxeno que respiramos. Cheirumes diversos chegan producindo sensaci\u00f3ns variadas. Penso en achegarme \u00e1 herba e pasar a man, mais quedo.<\/p>\n<p>De cando en vez, un motor. Tractor m\u00e1is que coche. Tam\u00e9n m\u00e1is ca orde\u00f1adora -canto se asemella a ordenador a palabra e que diferente a s\u00faa funci\u00f3n&#8230;-. Fan a vida m\u00e1is doada, din, a cambio de ru\u00eddo e contaminaci\u00f3n. Ru\u00eddo que se escoita, a\u00ednda que pola cantidade e continuidade por estes pagos non se poda dicir que molesta, non pode competir cos outros, anteriores no texto e ancestrais na historia. Contaminaci\u00f3n que, no medio do campo, non se aprecia a\u00ednda que estea a\u00ed.<br \/>\nE como fondo estra\u00f1o, un avi\u00f3n que nun momento se deixa escoitar m\u00e1is que ver a trav\u00e9s das nubes. Estra\u00f1o pola s\u00faa presencia manifestada, e tam\u00e9n por esa puntual preeminencia auditiva fronte \u00e1 visual, a cl\u00e1sica lonxe dos aeroportos. Po\u00f1endo unha nota como sobrenatural e pasaxeira.<\/p>\n<p>As moscas. Parte picante e molesta de formigas, insectos, ar\u00e1cnidos, lagartos e outros animais que rodean por aire e terra e que nos lembran que s\u00f3 temos control parcial do mundo, do resto dese mundo no que estamos inclu\u00eddos, e mesmo de n\u00f3s. Que estamos supeditados \u00e1 natureza, que se pretendemos separarnos dela non sendo deuses, sucumbiremos con ou sen ela.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/09\/FCh1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"401\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/09\/FCh1.jpg\" class=\"wp-image-240\" width=\"558\" \/><\/a><\/p>\n<p>E mentres todos eses ru\u00eddos de fondo suceden e se suceden, a mente pode abstraerse -e abstr\u00e1ese- sen fixarse no rendemento que nos persegue. Pensando pode que no destino dun rural que se morre mentres segue a ser necesario non s\u00f3 para alimentar o est\u00f3mago. Ou no cami\u00f1o aparentemente aleatorio de cada formiga mentres trazan en conxunto as li\u00f1as m\u00e1is curtas para que a s\u00faa sociedade-formigueiro te\u00f1a mellor acceso \u00f3s recursos. Ou nesas plantas que medran invadindo o que a humanidade pretende humanizar -di-, desnaturalizando a construci\u00f3n da paisaxe. Ou no h\u00f3rreo veci\u00f1o que se ve afectado polo paso do tempo, \u00f3 tempo que se pasa do seu mantemento, deixando ver as marcas que lle van quedando. Ou nas hortensias, fatigadas coas flores xa murchas na s\u00faa segunda floraci\u00f3n este ano, polo momento.<br \/>\nVenme \u00e1 cabeza Espronceda: \u2018(&#8230;) sino yo, triste cuitado \/ que vivo en esta prisi\u00f3n \/ \tque ni s\u00e9 cu\u00e1ndo es de d\u00eda \/ ni cu\u00e1ndo las noches son (&#8230;)\u2019 en paralelo cunha c\u00e1rcere de tama\u00f1o planetario. Lugar do que mentres nos pechamos m\u00e1is, consumindo os seus recursos, alg\u00fans so\u00f1an poder evadirse, cunha idea a modo de moderno karma tecnol\u00f3xico que posibilita o sa\u00edr do ciclo de reencarnaci\u00f3ns da vida no planeta.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/09\/FCh2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"701\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/09\/FCh2.jpg\" class=\"wp-image-241\" width=\"560\" \/><\/a><\/p>\n<p>S\u00e1came dos meus pensamentos a veci\u00f1a no seu tractor, no seu traballo, pasando mentres me sa\u00fada. E paso eu a ser consciente de que deixo de mirar o meu embigo para lembrar que non s\u00f3 estou nunha natureza que non me\/nos pertence, sen\u00f3n \u00e1 que todos n\u00f3s pertencemos. Albisco que temos pensamentos semellantes, mesmo quen non ten tempo para pensar, anguriado polo traballo, obrigas ou cansazo, e a\u00ednda que pareza de primeiras que as ideas semellan opostas ou totalmente sen relaci\u00f3n. Ideas humanas son, algo ter\u00e1n en com\u00fan. Un albiscar que pode chegar lonxe, quizais a unha lembranza de Gaza ou Etiop\u00eda, pasando polo Sahara ou Afganist\u00e1n. Ou quedarse mesmo dentro de n\u00f3s, como unha dor de cabeza.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/09\/FCh3.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/09\/FCh3.jpg\" class=\"wp-image-242\" width=\"544\" \/><\/a><\/p>\n<p>Hoxe fixo calor h\u00famida, sen Sol. Ma\u00f1\u00e1 volver\u00e1 sa\u00edr o Sol, esteamos ou non n\u00f3s.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; &nbsp;&nbsp;Despois do ver\u00e1n, un novo exemplar da revista Ch\u00edo est\u00e1 dispo\u00f1ible. Aqu\u00ed o tes, con colaboraci\u00f3ns diversas: Luc\u00eda Ferro, Carlos Dafonte (si, fillo doutro Carlos Dafonte), Luis Villares, Santy Guti\u00e9rrez&#8230; co tema b\u00e1sico do cine como f\u00edo, e dirixida por Melina L\u00f3pez. Por certo, este e os anteriores exemplares podes velos en Ch\u00edo.com. &nbsp;&nbsp; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":239,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-238","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/238","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=238"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/238\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/239"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=238"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=238"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=238"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}