{"id":2368,"date":"2022-11-14T18:04:00","date_gmt":"2022-11-14T17:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:25:01","modified_gmt":"2024-10-23T15:25:01","slug":"propaganda-institucional","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/11\/14\/propaganda-institucional\/","title":{"rendered":"Propaganda institucional"},"content":{"rendered":"<p>Propaganda institucional<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Coido que non \u00e9 o caso m\u00e1is flagrante, pero \u00e9 o que te\u00f1o m\u00e1is \u00e1 man. E, como noutros casos, est\u00e1 a medrar. O concello de Ribadeo leva aumentando o n\u00famero de notas de prensa emitidas en cada per\u00edodo dende que comezou a facelo de xeito formal a trav\u00e9s dunha axencia. Ano tras ano incrementa o seu n\u00famero, e as\u00ed xa no 2021 sobrepasou unha nota diaria. Algo que este 2022 xa ten conseguido a\u00ednda no dudoso caso de que non emita ningunha m\u00e1is no que resta ata o 31 de decembro, e leva cami\u00f1o de achegarse \u00e1s tres notas por cada dous d\u00edas h\u00e1biles. Co que se poder\u00eda considerar agravantes: as notas aparecen na web do concello mesmo con posterioridade \u00e1 s\u00faa aparici\u00f3n como noticia en prensa, cando a s\u00faa orixe \u00e9 perfectamente verificable e rastrexable comparando as &#8216;noticias&#8217; coas &#8216;notas&#8217;. Tam\u00e9n se pode comprobar que se as imaxes do xornal ou das redes sociais mantidas por xente do concello son as mesmas que aparecen na web, estas \u00faltimas son de abondo peor calidade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como<\/span> resultado, as noticias sobre Ribadeo te\u00f1en en boa parte non s\u00f3 a orixe no concello, sen\u00f3n que tam\u00e9n son xestionadas de xeito inicial, presentadas, polo mesmo concello, sendo admitidas e publicadas nos medios con variaci\u00f3ns insignificantes, se o son con algunha. E, mentres o concello se converte en procurador de novas, s\u00f3 vai quedando oco natural nos medios para o resto de actores.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Como continuaci\u00f3n do anterior, e mentres, as chamadas redes sociais \u00e9nchense de novas que son, ben relanzamento do publicado polos medios, ben transmisi\u00f3ns de chistes, imaxes ou v\u00eddeos sorprendentes, e moitas veces truculentos ou claramente aproveitando para transmitir nesgos, e algunha vez (poucas) algunha achega particular a partir dunha foto-denuncia de cousas do pobo. Destas \u00faltimas, unha parte sendo certas e fidedignas vai acompa\u00f1adas de comentarios totalmente nesgados que sit\u00faan o contexto nun xeito irreco\u00f1ecible en relaci\u00f3n \u00f3 da foto na &#8216;vida real&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Dese xeito, mentres a comunicaci\u00f3n se ve tam\u00e9n constrinxida pola orientaci\u00f3n cada vez m\u00e1is ostentosa de quen transmite a informaci\u00f3n (non o periodista, sen\u00f3n quen controla o medio), esta vai deixando de ser tal para ser, sobre todo, unha inflacci\u00f3n de propaganda. Un caldo de cultivo no que a polarizaci\u00f3n non pode m\u00e1is que medrar. Mesmo as descualificaci\u00f3ns, e escalando, os insultos velados (ou sen velar) son cada vez m\u00e1is com\u00fans e pretendidamente normais ou normalizados. \u00c9 dicir, conv\u00e9rtense en normal, en norma.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Esta espiral que medra, autoalimentada, leva sendo patente dende hai varios lustros. \u00d3 pouco de xurdir, nas redes sociais, mais \u00e9 anterior nos medios, coa integraci\u00f3n en grandes cadeas medi\u00e1ticas con poder propio ou cooptadas por outro poder, e a precarizaci\u00f3n do oficio de xornalista. Nun caso por unhas raz\u00f3ns, no outro, por outras, non \u00e9 doada unha oposici\u00f3n interna que pare o medre do problema. E, a m\u00e1is de facer m\u00e1is dif\u00edcil a gobernanza en pol\u00edtica para forzas opostas \u00f3 poder &#8216;real&#8217; que pasa polos cartos, fai m\u00e1is d\u00e9bil \u00e1 sociedade. Sociedade que noutro tempo pretendeu que as instituci\u00f3ns foran os seus piares e que na actualidade at\u00f3pase con que precisamente eses pretendidos piares, prisioneiros doutros poderes, son parte do problema.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Segundo onde vivas e en que entorno te movas, segundo as t\u00faas ideas ou orixe de transmisi\u00f3n das novas que alimentan o teu pensamento, ter\u00e1s \/ ir\u00e1s tendo un perfil ou outro, encadr\u00e1ndote nun lugar informativo do que en xeral ser\u00e1 dif\u00edcil sa\u00edr, con muros cada vez m\u00e1is altos que cercan a t\u00faa vista e ocultan outras posibilidades. Muros que incl\u00faen, claro, as t\u00faas amizades, persoas nas que m\u00e1is ou menos conf\u00edas, tanto ou m\u00e1is que nas instituci\u00f3ns ou grupos de interese, pero que, \u00f3 tempo, se ven cerradas no seu espazo de informaci\u00f3n nesgada, pr\u00f3ximo \u00f3 teu, e do que, se saen nalgunha ocasi\u00f3n, tender\u00e1n a ver outras posibilidades informativas ou de interpretaci\u00f3n como unha negaci\u00f3n, unha mentira contra da &#8216;s\u00faa verdade&#8217;. Igual ca ti. Negaci\u00f3n que incluir\u00e1 a imposibilidade de considerar outra visi\u00f3n que non sexa a propia, creada e reforzada polo entorno entre elixido e imposto no que cada persoa se mova.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Propaganda institucional &nbsp;&nbsp;&nbsp; Coido que non \u00e9 o caso m\u00e1is flagrante, pero \u00e9 o que te\u00f1o m\u00e1is \u00e1 man. E, como noutros casos, est\u00e1 a medrar. O concello de Ribadeo leva aumentando o n\u00famero de notas de prensa emitidas en cada per\u00edodo dende que comezou a facelo de xeito formal a trav\u00e9s dunha axencia. Ano [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,13,9],"class_list":["post-2368","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2368","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2368"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2368\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2368"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2368"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2368"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}