{"id":2364,"date":"2022-11-15T21:25:00","date_gmt":"2022-11-15T20:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:24:57","modified_gmt":"2024-10-23T15:24:57","slug":"unha-efemeride-de-1773-primeira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/11\/15\/unha-efemeride-de-1773-primeira\/","title":{"rendered":"Unha efem\u00e9ride de 1773: A primeira administraci\u00f3n da lotaria en Ribadeo. Eduardo Guti\u00e9rrez"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Despois de publicar o traballo de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Celia%20Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Celia Castro<\/a> <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/11\/leonardo-fernandez-reinante-musico-e.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">sobre Leonardo Fern\u00e1ndez Reinante<\/a> para o libro das festas do 2022, dec\u00e1tome dos outros traballos, menores, que aparecen nel publicados. Aqu\u00ed est\u00e1 o presentado por Lalo Guti\u00e9rrez, unha volta corrixido alg\u00fan erro tipogr\u00e1fico:<\/p>\n<p><em>Unha efem\u00e9ride de 1773<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA primeira administraci\u00f3n da lotaria en Ribadeo<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Eduardo%20Guti%C3%A9rrez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Eduardo Guti\u00e9rrez<\/a><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCronista Oficial<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Hai bastante tempo cando tivemos oportunidade de investigar a historia do C\u00edrculo de Recreo de Ribadeo, unha sociedade fundada en 1851, entre outras moitas cuesti\u00f3ns que atinx\u00edan ao vivir local de mediados do s\u00e9culo XIX en Ribadeo, un tempo aquel de grande activismo mar\u00edtimo comercial, chamou a nosa atenci\u00f3n ao repasar alg\u00fans aspectos contables do co\u00f1ecido como Casino, os gastos da podente sociedade na adquisici\u00f3n de billetes da Lotaria Nacional. T\u00e9\u00f1ase en conta que era unha sociedade quizais a mais podente da pequena burgues\u00eda local, e das m\u00e1is fortes da provincia, cuxa sede era o magn\u00edfico edificio da r\u00faa da Sant\u00edsima Trindade que ocupou tempo despois o antigo Colexio das Fillas da Caridade.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero as\u00ed como temos informaci\u00f3n de outras efem\u00e9rides como a apertura da primeira farmacia, o temper\u00e1n posto de tel\u00e9grafos, o inicial tanatorio e outros moitos servizos, como os sucesivos matadoiros, as tra\u00eddas de auga, as fontes e os lavadoiros p\u00fablicos, os embarcadoiros, e os peri\u00f3dicos que van sinalando fitos locais, non d\u00e9ramos cos detalles deste xogo implantado en Espa\u00f1a en tempo de Carlos II, moi semellante en funcionamento ao que hoxe se chama lotaria primitiva, ou sexa os precedentes de a Lotaria Nacional. Como se sabe a primeira foi inspirada na de N\u00e1poles e comezou a funcionar en 1763, e a Nacional en 1812. Pero accedimos aos datos do primeiro Administrador de Lotarias en Ribadeo merc\u00e9 aos traballos de Maria Luisa Meijide, publicados vai para medio s\u00e9culo, nun cumprido e ameno estudo sobre Vicente Seixo, un verdadeiro precursor, e as orixes da lotaria en Galiza no s\u00e9culo XVIII. Seixo era natural da cidade de Ourense, ou dos seus arredores, segundo informaci\u00f3n de Antonio Couceiro Freijomil, que o destaca a maiores como agr\u00f3nomo. Naceu en 1747 e faleceu en 1824.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNunha lista das principais Administraci\u00f3ns de 1773 s\u00f3 aparecen en Galiza A Coru\u00f1a, Santiago e Ribadeo, onde o Administrador era D. Juan de Murias y Mon, que tam\u00e9n figura nas relaci\u00f3ns de 1775 e 1776. Neste mesmo ano, no sorteo do 12 de agosto aparece ingresada polo sorteo correspondente, unha cantidade por un discreto premio. Pero se falamos de recadaci\u00f3n, en xullo de 1815, ou sexa en plena Guerra da Independencia e con parte do pa\u00eds ocupado polos franceses, Ribadeo despachou 34 billetes, ou sexa que estaba por enriba dos vendidos en Betanzos ou Villafranca del Bierzo, a\u00ednda que por debaixo de Tui. O prezo do billete eran 5 reais de vell\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/L2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"880\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/L2.jpg\" class=\"wp-image-2365\" width=\"657\" \/><\/a><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO administrador antes citado, que debeu ser o primeiro, era parente do dono do pazo de Guimar\u00e1n, ou sexa de D.Bernardo Rodriguez Arango y Mon, e proced\u00eda da mesma zona, isto \u00e9 o antigo concello de Bur\u00f3n e a s\u00faa comarca dos Oscos. Sabemos que tal e como sucedeu con outros administradores, figurou entre os anos 1774 e 1776 na relaci\u00f3n de debedores coa Facenda Real cun descuberto de 6.797 reais que tivo que reintegrar, cousa que fixo nun prazo curto xa que se trataba dun propietario podente e afeito aos negocios. Por iso non rechama que un seu paisano Antonio Raimundo Ib\u00e1\u00f1ez comezara a s\u00faa andaina profesional na Casa de Guimar\u00e1n.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNaquel tempo exist\u00edan outros xogos de azar, pero ning\u00fan arraizou como o Real Xogo da Lotaria, xa que se trataba dunha iniciativa oficial, moi rendible para a Facenda, pero que ademais nos seus inicios foi presentada como captadora de recursos para o ben com\u00fan: hospitais, escolas e outras causas xustas e obras p\u00edas, que ademais constitu\u00edan un atraente reclamo publicitario, ademais do poder engaiolante dos xogos de azar.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nFalamos somente dos limiares da lotar\u00eda na nosa vila, unha historia de altibaixos de fortuna, como en calquer lugar. Por non sa\u00edrmos da discreci\u00f3n, unha mostra da historia deste xogo de sorte, citemos apenas a doa dun abelorio: en 1933 moitas felicitaci\u00f3ns recibiu un m\u00e9dico ribadense con boa estrela, ao que lle corresponderon vinte e cinco mil pesos, nun sorteo da Lotar\u00eda Nacional.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Despois de publicar o traballo de Celia Castro sobre Leonardo Fern\u00e1ndez Reinante para o libro das festas do 2022, dec\u00e1tome dos outros traballos, menores, que aparecen nel publicados. Aqu\u00ed est\u00e1 o presentado por Lalo Guti\u00e9rrez, unha volta corrixido alg\u00fan erro tipogr\u00e1fico: Unha efem\u00e9ride de 1773 A primeira administraci\u00f3n da lotaria en Ribadeo Eduardo Guti\u00e9rrez [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2365,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,11],"class_list":["post-2364","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2364","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2364"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2364\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2365"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2364"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2364"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2364"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}