{"id":2362,"date":"2022-11-16T21:31:00","date_gmt":"2022-11-16T20:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:24:54","modified_gmt":"2024-10-23T15:24:54","slug":"novas-sobre-illa-pancha-dos-tribunais-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/11\/16\/novas-sobre-illa-pancha-dos-tribunais-e\/","title":{"rendered":"Novas sobre a illa Pancha, dos tribunais e da AVV Por Nuestro Faro"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hoxe, 16 de novembro, deuse a co\u00f1ecer un feito encami\u00f1ado por outros anteriores: O TSXG desestima o recurso de Eirobra S.L.para evitar o acceso libre \u00e1 <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Illa%20Pancha\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">illa Pancha<\/a>. Despois de anos loitando, a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=por+nuestro+faro&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">AVV Por Nuestro Faro<\/a> ve cumprido un dos seus obxectivos, o lograr que a illa sexa do pobo. En realidade, o obxectivo a\u00ednda non est\u00e1 conseguido, entre outras cousas porque o acceso pode considerarse parcial \u00f3 estar regulado temporalmente, pero esa regulaci\u00f3n mesmo poder\u00eda considerarse beneficiosa. O caso \u00e9 que a concesionaria non pode dicir &#8216;ti entras se eu quero e cando eu queira&#8217;, e sei que non fun o \u00fanico que veu o paso negado \u00e1 illa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Como \u00f3 final a cousa \u00eda polo xulgado, e contra o concello de Ribadeo, foi o concello o encargado de dar a noticia, cunha nota que deixo abaixo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Tam\u00e9n a AVV Por Nuestro Faro, en relaci\u00f3n \u00f3 uso da illa Pancha, volve a preguntarlle \u00f3 concello de Ribadeo por cousas como o cumprimento da concesi\u00f3n, se xa foi inspeccionado o cumprimento da Declaraci\u00f3n Responsable da empresa que deu p\u00e9 a abrir a cafeter\u00eda, ou o estado e legalidade da fosa s\u00e9ptica, &#8216;perdida&#8217; na administraci\u00f3n dende hai varios anos e que pode ser unha fonte de vertidos \u00e1 r\u00eda.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Nota de prensa da AVV Por Nuestro Faro:<\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><em><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\">Na<br \/>\nsede electr\u00f3nica do Concello acum\u00falanse os correos sen resposta que<br \/>\na asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os \u00abPo<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\">r<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\">Nuestro<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\"><br \/>\nFaro\u00bb <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\">lle<br \/>\nten dirixido<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\"><br \/>\nao alcalde, con datas <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\">como<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\"><br \/>\n28\/08\/2021 <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\">ou<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\"><span style=\"text-decoration: none;\"><br \/>\n28\/03\/2022. Mesmo tras a mediaci\u00f3n da Valedora do Pobo, organismo en<br \/>\nGalicia encargado de velar pola transparencia e o dereito \u00e1<br \/>\ninformaci\u00f3n, non obtivemos do Concello ningunha resposta clara nin<br \/>\ndirecta.<\/span><\/span><\/em><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: medium;\"><em><br \/>\n<\/em><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><em><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\">Por esa raz\u00f3n, o 16 de novembro<br \/>\nde 2022 enviouse un novo correo ao Concello de Ribadeo, insistindo na<br \/>\nnecesidade de obter informaci\u00f3ns concretas sobre cuesti\u00f3ns vitais<br \/>\nna Illa Pancha.<\/span><\/em><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: medium;\"><em><br \/>\n<\/em><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><em><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\">\u00c1 vista do despregue de cami\u00f1os,<br \/>\nvarandas, terrazas e niveis que ocupan de xeito amplo a visi\u00f3n de<br \/>\ncalquera visitante que se interne na illa, volvemoslle preguntar ao<br \/>\nalcalde se est\u00e1 en posici\u00f3n de dicirnos \u00abse a cafetar\u00eda e os seus<br \/>\nservizos invaden terreos da Illa Pancha fora do espazo concedido de<br \/>\n500 m\u00b2\u00bb. En consecuencia, preguntamos se \u00abas obras de execuci\u00f3n<br \/>\nda cafetar\u00eda da Illa Pancha, que funciona dende agosto de 2021, se<br \/>\naxustan ao proxecto inicial\u00bb.<\/span><\/em><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: medium;\"><em><br \/>\n<\/em><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><em><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\">Tam\u00e9n reiteramos a pregunta<br \/>\nsobre se por fin \u00abexiste informe da inspecci\u00f3n t\u00e9cnica\u00bb que dar\u00eda<br \/>\no visto bo \u00e1 Declaraci\u00f3n Responsable da empresa concesionaria para<br \/>\nabrir a cafetar\u00eda (lembremos que a cafetar\u00eda se abriu por primeira<br \/>\nvez fai xa 15 meses).<\/span><\/em><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: medium;\"><em><br \/>\n<\/em><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><em><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\">Doutra banda, e dado que o<br \/>\nsistema de eliminaci\u00f3n de residuais proposto pola concesionaria est\u00e1<br \/>\na tramitarse desde agosto de 2018, quix\u00e9ramos saber se a d\u00eda de<br \/>\nhoxe \u201cno concello de Ribadeo existe constancia de que a fosa<br \/>\ns\u00e9ptica te\u00f1a resoluci\u00f3n favorable de Augas de Galicia\u00bb e que<br \/>\naclare \u00abcal \u00e9 o sistema de depuraci\u00f3n de residuais, tendo en conta<br \/>\nque pode estar vertendo \u00e1 R\u00eda de Ribadeo en zona de protecci\u00f3n d\u00e1<br \/>\nRede Natura 2000, e que este proxecto foi presentado antes de que<br \/>\nexistise a cafetar\u00eda que obviamente incrementa as emisi\u00f3ns ao medio ambiente.\u00bb.<\/span><\/em><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: medium;\"><em><br \/>\n<\/em><\/span><\/p>\n<p align=\"right\"><span style=\"font-size: medium;\"><em><span style=\"font-family: Times New Roman, serif;\">AVV Por Nuestro Faro<\/span><\/em><\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4543&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Nota de prensa do concello<\/a>:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/1668607090161122_Foto_acceso_Faro_Illa_Pancha_2_-_copia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"264\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/1668607090161122_Foto_acceso_Faro_Illa_Pancha_2_-_copia.jpg\" class=\"wp-image-2363\" width=\"400\" \/><\/a><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>TAM\u00c9N O CONDENA AO PAGO DAS COSTAS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Acceso \u00e1 Illa Pancha<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">16\/11\/2022<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, valora de xeito<br \/>\npositivo a inadmisi\u00f3n a tr\u00e1mite por parte do Tribunal Superior de<br \/>\nXustiza de Galicia do recurso de casaci\u00f3n presentado polo concesionario<br \/>\ndo Faro sobre o uso e acceso \u00e1 Illa Pancha. Barcia subli\u00f1a que agora<br \/>\nest\u00e1 ben clari\u00f1o: \u00e9 libre para todas e todas.&nbsp;<\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor lembrou que &#8220;hai poucos meses o Tribunal Superior de<br \/>\nXustiza de Galicia resolveu de xeito claro que o acceso \u00e1 Illa Pancha<br \/>\ndeb\u00eda ser libre e p\u00fablico con independencia da xesti\u00f3n que poida facer a<br \/>\n actividade privada, que nunha pequena parte da illa concesionou o<br \/>\nEstado a trav\u00e9s da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez<br \/>\n Barcia dixo que &#8220;con isto quedaba resolta calquera outra interpretaci\u00f3n<br \/>\n xur\u00eddica ao tempo que confirmaba a actuaci\u00f3n administrativa levada a<br \/>\ncabo polo Concello de Ribadeo en todo este proceso&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde<br \/>\nribadense manifestou que &#8220;lamentablemente, vimos que a aplicaci\u00f3n das<br \/>\nsentenzas non eran todo o inmediatas que deberan ser posto que durante<br \/>\nun tempo seguiuse a incumprir por parte do concesionario coa pasividade<br \/>\nda administraci\u00f3n titular da Illa, A Autoridade Portuaria Ferrol-San<br \/>\nCibrao, o que obrigou ao Concello a impo\u00f1er sendas multas coercitivas ao<br \/>\n titular da actividade privativa e finalmente un requirimento de non<br \/>\nargallar m\u00e1is para incumprir as normas ou o Concello ver\u00edase na<br \/>\nnecesidade de executar as acci\u00f3ns subsidiarias pertinentes para garantir<br \/>\n o acceso p\u00fablico&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez contou que &#8220;o concesionario<br \/>\napelou esta sentenza e agora vimos de saber hoxe que o Tribunal<br \/>\ndesestima completamente ese recurso, e a\u00ednda por riba, o condena en<br \/>\ncostas&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor subli\u00f1ou que &#8220;desde o Concello de Ribadeo,<br \/>\ncelebramos que dunha vez por todas quede ben clari\u00f1o para todos:<br \/>\nparticulares, instituci\u00f3ns, concesionarios, etc, que o uso e o acceso \u00e9<br \/>\nlibre. Xa vemos que a Autoridade Portuaria, titular da Illa, foi tomando<br \/>\n as medidas necesarias para que nunca m\u00e1is te\u00f1amos que perder o tempo en<br \/>\n andar xogando ao gato e ao rato. Alegr\u00e1monos e valor\u00e1molo<br \/>\npositivamente&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>E engadiu que &#8220;desde o Concello de Ribadeo<br \/>\nmanifestamos, como sempre o temos dito, que nada temos que obxectar \u00e1s<br \/>\nactividades que o Estado poida concesionar nesta illa, apartamentos<br \/>\ntur\u00edsticos ou unha cafeter\u00eda, como de feito o fai noutros espazos<br \/>\np\u00fablicos da s\u00faa titularidade no resto do litoral, pero queremos que o<br \/>\nresto de cidadan\u00eda poida ir, pasear, pescar ou facer o que lle pete,<br \/>\ndentro dos dereitos e deberes que calquera persoa poida&nbsp;facer no resto<br \/>\ndo litoral&#8221;.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hoxe, 16 de novembro, deuse a co\u00f1ecer un feito encami\u00f1ado por outros anteriores: O TSXG desestima o recurso de Eirobra S.L.para evitar o acceso libre \u00e1 illa Pancha. Despois de anos loitando, a AVV Por Nuestro Faro ve cumprido un dos seus obxectivos, o lograr que a illa sexa do pobo. En realidade, o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2363,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-2362","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2362","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2362"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2362\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2363"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2362"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2362"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2362"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}