{"id":2360,"date":"2022-11-23T09:15:00","date_gmt":"2022-11-23T08:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:22:52","modified_gmt":"2024-10-23T15:22:52","slug":"respeto-barbon-ria-do-eo-non-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/11\/23\/respeto-barbon-ria-do-eo-non-pancho\/","title":{"rendered":"Respeto Barb\u00f3n, Ria do Eo, NON. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/Ribadeo20anterior20a20Asturias.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"80\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/Ribadeo20anterior20a20Asturias.jpg\" class=\"wp-image-2361\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>Respeto Barb\u00f3n, Ria do Eo, NON<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPancho Campos Dorado<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Cada d\u00eda quedamos m\u00e1is asombrados da calidade da democracia na que vive este pa\u00eds chamado Espa\u00f1a, cada d\u00eda m\u00e1is corrupta e m\u00e1is podrecida. Temos unha Constituci\u00f3n que a todas luces non se cumpre na s\u00faa totalidade, pero segundo quen a interprete, a leva m\u00e1is cara a esquerda ou m\u00e1is cara a dereita. Por outro lado, temos tipos ben empoleirados en altos cargos pol\u00edticos, que xa nin a interpretan, para qu\u00e9? Te\u00f1en o n\u00famero do tel\u00e9fono de aqueles cos que se pode ama\u00f1ar facilmente calquera cousa, con s\u00f3 facerlles unha chamada, pois son xente ben colocada, que por nada quixeran romper as \u201crelaci\u00f3ns\u201d con c\u00edrculos de poder que os mante\u00f1en no seu inmerecido para\u00edso terreal.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTemos un problema. Te\u00f1en un problema. Por suposto. Levamos anos dicindo que o nome da R\u00eda de Ribadeo non se cambia nin se comparte con vulgarismos estra\u00f1os, e seguiremos loitando contra tanto descaro, contra tanta canallada de tendencia galegof\u00f3bica que levamos sofrendo na Galiza desde os tempos dos reis \u201ccat\u00f3licos\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, cun se\u00f1or ministro Jos\u00e9 Lu\u00eds \u00c1balos Meco, do PSOE, otorga ao vulgar e localista sintagma de R\u00eda do Eo dado por Asturias, o mesmo nivel de oficialidade que o top\u00f3nimo R\u00eda de Ribadeo, denominaci\u00f3n maioritaria non s\u00f3 na autonom\u00eda do Reino da Galiza sen\u00f3n en todos os mapas e cartas de navegaci\u00f3n do mundo enteiro. E para m\u00e1is INRI, faino a trav\u00e9s dun organismo oficial como \u00e9 Instituto Xeogr\u00e1fico Nacional. Inconcibible, que se chame Instituto Xeogr\u00e1fico Nacional, que como xa dixen noutra ocasi\u00f3n deber\u00eda chamarse \u201cInstituto Geogr\u00e1fico Terrestre Nacional\u201d (IGTN) pois ese cadro de asalariados parece entender pouco ou nada de hidronimia, de  talasonimia, nin de Usos e Costumes do Mar, vista a s\u00faa intervenci\u00f3n neste caso, pero as\u00ed \u00e9 como mantemos a tantos funcionarios \u201cpor doquier\u201d, que non resolven absolutamente nada, e deixamos que se \u201cfumen\u201d os recursos da Sanidade, da Educaci\u00f3n e da Investigaci\u00f3n, pezas fundamentais da civilizaci\u00f3n dun pa\u00eds.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO se\u00f1or Adri\u00e1n Barb\u00f3n Rodr\u00edguez do PSOE, presidente do Principado, cando lle chegou a resoluci\u00f3n do Ministerio de Transportes, comentaba na prensa que era \u201cuna cuesti\u00f3n de justicia que ven\u00edamos reivindicando desde Asturias\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO verbo \u201creivindicar\u201d significa \u201cpedir con vehemencia unha cousa a que se ten dereito e da cal se foi desposu\u00eddo\u201d. Cando existiu a denominaci\u00f3n R\u00eda do Eo.? Nunca. Polo tanto non pode reivindicar o que non nunca se tivo, e menos en xustiza.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nMiren vostedes, non sei como ama\u00f1aron o cambalache entre todos eses membros do PSOE de Madrid e do Principado, non sei o que se quedaron a deber, nin me importa, pero algo gordo tivo que haber para transgredir todas as normas da \u00e9tica m\u00e1is elemental. A Historia de Ribadeo, pis\u00e1rona con ansia mal\u00e9vola, con sa\u00f1a. Non tiveron pudor ning\u00fan. Apoiaron a resoluci\u00f3n en probas preparadas nun informe da \u201cOficina de Pol\u00edtica Ling\u00fcistica del Principado de Asturias\u201d que ama\u00f1aron o seu a antoxo, catro verbas mal intencionadas e sen ning\u00fan escr\u00fapulo foron aceptadas por todos estes organismos, que como unha secuencia de fichas de domin\u00f3, f\u00f3ronse empurrando uns a outros polo arte dun primeiro impulso dado polo PP de Asturias na sede do parlamento asturiano. Aquel impulso, levounos a votar unha resoluci\u00f3n antigalega e antihist\u00f3rica, e aqu\u00ed non pasa nada, os galegui\u00f1os que se jodan!<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nExpresi\u00f3n moi Ppera, no parlamento espa\u00f1ol, e agora apoiada polo clase parlamentaria e patriotera do asturiano se\u00f1or Barb\u00f3n. Ten narices a cuesti\u00f3n, de que VOX o \u00fanico partido \u201cantibable\u201d de Asturias, \u201cantigalego de occidente\u201d o que hoxe chaman \u201ca fala\u201d, \u201cantiling\u00fcista\u201d de calquera clase que non sexa o castel\u00e1n, votara en contra do vulgarismo R\u00eda do Eo, por ser un desprop\u00f3sito contra o top\u00f3nimo da R\u00eda de Ribadeo. Moitas grazas!<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo ano 2011, alertabamos do que estaban a facer no Principado ao po\u00f1er un nome a Reserva da Biosfera- Oscos-R\u00edo Eo e Terras de Bur\u00f3n co programa LEADER, no cal non se mencionaba para nada a Ribadeo, cando m\u00e1is das tres cuartas partes do territorio son das Terras de Ribadeo e Miranda (La Comarca del Eo, 13 novembro 2011, publicado no blog <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/buronlandia-e-buronlandia-ii-francisco.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">aqu\u00ed<\/a>).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTal \u00e9 galegofobia destilada por todos estes organismos oficiais do Estado espa\u00f1ol, que o Ministerio de Transportes nin sequera tivo a cortes\u00eda de mandarnos contestaci\u00f3n as alegaci\u00f3ns que n\u00f3s, a Plataforma de Mari\u00f1os de Ribadeo e AVV \u201cO Tes\u00f3n\u201d presentamos. Un traballo que levou horas e d\u00edas de investigaci\u00f3n para revisar, alegar e matizar a legalidade dentro de todos os c\u00f3digos \u00e9ticos e xur\u00eddicos do Estado. Pero a descortes\u00eda, segundo para quen se faga non importa. Vimos sufrindo esta desvergo\u00f1a institucional espa\u00f1ola cara as cousas da Galiza en xeral e de Ribadeo en particular, desde que se mandaron os primeiros escritos coas alegaci\u00f3ns pertinentes as distintas instancias estatais. A \u00faltima \u00e1 Subsecretar\u00eda do IGN (Instituto Geogr\u00e1fico Nacional). Non leron nada de canto lles mandamos o d\u00eda 26 de outubro de 2022, e est\u00e1n tan mal educados que nin sequera nos contestaron. Para qu\u00e9? S\u00f3 son catro galegui\u00f1os, parvi\u00f1os eles!. Que emigren que \u00e9 onde est\u00e1n ben, no estranxeiro!. Despois din que os galeguistas nonos estimamos!<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero non van a saltar por encima da historia do Porto de Ribadeo nin da historia da s\u00faa poboaci\u00f3n, nin no Principado, nin no Estado espa\u00f1ol. Se falar\u00e1 da R\u00eda de Ribadeo sempre por dereito propio, e non se agregar\u00e1 nada neste s\u00e9culo XXI de pol\u00edtica podrecida e infame, que sexa espurio \u00f3 mundo da talasonimia, por moitos tipos de medio pelo que dirixan o cotarro. O tempo e a lei nos dar\u00e1n a raz\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSe\u00f1or Barb\u00f3n, a Historia da Poboaci\u00f3n de Ribadeo rem\u00f3ntase no asentamento de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Louselas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Louselas<\/a> ao Paleol\u00edtico inferior, poboaci\u00f3n anterior a calquera asentamento do norte peninsular (Louselas. Los inicios del poblamiento humano en la regi\u00f3n cant\u00e1brica. E. Ramil Rego e J. Ramil Soneira, Museo de Prehistoria e Arqueolox\u00eda de Vilalba, Monograf\u00eda N\u00aa6, 2014, p.19).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nFai douscentos mil anos, a cota do mar estaba 38 m por debaixo da cota actual, e fai cento oitenta mil o mar estaba a\u00ednda m\u00e1is baixo, a case 150 metros por debaixo do nivel actual, e a r\u00eda era un entrante do mar onde desaugaban ou non tres r\u00edos: Grande, Suar\u00f3n e Eo, e outros regatos como o R\u00edo dos Malatos e r\u00edo Amall\u00f3.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA estas terras xa habitadas, chegaron primeiro fenicios e gregos que vi\u00f1eron a comerciar; na R\u00eda de Ribadeo aparece cer\u00e1mica do s\u00e9culo VI a.C. massaliota, de Massalia, actual Marsella, polo que xa hab\u00eda tr\u00e1fico mar\u00edtimo na Idade do Ferro (entre os anos 800-450 a.C.) (El Pa\u00eds, xullo-2021, Gale\u00f3n Santiago). Logo cheg\u00e1ronse os celtas arredor do ano 290 a.C. e colonizaron a bisbarra. No ano 68 a.C. chega Julio Cesar a Hispania Citerior e nos anos 61-50 a.C. estaba \u201ccartografiando\u201d minuciosamente o litoral cant\u00e1brico que servir\u00eda para que m\u00e1is tarde Augusto leve a cabo as Guerras C\u00e1ntabras. Neste intre, podemos pensar que foi creado o Porto de Porcill\u00e1n (Portus Julianus) no cal haber\u00eda poboaci\u00f3n aut\u00f3ctona, posto que hab\u00eda pesca e marisco e as terras da bisbarra de A Devesa, Pi\u00f1eira, Vilasel\u00e1n, Obe, As Anzas, Cubelas, Cedofeita son magn\u00edficas e dan froitos de todo tipo. Tanto \u00e9 as\u00ed que o m\u00e1is antigo documento que se conserva, o \u201cDiploma do rei Silo\u201d, datado o 23-agosto do ano 775 (era 813) s\u00f3 fala destas terras da bisbarra de Ribadeo, polo tanto, ti\u00f1an que ser de entidade suli\u00f1able por antonomasia.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn 844-846 os vikingos pres\u00e9ntanse nas costas de Ribadeo. Aqueles piratas de Xutlandia e do Mar B\u00e1ltico consideraban a Terra Galega a s\u00faa medida, acaso por que lles recordaba a s\u00faa propia. Chov\u00eda, na deles tam\u00e9n (Victoria Armesto, Galicia Feudal I, p.149) Por qu\u00e9 entran na r\u00eda de Ribadeo? A buscar o bot\u00edn do convento de Esperautano, que segundo o noso inolvidable veci\u00f1o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz<\/a> (El <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Esperautano\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Monasterio de Esperautano<\/a> y su Coto) (&#8230;) o 23 de agosto do ano 775, segundo ano do reinado do rei Don Silo, e co fin de acometer a cristianizaci\u00f3n de esta comarca oriental da Galiza, o rei Silo firmou un documento de doaz\u00f3n polo que, por medio do abad de Esperautano, llo otorgaba aos presb\u00edteros Pedro, Avito y Valent\u00edn e aos conversos Alanti y Lubini, as\u00ed como tam\u00e9n aos monxes e anacoretas que resid\u00edan en dito lugar e (&#8230;).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn 985 (era 1023) ao r\u00edo Eo, unha das escrituras antigas do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, dalle o nome de Euve; outra de Meyra do ano 1128 (era 1166); dille \u201ca flumine Euve&#8230;\u201d e outra do ano 1143 di \u201cRipa Evii\u201d. Da voz \u201cEuve\u201d quitouse a segunda s\u00edlaba e quedou \u201cEu\u201d que se castelanizou a \u201cEo\u201d as\u00ed como toda a ribeira deste r\u00edo e particularmente aplicouse ao porto daquela ribeira e principal poboaci\u00f3n que se levantou co nome de Ripa-d\u2019eo desde o s\u00e9culo XII (H. Florez, p.57). Esta anotaci\u00f3n \u00e9 parte da que recolle F. Lanza no seu Ribadeo Antiguo (p.29-30-31) cando transcribe o documento en castel\u00e1n da \u201cCompra y Repoblaci\u00f3n de Ribadeo\u201d que o P. Florez transcribe en lat\u00edn. Era dono das vilas e poboaci\u00f3n o conde D. Rodrigo (Velaz Osorio de Montenegro) a quen llo compra o rei Fernando II (1157-1188) no ano 1182 por 1500 morabitinos de ouro (d\u00ednares almor\u00e1bides; marabed\u00eds) (Lanza p.30). C\u00f3mpraa con t\u00f3dolos dereitos e pertenzas (Florez p.57-58) e \u201co rei para que lograse m\u00e1is comercio levou a vila desde a Vilavella m\u00e1is cara o mar\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero Galiza mantivo uni\u00f3n con Asturias e coas terras do Bierzo e Le\u00f3n, acadando gran proxecci\u00f3n nos reinados de Fernando II e Afonso VIII. Floreceu o comercio e a lingua galega sentou a base trobadoresca dos s\u00e9culos XIII e XIV. Resulta indubid\u00e1bel que a morte de Afonso VIII e a usurpaci\u00f3n de Fernando de Castela en 1230 precipitou ao Reino de Galiza nunha profunda crise. Momento que a monarqu\u00eda castel\u00e1-toledana aproveitou para reescribir a memoria do pasado \u00e1 s\u00faa propia medida.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNos s\u00e9culos XIII e XV ten gran desenrolo a pesca da sardi\u00f1a, da pescada e peixe salgado na R\u00eda de Ribadeo, desde onde se exporta madeira, coiros e ferro, e se importan cereais. No s\u00e9culo XIV Ribadeo exportaba vi\u00f1o. Francia nestes momentos padece a peste e os mercados europeos demandan vi\u00f1o galego que \u00e9 exportado en barcos desde a R\u00eda de Ribadeo. No s\u00e9culo XIV Ribadeo depend\u00eda do Rei, e foi cando Enrique II de Castilla, da dinast\u00eda Trast\u00e1mara concede a Pierre Lobesgue de Villanes en 1369 o t\u00edtulo de Conde de Ribadeo, primeira falcatruada trastamarista contra da Galiza que apoiara ao rei Pedro I.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn 1388 nace o Principado de Asturias, creado por Juan I de Castela que reina desde 24 de agosto de 1379 ata s\u00faa morte o 9 de octubre de 1390. Como podemos ver, Ribadeo xa ti\u00f1a entidade propia anos antes que o Principado de Asturias se creara e anos antes de houbera un principe de Asturias.<br \/>\nNo ano 1551, o Conde de Ribadeo e Conde Salinas, vendeu por 8500 ducados as Terras de Ribadeo e servidumes entre os r\u00edos Navia e Eo, segundo escritura de Medina del Campo (Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza, p\u00e1x. 78-79-80). Segunda falcatruada. Como \u00e9 posible que se desligaran do Reino de Galiza e pasaran para o Principado de Asturias?. Teimuda \u00e9 esa provincia de Oviedo en obter territorio alleo e agora quer incluso \u201ccrear\u201d toponimia nunha metade da R\u00eda de Ribadeo. Conduta exemplar do Parlamento astur. Que est\u00e1n vostedes reivindicando en xustiza? Nada, absolutamente nada, a R\u00eda de Ribadeo ch\u00e1mase as\u00ed, por dereito propio non de apropiaci\u00f3n untada.  Basta xa de explicaci\u00f3ns que non entende, pois a a s\u00faa actitude pol\u00edtica non \u00e9 a dun xurista que entenda argumentos, sen\u00f3n que \u00e9 vostede un simple avogado que chegou a un grado de \u201cautoritas\u201d e potestade que para n\u00f3s, non lle corresponde. Seguiremos estando aqu\u00ed, por suposto.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Respeto Barb\u00f3n, Ria do Eo, NON Pancho Campos Dorado Cada d\u00eda quedamos m\u00e1is asombrados da calidade da democracia na que vive este pa\u00eds chamado Espa\u00f1a, cada d\u00eda m\u00e1is corrupta e m\u00e1is podrecida. Temos unha Constituci\u00f3n que a todas luces non se cumpre na s\u00faa totalidade, pero segundo quen a interprete, a leva m\u00e1is cara [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2361,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,56],"class_list":["post-2360","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2360","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2360"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2360\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2361"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2360"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2360"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2360"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}