{"id":2341,"date":"2022-11-30T10:37:00","date_gmt":"2022-11-30T09:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:22:26","modified_gmt":"2024-10-23T15:22:26","slug":"unha-ollada-os-orzamentos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/11\/30\/unha-ollada-os-orzamentos\/","title":{"rendered":"Unha ollada \u00f3s orzamentos de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Vexo que hai unha <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4566&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota de prensa do concello<\/a> sobre a aprobaci\u00f3n dos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=orzamentos+ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">orzamentos<\/a>. Como <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/12\/orzamento-2022-furgando-na-memoria.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">anos anteriores<\/a>, deixo unha pequena gr\u00e1fica, \u00e1 que haber\u00eda que engadir outra a valor do euro constante (\u00e9 dicir, deflactada), pero para iso hai que esperar a que remate o ano. Polo tanto, polo momento, a gr\u00e1fica e a nota de prensa do concello m\u00e1is un pequeno apunte: a inflaci\u00f3n este ano \u00e9 moi posible que quede por riba do 8%.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/orzamentos20Ribadeo.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"368\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/orzamentos20Ribadeo.jpg\" class=\"wp-image-2342\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/Pablo20Vizoso.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"244\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/11\/Pablo20Vizoso.jpg\" class=\"wp-image-2343\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>INCL\u00daEN A SUBA SALARIAL DO PERSOAL P\u00daBLICO<\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Aprobado o orzamento de 2023<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">29\/11\/2022<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>Aprobado o orzamento do Concello ribadense para<br \/>\n2023 que ascende a m\u00e1is de 10 600 000 euros. O concelleiro de Econom\u00eda,<br \/>\n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Pablo+Vizoso\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pablo Vizoso<\/a>, subli\u00f1a que son uns presupostos equilibrados, que non<br \/>\nincorren en d\u00e9ficit e que reducen o nivel de d\u00e9beda.&nbsp;<\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O edil contou que &#8220;na tarde de onte celebrouse o pleno<br \/>\nextraordinario no Concello de Ribadeo no que aprobamos os orzamentos<br \/>\npara o vindeiro ano 2023. Tr\u00e1tase duns orzamentos que superan os<br \/>\n10 600 000 euros, que son equilibrados e non incorren en d\u00e9ficit, tal e<br \/>\ncomo recolle o informe de intervenci\u00f3n e experimentan un incremento da<br \/>\ncase o 8% con respecto ao exercicio actual, para manter e mellorar o<br \/>\nelevado nivel de actividades e inversi\u00f3ns no noso concello: dende<br \/>\nreposici\u00f3n de r\u00faas e cami\u00f1os,&nbsp; instalaci\u00f3ns deportivas, actuaci\u00f3ns en<br \/>\nlocais sociais, adquisici\u00f3n de terreos, apoio a asociaci\u00f3ns de car\u00e1cter<br \/>\ncultural, deportivo ou asistencial, medidas e actividades de apoio ao<br \/>\ncomercio local e actuaci\u00f3ns de protecci\u00f3n social que benefician a todo o<br \/>\n pobo de Ribadeo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Vizoso Galdo dixo que &#8220;tam\u00e9n incl\u00faen a subida<br \/>\nsalarial do persoal p\u00fablico e outra vez m\u00e1is unha aposta forte pola<br \/>\ninversi\u00f3n, centrada agora na reforma integral do Hospital Asilo e nos<br \/>\nterreos para o novo centro de sa\u00fade. Unha inversi\u00f3n \u00e1 que se suman os<br \/>\nproxectos que se est\u00e1n licitando nestas semanas para iniciar a s\u00faa<br \/>\nexecuci\u00f3n dende primeiros do vindeiro ano, e tam\u00e9n os convenios que se<br \/>\nasinen con outras administraci\u00f3ns&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O concelleiro de Econom\u00eda<br \/>\nsubli\u00f1ou que &#8220;outra caracter\u00edstica destes orzamentos \u00e9 que se consegue<br \/>\nchegar a estas magnitudes sen subir os impostos e incluso reducindo o<br \/>\nnivel da d\u00e9beda do Concello, que se situar\u00e1 ao peche deste exercicio no<br \/>\n9,8% e que nada ten que ver coa existente hai alg\u00fans anos e que<br \/>\ncondicionaban o d\u00eda a d\u00eda&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Pablo Vizoso referiuse \u00e1 postura do<br \/>\nPP&nbsp; no pleno celebrado onte: &#8220;por parte da oposici\u00f3n, concretamente a<br \/>\nconcelleira do PP, dedicou a s\u00faa intervenci\u00f3n a criticarnos por que para<br \/>\n a reforma do Hospital Asilo necesit\u00e1bamos acudir a un cr\u00e9dito en vez de<br \/>\n empregar outras fontes de financiamento como poden ser os fondos Next<br \/>\nGeneration&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Para o edil ribadense &#8220;esta forma de proceder dos<br \/>\nrepresentantes do PP non resulta aceptable, ademais de demostrar que non<br \/>\n te\u00f1en claro do que falan e que o seu obxectivo \u00e9 enredar en enganar aos<br \/>\n veci\u00f1os de Ribadeo, hai que deixar claro que o Concello non solicitou a<br \/>\n subvenci\u00f3n \u00e1 que se refire o Partido Popular por que non cubr\u00eda nin a<br \/>\nterceira parte da inversi\u00f3n necesaria sen\u00f3n que acudiu e solicitou outra<br \/>\n axuda con cargo aos fondos Next Generation a trav\u00e9s do plan Pirep<br \/>\nestatal (Programa de Impulso \u00e1 Rehabilitaci\u00f3n de Edificios P\u00fablicos) que<br \/>\n s\u00ed pode chegar ao 100 % do custe da obra que hai que acometer&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Vizoso<br \/>\n Galdo explicou que &#8220;neste punto tam\u00e9n aproveitamos para lembrarlle aos<br \/>\nrepresentantes do PP que a quen se bota de menos neste asunto \u00e9 a Xunta,<br \/>\n que unha vez m\u00e1is est\u00e1 desaparecida e nin resposta aos requirimentos do<br \/>\n Concello; e que se trata de competencias auton\u00f3micas, tanto a de<br \/>\nasistencia social como a de asistencia sanitaria e, polo tanto, deber\u00eda<br \/>\nser a Xunta a que financiase a reforma integral do Hospital Asilo.<br \/>\nMentres tanto, ou si finalmente a achega da Xunta non se produce, por<br \/>\nparte do Concello de Ribadeo e dende xa realizamos a consignaci\u00f3n<br \/>\necon\u00f3mica necesaria&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O concelleiro de Econom\u00eda engadiu: &#8220;en<br \/>\nrealidade \u00e9 unha magoa por que si dende a administraci\u00f3n auton\u00f3mica se<br \/>\naportasen fondos para este fin ou se increm\u00e9ntase o que aportan ao Fondo<br \/>\n de Cooperaci\u00f3n Local, que leva conxelado dende o 2010,&nbsp; poder\u00edanse<br \/>\ndedicar m\u00e1is recursos para investir noutros \u00e1mbitos&#8221;.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Vexo que hai unha nota de prensa do concello sobre a aprobaci\u00f3n dos orzamentos. Como anos anteriores, deixo unha pequena gr\u00e1fica, \u00e1 que haber\u00eda que engadir outra a valor do euro constante (\u00e9 dicir, deflactada), pero para iso hai que esperar a que remate o ano. Polo tanto, polo momento, a gr\u00e1fica e a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2342,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21],"class_list":["post-2341","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2341","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2341"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2341\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2342"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2341"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2341"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2341"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}