{"id":2323,"date":"2022-12-03T23:38:00","date_gmt":"2022-12-03T22:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:21:59","modified_gmt":"2024-10-23T15:21:59","slug":"concentracion-de-pensionistas-en-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/12\/03\/concentracion-de-pensionistas-en-2\/","title":{"rendered":"Concentraci\u00f3n de pensionistas en Ribadeo 20221202. Palabras de Evaristo Lombardero"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Adxunto as verbas de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Evaristo%20Lombardero\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Evaristo Lombardero<\/a> na concentraci\u00f3n de hoxe sobre as <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/pensi%C3%B3ns\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">pensi\u00f3ns<\/a>, con algunha foto tomada por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Suso%20Fern%C3%A1ndez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Suso Fern\u00e1ndez<\/a> e un comentario deste \u00faltimo.<\/p>\n<p>Verbas de Evaristo:<\/p>\n<p><em>Bo d\u00eda compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras, como hoxe \u00e9 o \u00faltimo s\u00e1bado de 2022 temos que facer un breve repaso das actividades que tivemos este ano e de alg\u00fan xeito prantexarnos os plans para o 2023.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        Nunca poderemos estar totalmente satisfeitos mentras non se consigan definitivamente e se asenten de unha maneira estable t\u00f3dalas reivindicaci\u00f3ns que temos pendentes e moito menos pasarnos a man polo lombo decindo que somos mais listos ou mellores que os demais pero non \u00e9 ningunha falsedade reco\u00f1ecer que o 2022 non foi un mal ano para os movementos e plataformas de pensionistas  do estado espa\u00f1ol. En primeiro lugar porque sa\u00edmos bastante airosos de unha grav\u00edsisma crise social e pol\u00edtica derivada da pandemia e da chantaxe permanente das dereitas e o seu aparato medi\u00e1tico, das multinacionais, particularmente da enerx\u00eda, da banca, das guerras, e de todo o contexto sociopol\u00edtico que deriva nun sistematico acoso ao estado de benestar, ca suba escandalosa do coste da vida das clases traballadoras e os intentos de privatizar ata o aire que respiramos. En segundo lugar porque mantivemos e recuperamos grandes espazos de unidade e de movilizaci\u00f3n que de alg\u00fan xeito estivo na corda froxa nos dous anos anteriores  e en terceiro lugar porque fomos quen de dar resposta a t\u00f3dalas propostas do goberno e concretamente de Escriv\u00e1, que en moitos aspectos tivo que dar marcha atr\u00e1s aos proxectos de privatizaci\u00f3n do sistema de pensi\u00f3ns e finalmente aprobar unha suba arredor do 8.5 % que se ben est\u00e1 lonxe de ser unha soluci\u00f3n aos problemas das pensi\u00f3ns mais baixas \u00e9 moi superior ao que ter\u00edamos se nos qued\u00e1semos na casa e por suposto se gobernase o trifachito do PP-VOX-CIUDADANOS.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n      Ao longo de este ano fomos a Madrid a unha concentraci\u00f3n no mes de Abril a presentar mais de 300 000 sinaturas recollidas en todo o estado para esixir a auditoria de contas da Seguridade Social, aquela foi unha concentraci\u00f3n nas cortes con representantes de todo o estado e con varios deputados de distintos partidos que apoiaron as nosas reivindicaci\u00f3ns, pero o maior \u00e9xito do ano foi a manifestaci\u00f3n masiva do 15 de outubro, tam\u00e9n en Madrid con unha participaci\u00f3n de perto de 50 000 persoas esixindo a suba das pensi\u00f3ns de acordo co IPC real e non coa media mensual que prantexaba Escriv\u00e1. Polo medio tam\u00e9n debe suli\u00f1arse un acordo entre o goberno e Bildu para unha suba do 15 % nas pensi\u00f3ns non contributivas que sen ser a panacea tampouco \u00e9 despreciable porque para a maior\u00eda vai supo\u00f1er unha suba duns 700 euros ao ano. Quero insistir no que dixen ao primeiro, en absoluto citar estas cifras \u00e9 para darnos xab\u00f3n, pero o feito \u00e9 que sen a nosas movilizaci\u00f3ns non se houbese conseguido nada de nada e xa non digamos se lembramos unha vez o 0,25 de Mariano Rajoy.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n      Lembraremos tam\u00e9n a manifestaci\u00f3n de Santiago do pasado 19 de novembro na que participaron diferentes colectivos sociais e alg\u00fan sindicato anque non nos apoiaron os sindicatos maioritarios. Nesta xornada prantexabamos unha movilizaci\u00f3n pola defensa do estado de benestar conxunta en mais de 50 localidades do estado espa\u00f1ol, prantexando a esixencia dunha vida digna, a contenci\u00f3n da suba do coste da vida para que se pare a sangr\u00eda da perda de poder adquisitivo das clases traballadoras e pensionistas, a denuncia do deterioro e privatizaci\u00f3n dos servizos sociais e sanitarios, a suba das pensi\u00f3ns e do salario m\u00ednimo ata o 60% do salario medio como esixe a Carta Social Europea, un paquete de medidas urxentes para superar a fenda de x\u00e9nero en salarios e pensi\u00f3ns e sobre todo po\u00f1er en primer plano que a movilizaci\u00f3n e a loita unitaria son a \u00fanica ferramenta eficaz a curto e longo prazo para defender os dereitos das maior\u00edas traballadoras fronte a voracidade obscena do gran capital.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n      Lembraremos tam\u00e9n que hai uns meses fixemos unha estimaci\u00f3n do que supor\u00eda unha suba das pensi\u00f3ns en Ribadeo dun 10 % e sa\u00edame unha cifra dun aporte de capital de 3 750 000 euros para o 2023. Agora co 8,5 % saen uns 3 200 000 euros aproximadamente. Naturalmente estes ingresos van repercutir sobre todo no consumo local de produtos de primeira necesidade, polo tanto danos p\u00e9 para insistir en que o noso movemento e as nosas reivindicacions non son exclusivistas e te\u00f1en un impacto social que se fai extensivo a todos os sectores da econom\u00eda local e de a\u00ed que debamos explicalo para que se entenda que os nosos intereses en gran medida coinciden cos da maior\u00eda da veci\u00f1anza e non s\u00f3 porque os futuros pensionistas tam\u00e9n se van beneficiar das nosas movilizaci\u00f3ns no futuro, sen\u00f3n porque agora mesmo xa benefician a amplos sectores da nosa comunidade.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n     Deixo para o final dous comentario que tam\u00e9n fixemos  anteriormente e que van ser alg\u00fans dos nosos obxectivos no 2023. A auditor\u00eda de contas de Seguridade Social que foi aprobada por lei o 28 de decembro de 2021 e que obrigaba ao goberno a nomear unha comisi\u00f3n de traballo no prazo de un mes e ter un informe no prazo de seis meses. Pero o goberno segue mareando a perdiz e a\u00ednda non se nomeou a comisi\u00f3n de traballo que xa ti\u00f1a que estar funcionando dende xaneiro deste ano. A lei esixia e esixe a auditor\u00eda das contas da caixa de pensi\u00f3ns dende 1967 ata 2019 e hai c\u00e1lculos de un grupo de economistas que estiman que a derivaci\u00f3n de fondos da caixa de pensi\u00f3ns para financiar actividades de diverso tipo pode superar os 800 000 mill\u00f3ns de euros. As plataformas de pensionistas esixen que o estudo o faga o Tribunal de Contas, un organismo aut\u00f3nomo dentro do estado, pero Escriv\u00e1 pretend\u00eda que a fixese a propia Seguridade Social e mais recentemente unha consultora privada. A nosa oposici\u00f3n derivase da sospeita de que pode haber unha manipulaci\u00f3n \u00e1 baixa xa que despois de co\u00f1ecerse os resultados poder\u00edase esixir a devoluci\u00f3n deses fondos substra\u00eddos da caixa das pensi\u00f3ns ao longo de c\u00e1seque 50 anos.  Lembremos que esta auditor\u00eda foi esixida polo movemento de pensionistas xa no 2019, e despois asumida polo Pacto de Toledo e polos sindicatos maioritarios. A importancia desta auditor\u00eda \u00e9 doada de entender: cando se faga quedar\u00e1 demostrado definitivamente que todos os bulos de que o sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns non \u00e9 sostible son absolutamente falsos e este sistema poder\u00eda ser perfectamente compatible ca econom\u00eda espa\u00f1ola se non se roubasen miles e miles de mill\u00f3ns aportados polas cotizacios de tantos anos, e as d\u00e9bedas d\u00e9bense a esa pr\u00e1ctica depredadora que levou en tempos de M. Rajoy a transferir aos bancos mais de 63 000 millons de euros no ano 2008.  Dos que por certo so se devolveron catro mil. Polo tanto para que se consolide o sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns e se rexeite definitivamente calquer proxecto de privatizaci\u00f3n seguiremos loitando por que se faga canto mais axi\u00f1a a auditor\u00eda das contas da seguridade social e que esta sexa feita con rigor e transparencia para que saian a luz p\u00fablica todos os roubos que se vi\u00f1eron facendo ao longo de tantos anos da caixa dos pensionistas.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n        O segundo asunto que quero comentar agora \u00e9 o proxecto de Escriv\u00e1 de prolongar o per\u00edodo de c\u00f3mputo para o c\u00e1lculo das pensi\u00f3ns. Estamos en contra de esa ampliaci\u00f3n porque vai supo\u00f1er unha perda de ingresos para os futuros pensionistas, afectando especialmente \u00e1s mulleres que non tiveron oportunidade de incorporarse ao mercado de traballo externo pola sua adicaci\u00f3n \u00e1 familia e aos coidados e que son traballos que non ser\u00edan avaliados no proxecto de Escriv\u00e1  que ser\u00eda o causante dunha maior fenda de x\u00e9nero.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n       Estamos xa que logo diante de un novo ano no que seguiremos loitando e moviliz\u00e1ndonos polo obxectivos que vi\u00f1emos defendendo en anos anteriores, pensi\u00f3ns dignas que permitan unha calidade de vida xusta, suba anual das pensi\u00f3ns dacordo co IPC real, pensi\u00f3n e salario m\u00ednimo do 60 % do salario medio como recomenda a Carta Social Europea, non \u00e1 fenda de x\u00e9nero, non aos plans de pensi\u00f3ns privatizados de empresa, auditoria de contas da seguridade social para co\u00f1ecer as retiradas de fondos fraudulentas ao longo de 50 anos, dereito \u00e1 saude e a unha asistencia m\u00e9dica correcta sen recortes nin privatizacions, e aqu\u00ed temos que denunciar a \u00faltimo invento do paraguas da Xunta de Galicia que \u00e9 copia do que implantou Ayuso en Madrid e son os servizos de urxencias sen m\u00e9dicos ca desculpa de que non hai este tipo de facultativos cando est\u00e1 perfectamente estudado que o persoal sanitario tanto m\u00e9dico como de enfermer\u00eda vaise do sistema p\u00fablico pola precariedade e inestabilidade no emprego e non por motivos econ\u00f3micos  e esa pol\u00edtica de persoal responde a unha estratexia de disoluci\u00f3n e debilitamento do sistema p\u00fablico para favorecer o crecemento do privado,  dereito a unha alimentaci\u00f3n sana e equilibrada rexeitando as cadenas industriais que producen comida-lixo e son unha das primeiras causas de cancro, esiximos un plan e un compromiso pol\u00edtico e econ\u00f3mico ca atenci\u00f3n a dependencia, en primeiro lugar a trav\u00e9s de instituci\u00f3ns p\u00fablicas onde todo o persoal se sinta seguro e estable con uns salarios, unha formaci\u00f3n profesional e unhas condici\u00f3ns laborais dignas e un incremento dos investimentos do 0,7 actual ao 1,7 que \u00e9 a media europea para achegarse ao 3 % do PIB que \u00e9 a media dos Paises N\u00f3rdicos. En fin seguiremos esixindo unha educaci\u00f3n p\u00fablica de calidade  e un parque p\u00fablico de vivendas de aluguer a presos xustos para xoves e clases traballadoras ve\u00f1an de onde ve\u00f1an.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras: GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS E SERVIZOS PUBLICOS DEFENDENSE&nbsp;<\/em><\/p>\n<p>Comentario de Suso:<\/p>\n<p><em>Medio cento de persoas xunt\u00e1monos este primeiro s\u00e1bado de mes 2\/12\/2022, na loita por pensi\u00f3ns e servizos p\u00fablicos, que nos foron, e seguen arrebat\u00e1ndonos pouco a pouco, e sen ver a xente moverse, tede presente o noso lema: Goberne quen goberne, as pensi\u00f3ns e o p\u00fablico def\u00e9ndense.<\/em><\/p>\n<p><em>Fumos moitos, xa fomos menos e agora estamos a medrar de novo. Isto quere dicir que a xente segue descontenta; por moito 8,5 % de promesa, sube moito m\u00e1is (moit\u00edsimo m\u00e1is) a cesta da compra e dos servizos b\u00e1sicos que as pensi\u00f3ns.<\/em><\/p>\n<p class=\"x1iorvi4 x1pi30zi x1l90r2v x1swvt13\" id=\"jsc_c_da\"><span class=\"x193iq5w xeuugli x13faqbe x1vvkbs x10flsy6 x1lliihq x1s928wv xhkezso x1gmr53x x1cpjm7i x1fgarty x1943h6x x4zkp8e x41vudc x6prxxf xvq8zen xo1l8bm xzsf02u\" dir=\"auto\"><\/p>\n<h4 class=\"x1heor9g x1qlqyl8 x1pd3egz x1a2a7pz xod5an3 x14vqqas\"><span class=\"x193iq5w xeuugli x13faqbe x1vvkbs x10flsy6 x1603h9y x1u7k74 xo1l8bm xzsf02u\"><span><strong><\/p>\n<p style=\"clear: both; text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/12\/20221303_1.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/12\/20221303_1.jpg\" class=\"wp-image-2324\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p style=\"clear: both; text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/12\/20221303_2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"322\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/12\/20221303_2.jpg\" class=\"wp-image-2325\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><\/strong><\/span><\/span><\/h4>\n<p><\/span><\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Adxunto as verbas de Evaristo Lombardero na concentraci\u00f3n de hoxe sobre as pensi\u00f3ns, con algunha foto tomada por Suso Fern\u00e1ndez e un comentario deste \u00faltimo. Verbas de Evaristo: Bo d\u00eda compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras, como hoxe \u00e9 o \u00faltimo s\u00e1bado de 2022 temos que facer un breve repaso das actividades que tivemos este ano e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2324,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,22,19],"class_list":["post-2323","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-pensions","tag-suso-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2323","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2323"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2323\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2324"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2323"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2323"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2323"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}