{"id":2319,"date":"2022-12-05T10:28:00","date_gmt":"2022-12-05T09:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:21:52","modified_gmt":"2024-10-23T15:21:52","slug":"escrito-entregado-aos-presidentes-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/12\/05\/escrito-entregado-aos-presidentes-da\/","title":{"rendered":"Escrito entregado aos presidentes da Xunta e do Principado"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai xa unha semana que <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4565&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">os presidentes de Galicia e Asturias reunironse en Ribadeo<\/a>. Coido que a difusi\u00f3n anterior \u00e1 xuntanza non abondou, mais a\u00ednda as\u00ed parece debeu ser un acto para a galer\u00eda polo lugar onde foi -&#8216;Encuentros en el Eo&#8217;, e patrocinado por un medio galego con intereses tam\u00e9n en Asturias-. Desenvolto no auditorio municipal de Ribadeo o pasado 28 de novembro, participou (invitado, non a falar de xeito directo) nel tam\u00e9n o alcalde, como Presidente tam\u00e9n do lugar anfitri\u00f3n (o &#8216;Eo&#8217;, \u00f3 que parece). E a ambos lles entregou un documento que deixo a continuaci\u00f3n. Un documento que se entender\u00eda pol\u00edtico, pero que tras a lectura coido que vai ao menos tanto dirixido \u00e1 cidadan\u00eda como \u00f3s pol\u00edticos de diversas administraci\u00f3ns, presentes ou ausentes.<\/p>\n<p><em><a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/doc\/1669634851Escrito_entregado_aos_presidentes_da_Xunta_e_do_Principado__novembro_2022_.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Escrito entregado aos presidentes da Xunta e do Principado (novembro 2022)<\/a><\/em><\/p>\n<p><em>\u00c1 atenci\u00f3n do Presidente da Xunta de Galicia<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n\u00c1 atenci\u00f3n do Presidente do Principado de Asturias<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRIBADEO E A <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00cdA DE RIBADEO<\/a> COMO LUGAR DE ENCONTRO<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn Ribadeo, a Porta Norte de Galicia, levamos con moito orgullo o feito de ser un pobo acolledor e un cruce de cami\u00f1os dos de aqu\u00ed e dos de al\u00f3.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n nos enche de orgullo vivir ao p\u00e9 dunha R\u00eda que non separa, sen\u00f3n que une a galegos e asturianos. A R\u00eda de Ribadeo, co seu nome hist\u00f3rico, cient\u00edfico e tradicional, toma o nome da poboaci\u00f3n portuaria m\u00e1is importante ao longo da historia, ao igual que o fan o resto de r\u00edas sexan de Galiza, Asturias, do Atl\u00e1ntico ou do Cant\u00e1brico. Por iso, estamos moi contrariados pola Resoluci\u00f3n que adoptou o Instituto Geogr\u00e1fico Nacional e que sen d\u00fabida apelaremos para que se faga xustiza, pois a R\u00eda \u00e9 de todos e de todas, pero o seu lex\u00edtimo nome foi e \u00e9 R\u00eda de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo entanto, e m\u00e1is al\u00f3 deste debate interesado polo nome, quizais para desviar o foco de atenci\u00f3n doutras carencias, seguimos vendo moi pouca preocupaci\u00f3n pola situaci\u00f3n ambiental do espazo e a necesidade de conservaci\u00f3n da R\u00eda e a s\u00faa contorna como un espazo natural fundamental, tanto para Galiza como para Asturias.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSANEAMENTO DA R\u00cdA DE RIBADEO<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA calidade sanitaria das augas residuais que verquen na R\u00eda, produto dos asentamentos de poboaci\u00f3n nas s\u00faas beiras, segue sen ser a mellor. E de maneira concreta, deben requirir especial atenci\u00f3n as que ve\u00f1en de Asturias. C\u00f3mpre dunha vez por todas resolver as verteduras, os emisarios rotos e os alivios que se aprecian a simple vista coa baixamar e que aportan unha cantidade inxustificada de bacterias coliformes. Estes feitos non son en absoluto beneficiosos para a flora e para a fauna da R\u00eda, nin en consecuencia para os habitantes das d\u00faas beiras. D\u00e9bense po\u00f1er prazos para resolver isto.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAVANZAR DE XEITO DECISIVO NA ELIMINACI\u00d3N DE INVASORAS E PLANTACI\u00d3N DE AUT\u00d3CTONAS COMO FACEMOS EN RIBADEO.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nComo tam\u00e9n c\u00f3mpre estender a ambas as d\u00faas beiras da R\u00eda o que desde o Concello de Ribadeo levamos anos facendo como aut\u00e9nticos Quixotes nun mundo onde as outras administraci\u00f3ns seguen a mirar con desleixo para o outro lado: Substitu\u00edr as masas forestais de especies ex\u00f3ticas e invasoras por outras frondosas aut\u00f3ctonas. Unha palmeira, unha acacia ou un eucalipto poden estar perfectamente nun parque urbano. No espazo natural da ribeira da R\u00eda non.<br \/>\nSabemos que a cidadan\u00eda o est\u00e1 a valorar positivamente e que continuamente nos anima a completar esta tarefa por toda a nosa ribeira at\u00e9 o l\u00edmite do Concello, pero precisamos doutras administraci\u00f3ns para avanzar m\u00e1is axi\u00f1a, e que \u00e1 volta de poucos anos poidamos ver as d\u00faas ribeiras como unha marabilla natural, viva e con todo o seu esplendor.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAXUNTAR E COORDINAR ESFORZOS ENTRE ADMINISTRACI\u00d3NS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n facemos unha chamada a axuntar esforzos por parte da Xunta, do Principado e do Goberno do Estado para ben dos nosos paisanos e paisanas. Primeiramente requirimos axuda decidida da Xunta de Galicia para renovar a vella acometida principal de auga da que nos servimos Ribadeo e Trabada e que pasa polo antigo trazado do tren mineiro.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nE seguidamente, necesitamos a colaboraci\u00f3n entre o Goberno do Estado, a Xunta e o Principado para facer da antiga v\u00eda do tren mineiro Ribadeo \u2013 Vilaodriz unha v\u00eda verde entre Ribadeo, Trabada, San Tirso e A Pontenova, que ser\u00eda unha das rutas verdes m\u00e1is importantes a nivel do Estado. Unha oportunidade tur\u00edstica, deportiva, socioecon\u00f3mica de primeiro nivel. Os alcaldes e m\u00e1is a alcaldesa destes Concellos levamos anos loitando por este proxecto que ser\u00eda marabilloso para os veci\u00f1os e as veci\u00f1as desta comarca natural.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n  Alegr\u00e1monos moit\u00edsimo de ter aqu\u00ed aos Presidentes da Xunta de Galicia e m\u00e1is do Principado de Asturias para expo\u00f1erlles todo isto porque agora \u00e9 o momento. Agora \u00e9 cando hai dispo\u00f1ibilidade de fondos europeos para tal fin, xa sexan xestionados directamente polo Estado como transferidos as CC.AA. Agora non debe ser tempo de escusas, sen\u00f3n que debe ser tempo de vontades firmes.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCONCLUSI\u00d3N<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSe non te\u00f1en escusas, e se te\u00f1en vontade de levar todo isto adiante, ter\u00e1n en n\u00f3s a m\u00e1is leal colaboraci\u00f3n e coordinaci\u00f3n. Sabemos do que falamos, e sabemos o que queremos. S\u00f3 queremos que vostedes tam\u00e9n falen, acorden e fagan. As xentes de aqu\u00ed e de acol\u00e1 h\u00e1nllelo agradecer.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRibadeo, 28 de novembro de 2022<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAsdo. O Alcalde de Ribadeo,<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Fernando%20Su%C3%A1rez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Fernando Su\u00e1rez Barcia<\/a><\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/12\/1669654249281122_Foto_alcalde_Ribadeo_con_presidentes_Galicia_e_Asturias_-_copia.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"265\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/12\/1669654249281122_Foto_alcalde_Ribadeo_con_presidentes_Galicia_e_Asturias_-_copia.jpg\" class=\"wp-image-2320\" width=\"400\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Rueda, Su\u00e1rez e Barb\u00f3n.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n&nbsp;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Hai xa unha semana que os presidentes de Galicia e Asturias reunironse en Ribadeo. Coido que a difusi\u00f3n anterior \u00e1 xuntanza non abondou, mais a\u00ednda as\u00ed parece debeu ser un acto para a galer\u00eda polo lugar onde foi -&#8216;Encuentros en el Eo&#8217;, e patrocinado por un medio galego con intereses tam\u00e9n en Asturias-. Desenvolto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2320,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[68,56],"class_list":["post-2319","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-fernando-suarez","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2319","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2319"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2319\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2320"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2319"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2319"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2319"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}