{"id":2315,"date":"2022-12-05T16:08:00","date_gmt":"2022-12-05T15:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T17:21:46","modified_gmt":"2024-10-23T15:21:46","slug":"oito-mil-millons","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2022\/12\/05\/oito-mil-millons\/","title":{"rendered":"Oito mil mill\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/12\/8000000000.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"195\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2022\/12\/8000000000.jpg\" class=\"wp-image-2316\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><\/span><\/p>\n<p><span>Oito mil mill\u00f3ns <\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Escrito de xeito num\u00e9rico? 8 000 000 000. \u00c9 unha cifra como outra, mais \u00e9 a cifra que hai hoxe tres semanas foi sobrepasada pola poboaci\u00f3n mundial, segundo os expertos no tema. En Galicia, cunha poboaci\u00f3n minguante mesmo a pesar da inmigraci\u00f3n, somos capaces de ter unha idea sobre que a poboaci\u00f3n aumente, pero quizais, en xeral, non sexamos quen de xuntar esa cifra, a poboaci\u00f3n que medra e o significado cara \u00f3 futuro, dun xeito consistente.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Por po\u00f1er un exemplo, nos tempos nos que corr\u00eda cara \u00e1s clases de xeograf\u00eda, Europa ti\u00f1a unha poboaci\u00f3n maior ca de \u00c1frica, nada que ver coa relaci\u00f3n hoxe en d\u00eda, e a India, que o pr\u00f3ximo ano ser\u00e1 o estado m\u00e1is poboado do planeta, ti\u00f1a unha poboaci\u00f3n de un terzo da actual. Algo que, aplicado a un mapa, fai cambiar o xeito no que (e do que) de se ve.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A cantidade non \u00e9 m\u00e1is que unha das facetas en relaci\u00f3n \u00e1 poboaci\u00f3n. Marrocos daquela ti\u00f1a un terzo da poboaci\u00f3n de Espa\u00f1a, e hoxe por hoxe supera os 4\/5, a m\u00e1is de que Espa\u00f1a integra hoxe por hoxe unha porcentaxe de persoas de orixe marroqu\u00ed nas s\u00faas contas (<a href=\"https:\/\/ine.es\/prensa\/cp_j2022_p.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1,6 % do total de poboaci\u00f3n<\/a>). E iso ten importancia na relaci\u00f3n &#8216;de forza&#8217; dos estados. O dentro deles: Galicia ten hoxe por hoxe unha porcentaxe de poboaci\u00f3n do estado dun 5,5 %, mentres no 1970 a porcentaxe era un 7,6 %, \u00e9 dicir, en xeito xeito, a &#8216;importancia&#8217; de Galicia en Espa\u00f1a era case un 50 % maior hai cincuenta anos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; M\u00e1is? Mentres hoxe a idade media da poboaci\u00f3n en Galicia aprox\u00edmase \u00f3s 48 anos, no 1970 andaba polos 35. Algo bo \u00e9 algo malo: ser m\u00e1is lonxevos vai asociado a unha mellor calidade de vida. Pero o ter relativamente menos xente nova leva consigo cousas como menor impulso vital ou econ\u00f3mico, ou problemas de sostibilidade social completamente diferentes. \u00c9 un cambio m\u00e1is da estrutura da poboaci\u00f3n que vai moito m\u00e1is al\u00f3 da apreciaci\u00f3n dunha menor necesidade de garder\u00edas infant\u00eds e maior de residencias de maiores.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E, todo o anterior, sen considerar a sociaci\u00f3n das meras cifras de poboaci\u00f3n con outras, como consumo de recursos ou produci\u00f3n de contaminantes per c\u00e1pita (e polo tanto, a nivel global e de cada comunidade).<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>F\u00edxoseme raro que desta volta, xa digo, hai tres semanas, se tomara a cifra de oito mil mill\u00f3ns sen asociala, nos medios galegos, \u00e1 decrecente poboaci\u00f3n local, por outra banda, fonte de titulares recorrentes ao menos d\u00faas veces \u00f3 ano, con motivo dos informes dos institutos de estat\u00edstica (INE e IGE). \u00d3 igual que se me fai curioso a insistencia nas cifras e non no significado que levan asociado e a rede de relaci\u00f3ns entre cifras diversas, nun mundo en transformaci\u00f3n, non s\u00f3 con moitos e grandes problemas e desaf\u00edos, sen\u00f3n tam\u00e9n con moitas e grandes oportunidades.<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Oito mil mill\u00f3ns &nbsp;&nbsp;&nbsp; Escrito de xeito num\u00e9rico? 8 000 000 000. \u00c9 unha cifra como outra, mais \u00e9 a cifra que hai hoxe tres semanas foi sobrepasada pola poboaci\u00f3n mundial, segundo os expertos no tema. En Galicia, cunha poboaci\u00f3n minguante mesmo a pesar da inmigraci\u00f3n, somos capaces de ter unha idea sobre que a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2316,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[67],"class_list":["post-2315","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-estatisticas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2315","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2315"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2315\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2316"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2315"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2315"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2315"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}