{"id":2213,"date":"2023-01-04T21:44:00","date_gmt":"2023-01-04T20:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:53:31","modified_gmt":"2024-10-23T14:53:31","slug":"os-galos-manolin-dos-galos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/04\/os-galos-manolin-dos-galos\/","title":{"rendered":"OS GALOS. Manol\u00edn dos galos"},"content":{"rendered":"<p><em>OS GALOS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA punto de que as novas autov\u00edas, estradas, viais, e demais acontecementos da vida moderna, enterren definitivamente a &#8220;casa dos galos&#8221; de Villasel\u00e1n, casa que deu nome a un pr\u00f3spero barrio de Ribadeo, sinto a necesidade de deixar constancia nalg\u00fan lugar da curiosa historia de tal nome, antes de que a m\u00e1is destrutiva de todas as cousas, o esquecemento, condene ao misterio a orixe do mismo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPoder\u00eda, a primeira ollada, asociarse simplemente co popular animal, parente da gali\u00f1a, ou como alg\u00fan erudito me preguntou, na procedencia, &#8220;allende os Pirineos&#8221; de tal nome.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero, a historia que me foi transmitida de boca en boca na familia, apunta evidentemente \u00e1 teor\u00eda gallin\u00e1cea do asunto.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n\u00c9 moi posible que os acontecementos sexan moi antigos, tanto que se remontan \u00f3 meu tatarav\u00f3 que se chamaba Lu\u00eds Reinante Canedo, e que era o pai da mi\u00f1a bisavoa Mar\u00eda que casou un se\u00f1or (Ceferino) vido de Taramundi.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nS\u00e1bese que a vella casa ardeu, e foi reconstru\u00edda na s\u00faa proximidade, feito que testemu\u00f1an as vigas ennegrecidas polo lume na casa actual.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOutro dato \u00e9 que na fachada actual, hai unha pedra coa inscrici\u00f3n 1876.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n se conta que a tal Mar\u00eda (&#8220;Marica&#8221; dic\u00edase por aquel ent\u00f3n ) quedou sen pelo na parte superior da cabeza como consecuencia de exercer de &#8220;guindastre&#8221; e subir en cestas na cabeza os materiais de construci\u00f3n da \u00e9poca, \u00e9 dicir o barro e a pedra, na reconstruci\u00f3n da mesma.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPois ben a an\u00e9cdota, di que os irm\u00e1ns de Lu\u00eds Reinante eran moitos, non sei de certo cantos pero, con tendencia \u00e1 posible esaxeraci\u00f3n fal\u00f3useme de dezaseis ou dezaoito, todos homes.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNaquela \u00e9poca o de ter moitos fillos deb\u00eda de ser frecuente en toda Europa.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPerm\u00edtanme que lles conte unha an\u00e9cdota, que lin non sei onde, da Inglaterra Victoriana. Unha nai explic\u00e1balle \u00e1 s\u00faa filla como ti\u00f1a que facer a noite de vodas e dic\u00edalle, &#8220;ti abrete de pernas e pensa na gloria do imperio brit\u00e1nico\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSeguindo co asunto, ao parecer, un d\u00eda, ao anoitecer, chegou un pobre a, pedir&#8230;<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNaturalmente os pobres vagabundeaban a p\u00e9, pedindo comida e un lugar, case sempre &#8220;o palleiro&#8221;, onde pasar a noite&#8230;<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA \u00fanica muller da casa, sen ningunha d\u00fabida a nai de tan prolixa descendencia, estaba a facer a cea, co que lle dixo ao pobre que se sentase nun &#8220;escano&#8221; que hab\u00eda na porta, que \u00edan chegar os homes e que en canto chegasen, ceaban todos xuntos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nLoxicamente esquec\u00e9uselle dicir que eran o seu marido e os seus fillos, ou talvez se llo dixo non debeu crelo, porque o bo do pobre fuxiu despavorido, ao ver chegar a tanta xente.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nE foise a refuxiar \u00e1 primeira casa que atopou despois do r\u00edo, posiblemente a de &#8220;Purin&#8221;, que \u00e9 unha casa moi antiga, e que se sit\u00faa no actual barrio de Campoxurado.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO que chegou contando o aterrorizado pobre \u00e9 que aquela deb\u00eda de ser unha cova de ladr\u00f3ns, xa que &#8220;&#8230;eran demasiado galos, pra unha soa gali\u00f1a&#8230;&#8221;<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNin que dicir ten que a historia serviu de risa, nas longas noites de inverno, nos sitios onde se reun\u00edan &#8220;galos&#8221; e demais veci\u00f1os para xogar \u00e1  baralla e contar contos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA ter en conta que os cronistas da \u00e9poca non nos mencionaron a existencia de f\u00fatbol nin TV por aquel ent\u00f3n.<br \/>\nNaturalmente tanto &#8220;galo&#8221; deu para moito, e houbo moita xente en Ribadeo que levou o apelido &#8220;Reinante&#8221;, e que en rigor ser\u00edan tanto &#8220;dos galos&#8221; coma min.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOs apelidos tenden a perderse, pola raz\u00f3n de que en casa adoitaban quedarse as mulleres xa que os homes eran os que \u00edan buscar fortuna a Am\u00e9rica. Case sempre neste caso \u00e1 Habana. Pero esas historias contareinas outro d\u00eda, se me queda algo de humor.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u201cManol\u00edn dos galos\u201d (Manuel Rodr\u00edguez L\u00f3pez)<\/em><\/p>\n<p><em>-Publicado por primeira vez en La Comarca del Eo de 4\/6\/2005<br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>OS GALOS A punto de que as novas autov\u00edas, estradas, viais, e demais acontecementos da vida moderna, enterren definitivamente a &#8220;casa dos galos&#8221; de Villasel\u00e1n, casa que deu nome a un pr\u00f3spero barrio de Ribadeo, sinto a necesidade de deixar constancia nalg\u00fan lugar da curiosa historia de tal nome, antes de que a m\u00e1is destrutiva [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11],"class_list":["post-2213","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2213","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2213"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2213\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2213"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2213"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2213"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}