{"id":2207,"date":"2023-01-05T19:24:00","date_gmt":"2023-01-05T18:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:53:31","modified_gmt":"2024-10-23T14:53:31","slug":"ribadenses-destacados-amando-suarez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/05\/ribadenses-destacados-amando-suarez\/","title":{"rendered":"Ribadenses destacados: Amando Su\u00e1rez Couto. Celia Castro"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Comezo a reproduci\u00f3n de biograf\u00edas do libro &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=ribadenses+destacados&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadenses destacados<\/a>&#8216; coa de Amando Su\u00e1rez Couto, por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Celia%20Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Celia Castro<\/a>.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Nas sucesivas biograf\u00edas que vaian aparecendo no blog, poder\u00e1 haber lixeiras diferencias en relaci\u00f3n \u00f3 libro, xa que cando poda, aproveitarei directamente o artigo fonte do que aparece no libro, logo con algunha variaci\u00f3n sobre todo, de formato e separaci\u00f3n dentro do texto, e a ser posible, corrixindo algunha errata previa de tipograf\u00eda que poda detectar.<\/p>\n<p>AMANDO SU\u00c1REZ COUTO<\/p>\n<p>(Ribadeo 1894- Ribadeo 1981)<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-22-47.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-22-47.png\" class=\"wp-image-2208\" width=\"572\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>O Rapaz das Festas (autorretrato). Amando Su\u00e1rez Couto.1919. \u00d3leo sobre lenzo. Fotograf\u00eda de Colecci\u00f3n particular.<\/strong><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Debuxante e pintor, tam\u00e9n fixo gravado e iustraci\u00f3ns publicitarias.  Destacou tam\u00e9n como m\u00fasico, e escen\u00f3grafo. Mecenas en varios campos da cultura e o deporte, foi unha importante figura da arte galeguista de vangarda no primeiro terzo do S. XX.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Amando Su\u00e1rez Couto naceu en Ribadeo o 4 de maio de 1894.  Foi o maior dos seis fillos do matrimonio formado por Juan e Amadora. Nesta vila relizou os seus primeiros estudos, na escola de Do\u00f1a Paquita -como lembr\u00f3u en 1926 o seu amigo Clemente L\u00f3pez Pasar\u00f3n- mostrando xa unha clara inclinaci\u00f3n polo debuxo .<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>M\u00e1is tarde os seus pais decidir\u00edan pasar os invernos en Madrid, sendo esto decisivo na s\u00faa formaci\u00f3n. Al\u00ed asist\u00edu ao colexio de los Santos Reyes, de orientaci\u00f3n liberal, na li\u00f1a da Instituci\u00f3n libre de Ense\u00f1anza, baseada no krausismo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A\u00ednda que comezou estudos na Academia militar, axi\u00f1a deixou esta para seguir a s\u00faa verdadeira inclinaci\u00f3n, o debuxo e a pintura. Matriculouse na Escola de Artes e Industrias de Madrid seguindo os consellos dos seus pais, que consideraban este centro, de orientaci\u00f3n m\u00e1is pr\u00e1ctica, menos tradicional que a Escola de Bellas Artes de San Fernando, anclada nuns principios m\u00e1is cl\u00e1sicos. Enseguida destacou nos estudos, sendo merecedor da calificaci\u00f3n de Premio Extraordinario. Posteriormente asistir\u00eda ao obradoiro do pintor burgal\u00e9s Marceliano Santamar\u00eda.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En Madrid entabl\u00f3u contacto con importantes debuxantes e ilustradores do momento, como Manuel Bujados, Rafael Penagos ou Federico Ribas, que lle animaron a colaborar con diversas publicaci\u00f3ns:  La Esfera, Blanco y Negro, Por esos mundos. Tam\u00e9n ilustr\u00f3u novelas e contos de Saturnino Calleja, e fixo as s\u00faas primeiras incursi\u00f3ns no mundo da publicidade, destacando os anuncios que fixo para a firma de perfumer\u00eda Floralia.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As s\u00faas ilustraci\u00f3ns, de trazo \u00e1xil e expresivo, cheas de imaxinaci\u00f3n e dinamismo, influenciadas pola est\u00e9tica do momento, f\u00e1lannos xa do magn\u00edfico debuxante que ser\u00eda durante toda a s\u00faa vida.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Durante o ver\u00e1n trasl\u00e1dabase coa s\u00faa familia a Ribadeo, participando na vida local e tomando parte en diversas actividades. En 1913 fundou con outros amigos ( Bustelo, Cuervo\u2026) o Club Deportivo Ribadense, xerme do futuro Ribadeo F.C., celebr\u00e1ndose o 17 de agosto de ese ano o primeiro partido, contra o equipo de Luarca, xogando \u00e9l mesmo no equipo ribadense.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nesta vila tam\u00e9n form\u00f3u parte de rondallas -xunto con outros x\u00f3venes da vila como Antonio Rodr\u00edguez Darriba ou Emilio Vior- tocando o viol\u00edn. A m\u00fasica foi sempre unha das s\u00faas grandes afici\u00f3ns, compartida polos seus irm\u00e1ns.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1919 os seus amigos Manuel Bujados e Evaristo Correa Calder\u00f3n conv\u00e9nceno para que env\u00ede obra \u00e1  Mostra de Arte Galega que se \u00eda a celebrar en Buenos Aires, e na que participaba tam\u00e9n Federico Ribas. Accedeu, a\u00ednda que sempre foi reacio a expo\u00f1er e participar en mostras art\u00edsticas, por non estar dacordo cas li\u00f1as que rex\u00edan estas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1921 viaxa por Europa, permanecendo seis meses en Par\u00eds. \u00c1 s\u00faa volta, en Madrid, onde leva unha activa vida cultural, de relaci\u00f3ns art\u00edsticas e tertulias, dec\u00eddese a mostrar a s\u00faa obra. En 1923 exp\u00f3n no Ateneo e en 1925 no Centro de Galicia de Madrid, e participa en mostras colectivas como a Terceira Exposici\u00f3n de Arte Galego na Coru\u00f1a en 1923, e a do Ano Santo de 1926 en Compostela, entre outras, e nas Galer\u00edas Layetanas de Barcelona.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A s\u00faa arte, imaxinativa nos debuxos e caricaturas, e costumista, de ra\u00edz profundamente galega na pintura, reflicte a paisaxe da s\u00faa terra ribadense, o mar, o campo (A Pelexa, Xente de mar, O Crego, A Fogueira, A Renda) e a vida coti\u00e1 das s\u00faas xentes, cunha est\u00e9tica sinxela e din\u00e1mica, na li\u00f1a dos renovadores, de Souto e de Castelao, con quen ti\u00f1a trato e quen o consideraba millor pintor que el mesmo. Evaristo Correa Calder\u00f3n public\u00f3u en 1925 El Arte Racial de Su\u00e1rez Couto, con 16 reproducci\u00f3ns de cadros e debuxos  no  que fai unha semblanza do pintor, considerando que \u00e9 o que mellor plasma a alma galega.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-23-11.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"470\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-23-11.png\" class=\"wp-image-2209\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>O Crego. Amando Su\u00e1rez Couto. \u00d3leo sobre lenzo. 88x118cm. Anterior a 1924. Concello de Ribadeo. Fotograf\u00eda da autora.<\/strong><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>En 1924 fundouse  en Lugo, por iniciativa do mesmo Evaristo Correa Calder\u00f3n, o debuxante \u00c1lvaro Cebreiro e Jes\u00fas Bal y Gay, a revista Ronsel, na que se recoller\u00edan as princip\u00e1is tendenzas de vangarda, art\u00edsticas e literarias, europeas. A s\u00faa vida editorial foi curta, s\u00f3 sa\u00edron seis n\u00fameros, pero neles colaboraron as figuras m\u00e1is relevantes das letras e a arte galega: Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o, Castelao, \u00c1lvaro Cebreiro, Carlos Sobrino, etc. No exemplar n\u00ba4, Su\u00e1rez Couto public\u00f3u a s\u00faa co\u00f1ecida plumilla O mari\u00f1\u00e1n do Eo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tam\u00e9n colabor\u00f3u coa revista C\u00e9ltiga, editada en Buenos Aires, e co Almanaque Gallego de 1927<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Eran tempos de intensa actividade para o artista, \u00e1s exposici\u00f3ns e publicaci\u00f3ns en revistas s\u00famanse as actividades de filantrop\u00eda e colaboraci\u00f3n social desenvolvidas principalmente en Ribadeo c\u00f3 seu irm\u00e1n Carlos e outros amigos con inquedanzas.  En 1923 cre\u00f3u nesta vila o coro Cantigas da Mari\u00f1a, preocup\u00e1ndose do repertorio musical, e dese\u00f1ando os traxes e decorados da presentaci\u00f3n, no que colabor\u00f3u o seu amigo Camilo D\u00edaz Vali\u00f1o. Esta agrupaci\u00f3n musical dirixida por el mesmo, na que tocaba tam\u00e9n a gaita, foi presentada oficialmente o d\u00eda 2 de setembro de 1924, no Teatro de Ribadeo, co gallo da inauguraci\u00f3n das festas patronais, a\u00ednda que a s\u00faa presentaci\u00f3n fora programada para un ano antes. Dita agrupaci\u00f3n musical obtivo grandes \u00e9xitos, desfac\u00e9ndose en 1929, e volvendo a xurdir da man de Claudio P\u00e9rez Prieto (Claud\u00edn de Do\u00f1a Eudoxia), en 1933, sendo dirixida esta vez  por Leonardo Fern\u00e1ndez Reinante.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tam\u00e9n nestes anos tom\u00f3u parte na creaci\u00f3n da Cabalgata de Reis, xunto con outros ribadenses como Gregorio Sanz ou Santiago Heydeck, co prop\u00f3sito fundamental de que os nenos con menos recursos recibiran agasallos. Su\u00e1rez Couto foi o encargado de dese\u00f1ar o vestiario e o atrezzo de dito evento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1927 creou, con Gregorio Sanz, Cisneros, Ponceliz e outros, co asesoramento de Camilo Barcia Trelles, a Biblioteca Popular Circulante, que cumprir\u00eda unha importante funci\u00f3n, achegando a lectura a moitos fogares.<br \/>\nEn 1929 viaxou de novo a Par\u00eds, donde permaneceu  un tempo, expo\u00f1endo nas Galer\u00edas Bernheim-Jeune con notable \u00e9xito. Al\u00ed tomou contacto coas vangardas art\u00edsticas, sobre todo co cubismo e surrealismo, que lle influir\u00e1n na s\u00faa obra posterior.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Fixo cadros moi interesantes, como Xogadores de xadrez, Nena da guitarra, Caseta de Tiro ou O Mineiro, que, eloxiados pola cr\u00edtica francesa, non tiveron sen embargo \u00e9xito en Espa\u00f1a. En 1931 espuxo estes e outros cadros no Lyceum Club Femenino de Madrid, con rese\u00f1as negativas de parte da cr\u00edtica m\u00e1is conservadora, o que lle caus\u00f3u un fondo des\u00e1nimo fac\u00e9ndolle rachar varios cadros e deixar a pintura por un tempo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Magn\u00edfico dibuxante de \u00e1xil trazo e grande imaxinaci\u00f3n -pese a opini\u00f3n de algunhos, pola s\u00faa inspiraci\u00f3n na realidade- fixo tam\u00e9n incursi\u00f3ns no mundo do gravado. No primeiro terzo do S. XX o gravado en metal, e sobre todo a xilograf\u00eda foron t\u00e9cnicas moi empregadas polos artistas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1931, fixo as xilograf\u00edas, en madeira de buxo, para o libro Ribadeo Antiguo escrito polo ribadense Francisco Lanza. O libro imprim\u00eduse en Madrid na imprenta Mercurio, propiedade de Carlos Su\u00e1rez Couto, e foi publicado polos dous irm\u00e1ns de forma altruista. O autor, Francisco Lanza, emigrar\u00eda \u00e1 Arxentina  ese mismo ano.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ribadeo Antiguo \u00e9 unha breve pero rigorosa historia de Ribadeo. Para as ilustraci\u00f3ns, que encabezan cada cap\u00edtulo, e os incipit Amando levou a cabo un gran traballo de documentaci\u00f3n,  relacionando estas co texto, segundo a \u00e9poca a tratar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nestes anos mont\u00f3u co seu irm\u00e1n Luis unha granxa de polos na localidade madrile\u00f1a de Vic\u00e1lvaro. Al\u00ed trabou amizade co doutor Julio Camino Galicia -irm\u00e1n do poeta Luis Felipe e eminente psiquiatra- e coa s\u00faa familia. Esta relaci\u00f3n estreitar\u00edase co seu casamento, en 1936, coa filla maior do doutor, Margarita. Ese mesmo ano desencadear\u00edase a Guerra Civil truncando a s\u00faa vida e a s\u00faa carreira. Durante a contenda a s\u00faa granxa surteu de v\u00edveres a capital, o que fixo que fora pechada ao trunfar o franquismo. Con todo resid\u00edu al\u00ed ata 1945, producindo  para consumo propio.<br \/>\nA partir de 1945  volv\u00e9u \u00e1 Madrid  e retom\u00f3u a s\u00faa carreira como pintor.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Eran tempos dif\u00edciles e mantense econ\u00f3micamente dando clases de pintura e traballando no departamento de publicidade da productora  Metro Goldwin Mayer, para a que far\u00e1 os carteis publicitarios das pel\u00edculas. Comparte obradoiro co gravador Manuel Prieto Nespereira  e comeza de novo a pintar e expo\u00f1er. En 1944 mostra a s\u00faa obra na sala Marabini de Madrid, en 1945 no Instituto Brit\u00e1nico da mesma cidade  e na sala Fortuni de Reus. Ademais, contrariamente o seu costume, ese mesmo ano env\u00eda  varias obras \u00e1 Exposici\u00f3n Nacional de Bellas Artes: Dous cadros, Retrato de un m\u00fasico, e Paisaje de la Mari\u00f1a, e dous debuxos a plumi\u00f1a:  El m\u00e9dico y la muerte, e, Job.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-23-30.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-23-30.png\" class=\"wp-image-2210\" width=\"484\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>As tentaci\u00f3ns de Xob. Amando Su\u00e1rez Couto. Tinta sobre papel. 27x20cm.<br \/>\nColecci\u00f3n particular. Fotograf\u00eda tomada pola autora de copia do<br \/>\norixinal.<\/strong><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Tam\u00e9n en 1945 participou na mostra de Arte Taurina de Zaragoza, e, en 1946 espuxo de forma individual na sala Macarr\u00f3n de Madrid.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No campo da escenograf\u00eda  teatral (como ti\u00f1a feito anteriormente e far\u00eda con posterioridade) realiz\u00f3u decorados e dese\u00f1o de traxes e atrezzo para unha obra baseada nos relatos de Calila e Dimna.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Os retratos de Margarita Camino e de Matilde Garc\u00eda de Paredes (1947) amosan elegancia e sensibilidade, po\u00f1endo de relevo \u00e1  delicadeza das modelos e conectando coa est\u00e9tica do momento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Con todo, non satisfeito da s\u00faa vida en Madrid, en 1951 regres\u00f3u coa s\u00faa dona definitivamente  a Ribadeo, onde seguir\u00eda pintando e levando unha existencia pl\u00e1cida ata 1953 en que falec\u00e9u Margarita, sumind\u00f3o nunha profunda melancol\u00eda  da que sa\u00edu axudado polos seus parentes e amigos. Comezou a dar clases de debuxo no Instituto de Ribadeo e na Academia Santo Tom\u00e1s de Aquino, retom\u00f3u a pintura e implic\u00f3use en actividades cultur\u00e1is e de mecenado, actividades que influir\u00edan positivamente no seu \u00e1nimo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Desta \u00e9poca son unha serie de cadros de paisaxes e escenas ribadenses. A mi\u00fado repite temas tratados anteriormente, feito com\u00fan nalg\u00fans pintores. A s\u00faa pintura am\u00f3sanos un Ribadeo sereno, case buc\u00f3lico, un transcorrer da vida pl\u00e1cido. Son cadros con gran encanto, con cores ledas sen apenas sombras. Alg\u00fas cr\u00edticos din que as tonalidades claras e brillantes poden ser reminiscencia do seu traballo na Metro Golwin Mayer, pero tam\u00e9n pode ser a entrada nunha etapa serena e contemplativa, na que o entorno m\u00e1is pr\u00f3ximo lle serve de inspiraci\u00f3n. A  R\u00eda e o monte, as festas, os mari\u00f1eiros, as xentes sinxelas que transitan e habitan esas r\u00faas, son plasmados co agarimo e simpat\u00eda dun espectador ben\u00e9volo. \u00c1s veces non se at\u00e9n completamente \u00e1 realidade, senon que a transforma, engadindo \u00e1 paisaxe elementos novos, compo\u00f1endo ao seu gusto os escenarios, para crear un marco m\u00e1is propicio. O seu debuxo segue a ser tan expresivo e din\u00e1mico coma sempre, e estas caracter\u00edsticas acompa\u00f1ar\u00edano ata o fin da s\u00faa vida.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tarde apacible, Paisaxe de r\u00eda, A Fogueira (tema que xa representara antes de 1924), Porto de Ribadeo, Os Vellos do Asilo, son alg\u00fans dos lenzos m\u00e1is representativos.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-24-19.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"474\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-24-19.png\" class=\"wp-image-2211\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>A Fogueira. Amando Su\u00e1rez Couto. \u00d3leo sobre lenzo. 1956. Colecci\u00f3n particular. Fotograf\u00eda da autora.<\/strong><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1954 xunto con Carlos \u00c1lvarez e Fern\u00e1ndez-Cid orgaiz\u00f3u a Coral Polif\u00f3nica Ribadense que se presentar\u00eda oficialmente nesta vila o 20 de xullo 1955.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1957, inaugur\u00f3use oficialmente a Biblioteca p\u00fablica  El Viejo Pancho, tomando Amando parte activa e desinteresada na empresa, como fixera anteriormente coa Biblioteca Popular Circulante. Neste caso adem\u00e1is de supervisar a orgaizaci\u00f3n, dese\u00f1ou os espazos e o mobiliario  e pintou in situ  o enorme retrato sobre t\u00e1boa (320x220cm) de El Viejo Pancho, Jos\u00e9 Mar\u00eda Alonso y Trelles Jar\u00e9n, ribadense afincado no Uruguai, onde foi gloria nacional e se\u00f1eira figura das letras. Representa ao personaxe como un home de mediana idade, vestido de gaucho, na chaira uruguaia. Para a caracterizaci\u00f3n fixo un intenso estudo da vestimenta e ornamentos do gaucho.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-24-45.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Captura20de20pantalla20de202023-01-052017-24-45.png\" class=\"wp-image-2212\" width=\"472\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>El Viejo Pancho. Su\u00e1rez Couto. \u00d3leo sobre t\u00e1boa. 320x220cm.1957. Concello de Ribadeo  Fotograf\u00eda da autora.<\/strong><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cara a 1958, xunto co seu irm\u00e1n Carlos, creou o grupo de gaiteiras Saudade, co\u00f1ecido posteriormente como Meni\u00f1as da Saudade, que se presentaria en 1960, e disolver\u00edase  en decembro de 1965 a causa da dispersi\u00f3n das rapazas que o formaban. O instrutor e director musical do mesmo foi o gaiteiro Primitivo D\u00edaz.  O grupo alcanz\u00f3u un gran \u00e9xito, sendo a primeira banda de gaitas formada exclusivamente por mulleres. Nun principio este grupo estivo formado por sete rapazas, pero m\u00e1is tarde chegaron a ser catorce. As pezas do repertorio foron seleccionadas pola s\u00faa irm\u00e1 Amadora, excelente pianista, que compuxo tam\u00e9n varias pezas. O vestiario estaba inspirado nos traxes galegos dos Ss XVIII e XIX, e esixiu unha rigorosa documentaci\u00f3n -fundamentalmente inspir\u00e1ronse no arquivo da Real Academia Galega e nos cadros do pintor Dionisio Fierros- sendo confeccionados pola s\u00faa sobri\u00f1a Matilde Garc\u00eda de Paredes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Todo elo, instrumentos e vestiario foi subvencionado polos irm\u00e1ns Su\u00e1rez Couto sen apenas axudas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O seguinte paso foi crear, en xullo de 1962, a sociedade Amigos da Gaita Galega, para potenciar o folklore galego e a Xira de Santa Cruz. Decidiron levantar un monumento ao Gaiteiro Galego no monte de Santa Cruz, donde se celebrou sempre esta romar\u00eda (que Amando documentou ao longo da s\u00faa vida en cadros e debuxos). Fix\u00e9ronlle o encargo ao escultor ourens\u00e1n Antonio Failde. Con todo, as axudas recibidas non foron suficientes, tendo que subvencionar eles mesmos gran parte da cont\u00eda. Con tal fin Amando vend\u00e9ulle ao Museo Provincial de Lugo o seu cadro As Gaiteiras da Saudade, pintado en 1963.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A partir destes anos, e ata o seu falecemento, continuou pintando -segundo as s\u00faas propias palabras: \u201cCon m\u00e1is ilusi\u00f3n que nunca\u201d- e impartindo clases de debuxo en Ribadeo. Pintou paisaxes e cadros de tem\u00e1tica costumista, facendo algunha incursi\u00f3n noutros x\u00e9neros, como  na pintura relixiosa. San Francisco e o Lobo (1967) do que fixo varias r\u00e9plicas, \u00e9  unha obra na que parte de esquemas cl\u00e1sicos e presenta a figura do santo dun xeito innovador e achegado, chea de humanidade. Ubica as figuras nunha paisaxe nevada baixo un ceo tempestuoso e vibrante.<br \/>\nFaleceu en Ribadeo o 14 de outubro de 1981 aos 87 anos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Bibliograf\u00eda:<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>&#8211; Castro Fern\u00e1ndez, C. \u201cDos Pintores del Eo: Amando Su\u00e1rez Couto y Benito Prieto Cos\u00e9n\u201d. En torno al Bimilenario del Eo (Coord  J.M G\u00f3mez Tabanera). (2002) Foro Cultural del Noroeste. Oviedo. Pp 611-618.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>&#8211; Correa Calder\u00f3n, E. El Arte Racial de Su\u00e1rez Couto. (1925). Ed Ronsel. Lugo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>&#8211; P\u00e9rez Rodr\u00edguez, M.A. \u201cAmando Su\u00e1rez Couto\u201d Artistas Gallegos &#8211; Pintores &#8211; Regionalismo III. (1999). Nova Galicia Edicions-Vigo.Pp 18-55<\/p>\n<p>Celia Castro<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Comezo a reproduci\u00f3n de biograf\u00edas do libro &#8216;Ribadenses destacados&#8216; coa de Amando Su\u00e1rez Couto, por Celia Castro. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Nas sucesivas biograf\u00edas que vaian aparecendo no blog, poder\u00e1 haber lixeiras diferencias en relaci\u00f3n \u00f3 libro, xa que cando poda, aproveitarei directamente o artigo fonte do que aparece no libro, logo con algunha variaci\u00f3n sobre todo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2208,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[45],"class_list":["post-2207","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-celia-castro"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2207","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2207"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2207\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2208"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2207"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2207"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2207"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}