{"id":2202,"date":"2023-01-06T12:04:00","date_gmt":"2023-01-06T11:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:53:20","modified_gmt":"2024-10-23T14:53:20","slug":"ribadenses-destacados-daniel-cortezon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/06\/ribadenses-destacados-daniel-cortezon\/","title":{"rendered":"Ribadenses destacados: Daniel Cortez\u00f3n \u00c1lvarez. Santiago Sanjurjo D\u00edaz"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nova biograf\u00eda de &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=ribadenses+destacados&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadenses destacados<\/a>&#8216;, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Daniel+Cortez%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Daniel Cortez\u00f3n<\/a> por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Santiago Sanjurjo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Santiago Sanjurjo<\/a>.<\/p>\n<p><strong>DANIEL CORTEZ\u00d3N \u00c1LVAREZ<\/strong><\/p>\n<p>(Ribadeo, 1927 \u2013 Lugo, 2009)<\/p>\n<p><strong>Ensa\u00edsta, novelista, dramaturgo e senlleiro expo\u00f1ente do teatro hist\u00f3rico galego<\/strong><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Daniel20CortezC3B3n.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Daniel20CortezC3B3n.png\" class=\"wp-image-2203\" width=\"440\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><strong><span style=\"font-size: x-small;\">Daniel Cortez\u00f3n<\/span><\/strong><span style=\"font-size: x-small;\"> (Foto de Matilde Gonz\u00e1lez)<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Daniel Cortez\u00f3n nace en Ribadeo o 6 de febreiro de 1927, fillo de Amalia e Daniel. Por mor dos sucesivos traslados do pai, membro do Corpo de Carabineiros, pasa a s\u00faa nenez en diferentes vilas de Andaluc\u00eda e Asturias. At\u00f3panse nesta \u00faltima rexi\u00f3n cando estoupa a Guerra Civil. O seu pai, que permanece fiel \u00e1 Rep\u00fablica, combate en diversas frontes, ata que, ferido, cae prisioneiro en Castell\u00f3n. Despois de ser xulgado nun Consello de Guerra e recibir unha condena a morte, posteriormente conmutada por unha pena de cadea perpetua, o pai bota cinco anos preso no c\u00e1rcere de Xix\u00f3n. Namentres, Cortez\u00f3n e a s\u00faa nai retornan a Ribadeo, onde, a finais de 1939, o futuro escritor comeza a traballar nunha carpintar\u00eda, ata que, ao ano seguinte, entra como aprendiz na Farmacia Sarmiento, da que ser\u00e1 empregado durante case cinco lustros.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>C\u00f3mpre sinalar que as vivencias e as lembranzas da guerra, na que faleceu en combate o seu t\u00edo Ram\u00f3n Crespo Rodas (a quen inmortalizar\u00e1 e render\u00e1 unha emotiva homenaxe na obra Os irmandi\u00f1os), sumadas \u00e1s convicci\u00f3ns esquerdistas do pai e \u00e1 propia condici\u00f3n de proletario de Cortez\u00f3n, contrib\u00faen sen d\u00fabida a sentar as bases do seu futuro compromiso intelectual, art\u00edstico e pol\u00edtico de clara filiaci\u00f3n marxista. Esta postura consol\u00eddase sobre unha vasta e s\u00f3lida formaci\u00f3n de car\u00e1cter autodidacta, cuxos comezos poden datarse nese mesmo ano de 1940, cando enceta a lectura case \u00edntegra dos fondos da Biblioteca Municipal de Ribadeo, que el mesmo califica como a s\u00faa verdadeira universidade. Pouco despois escribe os seus primeiros textos, ensaios de car\u00e1cter filos\u00f3fico, pol\u00edtico e est\u00e9tico, alg\u00fans dos cales publica en revistas como Rumbo, Estudios e Auxiliares de farmacia, da que co tempo chegar\u00e1 a ser redactor xefe. A s\u00faa traxectoria literaria in\u00edciase en 1951 coa novela, escrita durante un periodo de enfermidade, As covas do Rei Cintolo (Galaxia, 1956) e ao pouco comeza a recibir os primeiros dos seus abondosos premios: o Manuel Cao Turnes do Centro Gallego de Bos Aires, pola a\u00ednda in\u00e9dita novela Ribanzo, e o Otero Pedrayo do Lar Gallego de Caracas, co ensaio Os esprito da Galiza, ambos en 1956, as\u00ed como o Premio da Casa de Galicia en Nova York, por De la saudade y sus formas, en 1959, por citar s\u00f3 alg\u00fans.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Xa nesta etapa inicial resulta posible definir certas caracter\u00edsticas que ser\u00e1n constantes na traxectoria posterior de Cortez\u00f3n: primeiramente, ten lugar o descubrimento do galego e o seu emprego como lingua literaria, en alternancia co castel\u00e1n, o que fai del un autor biling\u00fce pertencente a dous sistemas literarios diferentes. En segundo lugar, a historia, a cultura e a identidade galegas pasan a ocupar un lugar preferente no seu proxecto intelectual e art\u00edstico, ben como tema literario, ben como obxecto de reflexi\u00f3n, tal e como testemu\u00f1an os importantes ensaios O esprito da Galiza (1955), Pantocr\u00edtica galiciana (1956), Aspeitos sociol\u00f3xicos do ser de Europa, Consideraci\u00f3ns encol do senso e posibilidade da cr\u00edtica e Ouservaci\u00f3ns para unha cr\u00edtica en col do avidalismo na poes\u00eda galega actual, estes tres \u00faltimos galardoados co premio Padre Feijoo do Centro Gallego de Bos Aires en 1963. Por \u00faltimo, o x\u00e9nero dram\u00e1tico, no que se inicia con t\u00edtulos como Nicol\u00e1s Flamel, O renarte Cipri\u00e1n (ambas de 1960) e, singularmente, Prisciliano (pola que recibiu o Premio Villar Ponte de Teatro en 1962 e que ser\u00eda publicada en 1970 por Galaxia) conv\u00e9rtese no seu principal medio de expresi\u00f3n e na cerna da s\u00faa produci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1960 casa con Mercedes del Monte, Merchi, e dous anos m\u00e1is tarde trasl\u00e1dase a Le\u00f3n en calidade de apoderado de Empresas Barreiros, S.A. En 1965 inst\u00e1lase en Madrid, onde dirixir\u00e1 Financiaci\u00f3n y Cr\u00e9dito, S.A., e a partir de 1970 e ata a s\u00faa xubilaci\u00f3n en 1987, traballar\u00e1 na sucursal de Refrey. Na capital madrile\u00f1a entrar\u00e1 en contacto con importantes persoeiros das culturas espa\u00f1ola e galega (ao longo da s\u00faa vida cultivar\u00e1 unha fonda amizade con Celso Emilio Ferreiro, Ram\u00f3n Pi\u00f1eiro, Borob\u00f3, Dionisio Gamallo, Ram\u00f3n de Valenzuela, Isaac Alonso Estraviz, Luz Pozo Garza, Xos\u00e9 Lu\u00eds Franco Grande, Carlos D\u00edaz, Suso Pe\u00f1a, Delf\u00edn Mari\u00f1o, Carlos \u00c1lvarez Lebredo, Toni Dea\u00f1o, Chemi Lombardero, Manuel F. L\u00f3pez, Manuel Val\u00edn e Roberto Rodr\u00edguez, entre moitos outros).<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Daniel20CortezC3B3n20e20Dionisio20Gamallo20Fierros.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Daniel20CortezC3B3n20e20Dionisio20Gamallo20Fierros.png\" class=\"wp-image-2204\" width=\"404\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>Daniel Cortez\u00f3n e Dionisio Gamallo Fierros<\/strong> (Foto de Matilde Gonz\u00e1lez)<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As d\u00e9cadas dos 60 e 70 son verdadeiramente prol\u00edficas e est\u00e1n cheas de \u00e9xitos: as obras en castel\u00e1n El Rey de Harlem e Sem\u00e1foro inauguran o III e IV Premio Sitges de Teatro en, respectivamente, 1969 e 1970. En 1972 a versi\u00f3n castel\u00e1 de Os irmandi\u00f1os queda finalista no Premio Ciudad de Alcoi (o orixinal galego obter\u00e1 o premio Santiago Rusi\u00f1ol no X Festival de Sigtes de 1977). Esta localidade alicantina ser\u00e1 particularmente xenerosa co ribadense, pois tan s\u00f3 un ano m\u00e1is tarde voltar\u00e1 a quedar finalista con El m\u00e1stil (ga\u00f1adora do Premio Aguilar de Teatro en 1977) e en 1974 resultar\u00e1 ga\u00f1ador coa obra sobre Salvador Allende e o golpe de Estado en Chile Compa\u00f1ero Presidente, compa\u00f1ero, cuxo estreo ser\u00e1 prohibido pola censura. En 1974, Xelm\u00edrez ou a gloria de Compostela, coa que acada o Premio Ciudad de Barcelona de Teatro, estr\u00e9ase en castel\u00e1n no Teatre Grec de Montjuic e a Editorial N\u00f3s de Bos Aires publica o orixinal galego. Ao ano seguinte Cortez\u00f3n resulta finalista do prestixioso Premio Lope de Vega con Cr\u00f3nica del rey don Pedro, que ver\u00e1 a luz anos m\u00e1is tarde, en 1998, nunha colecci\u00f3n teatral da Universidade de Murcia. Nos anos seguintes saen do prelo importantes t\u00edtulos dram\u00e1ticos como A di\u00e1spora (1976), Cr\u00f3nica de Enrique IV (1977), Os irmandi\u00f1os (1978), Pedro Madruga (1981) e Danza, contradanza y metamorfosis de moros y cristianos (1982), So\u00f1ando a Goethe en primavera (1986) e as sucesivas entregas da s\u00faa monumental tetralox\u00eda Castelao ou a paix\u00f3n de Galiza: O animador de ilusi\u00f3ns (1986), As \u00e1rbores e os xuncos (1988), Intermezzo bufo (1996), coa que un ano m\u00e1is tarde queda finalista do Premio Nacional de Literatura Dram\u00e1tica, e O pudor e a angustia (1997). No eido da narrativa c\u00f3mpre destacar a publicaci\u00f3n de A vila sulagada (1981), ga\u00f1adora do prestixioso Premio de novela Eduardo Blanco Amor na s\u00faa primeira edici\u00f3n.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Carlos20C381lvarez20Lebredo20Daniel20CortezC3B3n20e20Suso20PeC3B1a.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"432\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Carlos20C381lvarez20Lebredo20Daniel20CortezC3B3n20e20Suso20PeC3B1a.png\" class=\"wp-image-2205\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>Carlos \u00c1lvarez Lebredo, Daniel Cortez\u00f3n e Suso Pe\u00f1a<\/strong> (Foto de Matilde Gonz\u00e1lez)<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois da s\u00faa xubilaci\u00f3n, Cortez\u00f3n retorna a Galicia e as\u00e9ntase no seu Ribadeo natal, onde prosegue coa s\u00faa intensa labor literaria e intelectual. No prazo duns poucos anos sofre importantes perdas persoais coa falecemento da s\u00faa nai e da s\u00faa dona, Merchi, que o somen nunha depresi\u00f3n. As\u00ed e todo, non deixa de participar na vida cultural: escribe, pronuncia conferencias, traduce obras de autores como os seus amigos Jer\u00f3nimo L\u00f3pez Mozo e Lauro Olmo, recibe premios e homenaxes, e ve como se po\u00f1en en escea alg\u00fans dos seus textos dram\u00e1ticos. Neste \u00faltimo eido destacan as representaci\u00f3ns de Os irmandi\u00f1os e de Pedro Madruga a cargo do colectivo \u00abO Castelo\u00bb e baixo a direcci\u00f3n de Roberto Casteleiro, durante o Festival Irmandi\u00f1o de Moeche (nas s\u00faas edici\u00f3ns, respectivamente, de 1996 e 1997), as\u00ed como a estrea, en 1999, da montaxe de Xelm\u00edrez ou a gloria de Compostela que realizou o Centro Dram\u00e1tico Galego, dirixida por Roberto Vidal Bola\u00f1o. S\u00f3 un ano m\u00e1is tarde prod\u00facese o pasamento do seu \u00edntimo amigo, o intelectual ribadense Dionisio Gamallo, cuxa monumental biograf\u00eda Dionisio Gamallo Fierros. Var\u00f3n de Porcill\u00e1n. La sinfon\u00eda incompleta (2005) pode ser considerada a derradeira gran obra de Cortez\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En abril de 2002 casa con Matilde Gonz\u00e1lez, Mati, con quen compartir\u00e1 a tutela de Beatriz Mohedano, e uns meses m\u00e1is tarde recibe unha homenaxe na s\u00faa vila natal, que culmina coa dedicatoria dunha r\u00faa ribadense. Tras uns \u00faltimos anos nos que, entre Vigo e Ribadeo, prosegue escribindo, falece en Lugo o 4 de outubro de 2009.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Fila20superior.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"478\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Fila20superior.png\" class=\"wp-image-2206\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>Fila superior: Olivia Tudela, Gonzalo V\u00e1zquez Pozo, familiar de Josefina Mart\u00ednez, Ver\u00f3nica Lorenzo, Josefina Mart\u00ednez, Jos\u00e9 Carlos Rodr\u00edguez Andina, Saulo Cuesta, Veva Sordo, Rosa Fern\u00e1ndez, Toni Dea\u00f1o, Manuel Val\u00edn, Jos\u00e9 Luis Echevarr\u00eda.<br \/>\nFila inferior: Tom\u00e1s Sanjurjo, Matilde Gonz\u00e1lez, Daniel Cortez\u00f3n, Marita Gamallo, Jos\u00e9 Luis Pensado, Elena Diego, Luz Pozo, Emilio Lorenzo, Rafael Alvarado, Rosa Cobo, Enriqueta Ruiz, Chus Maseda e Roberto Rodr\u00edguez.<br \/>\nDiante de Luz Pozo: Fidel (fillo de Olivia Tudela) e Santiago Sanjurjo.<br \/>\nCentenario de D\u00e1maso Alonso. Ribadeo, xullo de 1998.<\/strong><br \/>\n(Foto de Jaime F. Pola)<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A inxente obra de Cortez\u00f3n permanece en gran medida a\u00ednda in\u00e9dita e, por desgraza, a meirande parte dos seus libros est\u00e1n esgotados e s\u00f3 se poden atopar en bibliotecas ou librar\u00edas de segunda man. A s\u00faa dilatada produci\u00f3n abrangue practicamente t\u00f3dolos x\u00e9neros literarios, entre os que destacan o ensaio, a novela e, de xeito sobranceiro, o teatro. As\u00ed, atopamos desde pezas teatrais para nenos (Al\u00ed Ben Mangato e mailo seu cabalo branco chamado Beliador, de 1995) ata ponencias sobre temas diversos como La moral de los estoicos (1946) ou Sobor das condici\u00f3ns do asalto \u00e1 raz\u00f3n (1990), pasando por gui\u00f3ns para televisi\u00f3n sobre Prisciliano, como o escrito para a TVG con Mariano Tudela en 1985.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por\u00e9n, dentro desta heteroxeneidade resulta posible identificar un f\u00edo en com\u00fan que d\u00e1 sentido ao proxecto literario e intelectual de Cortez\u00f3n. Dous son os piares sobre os que se asenta: por unha banda, unha perspectiva pol\u00edtica de car\u00e1cter marxista (relativamente heterodoxo) e, por outra, un nacionalismo galego sui generis. \u00c9 precisamente na produtiva e, en ocasi\u00f3ns, conflitiva dial\u00e9tica entre ambas fasqu\u00edas onde xorde a xenu\u00edna e orixinal aportaci\u00f3n do dramaturgo ribadense. Nun primeiro momento, as obras ensa\u00edsticas \u2014xa mencionadas\u2014 que escribe ao longo dos anos 50 e 60 sentan as bases dunha severa e argumentada cr\u00edtica do que el considera as causas do fracaso do \u00abproxecto hist\u00f3rico do ser de Galicia como nacionalidade\u00bb e que constit\u00faen un demoledor cuestionamento do que, seguindo a Helena Migu\u00e9lez-Carballeira, poder\u00eda considerarse unha identidade sentimental de Galicia. A continuaci\u00f3n, partindo desas premisas te\u00f3ricas Cortez\u00f3n decide traballar na creaci\u00f3n dun teatro hist\u00f3rico (e pol\u00edtico, ser\u00eda preciso engadir) do que, segundo el, carece o sistema literario galego. A s\u00faa misi\u00f3n ser\u00eda a de \u00abafondar na memoria hist\u00f3rica do pobo galego, sobre todo na s\u00faa vertente de rebeli\u00f3n dos oprimidos e dominaci\u00f3n dos opresores\u00bb, para o que crea unha serie de obras protagonizadas por axentes individuais e colectivos \u00abcruciais na eclosi\u00f3n e ulterior frustraci\u00f3n da galeguidade\u00bb. As\u00ed, as pezas adicadas \u00e1s loitas irmandi\u00f1as, Xelm\u00edrez, Pedro Madruga ou Castelao buscan atopar e expo\u00f1er as raz\u00f3ns do fracaso hist\u00f3rico de Galicia que, para Cortez\u00f3n, en moitas ocasi\u00f3ns levan os nomes e apelidos daqueles que, como sinala Iolanda Ogando, \u00abtendo nas s\u00faas mans os instrumentos\u00bb para mudar a historia, \u00abnon souberon asumir as s\u00faas responsabilidades\u00bb. Finalmente, a orixinalidade da proposta de Cortez\u00f3n, atravesada de pola mencionada relaci\u00f3n dial\u00e9ctica entre marxismo e nacionalismo, reside en que \u00abtrascende a mitificaci\u00f3n do pobo e a desmitificaci\u00f3n dos estamentos poderosos\u00bb para remover conciencias e facer do teatro unha ferramenta de cr\u00edtica revolucionaria e de construci\u00f3n nacional.<\/p>\n<p><strong>Bibliograf\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Abu\u00edn, A., \u00abA traxectoria teatral de Daniel Cortez\u00f3n: cara unha po\u00e9tica do drama hist\u00f3rico galego\u00bb, en: Cortez\u00f3n, D., Xelm\u00edrez ou a gloria de Compostela. Santiago de Compostela (1998), pp. 77-120.<\/p>\n<p>Cortez\u00f3n, D., \u00abLos a\u00f1os de la destrucci\u00f3n\u00bb, en: P\u00f6rtl, K. (ed.), Reflexiones sobre el Nuevo Teatro Espa\u00f1ol. T\u00fcbingen (1986), pp. 74-82.<\/p>\n<p>Gonz\u00e1lez G\u00f3mez, M., \u00abCronolog\u00eda\u00bb, en: Gonz\u00e1lez G\u00f3mez M. y M. Val\u00edn Vald\u00e9s (coords.), Daniel Cortez\u00f3n. Viveiro (2011), pp. 19-31.<\/p>\n<p>Ogando, I., Teatro hist\u00f3rico: construci\u00f3n dram\u00e1tica e construci\u00f3n teatral. A Coru\u00f1a (2004).<\/p>\n<p>Pascual, R., \u00abDaniel Cortez\u00f3n. Lembranzas dunha vida autodidacta\u00bb, en Madrygal, 11 (2008), pp. 199-205.<\/p>\n<p>SANTIAGO SANJURJO D\u00cdAZ<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Daniel+Cortez%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Sobre D. Cortez\u00f3n no blog<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha nova biograf\u00eda de &#8216;Ribadenses destacados&#8216;, Daniel Cortez\u00f3n por Santiago Sanjurjo. DANIEL CORTEZ\u00d3N \u00c1LVAREZ (Ribadeo, 1927 \u2013 Lugo, 2009) Ensa\u00edsta, novelista, dramaturgo e senlleiro expo\u00f1ente do teatro hist\u00f3rico galego Daniel Cortez\u00f3n (Foto de Matilde Gonz\u00e1lez) &nbsp;&nbsp; &nbsp;Daniel Cortez\u00f3n nace en Ribadeo o 6 de febreiro de 1927, fillo de Amalia e Daniel. Por mor [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2203,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,82],"class_list":["post-2202","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-santiago-sanjurjo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2202","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2202"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2202\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2203"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2202"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2202"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2202"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}