{"id":2189,"date":"2023-01-06T14:57:00","date_gmt":"2023-01-06T13:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:52:58","modified_gmt":"2024-10-23T14:52:58","slug":"ribadenses-destacados-benito-prieto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/06\/ribadenses-destacados-benito-prieto\/","title":{"rendered":"Ribadenses destacados: BENITO PRIETO COUSSENT. Celia Castro"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nova biograf\u00eda de &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=ribadenses+destacados&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadenses destacados<\/a>&#8216;, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Benito+Prieto+Coussent\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Benito Prieto Coussent<\/a> por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Celia%20Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Celia Castro<\/a>.<\/p>\n<p><strong>BENITO PRIETO COUSSENT<\/strong><\/p>\n<p>(Ribadeo 1907- Granada 2001)<\/p>\n<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto2020el20encadenado.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"412\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto2020el20encadenado.png\" class=\"wp-image-2190\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>Benito Prieto ante El Encadenado<\/strong>. Fotograf\u00eda Sociedad Cultural Benito Prieto.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Debuxante e pintor realista, que, partindo dunha formaci\u00f3n cl\u00e1sica, chega a facer unha obra fortemente expresiva, cunha mixtura de dramatismo, xenio e an\u00e1lise psicol\u00f3xica, plasmada nunha t\u00e9cnica depurada e impecable.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Benito Prieto Coussent foi o segundo fillo do fot\u00f3grafo de La Ba\u00f1eza Benito Prieto Ferrero (establecido en Ribadeo cara a 1880) e da s\u00faa dona Nieves Cos\u00e9n Centeno, tam\u00e9n leonesa. Foi inscrito no Xulgado de Ribadeo cos apelidos dos seus pais, Prieto, e, Cos\u00e9n, ainda que m\u00e1is tarde este \u00faltimo evolucionar\u00eda a Coussent.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O seu pai, Benito Prieto Ferrero, excelente fot\u00f3grafo, con estudo en Ribadeo e sucursais en Navia, Luarca e La Vega, ensinoulle a amar a fotograf\u00eda, a observar o mundo que lle rodeaba, e a obter unha visi\u00f3n est\u00e9tica que lle servir\u00eda nun futuro.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dende moi novo amosou aptitudes para o debuxo e a pintura. Amigo do xornalista e escritor ribadense Dionisio Gamallo Fierros, utilizaba \u00e1s veces a paleta e os pinc\u00e9is do av\u00f3 diste, o pintor Dionisio Fierros, que lle deixaba a s\u00faa vi\u00fava, Antonia Carrera. En Ribadeo foi alumno do colexio dos Agustinos -a Fundaci\u00f3n de Clemente Mart\u00ednez Pasar\u00f3n- ga\u00f1ando en 1918 un premio de debuxo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Xa nas s\u00faas primeiras obras atopamos unha forte inclinaci\u00f3n ao realismo e \u00e1 captaci\u00f3n psicol\u00f3xica nos retratos, quiz\u00e1is influencia da fotograf\u00eda, arte que practicou durante toda a s\u00faa vida e que serveu de base para moitos dos seus cadros. Tomaba a mi\u00fado como modelos a tipos populares de Ribadeo, tendencia moi com\u00fan nos \u00faltimos anos do S. XIX e principios do XX. A un deles, Pedro Celestino Alonso, apodado O Altru\u00e1n, (tam\u00e9n fotografado polo seu pai) retratar\u00e1o en numerosas ocasi\u00f3ns, sendo o protagonista entre outros lenzos, de Vello Ferreiro.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Aos 15 anos ga\u00f1ou unha bolsa de estudos das que conced\u00eda a Deputaci\u00f3n de Lugo para estudar en Madrid na Academia de Bellas Artes de San Fernando. Para facerse acreedor dela debeu presentar varias obras, unha das cales probablemente fose o Vello Ferreiro, antes citado. Ao non ter a idade reglamentaria, en Madrid  tivo que ser tutelado polo gravador lucense Manuel Castro Gil, gran protector e valedor para os artistas lucenses que \u00edan \u00e1 capital de Espa\u00f1a.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto20vello20ferreiro.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto20vello20ferreiro.png\" class=\"wp-image-2191\" width=\"604\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>Vello Ferreiro. Benito Prieto Coussent<\/strong>. \u00d3leo sobre lenzo. Ca 1922. Paradoiro desco\u00f1ecido. Fotograf\u00eda de Benito Prieto Ferrero. Sociedad Cultural Benito Prieto.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Na Academia de San Fernando ter\u00eda, entre outros, mestres como Cecilio Pl\u00e1, Moreno Carbonero, Julio Romero de Torres, ou Eduardo Chicharro, sendo condisc\u00edpulo de Salvador Dal\u00ed. Os alumnos copiaban aos grandes artistas expostos no Museo do Prado e debuxaban do natural, faceta na que Benito sempre destacou. Al\u00ed conced\u00e9ronlle varios premios, entre eles o primeiro premio anual, que en moitas ocasi\u00f3ns quedaba deserto. A Deputaci\u00f3n de Lugo pos\u00fae varios cadros desta \u00e9poca, pois ao rematar cada curso deb\u00eda enviar unha obra para xustificar a concesi\u00f3n da bolsa de estudos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nas s\u00faas estancias vacacionais en Ribadeo adic\u00e1base a pintar, \u00e1s veces pola s\u00faa conta, e outras por encargo: paisaxes, o retrato do fil\u00e1ntropo Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez, o do sobri\u00f1o deste, Jos\u00e9 Ram\u00f3n, e outros.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1928 obtivo o t\u00edtulo de profesor de Debuxo, e, de novo en Ribadeo, recibeu un importante encargo: pintar un Monumento de Semana Santa, para a igrexa de Galdo, en Viveiro. A obra componse de  12 grandes lenzos con escenas do Antigo e Novo Testamento. A\u00ednda que resulta algo ecl\u00e9ctico, polas composici\u00f3ns inspiradas nos cl\u00e1sicos -Juan de Juanes, el Veron\u00e9s, e outros pintores manieristas-, o conxunto ten unha gran forza expresiva, polos acusados escorzos e as intensas expresi\u00f3ns que nos falan dun artista de gran formaci\u00f3n cl\u00e1sica. Como era usual nel, tam\u00e9n se inspirou na realidade, tomando como modelos a varios mozos da localidade. A obra rematar\u00edase a finais de febreiro ou principios de marzo de 1929.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ao mesmo tempo que realizaba este  Monumento, segu\u00eda pintando cadros de diferente tem\u00e1tica, cons\u00e9rvanse varios realizados en Ribadeo: Vello con neno, (no que volve a retratar a O Altru\u00e1n)  datado en 1928, A \u00daltima Cea de Xes\u00fas (na que toma como modelos  a varios personaxes ribadenses: Basilio, Adolfo, O Altru\u00e1n\u2026) e  A morte de San Xos\u00e9 (na que a fisonom\u00eda dos personaxes est\u00e1 tomada de amigos e familiares), Estas d\u00faas \u00faltimas obras datar\u00edanse cara a 1929-1930.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Aos vintecinco anos ga\u00f1ou unha praza de profesor de debuxo na ensinanza p\u00fablica, optando polo Instituto de Tui, de nova creaci\u00f3n, onde dar\u00eda clase de Debuxo e Modelado ata 1936. Al\u00ed, e dunha maneira entusiasta, ensinaba aos alumnos a inspirarse na natureza  e no entorno que lles rodeaba, fuxindo das r\u00edxidas normas academicistas. Tam\u00e9n daba clase de escultura aos obreiros, de forma desinteresada. Froito destas lecci\u00f3ns foron os bustos  de S\u00f3crates e Valle-Incl\u00e1n, esculpidos en granito e inaugurados en 1936.  Fundou tam\u00e9n a revista cultural Tude, en colaboraci\u00f3n cos seus alumnos, permitindo as\u00ed que puideran canalizar as s\u00faas inquedanzas. Por todo isto era moi querido e respectado na zona, causando un gran impacto a s\u00faa detenci\u00f3n en Ribadeo, polas tropas franquistas, no ver\u00e1n de 1936, rec\u00e9n estalada a guerra. Acus\u00e1baselle de ter ideas subversivas e de ter amizade con anarquistas,  polo que foi trasladado ao presidio de Tui, no que permaneceu un tempo durante o cal fixo a lapis retratos dos seus compa\u00f1eiros -gran parte deles executados- que m\u00e1is tarde dar\u00eda as s\u00faas familias.<\/p>\n<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto20anarquista.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto20anarquista.png\" class=\"wp-image-2192\" width=\"416\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>Retrato do anarquista Jer\u00f3nimo Rodr\u00edguez. Benito Prieto Coussent<\/strong>. L\u00e1pis<br \/>\nsobre papel. 1937. Colecci\u00f3n particular. Fotograf\u00eda Sociedad Cultural<br \/>\nBenito Prieto.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Sa\u00edu da cadea un tempo despois, reclamado por un familiar coa escusa  que deb\u00eda conclu\u00edr un retrato que estaba pintando, de D. Jos\u00e9 Calvo Sotelo, pol\u00edtico asasinado polos comunistas. Neste punto a biograf\u00eda de Benito Prieto, ata 1939, \u00e9 un tanto confusa.  Chamado a filas e incorporado ao Batall\u00f3n 530, para loitar na fronte, pronto foi apartado del para ser reclu\u00eddo no mosteiro de Guadalupe, en C\u00e1ceres, onde, segundo os historiadores, permanecer\u00eda meditando e pintando ata acabar a guerra.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Durante esta estancia no mosteiro, deixou varias obras de moi diversa \u00edndole, retratos e escenas relixiosas, como O Asedio ao mosteiro de Guadalupe, episodio considerado o \u00faltimo milagre da Virxe, que se conserva no claustro mud\u00e9xar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Con todo, hai datos que inducen \u00e1 confusi\u00f3n. Neste per\u00edodo expuxo tam\u00e9n en Galicia. O 12 de agosto de 1938 inaug\u00farase en Lugo, no C\u00edrculo das Artes, unha mostra monogr\u00e1fica  onde o artista exhibiu debuxos e proxectos para edificios, a pluma e a lapis, por encargo da oficina do Auxilio Social de Valladolid, \u00e1 vez que estampas de tipos populares  e estudos de nenos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ao rematar e guerra estaba en Ribadeo, sendo proba o  retrato a lapis que lle fixo ao seu amigo o literato e investigador Dionisio Gamallo Fierros.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Segundo alg\u00fans autores, en Lugo co\u00f1eceu tam\u00e9n  a Antonia Rej\u00f3n Delgado, natural de El Padul (Granada), destinada al\u00ed como mestra, coa que iniciar\u00eda un noivado,  casando  o 28 de novembro de 1939 no mosteiro de Samos  nunha cerimonia \u00edntima \u00e1 que asistir\u00edan uns poucos familiares, e na que actuaron como testemu\u00f1as dous dos monxes de dito mosteiro. Ao regreso da viaxe de noivos  voltou a Lugo, onde expuxo diversos cadros, entre eles un retrato do Xeral Tella.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>En 1940 trasladouse coa s\u00faa dona a El Padul, onde ela e a s\u00faa familia ti\u00f1an unha importante facenda. Antonia, tam\u00e9n boticaria, habilitoulle a Benito un antigo celeiro para pintar, e foi o seu gran apoio durante os 17 anos que durou o seu matrimonio. En 1948, cando Benito remato o seu famoso Cristo en la cruz, froito dun coidadoso estudo anat\u00f3mico e dunha rigorosa documentaci\u00f3n durante varios anos, foi  Antonia a que o enviou a Madrid \u00e1 Exposici\u00f3n Nacional, posto que Benito, desanimado polas reacci\u00f3ns desencadeadas nalg\u00fans sectores relixiosos, desistira.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Esta obra, profundamente expresionista e innovadora, e a dicir dalg\u00fans cr\u00edticos seguidora da escola renacentista alem\u00e1, especialmente de Gr\u00fcnewald, suscitou  unha forte pol\u00e9mica pola dureza do tratamento. Para a s\u00faa realizaci\u00f3n estudou a fondo durante varios anos os estragos que a crucifixi\u00f3n fac\u00eda no corpo humano, apoiado por investigaci\u00f3ns m\u00e9dicas, os seus profundos co\u00f1ecementos de anatom\u00eda, e probas feitas cos modelos no seu propio estudo. Todo isto ti\u00f1a conmocionado ao crego do Padul, que o denunciou ao bispo, afortunadamente sen consecuencias.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A obra recib\u00edu na Exposici\u00f3n Nacional de Bellas Artes, en Madrid, unha terceira medalla, \u00e1 que o pintor renunciou, para non desprenderse da obra.<\/p>\n<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto20Cristo20en20la20cruz.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto20Cristo20en20la20cruz.png\" class=\"wp-image-2193\" width=\"462\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>Cristo en la cruz<\/strong>. \u00d3leo sobre lenzo. 400x325cm.1948. Fotograf\u00eda de Luis Prieto Coussent. Sociedad Cultural Benito Prieto.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span><br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A representaci\u00f3n de Cristo, cos membros desgarrados, as extremidades retorcidas e o corpo encorvado polo seu peso, transmite  ao espectador unha dor profundamente humana, lonxe dos estereotipos e as representaci\u00f3ns cl\u00e1sicas. M\u00e1is tarde foi exposto en Barcelona, e probablemente vendido a un navieiro catal\u00e1n. En abril do 2021 sa\u00edu a subasta no mercado da arte.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Salvador Dal\u00ed, compa\u00f1eiro seu de estudos, dixo deste cadro: \u201c<em>Es un cheque en blanco. El torso recuerda a Vel\u00e1quez, y los pa\u00f1os pudo pintarlos Zurbar\u00e1n<\/em>\u201d.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Prop\u00faxolle tam\u00e9n asociarse: \u201c<em>Hagamos esto, Benito, tu pintas una serie de Cristos como este, y yo hago los fondos, sacaremos mucho dinero<\/em>\u201d.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Benito consultou con un antigo profesor da Escola de Belas Artes, que lle aconsellou non facelo: \u201c<em>Si te asocias con Dal\u00ed te quedar\u00e1s sin cuadros y sin dinero<\/em>\u201d.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A negativa de Prieto provocou o enfado de Dal\u00ed. A el, pola s\u00faa parte, sempre lle pesou non aceptar esa colaboraci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A este Cristo seguir\u00edan tres versi\u00f3ns m\u00e1is ca mesma iconograf\u00eda, e composici\u00f3ns  m\u00e1is complexas: unha en 1951, (que ser\u00eda exposta na I Bienal Hispanoamericana de Madrid, provocando unha enorme pol\u00e9mica), outra, El Cristo de la Paz, en 1952, e a \u00faltima en 1963-64, El Cristo Kennedy, adicado ao presidente asasinado. Este  estivo exposto durante moito tempo na Biblioteca da Universidade de Harvard, pasando en 2015 \u00e1 igrexa granadina de Santa Mar\u00eda de la Alhambra.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A partir de aqu\u00ed a obra de Prieto ser\u00eda moi valorada, recibindo encargos importantes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1955 viaxou a Turqu\u00eda, onde permanecer\u00eda ata 1956. Al\u00ed realizou o retrato de Mustaf\u00e1 Kemal Atat\u00fcrk, creador da patria turca. Fixo tam\u00e9n varias paisaxes, entre elas  a espl\u00e9ndida  Ruinas de \u00c9feso, propiedade da Banca Francesa de Madrid.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En marzo de 1956 atop\u00e1base en Estoril, pintando o retrato do infante Alfonso de Borb\u00f3n e Borb\u00f3n, cando sucedeu o desgraciado accidente que lle provocou a morte. Ao acontecer esta, tivo que rematar o cadro por fotograf\u00eda.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O 2 de maio de 1957 morreu  dun infarto Antonia Rej\u00f3n, entrando o  artista nunha etapa de inestabilidade. Durante un tempo viaxou  a Ribadeo e outros lugares. En 1958 casou coa doutora en Farmacia Amparo Serrano, traslad\u00e1ndose toda a familia a vivir a Granada, e comezando unha nova etapa creativa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Deste momento son os retratos de El Cordob\u00e9s, Vallejo N\u00e1jera, o doutor Christian Barnard, Antonio Bienvenida, etc, as\u00ed como unha serie de retratos familiares e de bodeg\u00f3ns dunha gran sinxeleza compositiva e unha cuidada realizaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A raz\u00f3n de que non se atope demasiada obra s\u00faa, a pesar de que pintaba continuamente, e que romp\u00eda todo aquelo que non lle satisfac\u00eda, deixando poucos cadros conclu\u00eddos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tampouco participou en moitas exposici\u00f3ns, individuais ou colectivas. Unha das poucas nas que tomou parte, \u00e9 en 1960, na Primeira Mostra Antol\u00f3xica da Pintura Galega, celebrada no C\u00edrculo das Artes da cidade de Lugo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Co tempo a s\u00faa arte vaise facendo m\u00e1is introspectiva e esencial, como pode verse nos seus retratos e composici\u00f3ns de gran tama\u00f1o, ao mesmo tempo que experimenta con diversos soportes e materiais, o que d\u00e1 como resultado unha serie de obras de gran calidade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1983 foi nomeado membro numerario da Academia de Bellas Artes de Granada, ocupando o sill\u00f3n do falecido pintor Gabriel Morcillo, polo que Prieto profesaba grande admiraci\u00f3n. Neste acto fixo doaz\u00f3n a dita Academia de oito grandes debuxos e estudos preparatorios para o primeiro dos seus Cristos. Dooulle tam\u00e9n a dita entidade o cadro El Padre Dami\u00e1n, ap\u00f3stolo dos leprosos. Nesta obra, de impresionante realismo, experimentou  cun soporte de t\u00e1boa, con arpilleira, e t\u00e9cnica mixta de temple e \u00f3leo, amosando  unha vez m\u00e1is a s\u00faa ampla formaci\u00f3n art\u00edstica e human\u00edstica.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto20el20padre20DamiC3A1n.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Benito20Prieto20el20padre20DamiC3A1n.png\" class=\"wp-image-2194\" width=\"526\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>El Padre Dami\u00e1n<\/strong>. T\u00e9cnica mixta sobre t\u00e1boa e arpilleira. 1970. Academia de Bellas Artes de Granada. Fotograf\u00eda Sociedad Cultural Benito Prieto.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Para facer este cadro fixo varios estudos sobre a lepra e as consecuencias que esta enfermidade ten no corpo humano, deformando e mutilando os membros. Tam\u00e9n inspirouse en fotograf\u00edas recentes do Padre Dami\u00e1n, polo que o parecido \u00e9 moi grande.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Representa ao protagonista mutilado, pero coa dignidade dun rei. O espazo est\u00e1 moi conseguido, creando ao espectador a ilusi\u00f3n de estar dentro do cadro. Este realismo est\u00e9ndese a todos os obxectos que figuran nel, tratados cun detallismo que nos recorda aos grandes mestres do s\u00e9culo XVII.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Estas frases pronunciadas por \u00e9l no seu discurso de entrada na Academia, reflicten moi ben o ideario dos seus \u00faltimos anos:<br \/>\n \u201c<em>Pintar es la cosa m\u00e1s dif\u00edcil del mundo. Pintar es como morir un poco. Toda mi vida, desde mi ni\u00f1ez, est\u00e1 determinada por la pintura y puedo deciros hoy que el esfuerzo ha merecido la pena porque cada d\u00eda inauguro un nuevo reto ante el lienzo en el que, de alguna manera, mi coraz\u00f3n se derrama<\/em>\u201d. E estas outras: \u201d<em>El arte, o sirve a la belleza y a las cosas del esp\u00edritu o es pasatiempo de indotados<\/em>\u201d.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ata o seu falecemento seguiu pintando, e dic\u00eda que ent\u00f3n era cando estaba aprendendo a pintar. Con todo, segu\u00eda a romper todo aquelo que non lle satisfac\u00eda, e nos \u00faltimos tempos neg\u00e1base a firmar as s\u00faas obras, por parecerlle presunci\u00f3n e egolatr\u00eda.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Alg\u00fans dos seus \u00faltimos cadros te\u00f1en formatos de gran tama\u00f1o e forte contido filos\u00f3fico, como, \u00bfQui\u00e9n me librar\u00e1 de este cuerpo de muerte? (tam\u00e9n co\u00f1ecido como Paz y Guerra), que amosa unha visi\u00f3n apocal\u00edptica do mundo, pero \u00e1 vez esperanzadora, e at\u00f3pase actualmente na igrexa da Encarnaci\u00f3n de la Alhambra. Ou, El peregrino de la paz, de 4 x 8 m -froito de m\u00e1is de vinte anos de intenso traballo- destinado a conmemorar a mensaxe de paz de Juan Pablo II, que agasallou ao Vaticano.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un dos seus \u00faltimos encargos, inacabado, foi o  retrato de Manuel Fraga, entregado a este pola s\u00faa familia a t\u00edtulo p\u00f3stumo. Este cadro \u00e9 boa  mostra do virtuosismo t\u00e9cnico e da magn\u00edfica madurez mental acadada polo artista.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Falec\u00e9e en Granada o 4 de febreiro do 2001 aos 93 anos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><strong>Bibliograf\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Castro Fern\u00e1ndez, C. \u201cBenito Prieto Coussent. La mirada vital\u201d(2011), Revista Artesonado. Xunta de Galicia. Lugo.Pp 20-23.<\/p>\n<p>Artesonado. Xunta de Galicia. Lugo.Pp 20-23.<\/p>\n<p>De Pablos, F. A pintura en Galicia. Do XVII \u00e1s \u00faltimas tendencias. (2003). Eds Nigra Trea. Vigo.Pp 118-121.<\/p>\n<p>Ruiz Rodr\u00edguez, L. \u201cBenito Prieto Coussent. Artistas Gallegos. Pintores (Figuraci\u00f3ns). (2004).Nova Galicia Edici\u00f3ns. A Coru\u00f1a. Pp  92-129.<\/p>\n<p>CELIA CASTRO.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha nova biograf\u00eda de &#8216;Ribadenses destacados&#8216;, Benito Prieto Coussent por Celia Castro. BENITO PRIETO COUSSENT (Ribadeo 1907- Granada 2001) Benito Prieto ante El Encadenado. Fotograf\u00eda Sociedad Cultural Benito Prieto. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Debuxante e pintor realista, que, partindo dunha formaci\u00f3n cl\u00e1sica, chega a facer unha obra fortemente expresiva, cunha mixtura de dramatismo, xenio e an\u00e1lise psicol\u00f3xica, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2190,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[45,10,11],"class_list":["post-2189","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-celia-castro","tag-cultura","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2189","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2189"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2189\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2190"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2189"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2189"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2189"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}