{"id":2172,"date":"2023-01-10T18:37:00","date_gmt":"2023-01-10T17:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:52:26","modified_gmt":"2024-10-23T14:52:26","slug":"a-batalla-do-ebro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/10\/a-batalla-do-ebro\/","title":{"rendered":"A batalla do Ebro"},"content":{"rendered":"<p><span><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Batalla_Ebro.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"438\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Batalla_Ebro.png\" class=\"wp-image-2173\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Esquema sobre a batalla do Ebro. https:\/\/gl.wikipedia.org\/w\/index.php?title=Ficheiro:Batalla_Ebro.png lic. CC BY SA 3.0 por PACO<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>A batalla do Ebro<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Pouco sei da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Batalla_do_Ebro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">batalla do Ebro<\/a>, importante eixo de operaci\u00f3ns na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/paz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">guerra<\/a> civil espa\u00f1ola. Entre ese pouco, est\u00e1 que foi unha batalla de desgaste, con cap\u00edtulos como a tentativa de cruce do Ebro de soldados da Rep\u00fablica que non sab\u00edan nadar (en xeral), uns quil\u00f3metros r\u00edo abaixo dun encoro controlado polos sublevados, e que rematou en desastre, como -visto dende agora- era previsible.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Entendo que o desenvolvemento inicial da batalla xurdiu sobre o terreo, sen unha planificaci\u00f3n xeral previa no sentido de aproveitar a li\u00f1a da fronte como v\u00eda de desgaste do inimigo, pero despois foi aproveitado por unha forzas que estaban a ser fornecidas de material b\u00e9lico polas &#8216;potencias do eixo&#8217; que provocar\u00edan a segunda guerra mundial. Fronte a esas forzas, estaba unha Rep\u00fablica sen colch\u00f3n externo de ning\u00fan tipo, que poucas armas puido mercar, literalmente, a prezo de ouro, a sumarlle o desgaste da divisi\u00f3n interna, e que rematou exhausta, o que propiciou a perda da guerra.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Vi\u00f1\u00e9ronme \u00e1 cabeza estas ideas xerais a conto da guerra na Ucra\u00edna. O mesmo que no golpe fascista que se deu en Espa\u00f1a, na Ucra\u00edna, Rusia ti\u00f1a pensado rematar en pouco tempo a invasi\u00f3n, uns poucos d\u00edas. E o resultado non est\u00e1 sendo as\u00ed, o mesmo que non o foi en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O mesmo que en Espa\u00f1a, onde se rematou librando en certo xeito unha guerra por delegaci\u00f3n, na Ucra\u00edna inicialmente as forzas ucra\u00ednas, pero logo tam\u00e9n as rusas, est\u00e1n a recibir material estranxeiro, sexa m\u00e1is ou menos doado (Ucra\u00edna) ou mercado (Rusia).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Evidentemente, hai m\u00e1is paralelismos, pero tam\u00e9n moitas diferencias, comezando polo feito de ser nun caso unha sublevaci\u00f3n militar contra un estado democr\u00e1tico e noutro unha invasi\u00f3n, ou, noutro aspecto totalmente diferente, que en Espa\u00f1a o intercambio econ\u00f3mico daquela co estranxeiro era m\u00e1is ben escaso, e agora tanto a Ucra\u00edna como Rusia son subministradores de materia primas a escala global, abondo como para distorsionar os mercados mundiais como est\u00e1 a suceder, en parte, por ese motivo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Volvendo \u00f3 comezo, o desgaste. M\u00e1is al\u00f3 do mando actual do &#8216;xeneral inverno&#8217; na zona, que a m\u00e1is de implicar unha certa diminuci\u00f3n nas operaci\u00f3ns militares est\u00e1 sometendo \u00e1 poboaci\u00f3n ucra\u00edna a unhas condici\u00f3ns invernais dif\u00edciles de soportar, os fluxos de subministraci\u00f3ns de Ucra\u00edna a f\u00f3ra, como os de cereais, est\u00e1n a verse moi dificultados e implicando unha suba no prezo de determinados alimentos, mentres a Rusia non lle resulta moi dif\u00edcil desviar as s\u00faas exportaci\u00f3ns de hidrocarburos a outros pa\u00edses, m\u00e1is a\u00ednda coa &#8216;colaboraci\u00f3n desinteresada&#8217; dos EEUU tirando da UE para que lle compre hidrocarburos m\u00e1is caros, elevando con elo o prezo desas materias primas e a caixa de Rusia. De xeito evidente, \u00e9 m\u00e1is complicado, pero esas son as li\u00f1as xerais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Por outra banda, o material militar est\u00e1 sendo consumido de xeito r\u00e1pido, e a UE, como subministradora e subvencionadora principal sufre ese desgaste, \u00f3 tempo que Rusia, tam\u00e9n o sufre, pero necesita menos tirar das subministraci\u00f3ns doutros pa\u00edses, como Turqu\u00eda (a quen, por certo, se lle leva dando largas varios decenios para a s\u00faa entrada na UE, cun aparente cansazo do tema xa hai tempo) pois ten unha industria militar potente propia.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>As\u00ed as cousas, todo leva a unha guerra, que m\u00e1is al\u00f3 da inxustiza propia de toda guerra e das supostas causas desta en particular, \u00e9 un desgaste de competidores adxuntos \u00f3s grandes xogadores mundiais. Por unha beira, os EEUU, coa delegaci\u00f3n de axuda na UE, que \u00e9 quen sufre as represalias rusas, e pola outra, China, animando a Mosc\u00fa e fac\u00e9ndoo caer m\u00e1is nas s\u00faas redes.&nbsp;<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Fal\u00e1base hai alg\u00fan tempo de mundo multipolar. Si, parece que cada vez m\u00e1is, pero \u00f3 tempo, os grandes te\u00f1en como tradici\u00f3n non deixar medrar \u00f3s pequenos, e cando os pequenos logran ser grandes, seguen coa tradici\u00f3n, esmagando \u00f3s que son m\u00e1is pequenos (a\u00ednda que antes fosen grandes, como os pa\u00edses da UE).<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Vivir para ver? Neste caso, est\u00e1 visto na historia moitas veces antes&#8230; <\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esquema sobre a batalla do Ebro. https:\/\/gl.wikipedia.org\/w\/index.php?title=Ficheiro:Batalla_Ebro.png lic. CC BY SA 3.0 por PACO A batalla do Ebro &nbsp;&nbsp;&nbsp; Pouco sei da batalla do Ebro, importante eixo de operaci\u00f3ns na guerra civil espa\u00f1ola. Entre ese pouco, est\u00e1 que foi unha batalla de desgaste, con cap\u00edtulos como a tentativa de cruce do Ebro de soldados da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2173,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[17,9],"class_list":["post-2172","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-paz","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2172","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2172"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2172\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2173"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2172"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2172"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2172"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}