{"id":2152,"date":"2023-01-17T10:30:00","date_gmt":"2023-01-17T09:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:51:53","modified_gmt":"2024-10-23T14:51:53","slug":"a-vitalidade-musical-de-manolo-choupin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/17\/a-vitalidade-musical-de-manolo-choupin\/","title":{"rendered":"A vitalidade musical de Manolo Choup\u00edn (1941-2023). Carlos \u00c1lvarez Lebredo"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Adxunto a nota de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Carlos+%C3%81lvarez+Lebredo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carlos \u00c1lvarez Lebredo<\/a> sobre <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Choup\u00edn\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Choup\u00edn<\/a> aparecida na Comarca de s\u00e1bado pasado, que aporta abondos m\u00e1is datos e detalles que a publicada por min.<\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A vitalidade musical de Manolo Choup\u00edn (1941-2023)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCarlos \u00c1lvarez Lebredo<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Coro20Miserere.202004.20V.20Manuel20Sanjurjo20estC3A120abaixo20o203C2BA20pola20esquerda.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"424\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Coro20Miserere.202004.20V.20Manuel20Sanjurjo20estC3A120abaixo20o203C2BA20pola20esquerda.jpg\" class=\"wp-image-2153\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Coro Miserere. 2004. V. Manuel Sanjurjo est\u00e1 abaixo o 3\u00ba pola esquerda<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;<\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Co   falecemento   de   V\u00edctor   Manuel   Sanjurjo   L\u00e1ncara   (Manolo   Choup\u00edn) desaparece un importante actor da m\u00fasica en Ribadeo e unha especie de f\u00edo que axudou a compo\u00f1er e recompo\u00f1er diferentes agrupaci\u00f3ns musicais ao longo de moitos anos. Para moita xente, como espectadores, Manolo Choup\u00edn foi sobre todo e durante moito tempo un bo tenor na Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo; pero o seu quefacer e o seu despregue musical atinxiu outras facetas pois durante a s\u00faa vida non parou de gabear por todo tipo de pentagramas.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Apareceu Manolo Choup\u00edn a cantar en p\u00fablico con tan s\u00f3 10 anos cando Carlos \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez-Cid recorreu a un grupi\u00f1o de alumnos do colexio dos Hermanos Menesianos, ben ensaiados musicalmente polo hermano Juan Har\u00e1n, para reforzar o seu veterano coro parroquial, que era tam\u00e9n o que interpretaba o \u2018Plorans\u2019 de Pacheco nas procesi\u00f3ns da Semana Santa. Estes nenos de boa voz (Pablo Coci\u00f1a, Jos\u00e9 Carlos Gonz\u00e1lez Amado, Jos\u00e9 Duarte, Marcial Fern\u00e1ndez) fac\u00edan as voces brancas reforzando a parte feminina do coro. Por esa mesma \u00e9poca botou man destes nenos Emilio Carricoba, para interviren nalgunhas misas nas que tam\u00e9n participaba a Banda de m\u00fasica que el dirix\u00eda.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Poucos anos despois integrouse Manolo Choup\u00edn, con voz e la\u00fad, xunto a varios   amigos   mozos   coma   el   (Francisco   Maseda,   Lolo   Garc\u00eda   M\u00e9ndez \u2018Castellano\u2019,   Jos\u00e9   Antonio   D\u00edaz   \u2018Pinche\u2019,   Alberto   Pelegr\u00edn&#8230;),   na   divertida   e veterana Rondalla que dirix\u00eda Fern\u00e1ndez-Cid durante os ver\u00e1ns. Tam\u00e9n por eses anos 1960-1961 esta seccci\u00f3n de mozos \u201cindependiz\u00e1base\u201d nalgunha ocasi\u00f3n dos veteranos (l\u00f3xico) e rondaban as mozas ribadenses e veraneantes convertidos en \u2018Rondalla   Gamberros   Filharm\u00f3nicos\u2019.   Por   esa   mesma   \u00e9poca   Manolo   Choup\u00edn integrouse na Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo, nuns momentos en que se fixera moi necesaria a entrada de novas voces para compensar a sa\u00edda de cantores que se viron obrigados a marchar de Ribadeo por raz\u00f3ns de estudos ou laborais.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tras uns anos de menor actividade da Polif\u00f3nica a mediados dos anos setenta, a posibilidade real de contar con novas voces masculinas e femininas (moitas delas nenas con estudos regrados de m\u00fasica, alumnas de sor Pilar de Le\u00f3n) fixo que Fern\u00e1ndez-Cid se plantease en serio a reorganizaci\u00f3n da Coral para volver actuar m\u00e1is al\u00e1 de espor\u00e1dicos certames, das liturxias de Semana Santa e das misas solemnes   da   Patroa   de   Ribadeo   o   d\u00eda   8   de   setembro.   Das   tarefas   de   toda   a organizaci\u00f3n material encargouse con entusiasmo Manolo Choup\u00edn: informar do proxecto,   animar   os   indecisos,   xuntar   de   novo   os   veteranos,   ir   acoplando   os debutantes e detallar os horarios de ensaios. Foi unha axuda imprescindible para que   o   director   musical   puidese   po\u00f1er   en   p\u00e9   de   novo   e   ao   completo   toda   a maquinaria coral, unhas sesenta voces. Na fotograf\u00eda oficial do concerto inaugural desta 2\u00aa \u00e9poca da Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo forma Manolo Choup\u00edn entre os tenores e tam\u00e9n a s\u00faa esposa Inmaculada R\u00edo e a filla de ambos, Inmaculada Sanjurjo R\u00edo. Anos m\u00e1is tarde (1992) Manolo Choup\u00edn coincidir\u00eda co seu fillo Manuel nas filas da reorganizada Banda de m\u00fasica de Ribadeo: o pai coa tuba e o fillo coa trompeta.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cando a partir de 1982 John Rutherford reorganiza a Rondalla de Ribadeo, Manolo Choup\u00edn participa das s\u00faas rondas durante anos. Igual que no caso da Polif\u00f3nica, el representaba o elo intermedio en idade, entre os veteranos desas d\u00faas formaci\u00f3ns e os m\u00fasicos novos que se \u00edan incorporando. A s\u00faa experiencia nas rondallas serviulle a V. Manuel Sanjurjo para decidirse a organizar unha rondalla infantil baixo a s\u00faa direcci\u00f3n. Comezou en 1984 cos primeiros ensaios a nenos e nenas do colexio de EXB Gregorio Sanz de Ribadeo. Xunt\u00e1ronse entre 30 e 40 pequenos   instrumentistas   de   guitarras,   mandolinas,   bandurrias   e   pandeiretas   e adoptaron o nome de Rondalla Infantil Chascorrandeira. Actuaron durante dous anos en moitas localidades entre Luarca e San Sadurni\u00f1o. A rondalla desf\u00edxose cando esa promoci\u00f3n de nenos rematou os seus estudos no colexio. Pero en 1992 Manolo Choup\u00edn repetiu a expriencia de rondalla infantil cuns 30 nenos do colexio La Paloma de Castropol e mesmo chegaron a editar unha casete coas s\u00faas canci\u00f3ns en 1995.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>De novo no aspecto coral, hai que destacar o empe\u00f1o de Manolo Sanjurjo por  rescatar un grupo de cantores para o tradicional \u2018Miserere\u2019 nas Semanas Santas de Ribadeo. E as\u00ed creou   e dirixiu  o  grupo  que  con ese   mesmo  nome,  Miserere, acompa\u00f1a   as   procesi\u00f3ns   ribadenses   desde   1994.   Tam\u00e9n   en   2003   relevou   na direcci\u00f3n do coro Airi\u00f1os de Ribadeo (do Centro Social) a Gonzalo Montero, que o fundara en 1990.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Noutra orde de cousas, V. Manuel Sanjurjo L\u00e1ncara puxo o seu entusiasmo musical dentro da comisi\u00f3n cidad\u00e1 que ao longo de 1988 debateu e madurou a idea de reorganizar en Ribadeo unha Academia que formase musicalmente nenos e<br \/>\nmozos e que, ao tempo, servise de canteira instrumental para unha futura Banda de m\u00fasica local, tras case trinta anos de inexistencia desta formaci\u00f3n. Ao ano seguinte substanciouse esa idea, creouse a Asociaci\u00f3n Amadores da M\u00fasica e p\u00faxose en marcha a Academia de M\u00fasica Carlos \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez-Cid, orixe da actual Escola Municipal de m\u00fasica e foro de aprendizaxe para os m\u00fasicos da Banda de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tam\u00e9n en   novembro  de   1990  Manolo  Choup\u00edn  foi  quen   se  encargou  de organizar unha exposici\u00f3n fotogr\u00e1fica que baixo o t\u00edtulo de \u201cLaudate Ceciliam. Imaxes da m\u00fasica en Ribadeo\u201d, ofreceu unha panor\u00e1mica da m\u00fasica ribadense desde 1915, condensada en 105 fotograf\u00edas e que estivo instalada na antiga Oficina de Turismo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Que descanse en paz Manolo Choup\u00edn, pero que nos deixe por aqu\u00ed algo da s\u00faa enerx\u00eda e do seu entusiamo para que poidamos manter acesas as diferentes iniciativas musicais que tradicionalmente estiveron vivas en Ribadeo e que lle dan \u00e1 localidade un car\u00e1cter especial.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n(Publicado en La Comarca del Eo, 14 de xaneiro de 2023, p. 4)<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Adxunto a nota de Carlos \u00c1lvarez Lebredo sobre Choup\u00edn aparecida na Comarca de s\u00e1bado pasado, que aporta abondos m\u00e1is datos e detalles que a publicada por min. A vitalidade musical de Manolo Choup\u00edn (1941-2023) Carlos \u00c1lvarez Lebredo Coro Miserere. 2004. V. Manuel Sanjurjo est\u00e1 abaixo o 3\u00ba pola esquerda &nbsp; &nbsp;&nbsp;&nbsp; Co falecemento de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2153,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,23,9],"class_list":["post-2152","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-musica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2152","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2152"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2152\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2153"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2152"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2152"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2152"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}