{"id":2142,"date":"2023-01-18T14:16:00","date_gmt":"2023-01-18T13:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:48:13","modified_gmt":"2024-10-23T14:48:13","slug":"corona-gonzalez-santos-e-ramon-gonzalez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/18\/corona-gonzalez-santos-e-ramon-gonzalez\/","title":{"rendered":"CORONA GONZ\u00c1LEZ SANTOS E RAM\u00d3N GONZ\u00c1LEZ: Apuntes para unha biograf\u00eda. Celia Castro"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Artigo aparecido en <a href=\"https:\/\/viladonga.xunta.gal\/es\/publicaciones\/revista-croa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Croa<\/a>, n\u00ba 32, ano 2022,&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=CORONA+GONZ\u00c1LEZ\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">CORONA GONZ\u00c1LEZ  SANTOS<\/a> E <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=RAM%C3%93N+GONZ%C3%81LEZ\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">RAM\u00d3N GONZ\u00c1LEZ<\/a>:<\/em><\/strong><\/p>\n<p><strong><em><br \/>\n                            Apuntes para unha biograf\u00eda.<\/em><\/strong><\/p>\n<p><strong><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Celia%20Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Celia Castro<\/a><\/em><\/strong><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><strong>1.Introduci\u00f3n:<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA emigraci\u00f3n a terras americanas, especialmente aos pa\u00edses de fala hispana, foi unha constante desde mediados do S XIX ata o primeiro terzo do S.XX. Os emigrantes que fixeron fortuna e que retornaron \u00e1 pen\u00ednsula, os chamados Indianos, fixeron a mi\u00fado unha importante labor ben\u00e9fica, espiritual e material, no campo da cultura, da sociedade, e das artes, construindo edificios varios, como escolas, teatros, hospitais, igrexas, etc\u2026 dando bolsas de estudos para os x\u00f3venes, financiando instituci\u00f3ns, e levantando magn\u00edficas mansi\u00f3ns que dan fe do seu gusto est\u00e9tico e potencial econ\u00f3mico.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA Mari\u00f1a de Lugo \u00e9 unha comarca na que a pegada indiana pode verse por todas partes, e a axuda prestada por estes homes e mulleres \u00e9 un exemplo de refinamento e solidariedade.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo caso de Corona Gonz\u00e1lez Santos e Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez  esta axuda foi unha constante ata o seu falecemento, por iso falar da s\u00faa vida e do seu labor social e de mecenado, resulta f\u00e1cil e complicado \u00e1 vez. F\u00e1cil porque os seus datos biogr\u00e1ficos aparecen en moitas publicaci\u00f3ns, e as obras levantadas grazas \u00e1 s\u00faa xenerosidade  engrandecen hoxe varios concellos. Complicado, porque conforme se afonda nas s\u00faas biograf\u00edas, at\u00f3panse novos datos que enriquecen as s\u00faas figuras e que permaneceron ocultos por mor da s\u00faa discreci\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nQuero hoxe con este peque\u00f1o artigo, unha vez m\u00e1is, subli\u00f1ar a s\u00faa importancia na sociedade da \u00e9poca e aportar alg\u00fans datos pouco co\u00f1ecidos da s\u00faa vida privada, que nos axuden a co\u00f1ecelos millor.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><strong>2. Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez e Corona Gonz\u00e1lez Santos: Breves datos biog\u00e1ficos.<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRam\u00f3n Gonz\u00e1lez  Fern\u00e1ndez naceu en Ribadeo o 22 de Abril de 1856, no barrio de Porcill\u00e1n, preto do peirao. Nesta vila  pasou a  s\u00faa nenez e primeira mocidade e  estudou N\u00e1utica e Comercio. Rematados os seus estudos -segundo alg\u00fans autores \u00e1 idade de quince anos- emigrou a Am\u00e9rica, establec\u00e9ndose na Arxentina. De Bos Aires pasou a Rosario de Santa Fe, onde traballou primeiro como empregado na casa comercial Correa, Gana y Compa\u00f1\u00eda, m\u00e1is tarde como socio na casa Mendeto y Compa\u00f1\u00eda ata 1890, e m\u00e1is tarde na propia, Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez e C\u00eda, ata 1896, data na que se retirou.<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/lam1.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/lam1.jpg\" class=\"wp-image-2143\" width=\"430\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">L\u00e1m<br \/>\n1: <\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\"><em>Ram\u00f3n<br \/>\nGonz\u00e1lez. <\/em><\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">Foto<br \/>\nSellier.A Coru\u00f1a.Tarxeta Americana. 16x11cm. Colecci\u00f3n particular<\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Na Arxentina adquiriu unha gran fortuna e deixou tras de s\u00ed  unha importante pegada: En Rosario de Santa Fe pertenceu  \u00e1  Asociaci\u00f3n de Socorros mutuos, ao  Club Espa\u00f1ol de Rosario (instituci\u00f3n que far\u00eda unha importante labor social, e da que foi directivo) e ao Banco Espa\u00f1ol del R\u00edo de la Plata. En 1899 regresou a Espa\u00f1a.<br \/>\n Unha vez na pen\u00ednsula  continuou realizando diversas actividades financieiras, a m\u00e1is importante foi a  creaci\u00f3n de sucursais do Banco Espa\u00f1ol del R\u00edo de la Plata en Santiago de Compostela e Vigo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nC\u00f3ntase que nun viaxe en tren que fixo a O Porri\u00f1o para visitar a un amigo da emigraci\u00f3n veu a Corona Gonz\u00e1lez Santos que paseaba pola estaci\u00f3n cunhas amigas como era usual nas mozas acomodadas da \u00e9poca. Corona ti\u00f1a vintedous anos e era filla do prestixioso m\u00e9dico de Mos Faustino Goz\u00e1lez Cobas. Casar\u00edan, tras un curto noivado, o 22 de Setembro de 1900 na Capela das Angustias de Sangui\u00f1eda de Mos.<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam2.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"452\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam2.jpg\" class=\"wp-image-2144\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">L\u00e1m<br \/>\n2:<\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\"><em>Corona<br \/>\nGonz\u00e1lez e Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez. <\/em><\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">Foto<br \/>\nNapole\u00f3n. Fotograf\u00eda \u00e1 alb\u00famina. Barcelona. Ca. 1900. Colecci\u00f3n<br \/>\nparticular.<\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Corona Gonz\u00e1lez Santos naceu en Vila\u00f1o (Laracha) o 11 de maio de 1972, m\u00e1is tarde a sua familia trasladouse a Mos, a causa do traballo do pai.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn 1900, tras a s\u00faa voda, o matrimonio Gonz\u00e1lez viaxar\u00eda entre outros lugares a Par\u00eds, onde tivo ocasi\u00f3n de visitar a Exposici\u00f3n Universal, e onde Corona mercou a s\u00faa primeira c\u00e1mara de fotos. Esta afici\u00f3n cultivar\u00edaa gran parte da s\u00faa vida ao longo da cal tomou moitas fotos interesantes -algunhas cons\u00e9rvanse  no Museo de Pontevedra- que revelar\u00eda ela mesma<sup>(<\/sup><a href=\"#1\" name=\"top1\"><sup>1<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>. Este aspecto foi amplamente estudado pola investigadora Fernanda Pad\u00edn Ogando.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPosteriormente pasar\u00edan grandes tempadas en Ribadeo e O Porri\u00f1o, alternadas con viaxes por Espa\u00f1a e o extranxeiro. Nestas vilas fixeron unha importante labor filantr\u00f3pica adem\u00e1is de participar activamente na vida social.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEntre as actividades m\u00e1is importantes realizadas en Ribadeo destaca a pertenza de Ram\u00f3n  \u00e1 Sociedade Obreira de Socorros Mutuos, \u201dLa Concordia\u201d, da que pasou a ser presidente en 1910. Foi tam\u00e9n membro do Ateneo Biblioteca Popular, contribu\u00edndo ao desenvolvemento  desta instituci\u00f3n ao subvencionar clases de distintas materias e financiar a adquisici\u00f3n  de diversos instrumentos musicais para os estudantes. Adem\u00e1is  adxudicou bolsas a varios alumnos da vila para que puidesen realizar os seus estudos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nFinanciou tam\u00e9n a construcci\u00f3n do Teatro, a da Praza de Abastos e do\u00f3u unha importante cantidade de di\u00f1eiro para as Festas  Patronais de 1925.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn 1922 foi nomeado  fillo predilecto da vila, fac\u00e9ndoselle unha grande homaxe en colaboraci\u00f3n co Ateneo e La Concordia <sup> (<\/sup><a href=\"#2\" name=\"top2\"><sup>2<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEstes quizais son os seus feitos m\u00e1is co\u00f1ecidos, pero as s\u00faas colaboraci\u00f3ns chegaban moito m\u00e1is al\u00e1, estend\u00e9ndose a numerosas entidades da cultura e \u00e1s veces ti\u00f1an car\u00e1cter menos oficial, como foron varios donativos a grupos music\u00e1is de car\u00e1cter folkl\u00f3rico ou deportivo.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAs relixiosas do convento de Santa Clara de Ribadeo, do que unha irm\u00e1 s\u00faa, Sor Antonia del Sagrado Coraz\u00f3n de Jes\u00fas, foi abadesa durante varios anos, tiveron tam\u00e9n mostras da s\u00faa xenerosidade pois costeou o peche dos arcos do claustro alto, sufragou os gastos da instalaci\u00f3n da luz el\u00e9ctrica, e regalou \u00e1 comunidade unha coci\u00f1a econ\u00f3mica<sup>(<\/sup><a href=\"#3\" name=\"top3\"><sup>3<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>.<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam3.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"426\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam3.jpg\" class=\"wp-image-2145\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">L\u00e1m 3: <\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\"><em>Ram\u00f3n<br \/>\nGonz\u00e1lez, a s\u00faa dona Corona Gonz\u00e1lez, e unha cu\u00f1ada<\/em><\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">.<br \/>\nFotograf\u00eda ca.1925<\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><\/p>\n<p>En O Porri\u00f1o e Mos o matrimonio exerceu tam\u00e9n un importante labor ben\u00e9fico e cultural. En O Porri\u00f1o, financiaron o templo parroquial que foi inaugurado en 1913. Posteriormente encargaron ao  arquitecto Antonio Palacios o edificio do Concello que foi comezado en 1921 e rematado en 1924. Tr\u00e1tase de unha espl\u00e9ndida obra de arquitectura na  que se combina o historicismo medieval con un sentido da monumentalidade  e solidez moi de moda na \u00e9poca. Fixeron adem\u00e1is varias doaz\u00f3ns a entidades deportivas e culturais. Como reco\u00f1ecemento, o Concello de O Porri\u00f1o nomeou en 1915 a Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez  fillo adoptivo da vila. Nela falecer\u00eda  o 15 de decembro de 1925 sendo o seu corpo trasladado a Ribadeo para ser soterrado, feito que acontecer\u00eda o 17 do mesmo mes.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTras a s\u00faa morte Corona continuou pasando tempadas en Ribadeo acompa\u00f1ada frecuentemente dalg\u00fan familiar e participando activamente nos eventos da vila. En 1926  o Concello nomeouna filla adoptiva:<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n <span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u201cen prueba de afecto y gratitud por su valiosa y eficaz valoraci\u00f3n en todos los actos altruistas realizados por su finado esposo e hijo predilecto de Ribadeo, el Excmo Sr. D.Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez Fern\u00e1ndez\u201d<sup> (<\/sup><a href=\"#4\" name=\"top4\"><sup>4<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDo seu labor filantr\u00f3pico temos constancia ao longo dos anos: en Ribadeo, en 1929 cedeu os terreos para levantar unha nova igrexa da Orde Franciscana Terciaria(V.O.T) -\u00e1  que ela mesma pertenc\u00eda- por ser a antiga moi pequena e estar en malas condici\u00f3ns. Adem\u00e1is patrocinou econ\u00f3micamente esta obra, que foi rematada o 17 de xu\u00f1o de 1931. Nun lateral da nave do templo encargou a construcci\u00f3n dun fermoso mausoleo Art Dec\u00f3, a onde trasladou os restos do seu marido, dispo\u00f1endo ser ela mesma tam\u00e9n al\u00ed soterrada, feito que aconteceu en 1972.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAparte do seu interese pola fotograf\u00eda e outras facetas art\u00edsticas, como a escultura en cemento, viaxou a diversos lugares de Europa e Am\u00e9rica latina. En 1931 trasladouse \u00e1 Arxentina onde fundou un  pavill\u00f3n no Hospital Espa\u00f1ol  de Rosario de Santa Fe, que leva o nome de Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez, quen, con outros directivos do Club Espa\u00f1ol de Rosario, creara esta instituci\u00f3n ben\u00e9fica en 1912.<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam4.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"464\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam4.jpg\" class=\"wp-image-2146\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">L\u00e1m<br \/>\n4: <\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\"><em>Placa<br \/>\nconmemorativa  no Pabell\u00f3n Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez. Hospital Espa\u00f1ol de<br \/>\nRosario de Santa Fe. Arxentina.<\/em><\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\"><br \/>\nFotograf\u00eda. Colecci\u00f3n particular.<\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><\/p>\n<p>Cando se desencadeou a Guerra Civil, Corona e as s\u00faas irm\u00e1ns colaboraron activamente coa Cruz Vermella.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<strong>3. Outros aspectos relevantes da s\u00faa biograf\u00eda.<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRibadeo, no primeiro terzo do S XX era unha vila cunha intensa vida social. \u00c1s asociaci\u00f3ns recreativas como O Casino e o Teatro, sum\u00e1banse as propiamente culturais, music\u00e1is ou simplemente as creadas con fins solidarios ou ben\u00e9ficos<sup> (<\/sup><a href=\"#5\" name=\"top5\"><sup>5<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA m\u00fasica en especial ti\u00f1a un papel importante, xa fora en rondallas informales de amigos, en grupos music\u00e1is m\u00e1is organizados, de car\u00e1cter cl\u00e1sico ou folkl\u00f3rico.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA ensinanza da m\u00fasica, desde edades temper\u00e1s, e a transmisi\u00f3n de esta inquedanza de pais a fillos, foi sempre unha constante.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNos anos vinte un forte sentimento de galeguidade fixose extensivo a todas as artes, potenciado moito pola importante labor dos centros galegos e a saudade que levaba consigo o feito da emigraci\u00f3n. Artistas pl\u00e1sticos, escritores e intelectu\u00e1is de todo tipo tiveron  un importante papel no desenvolvemento dunha corrente galeguista de reafirmaci\u00f3n da identidade.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDe entre todos os grupos folkl\u00f3ricos creados en Ribadeo, destaca especialmente pola cantidade de participantes e a calidade da s\u00faa m\u00fasica e escenograf\u00eda Cantigas da Mari\u00f1a.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCantigas da Mari\u00f1a naceu da man do artista e intelectual ribadense Amando Su\u00e1rez Couto, unha das figuras m\u00e1is senlleiras do noso arte, especialmente ata a Guerra Civil. Creado en 1923, non foi presentado oficialmente ata o 2 de setembro de 1924 no Teatro de Ribadeo co gallo das festas patron\u00e1is. Este coro contaba cuns 33 compo\u00f1entes e nun principio foi dirixido polo mesmo Su\u00e1rez Couto. Interrumpida a s\u00faa actividade en 1929, foi reanudada en 1933 grazas ao impulso de varias persoas entre as que destaca Claudio P\u00e9rez Prieto. Nesta \u00faltima etapa foi dirixido por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Leonardo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Leonardo Fern\u00e1ndez-Reinante<\/a>, e a partir de 1934 por Etelvino M\u00e9ndez<sup> (<\/sup><a href=\"#6\" name=\"top6\"><sup>6<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>. Disolveuse en 1936, e tivo un peque\u00f1o rexurdimento en 1941, disolvendose definitivamente en 1942.<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam5.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"457\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam5.jpg\" class=\"wp-image-2147\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">L\u00e1m 5: <\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\"><em>Coro<br \/>\nCantigas da Mari\u00f1a<\/em><\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">. Jos\u00e9<br \/>\nFern\u00e1ndez Cancio. Fotograf\u00eda. Ca 1933. Fototeca <\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\"><em>Ribadeo<br \/>\nna memoria.<\/em><\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><\/p>\n<p>O vestiario do grupo foi dese\u00f1ado por Su\u00e1rez Couto, que escolleu tam\u00e9n o repertorio, composto por pezas tradicion\u00e1is e tam\u00e9n por novas composici\u00f3ns de m\u00fasica galega: foliadas, mui\u00f1eiras, etc, algunhas delas de autores locais. O grupo contaba cun cadro de baile, e durante a s\u00faa actuaci\u00f3n po\u00f1iase como pano de fondo un fermoso paisaxe ribadense  pintado polo artista santiagu\u00e9s Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nFoi un ano de preparaci\u00f3n e ensaios, tamen de buscar financiamento econ\u00f3mico, como pode lerse \u00e1s veces na prensa da \u00e9poca:<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u201cContin\u00faan con toda actividad y entusiasmo los ensayos del coro regional Cantigas da Mari\u00f1a, que muy pronto har\u00e1 su presentaci\u00f3n ante el p\u00fablico ribadense.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Han entrado a formar parte de Cantigas da Mari\u00f1a varias bellas se\u00f1oritas, cuya colaboraci\u00f3n a esta noble labor galleguista es inapreciable.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A beneficio del coro se celebrar\u00e1 muy pronto, acaso en la semana actual, una gran velada teatral en la que tomar\u00e1n parte muy valiosos elementos\u201d<sup> (<\/sup><a href=\"#7\" name=\"top7\"><sup>7<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo coro figuraban varios nenos, un deles era Jos\u00e9 Ram\u00f3n Font\u00e1n<sup> (<\/sup><a href=\"#8\" name=\"top8\"><sup>8<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>, de nove anos, sobri\u00f1o carnal de Corona Gonz\u00e1lez Santos, que pasaba tempadas cos seus t\u00edos en Ribadeo. Casualmente neste mesmo ano 1924, est\u00e1 datado un retrato  de Jos\u00e9 Ram\u00f3n feito polo artista da vila <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Benito+Prieto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Benito Prieto Coussent<\/a>, que por aquel tempo estaba a realizar estudos de Belas Artes na Escola de San Fernando de Madrid.<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam6.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam6.jpg\" class=\"wp-image-2148\" width=\"420\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">L\u00e1m 6: Benito Prieto Coussent. <\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\"><em>Retrato<br \/>\nde Jos\u00e9 Ram\u00f3n. <\/em><\/span><span lang=\"es-ES-u-co-trad\">\u00d3leo sobre<br \/>\nlenzo.62x35cm.1924.Colecci\u00f3n particular.<\/span><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><\/p>\n<p>Como pode verse est\u00e1 retratado co traxe t\u00edpico galego -posiblemente o mesmo que utilizaba nas actuaci\u00f3ns corais- nunha pose fotogr\u00e1fica, o que pode facernos pensar que o retrato puidera estar baseado nunha fotograf\u00eda.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEstes datos parecenme significativos e non considero improbable que D. Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez contribu\u00edse econ\u00f3micamente \u00e1 financiaci\u00f3n do grupo, posto que o seu interese pola m\u00fasica folkl\u00f3rica galega foi subli\u00f1ado pola prensa en ocasi\u00f3ns. Un exemplo disto \u00e9 a seguinte rese\u00f1a da actuaci\u00f3n do coro rexional  lucense C\u00e1ntigas e Aturuxos no Teatro de Ribadeo o 16 e o 17 de setembro de 1922.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u201cEl distinguido fil\u00e1ntropo, predilecto hijo de Ribadeo, D. Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez, obsequi\u00f3 a los coristas lucenses con un champagne de honor\u201d<sup> (<\/sup><a href=\"#9\" name=\"top9\"><sup>9<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nE outra mostra do seu interese pola cultura e o folklore galego \u00e9 esta  fotograf\u00eda tomada en O Porri\u00f1o en 1905, que  representa a un grupo de persoas da localidade vestindo o traxe t\u00edpico de Galicia e compo\u00f1endo un precioso cadro esc\u00e9nico que ter\u00eda paralelismo coas escenas de x\u00e9nero plasmadas na pintura da \u00e9poca.<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam7.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Lam7.jpg\" class=\"wp-image-2149\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">L\u00e1m 7 : Grupo de persoas con traxe rexional galego. Fot\u00f3grafo desco\u00f1ecido. O Porri\u00f1o.1905. Colecci\u00f3n particular.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A escena ten como fondo un paisaxe rural da zona, cunha palleira nun plano m\u00e1is alto, tras o que se ve un fondo de pi\u00f1eiros. A composici\u00f3n est\u00e1 sumamente coidada e nela destacan \u00e1 esquerda Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez vestido cun traxe escuro e tocado cun gran sombreiro de palla, e, a s\u00faa dona Corona sentada \u00e1 o seu car\u00f3n e ataviada co traxe t\u00edpico galego en actitude de fiar nunha roca. O resto das figuras sit\u00faanse en grupos de dous: mulleres ou unha muller e un home, que parolan, danse a man ou soste\u00f1en alg\u00fan obxeto. No extremo inferior dereito unha muller nova, un pouco aillada, mira cara \u00e1 fronte, como querendo comunicarse co espectador e chamar a s\u00faa atenci\u00f3n. Este modo de situar \u00e1s figuras por grupos, algunhas formando unha composici\u00f3n pechada e outras mirando cara \u00e1 fronte, como subli\u00f1ei, \u00e9 moi com\u00fan nas escenas de x\u00e9nero da segunda metade do S. XIX e primeiro terzo do S. XX.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRam\u00f3n Gonz\u00e1lez \u00e9 a \u00fanica figura vestida \u00e1 moda do momento, o resto viste o traxe t\u00edpico galego, feito para a ocasi\u00f3n. Entre os participantes at\u00f3panse varias irm\u00e1ns de Corona, varias amigas de O Porri\u00f1o, o arquitecto Antonio Palacios -tam\u00e9n desta  localidade- que far\u00eda o espl\u00e9ndido edificio do Concello de O Porri\u00f1o encargado polo matrimonio Gonz\u00e1lez, o seu irm\u00e1n Jos\u00e9 Palacios, e outros mozos da localidade.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<strong>4. Conclusi\u00f3n.<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA\u00ednda que as biograf\u00edas de Corona Gonzalez Santos e Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez son sobradamente co\u00f1ecidas, neste artigo pretend\u00edn achegarme un pouco ao perfil humano dos dous e \u00e1 s\u00faa integraci\u00f3n na sociedade na que viv\u00edan.<br \/>\nO seu gosto polas viaxes, o seu interese por patrocinar toda empresa cultural que ti\u00f1an cerca e a s\u00faa implicaci\u00f3n no progreso das s\u00faas respectivas vilas, fan deles unha figuras especialmente entra\u00f1ables.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n, como era moi com\u00fan nos galegos do primeiro terzo do S. XX, a s\u00faa relaci\u00f3n con grupos folkl\u00f3ricos da terra e o af\u00e1n por retratarse co traxe t\u00edpico de Galicia, m\u00f3strannos a s\u00faa querencia e consideraci\u00f3n polas s\u00faas ra\u00edces. A toma de conciencia da identidade galega foi moi forte neste per\u00edodo grazas en gran parte ao labor dos Centros Galegos dos pa\u00edses latinoamericanos, que agrupaban aos emigrantes chegados da terra. Estes atopaban neles arroupamento e sa\u00edda para as s\u00faas inquedanzas .<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><strong>5. Bibliograf\u00eda.<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\u00c1LVAREZ LEBREDO, Carlos. Cincuenta a\u00f1os de m\u00fasica en Ribadeo. Biograf\u00eda musical de Carlos \u00e1lvarez y Fern\u00e1ndez-Cid. Lugo.Ed.Nigoba.2003<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCASTRO FERN\u00c1NDEZ, Celia. \u201cCorona Gonz\u00e1lez Santos e Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez: un matrimonio de mecenas\u201d. Lugo. Croa: bolet\u00edn da Asociaci\u00f3n de Amigos do Castro de Viladonga. ISSN. 1575-0639. N\u00ba25. 2015. Pp96-101<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDE CASTRO, Manuel,OFM, e, DE LA CRUZ, M\u00aa \u00c1ngeles, OSC. El Monasterio de Santa Clara de Ribadeo. Salamanca: Kadmos 1989<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nGUTI\u00c9RREZ FERN\u00c1NDEZ, Eduardo. Do vello Ribadeo.Lugo. Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza. 2005<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nLAZ\u00daRTEGUI CUERVO, Antonia. 40 Historias de Ribadeo. Lugo: Diputaci\u00f3n Provincial de Lugo, 2000<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nLOMBARDERO RICO, Chemi. Sociedade ribadense, 1900-1936. Ribadeo: Xesproin Norte, 1999<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nVV.AA. 50 aniversario Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo(1995-2005). Lugo: Diputaci\u00f3n Provincial de Lugo, 2005<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><strong>Peri\u00f3dicos e Revistas.<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEl Progreso. A\u00f1o XVII. N\u00ba5120. 5 de agosto de 1924. Lugo. P\u00e1x 2<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEl Progreso.N\u00ba 4540. 20 de Setembro de 1922. Lugo. Pax 2<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><strong>Webgraf\u00eda.<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nBlog Atalaia. M\u00e9rcores 17 de decembro de 2008.Ribadeo<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> Fernanda Pad\u00edn Ogando. https\/www.fotografaspioneiras.com\/index.php\/2018\/05\/07\/corona-gonzalez-santos-1875-1972<\/em><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Notas:<\/p>\n<p><a name=\"1\"><strong>1 <\/strong><\/a>Fernanda Pad\u00edn Ogando. ttps:\/\/www.fotografaspioneiras.com\/index.php\/2018\/05\/07\/corona-gonzalez-santos-1875-1972\/<a href=\"#top1\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<p><a name=\"2\"><strong>2 <\/strong><\/a>Blog Atalaia. M\u00e9rcores 17 de decembro de 2008.Ribadeo<a href=\"#top2\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<p><a name=\"3\"><strong>3 <\/strong><\/a>Manuel de Castro, OFM e M\u00aa \u00c1ngeles de la Cruz, OSC. El Monasterio de Santa Clara de Ribadeo. Imprenta Kadmos. Salamanca. 1989. P\u00e1x 80<a href=\"#top3\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<p><a name=\"4\"><strong>4 <\/strong><\/a>Blog Atalaia. M\u00e9rcores 17 de decembro de 2008.Ribadeo<a href=\"#top4\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<p><a name=\"5\"><strong>5 <\/strong><\/a>Antonia Laz\u00fartegui Cuervo. 40 Historias de Ribadeo. Diputaci\u00f3n Provincial de Lugo. Lugo. 2000<br \/>\nChemi Lombardero Rico. Sociedade ribadense, 1900-1936. Xesproin Norte. Ribadeo.1999<a href=\"#top5\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<p><a name=\"6\"><strong>6 <\/strong><\/a>Carlos \u00c1lvarez Lebredo. Cincuenta a\u00f1os de m\u00fasica en Ribadeo. Biograf\u00eda musical de Carlos \u00c1lvarez y Fern\u00e1ndez-Cid. Lugo. Ed Nigoba. 2003. P\u00e1x 41<a href=\"#top6\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<p><a name=\"7\"><strong>7 <\/strong><\/a>El Progreso. A\u00f1o XVII. N\u00ba5120. 5 de agosto de 1924. Lugo. P\u00e1x 2<a href=\"#top7\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<p><a name=\"8\"><strong>8 <\/strong><\/a>VV.AA. 50 aniversario Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo(1995-2005). Diputaci\u00f3n Provincial de Lugo. Lugo. 2005. P\u00e1x 101.<a href=\"#top8\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n<p><a name=\"9\"><strong>9 <\/strong><\/a>El Progreso.N\u00ba 4540. 20 de Setembro de 1922. Lugo. Pax 2<a href=\"#top9\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Artigo aparecido en Croa, n\u00ba 32, ano 2022,&nbsp; CORONA GONZ\u00c1LEZ SANTOS E RAM\u00d3N GONZ\u00c1LEZ: Apuntes para unha biograf\u00eda. Celia Castro 1.Introduci\u00f3n: A emigraci\u00f3n a terras americanas, especialmente aos pa\u00edses de fala hispana, foi unha constante desde mediados do S XIX ata o primeiro terzo do S.XX. Os emigrantes que fixeron fortuna e que retornaron [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2143,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[45,11],"class_list":["post-2142","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-celia-castro","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2142","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2142"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2142\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2143"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2142"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2142"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2142"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}