{"id":2137,"date":"2023-01-19T18:44:00","date_gmt":"2023-01-19T17:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:48:00","modified_gmt":"2024-10-23T14:48:00","slug":"ribadenses-destacados-antonio-raimundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/19\/ribadenses-destacados-antonio-raimundo\/","title":{"rendered":"Ribadenses destacados: ANTONIO RAIMUNDO IBA\u00d1EZ. Eduardo Guti\u00e9rrez"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nova biograf\u00eda de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=ribadenses+destacados&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadenses Destacados<\/a>: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Ib%C3%A1%C3%B1ez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Antonio Raymundo Ib\u00e1\u00f1ez<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=sargadelos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Marqu\u00e9s de Sargadelos<\/a>, por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Eduardo%20Guti%C3%A9rrez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Eduardo Guti\u00e9rrez<\/a><\/p>\n<p>ANTONIO RAIMUNDO IBA\u00d1EZ&nbsp;<\/p>\n<p>(Santalla de Oscos, 1749 &#8211; Ribadeo, 1809)<\/p>\n<p>Eduardo Guti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez<\/p>\n<table cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: left;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/placa20IbaC3B1ez201949.jpg\" style=\"clear: left; margin-bottom: 1em; margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"538\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/placa20IbaC3B1ez201949.jpg\" class=\"wp-image-2138\" width=\"304\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">\u00c1 beira da s\u00faa casa, actual casa do concello<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Antonio Raimundo Ib\u00e1\u00f1ez naceu en Ferreirela, un lugar da parroquia de Santalla de Oscos, na provincia de Oviedo, o 18 de outubro de 1749 e morreu en Ribadeo o 2 de febreiro de 1809, nas datas da entrada na vila das tropas que vi\u00f1an liberala da ocupaci\u00f3n fracesa. Estivo casado coa ribadense Josefa L\u00f3pez Acevedo e tiveron nove fillos, seis mulleres e tres homes. Foi soterrado no convento de San Francisco que hoxe \u00e9 o templo parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo. O seu asasinato con riscos de crueldade abre moitas posibilidades, entre elas a dun crime por encargo por parte dunha conspiraci\u00f3n de vellos e tradicionais nemigos, e executado por facinorosos. De todos os xeitos tampouco se pode esquecer a acusaci\u00f3n de afrancesado que lle imputaron \u00e1 Xunta Provisional de Goberno de Ribadeo constituida a consecuencia da invasi\u00f3n e da que Ib\u00e1\u00f1ez formaba parte, at\u00e9 o o estremo de que moitos dos seus membros xulgaron unha medida de prudencia agacharse, e outros fuxiron como foi Francisco Maria Amor que o fixo a Francia, e segundo informa o historiador Xos\u00e9 Ram\u00f3n Barreiro un fillo de Ib\u00e1\u00f1ez tam\u00e9n foi acusado de afrancesado por parte dun correxidor de Viveiro. A acusaci\u00f3n de afrancesado foi negada por moitos autores relatando os servizos prestados \u00e1 causa nacional son certos sen d\u00fabida, pero a relaci\u00f3n de Ib\u00e1\u00f1ez cunha Coroa que rematou nas mans dos propios invasores, tivo que facer a imputaci\u00f3n moi doada de espallar. O ambiente hostil protagonizado pola chusma, exist\u00eda de certo tal e como pon de manifesto o caso do Edec\u00e1n franc\u00e9s, apresado con outros oficiais, que para ceibarse das iras do populacho tivo que ser trasladado ao Forte de San Dami\u00e1n desde o domicilio particular dun dos membros da Xunta, concretamente D. Fernando Mar\u00eda Miranda, despois un destacado persoeiro cun importante labor a prol da causa liberal. Un dos militares ti\u00f1a un ollo de cristal o que axudou na montaxe dunha campa\u00f1a moi sintom\u00e1tica daquel tempo de comezos da Ilustraci\u00f3n e alborexer das novas ideas, en contraste cun ambiente fetichista que elementos reaccionarios se encargaron de encirrar, espallando superstici\u00f3ns e infundios estarrecentes. Tampouco podemos esquecer a referencia que cita Francisco Lanza, quen informa de que o propio Ib\u00e1\u00f1ez declarou que desde a bater\u00eda de artillaria instalada en San Rom\u00e1n en As Figueiras, un dos obxectivos era a s\u00faa propia casa. Algo quel observara cun anteollo.&nbsp;<\/p>\n<table cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: right;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/No20Ribadeo20antiguo.jpg\" style=\"clear: right; margin-bottom: 1em; margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/No20Ribadeo20antiguo.jpg\" class=\"wp-image-2139\" width=\"238\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">No Ribadeo antiguo<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O homicidio c\u00f3mpre situalo nun tempo de cambios ao que se sumou a invasi\u00f3n francesa, e no medio dunha fogueira de acontecimentos: en 1798 tivo lugar o chamado motin de Sargadelos, sobre o que existe bastante documentaci\u00f3n, e tam\u00e9n a teoria de que esa \u00e9 a orixe do crime. Meses despois sucede a escaramuza de A Ponte de Arante, e ambos e dous episodios de parecida etioloxia, ou sexa  movidos pola pequena fidalguia rural e a cregaxe. Con todo non co\u00f1ecemos testemu\u00f1as pero si indicios e tam\u00e9n sospeitas moi s\u00f3lidas, segundo alg\u00fans autores. Hai anos mesmo se chegou a sinalar a competencia na fabricaci\u00f3n de louza como a causa do complot, algo que a maior\u00eda dos historiadores rexeita. \u00c9 certo que o responsable \u00faltimo da revolta foi o militar Jos\u00e9 Wosters por permitir as actuaci\u00f3ns do populacho, e iso sost\u00e9n Jes\u00fas Evaristo Casariego no seu libro \u201cEl Marqu\u00e9s de Sargadelos o los comienzos del industrialismo capitalista en Espa\u00f1a\u201d de 1950. E engade unhas palabras significativas: \u201do seu car\u00e1cter firme e voluntarioso \u00e9 dos que se fan admirar e temer pero non amar\u201d. O asa\u00f1amento mostrado polos executores do crime cun home xa maior para aquel tempo, prestouse a moitas especulaci\u00f3ns, case todas sinalando a unha conspiraci\u00f3n. Algu\u00e9n dixo que morreu por moderno e algo disto hai se reparamos no tempo que lle tocou vivir, e o contraste entre a actividade comercial, as fundici\u00f3ns de ferro e e a cer\u00e1mica, cunha decr\u00e9pita fidalgu\u00eda  titular de foros e uns cregos administradores de diezmos, oblatas e de toda crase de milagros. No pasado o n\u00famero de lendas e especulaci\u00f3ns mesmo enxe\u00f1osas como a do tesouro de Ib\u00e1\u00f1ez, ou o franc\u00e9s emparedado, compo\u00f1ian ingredientes axeitados para un cartel de cego. Se ainda hoxe nos amilagran revoltas como as do asalto ao Capitolio en Washington, obviando os sucesos da guerra civil espa\u00f1ola, pensemos na Mari\u00f1a de Lugo de hai m\u00e1is de dous s\u00e9culos.<\/p>\n<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/guimarC3A1n.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"234\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/guimarC3A1n.jpg\" class=\"wp-image-2140\" width=\"400\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Pazo de Gimar\u00e1n, no Ribadeo antiguo<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Iba\u00f1ez comezou a traballar con dezaoito anos na casa de Bernardo Rodriguez Arango en Guimar\u00e1n, e primeiro posiblemente asociado \u00e1 casa, e logo pola s\u00faa conta, foi tecendo iniciativas mar\u00edtimas e despois sider\u00farxicas e cer\u00e1micas en Sargadelos. Tivo importantes socios e colaboradores nas s\u00faas iniciativas empresariais como os comerciantes Jose Andr\u00e9s Garcia  e Compa\u00f1\u00eda, de Santiago de Compostela.  con quen fundou a Real Compa\u00f1\u00eda Mar\u00edtima en 1784  para comerciar cos paises b\u00e1lticos. Residiu en Ribadeo durante corenta e dous anos e nesta vila construiu a s\u00faa casa. Ocupou cargos municipais e foi elixido Deputado do Com\u00fan en 1774 e escribiu varias Representaci\u00f3ns ao Rei sobre aspectos e reivindicaci\u00f3ns locais e comarcais que se atopan nos Arquivos do Concello e foron publicadas pola estudosa Eloisa Vilar Checa en 1970, e que poden fornecer datos sobre as s\u00faas ideas econ\u00f3micas. En 1809 formou parte da Xunta Local de Goberno constituida s raiz da invasi\u00f3n francesa, como xa se dixo. Como activo empresario e innovador nas tarefas que emprendeu, e mesmo nos riscos que afrontou, v\u00e9molo como unha persoa destemida e afouta. Que n\u00f3s saibamos nunca regresou, nen esporadicamente, ao seu lugar de nacimento, transcurrindo a s\u00faa vida entre Ribadeo e Sargadelos.<\/p>\n<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/pazo20concello.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"328\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/pazo20concello.jpg\" class=\"wp-image-2141\" width=\"400\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Pazo constru\u00eddo por Ib\u00e1\u00f1ez, hoxe casa do Concello<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nesta sucinta ollada anotemos  que cando no  terceiro per\u00edodo da cer\u00e1mica  de Sargadelos se traspasou a f\u00e1brica a Luis de la Riva e Compa\u00f1\u00eda de Santiago, entre os aspirantes a facerse coa raz\u00f3n social  figuraba o banqueiro e armador Casas, que mercaria o fermoso pazo urbano que Ib\u00e1\u00f1ez construira para o seu domicilio, nunha data pr\u00f3xima a 1780, ainda que era propietario de outras casas na vila, cuxos habitantes deberon quedar impactados pola nova edificaci\u00f3n, posiblemente dese\u00f1ada por alg\u00fan enxe\u00f1eiro militar ou da s\u00faa xeira tendo en conta as relaci\u00f3ns das f\u00e1bricas de Sargadelos co Ex\u00e9rcito e a Armada, documentadas nunha notable Exposicion que tivo lugar en 1994.<\/p>\n<p>EDUARDO GUTI\u00c9RREZ<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha nova biograf\u00eda de Ribadenses Destacados: Antonio Raymundo Ib\u00e1\u00f1ez, Marqu\u00e9s de Sargadelos, por Eduardo Guti\u00e9rrez ANTONIO RAIMUNDO IBA\u00d1EZ&nbsp; (Santalla de Oscos, 1749 &#8211; Ribadeo, 1809) Eduardo Guti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez \u00c1 beira da s\u00faa casa, actual casa do concello &nbsp;&nbsp; &nbsp;Antonio Raimundo Ib\u00e1\u00f1ez naceu en Ferreirela, un lugar da parroquia de Santalla de Oscos, na provincia [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2138,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,11],"class_list":["post-2137","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2137","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2137"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2137\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2138"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2137"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2137"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2137"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}