{"id":2132,"date":"2023-01-20T10:22:00","date_gmt":"2023-01-20T09:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:47:51","modified_gmt":"2024-10-23T14:47:51","slug":"ribadenses-destacados-francisco-lanza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/20\/ribadenses-destacados-francisco-lanza\/","title":{"rendered":"Ribadenses destacados: FRANCISCO LANZA ALVAREZ. Eduardo Guti\u00e9rrez"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nova biograf\u00eda de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=ribadenses+destacados&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadenses Destacados<\/a>: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Francisco+Lanza\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Francisco Lanza \u00c1lvarez<\/a>, por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Eduardo%20Guti%C3%A9rrez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Eduardo Guti\u00e9rrez<\/a><\/p>\n<p>FRANCISCO LANZA ALVAREZ<\/p>\n<p>(Ribadeo, 1892 &#8211; Buenos Aires, 1951)<\/p>\n<p>Eduardo Guti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez<\/p>\n<p><strong><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nota biogr\u00e1fica<\/strong><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Francisco Nemesio Lanza \u00c1lvarez naceu na parroquia de Obe, nun lugar que, desde hai xa un tempo, foi incorporado \u00e1 de Ribadeo, o 26 de marzo de 1892. Era fillo de Bernardo Lanza e de Manuela Alvarez. En 1921, casou en Ribadeo con Rosa P\u00e9rez Fernandez, que era filla de Celestino P\u00e9rez Andrade, e irm\u00e1 de Lino P\u00e9rez Fern\u00e1ndez. Tiveron dous fillos: Ramona Manuela Rosa, que naceu en 1922 e Francisco Celestino Emilio, nado en 1924, ambos e dous en Ribadeo. Lanza morreu en Buenos Aires o 14 de febreiro de 1951.&nbsp;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Casa20da20Comarca.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Casa20da20Comarca.jpeg\" class=\"wp-image-2133\" width=\"480\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">A casa da Comarca, hoxe.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non temos  excesiva informaci\u00f3n sobre a vida na Arxentina de Francisco Lanza. Cando emigrou, en 1931, xa viv\u00eda al\u00f3 o seu cu\u00f1ado Lino P\u00e9rez, con quen manti\u00f1a unha estreita relaci\u00f3n como proba o feito de que na etapa de P\u00e9rez en A Fouce, a revista informara da iminente publicaci\u00f3n dunha \u201chistoria galega de Ribadeo, ilustrada por Su\u00e1rez Couto\u201d, en decembro de 1926 e inxerindo unha caricatura de Lanza obra do pintor ribadense (no n\u00famero 4). Engadamos que tam\u00e9n Lanza publicou en La Comarca alg\u00fan art\u00edculo do seu cu\u00f1ado. O libro non se imprentaria at\u00e9 1933 merc\u00e9 ao pulo dos irm\u00e1ns Su\u00e1rez Couto. Como noutros moitos casos Lanza tomou a decisi\u00f3n de emigrar na procura de mellores oportunidades de traballo e de vida, despois de varias iniciativas emprendidas  na  sua vila natal con pouco \u00e9xito. A diferenza de outros ribadenses, como Eliseo Pulpeiro, Clemente Lopez Pasaron e Lino P\u00e9rez que o fixeron novos, Lanza cumprira xa trinta e oito anos. Boa parte da s\u00faa produci\u00f3n hist\u00f3rica xa estaba feita e publicada, na revista N\u00f3s e no Boletin da Real Academia Galega, e o <em>Ribadeo antiguo<\/em> xa vira a luz parcialmente no seu peri\u00f3dico La Comarca<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/portada20Ribadeo20antiguo.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/portada20Ribadeo20antiguo.jpg\" class=\"wp-image-2134\" width=\"284\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Portada do Ribadeo Antiguo<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En Buenos Aires traballou para a Editorial Sopena, realizando traducci\u00f3ns ao espa\u00f1ol de E\u00e7a de Queiroz, segundo informa Alberto Vilanova, que as califica de \u201cdiscretas\u201d. T\u00e9\u00f1ase en conta que tal labor tam\u00e9n a desenvolveron escritores como Rafael Dieste ou ilustradores como Castelao. Lanza tam\u00e9n realizou outras traduci\u00f3ns como Nobleza americana (Noblesse americaine)  de Pierre de Coulevan, seud\u00f3nimo de Jeanne Philom\u00e8nne Lapeche (1946), escolmas como Leyendas de Oriente, ou versi\u00f3ns resumidas e adaptadas de clasicos como Quo vadis de Sienkievicz, Los tres mosqueteros  e El vizconde de Bargelone de Dumas, en Cuentos Miniatura da Editorial Sopena, etc. Na procura de sustento, o seu labor period\u00edstico non se limitou a publicaci\u00f3ns do eido cultural, e propias da colectividade galega e colaborou, particularmente como corrector, na revista \u201cDamas y damitas\u201d, que nunha nota necrol\u00f3xica ded\u00edcalle eloxiosas palabras. Mesmo publicou alg\u00fans relatos de ficci\u00f3n na revista Leoplan. Concretamente no n\u00famero de xu\u00f1o de 1938 o pequeno relato \u201cCuento de invierno\u201d moi no estilo  realista, sit\u00faa a acci\u00f3n nos anos finais do s\u00e9culo XIX e fala dunha viaxe en dilixencia cara Puertodeo e con parada en Albavilla en claras alusi\u00f3ns a Ribadeo e Vilalba. Non foi a \u00fanica narraci\u00f3n da s\u00faa autor\u00eda na revista.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Participou na vida societaria da emigraci\u00f3n galega  particularmente en labores culturais. No Cat\u00e1logo da magna Exposici\u00f3n de libros e autores Galegos organizada en 1948 polo Centro Galego, Francisco Lanza aparece na relaci\u00f3n de agradecimentos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Segundo indican diversas fontes non tivo al\u00e9n-mar unha vida farturenta xa que unha semana despois de morrer o Centro Galego acordou perdoar \u00e1 s\u00faa familia os gastos de hospitalizaci\u00f3n no Sanatorio, segundo indica Xos\u00e9 Ignacio Feij\u00f3o. Por outra banda, Luis Seoane, nunha carta enviada a Francisco Fern\u00e1nez del Riego, en xullo de 1951 afirma que morreu pobremente. E mesmo La Comarca no seu obituario publicado en marzo de 1951, asegura que viveu e morreu pobre. Antes, no mes de febreiro xa dera conta do seu falecimento, ainda que informa de que o \u00f3bito se producira o 15 de xaneiro. Tiveron mellor fortuna al\u00f3 os ribadenses antes citados: Pulpeiro, Clemente Lopez Pasar\u00f3n e o seu cu\u00f1ado Lino P\u00e9rez<\/p>\n<p><strong><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Fortuna editorial do Ribadeo Antiguo<\/strong><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As fontes documentais m\u00e1is importantes do Ribadeo antiguo son o Arquivo Municipal de Ribadeo, as\u00ed como o notarial. As bibliogr\u00e1ficas  son sobre todo as espa\u00f1olas de car\u00e1cter xeral: Henrique Fl\u00f3rez,  Mart\u00ednez Marina, Modesto Lafuente, Rafael Altamira e un longo etc.; algunhas son galegas: Murgu\u00eda, Vicetto, Garcia de la Riega, Villamil e Castro, L\u00f3pez Cuevillas,  etc. E moi poucas de car\u00e1cter local ou comarcal, como M\u00e9ndez San Juli\u00e1n e Garc\u00eda Teijeiro. A eclosi\u00f3n bibliogr\u00e1fica galega \u00e9 posterior ao tempo de Lanza e, case todos, consultaron o libro do ribadense e fan menci\u00f3n do mesmo, ag\u00e1s un par de desleixados de \u00e1mbito mais ben ped\u00e1neo.<\/p>\n<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/interior20Ribadeo20antiguo.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/interior20Ribadeo20antiguo.jpg\" class=\"wp-image-2135\" width=\"270\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Interior do Ribadeo Antiguo<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span><br \/>\n&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Segundo me confesou en 1970 Amando Su\u00e1rez Couto, o libro estivo a piques de malograrse. Nunha conversa que tivera co autor, osmou que o des\u00e1nimo perante as xesti\u00f3ns realizadas para a edici\u00f3n implicaban o risco de desesperaci\u00f3n, de tal xeito que coa excusa das ilustraci\u00f3ns que preparaba, f\u00edxose co manuscrito, Non me indicou o ano, mais tendo en conta que a conversa se producira  na propia imprenta \u2013instalada daquela no n\u00famero 10 da r\u00faa Rodr\u00edguez Murias-, tivo que ser cara mediados do ano 1929. O manuscrito ainda rexistaria alg\u00fans engadidos e modificaci\u00f3ns, at\u00e9 a sua impresi\u00f3n en Madrid, na imprenta Minerva da que era propieaterio o irm\u00e1n de Amando, Carlos Su\u00e1rez Couto. A ambos se debe a s\u00faa edici\u00f3n e, ao cabo, resultaron adxudicatarios da dedicatoria. Como dixemos, parte do material, xa fora publicado como colaboraci\u00f3n para o Boletin da Real Academia Galega e, mesmo, para o seu peri\u00f3dico \u201cLa Comarca\u201d, \u00e1s veces baixo o p\u00e1ndego titulo de Antiguallas ribadenses e asinando \u201cE.Feele\u201d, ou sexa F.L.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A edici\u00f3n orixinal do Ribadeo Antiguo \u00e9 de 1933 e at\u00e9 1973 non se reeditou, por parte de Edici\u00f3ns do Castro, \u00e1 que seguiron novas versi\u00f3ns da mesma editorial, mesmo unha impulsada polo Concello de Ribadeo en 1999, ainda que en materia municipal hai un rechamante precedente de 1953: o Consello Local do Movimento solicitalle ao Concello a reedici\u00f3n do libro \u201cRibadeo antiguo\u201d e a Corporaci\u00f3n acorda en abril dese ano facultar ao alcalde para que faga as xesti\u00f3ns oportunas, que quedaron en nada.<\/p>\n<p><strong><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Outras publicaci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O libro Dos mil nombres gallegos \u00e9 unha edici\u00f3n do Centro Gallego de 1953, de car\u00e1cter postumo que deixou preparado en marzo de 1950, e cuxa edici\u00f3n foi promovida, e estivo ao cuidado, de Luis Seoane, que lle dedica garimosas frases non s\u00f3 na lapela do volume, sen\u00f3n xa antes na citada carta a Fern\u00e1ndez del Riego. Tr\u00e1tase de d\u00faas mil papeletas \u201csobre historia, biografia, arqueoloxia, literatura, arte, industria, indumentaria e folclore galegos\u201d, segundo el mesmo explica nunha nota preliminar. Realmente \u00e9 un xeito de precedente da Enciclopedia Galega. Ao contraio que Luis Seoane, Alberto Vilanova fala de \u201ccontido deficiente\u201dainda que louva a s\u00faa intenci\u00f3n; quizais son  os mesmos xuizos que algu\u00e9n lle ap\u00f3n \u00e1 sua obra sobre os galegos na Arxentina.<\/p>\n<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Falan20os20de20Ribadeo.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Falan20os20de20Ribadeo.jpg\" class=\"wp-image-2136\" width=\"234\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Interior de Falan os de Ribadeo<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span><br \/>\n&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1974, a Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco Lanza, como homenaxe ao seu ep\u00f3nimo, e edici\u00f3n de quen isto asina, promoveu un volume que baixo o t\u00edtulo Falan os de Ribadeo reuniu tres traballos de Lanza: o que d\u00e1 nome ao libro, seguido de \u201cO ensino en Ribadeo desde o s\u00e9culo XVI ao XIX\u201d, ambos publicados pola revista N\u00f3s en 1932, e \u201cRibadeo baixo o se\u00f1orio dos sus condes\u201d que viu a luz no tomo II dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos en 1929 e que foi o traballo preceptivo para o seu ingreso no Seminario de Estudos Galegos, entidade na que ingresou proposto por Luis Tob\u00edo. Nun libro da nosa autor\u00eda, publicado en 2005, docum\u00e9ntase a relaci\u00f3n de Francisco Lanza co Seminario e mais coa revista \u201cN\u00f3s\u201d<\/p>\n<p><strong><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ideas e estilo<\/strong><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Lanza era un home de fortes convicci\u00f3ns republicanas e de raiga\u00f1a popular e, xa que logo, galeguista. Riscos que quedan patentes na s\u00faa produci\u00f3n tanto xornal\u00edstica como ensaistica. Conv\u00e9n reparar na relaci\u00f3n co seu sogro, Celestino Perez Andrade, fundador e director do peri\u00f3dico La Voz del Pueblo, un quincenario que se publicou entre 1910 e 1913 e que se subtitulou \u201c\u00d3rgano independiente de defensa social y local\u201d. O car\u00e1cter liberal e progresista que caracterizou ao semanario por el fundado, La Comarca, tam\u00e9n o ti\u00f1a o do seu sogro. C\u00f3mpre tam\u00e9n valorar a s\u00faa amizade cos irm\u00e1ns Su\u00e1rez Couto e con Anton Villar Ponte, fundador das Irmandades da Fala e activo republicano e galeguista, a quen Lanza lle encargou o pr\u00f3logo do libro.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En A Nosa Terra, na s\u00faa etapa como Idearium das Irmandades da Fala, aparece en 1928 un art\u00edculo seu, titulado \u201cBarcas piadosas\u201d. Xa na sua etapa no exilio ded\u00edcalle unha garimosa nota necrol\u00f3xica no n\u00famero 475 de febreiro de 1951. Por ela sabemos que foi soterrado no Cemiterio de La Chacarita e que no acto da inhumaci\u00f3n falou Xos\u00e9 Blanco Amor en nome dos amigos e como voceiro da Irmandade Galega, Avelino D\u00edaz, daquela directivo da mesma. Segundo Benigno Fern\u00e1ndez Salgado, experto na traxectoria de Avelino D\u00edaz, era frecuente que este intervira neste tipo de actos e mesmo f\u00edxoo en varias ocasi\u00f3ns nos aniversarios do falecimento de Castelao.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tanto nos art\u00edculos como nos escritos hist\u00f3ricos asoma un estilo, por veces retranqueiro e solermi\u00f1o, pero rara vez renarte.<\/p>\n<p>EDUARDO GUTIERREZ<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha nova biograf\u00eda de Ribadenses Destacados: Francisco Lanza \u00c1lvarez, por Eduardo Guti\u00e9rrez FRANCISCO LANZA ALVAREZ (Ribadeo, 1892 &#8211; Buenos Aires, 1951) Eduardo Guti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez &nbsp;&nbsp; &nbsp;Nota biogr\u00e1fica &nbsp;&nbsp; &nbsp;Francisco Nemesio Lanza \u00c1lvarez naceu na parroquia de Obe, nun lugar que, desde hai xa un tempo, foi incorporado \u00e1 de Ribadeo, o 26 de marzo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2133,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,11],"class_list":["post-2132","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2132","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2132"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2132\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2133"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2132"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2132"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2132"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}