{"id":2125,"date":"2023-01-23T10:37:00","date_gmt":"2023-01-23T09:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:47:41","modified_gmt":"2024-10-23T14:47:41","slug":"ribadenses-destacados-enrique-suarez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/23\/ribadenses-destacados-enrique-suarez\/","title":{"rendered":"Ribadenses destacados: ENRIQUE SU\u00c1REZ COUTO. Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Unha nova biograf\u00eda de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=ribadenses+destacados&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ribadenses Destacados<\/a>: Enrique Su\u00e1rez Couto, por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Lourenzo%20Fern%C3%A1ndez%20Prieto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto<\/a>.<\/p>\n<p>Enrique Su\u00e1rez Couto (Matanzas, Cuba,1881-Ribadeo, 1923) &nbsp;<br \/>\nAgr\u00f3nomo e director da Granxa-Escola Pedro Murias<\/p>\n<p>Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto<\/p>\n<p>Catedr\u00e1tico de Historia Contempor\u00e1nea. Histagra. USC.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Enrique Su\u00e1rez Couto na s\u00faa corta pero intensa vida foi, entre outras cousas, o primeiro director da Granxa Escola Pedro Murias. Era fillo de Juan Su\u00e1rez Casas, m\u00e9dico e zootecnista preocupado pola mellora agropecuaria e irm\u00e1n de Carlos e Amando Su\u00e1rez Couto. Casou con Panchita Acevedo, filla dun rico e influinte habanero deves\u00e1n e foi pai de Juan Su\u00e1rez Acevedo, historiador e docente formado na Instituci\u00f3n Libre de Ense\u00f1anza. Despois de mari\u00f1o mercante, Enrique f\u00edxose enxe\u00f1eiro agr\u00f3nomo, daquela unha nova profesi\u00f3n para a que seguiu estudos en B\u00e9lxica, Alemania e m\u00e1is no Instituto Agr\u00edcola catal\u00e1n de S. Isidro. Como todos os t\u00e9cnicos agrarios galegos da \u00e9poca que non foron estritamente autodidactos houbo de procurar a s\u00faa formaci\u00f3n no estranxeiro, en ausencia de estudos de agronom\u00eda en Galicia e, en xeral na Espa\u00f1a h\u00famida e atl\u00e1ntica, ag\u00e1s o Pa\u00eds Vasco.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Monolito_Corredoira_irmC3A1ns_SuC3A1rez_Couto.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Monolito_Corredoira_irmC3A1ns_SuC3A1rez_Couto.jpg\" class=\"wp-image-2126\" width=\"480\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Mon\u00f3lito para dar o nome dos Su\u00e1rez Couto a unha v\u00eda en Ribadeo.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Sabemos, por referencias indirectas de prensa do seu labor ao cargo dunha explotaci\u00f3n modelo que funcionaba como granxa experimental da Sociedade de Agricultores en Meira en 1910. En 1918, asume o posto de director da Granxa modelo experimental rec\u00e9n constru\u00edda na parroquia de Vilaframil, perto do Alto dos pinos, concebida e fundada por Pedro Murias, importante empresario e propietario cubano, nado en San Xillao dos Carballos -a car\u00f3n do empalme de Rinlo-, como granxa modelo para a antiga parroquia da Devesa, antes da s\u00faa partici\u00f3n en tres en 1904. <\/p>\n<p>  <span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Persoa de ideolox\u00eda liberal e posici\u00f3ns laicistas que o levaron a unha estreita relaci\u00f3n coa Instituci\u00f3n Libre de Ense\u00f1anza, estivo na direcci\u00f3n da Granxa at\u00e9 1923, ano en que finou. A s\u00faa elecci\u00f3n como responsable da instituci\u00f3n eran congruente coa s\u00faa formaci\u00f3n e experiencia, co sentido da Granxa e m\u00e1is coa s\u00faa posici\u00f3n e a da s\u00faa familia na bisbarra. Na instituci\u00f3n coincidiu brevemente con Gregorio Sanz, formado no Instituto Escola e contratado en 1922 para dar pulo a compo\u00f1ente educativa e formativa do centro. O seu prematuro falecemento, con s\u00f3 corenta e dous anos, deu paso a un per\u00edodo de interinidade na direcci\u00f3n da Granxa que pasou a ser dirixida por Ram\u00f3n Blanco, quen axi\u00f1a pasar\u00eda a ser enxe\u00f1eiro da Secci\u00f3n Agron\u00f3mica de Lugo e en 1945 Catedr\u00e1tico de Bot\u00e1nica da Escola de enxe\u00f1eiros de Madrid.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><strong>Os traballos na Granxa Agr\u00edcola Pedro Murias<\/strong><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Su\u00e1rez Couto foi un activo e precoz experimentador agropecuario en sinton\u00eda cos degoiros modernistas da \u00e9poca. Dende que o padroado da Granxa Agr\u00edcola Pedro Murias encomendoulle a direcci\u00f3n do novo centro, Enrique ocupouse tanto da Escola de Capacitaci\u00f3n asociada ao mesmo como da converter a Granxa nun centro de innovaci\u00f3n t\u00e9cnica coherente co car\u00e1cter asignado polo fundador.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/A20Pedro20murias20nos20primeiros20anos.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"424\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/A20Pedro20murias20nos20primeiros20anos.jpg\" class=\"wp-image-2127\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">A Granxa Escola Pedro Murias nos primeiros anos. Foto tomada da exposici\u00f3n conmemorativa.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Coma Gall\u00e1stegui, Hern\u00e1ndez Robredo ou Rof Codina, tam\u00e9n Su\u00e1rez Couto entend\u00eda que os t\u00e9cnicos deb\u00edan acometer un labor que interaccionara coas pr\u00e1cticas labregas nun sentido innovador e as\u00ed o materializa na Granxa, tanto na mellora dos sistemas de cultivo como nos procedementos de cr\u00eda gandeira, co fin de orientar a produci\u00f3n pecuaria cara ao que el prev\u00eda era o futuro da gandeir\u00eda galega: a produci\u00f3n leiteira. Entend\u00eda que al\u00e9n do engorde dos xatos para carne, que era a opci\u00f3n consolidada e remuneradora naquela altura, a orientaci\u00f3n leiteira era a mellor opci\u00f3n de futuro para abastecer unha nova e crecente demanda urbana, nun tempo en que o consumo de leite abr\u00edase cami\u00f1o por recomendaci\u00f3n m\u00e9dica.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nese cami\u00f1o, programa a instalaci\u00f3n dunha industria de manteiga fermentada e outra de queixos, ao tempo que fomentaba o asociacionismo agrario que estaba a estenderse na bisbarra como en toda Galicia dende d\u00faas d\u00e9cadas antes. Na procura deste cambio leiteiro elaborou un proxecto que ti\u00f1a como obxectivo a mellora do gando vac\u00fan na s\u00faa aptitude leiteira, un gando que na s\u00faa opini\u00f3n amosaba unha total \u201causencia de caracteres espec\u00edficos de la raza motivado por los continuos mestizajes mal dirigidos\u201d, segundo o anteproxecto de mellora do centro de 1916. Nos debates sobre cruzamento fronte a selecci\u00f3n para a rexeneraci\u00f3n da raza galega de vac\u00fan, por considerar que non exist\u00eda gando de raza pura, Enrique Su\u00e1rez Couto era partidario do cruzamento \u201ccontinuo\u201d, a partires da importaci\u00f3n de sementais, para cruzalos primeiro coas femias da raza local e posteriormente cos mestizos. Desbota por\u00e9n a opci\u00f3n dunha importaci\u00f3n masiva de femias de raza mellorada tanto polo alto custe como por que obrigar\u00eda a un intenso desenvolvemento de cultivos pecuarios que o agro non estaba en condici\u00f3ns de asumir de s\u00fapeto.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Grupo20de20alumnos20da20Granxa20Escola20Pedro20Murias20da20que20foi20primeiro20director20Enrique20SuC3A1rez20Couto.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Grupo20de20alumnos20da20Granxa20Escola20Pedro20Murias20da20que20foi20primeiro20director20Enrique20SuC3A1rez20Couto.png\" class=\"wp-image-2128\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Grupo de alumnos da Granxa Escola. Foto collida en http:\/\/culturagalega.gal\/albumdaciencia\/detalle.php?id=385.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O director da Granxa tomou pois partido no debate que desde finais do s\u00e9culo XIX se vi\u00f1a mantendo en relaci\u00f3n coa elecci\u00f3n do procedemento m\u00e1is pertinente para a mellora do gando vac\u00fan galego, como consecuencia da crise de exportaci\u00f3n do gando a Inglaterra no marco da crise agraria finisecular. Na posici\u00f3n do agr\u00f3nomo ribadense fica meridiana a vontade de crear unha raza de vacas do pa\u00eds que recollese \u00e1s xa existentes. Estamos no tempo de definici\u00f3n do que logo se co\u00f1ecer\u00eda como raza rubia galega.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A preocupaci\u00f3n que Su\u00e1rez Couto ti\u00f1a polos cultivos era subsidiaria do proxecto para a gander\u00eda, partillando a mesma l\u00f3xica que guiaba o manexo agrario das casas labregas dende o proceso de intensificaci\u00f3n do s\u00e9culo XVIII, ligado \u00e1 incorporaci\u00f3n das plantas americanas. Un policultivo agrario de complexas rotaci\u00f3ns interanuais que garant\u00edan unha agricultura intensiva capaz de alimentar unha poboaci\u00f3n en aumento e unha numerosa cabana de orientaci\u00f3n comercial constitu\u00edda principalmente por bovino e porcino. Mandaban os l\u00edmites ambientais, as condici\u00f3ns produtivas vinculadas ao mercado e a l\u00f3xicas reprodutivas da casa labrega. En coherencia cos marcos socioambientais da produci\u00f3n, o interese de Su\u00e1rez Couto centr\u00e1base na mellora da cabana gandeira a trav\u00e9s da s\u00faa alimentaci\u00f3n e nesa li\u00f1a experimentou con forraxes na procura do desenvolvemento das s\u00faas capacidades para manter un maior n\u00famero de cabezas. O outro seu interese, en coherencia coas necesidades de fertilizaci\u00f3n nas que se baseaba o complexo policultivo e gandeiro, era obter a prezos m\u00e1is baixos os adubos, especialmente fosfatados que empezaban a usarse como complemento do esterco naquela altura. Asunto no que enlazaba ben coas sociedades agrarias locais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No seu labor experimental, Su\u00e1rez Couto estableceu un r\u00e9xime de cultivos que divid\u00eda a finca da Granxa en d\u00faas partes, unha para prados e outra para produtos de consumo. Neste per\u00edodo do s\u00e9culo XX no agro galego produciuse un descenso do cultivo de cereais panificables en beneficio dos cultivos forraxeiros, en especial do millo-forraxeiro, especie coa que se ensaia na Granxa Pedro Murias, igual que na Misi\u00f3n Biol\u00f3xica ou na Granxa Experimental da Coru\u00f1a. Os ensaios estaban orientados a aclimatar as diferentes variedades \u00e1s condici\u00f3ns locais, a atopar as m\u00e1is axeitadas e a sistematizar o m\u00e9todo de labranza m\u00e1is conveniente, combinando amais o uso de diferentes tipos de adubos. Na s\u00faa preocupaci\u00f3n polas forraxes, unha das teimas de Su\u00e1rez Couto como director da Granxa foi a extensi\u00f3n da remolacha forraxeira e de novas castes de pataca. En 1922 a Granxa empezou coa experimentaci\u00f3n do cultivo da remolacha forraxeira, ensaiando con tres variedades:&nbsp;Etoile du Nord,&nbsp;Rouge du Soissonnais&nbsp;e&nbsp;Imperator. Tam\u00e9n experimentou con cultivos pratenses, dedicando unha parte do campo de demostraci\u00f3n ao ensaio con trevo violeta e asociando noutra esa planta con raigr\u00e1s ingl\u00e9s e amais probando o centeo como planta de abrigo na rotaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Baixo a s\u00faa iniciativa, pero despois de el finar, celebrouse na Granxa o primeiro concurso de vacas leiteiras que se co\u00f1ece en Galicia no ano 1924, aplicando xa os criterios de rendemento l\u00e1cteo que logo popularizar\u00eda Gall\u00e1stegui na Misi\u00f3n Biol\u00f3xica. Aquel primeiro concurso pode considerarse todo un fito na medida en que constit\u00fae un punto de inflexi\u00f3n no cami\u00f1o dunha especializaci\u00f3n leiteira que marcar\u00edan a segunda parte do s\u00e9culo XX a direcci\u00f3n principal do agro galego e que chega ata hoxe. Durante oito d\u00edas as reses presentadas ao Concurso estiveron nas cortes da Granxa sometidas a an\u00e1lises diarias de produci\u00f3n e calidade, substitu\u00edndo as\u00ed o procedemento de medir os animais que adoitaba empregarse nos concursos ao uso.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En 1926, en resposta a unha cr\u00edticas de Ventura Alvarado que se pregunta no xornal cat\u00f3lico coru\u00f1\u00e9s El Ideal Gallego \u201c\u00bfEst\u00e1 bien orientada la Fundaci\u00f3n Pedro Murias?\u201d (18-12-1925) o director da Granxa Pedro Murias naquela altura, o enxe\u00f1eiro, Francisco Roig Ballesteros, escribe no diario portelista e republicano vigu\u00e9s El Pueblo Gallego (21-01-1926) un artigo titulado \u201cLa orientaci\u00f3n de la Granja Pedro Murias de Ribadeo\u201d no que fai referencia ao labor do seu predecesor Su\u00e1rez Couto:<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u201cYo no entiendo la agricultura el solo cultivo de la tierra, sino la explotaci\u00f3n de esta con todas sus naturales consecuencias. No se alarme pues, por la orientaci\u00f3n impresa a la escuela agr\u00edcola Pedro Murias, porque bien claramente tiende a ser como dice \u201cagropecuaria l\u00e1ctea, aunque no sea la palabra del todo un modelo. Seguramente el se\u00f1or Alvarado ignora que ya se est\u00e1 construido un magn\u00edfico establo para ganado lechero, que ya fue inaugurado con motivo del interesant\u00edsimo concurso de vacas lecheras de junio de 1924. Desconoce tambi\u00e9n que existe desde los primeros momentos un pabell\u00f3n construido \u201cad hoc\u201d para industrias l\u00e1cteas, proyectado y edificado por el primer directo de esta Escuela Don Enrique Su\u00e1rez Couto, especialista distinguid\u00edsimo en industrias de la leche. Por ello, \u2026 esta orientaci\u00f3n est\u00e1 marcada desde los comienzos perfectamente definida y solo se comprende que el se\u00f1or Alvarado clame por ella, desconociendo los datos que apunto\u201d.&nbsp;&nbsp;&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A morte temper\u00e1 de Enrique Su\u00e1rez Couto, cando contaba corenta e dous anos, e a falta de publicaci\u00f3ns, pouco m\u00e1is que alg\u00fans manuscritos e unhas poucas notas en&nbsp;Galicia Agr\u00edcola, desfiguran a importancia que tivo como t\u00e9cnico e o car\u00e1cter innovador das s\u00faas propostas de futuro.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Terreos20da20G20E20Pedro20Murias.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/01\/Terreos20da20G20E20Pedro20Murias.jpg\" class=\"wp-image-2129\" width=\"484\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Os terreos da granxa, na actualidade. Vista Sigpac.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><strong>Bibliograf\u00eda:<\/strong><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>CABANA IGLESIA, A., (2006b): O labor de experimentaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n agron\u00f3mica da Granxa da Devesa (1916-1936),&nbsp;Recursos Rurais, 1, 2: 67-74.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>FERN\u00c1NDEZ PRIETO, L. (1992):&nbsp;Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica na agricultura galega, 1850-1939, Vigo: Xerais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>OTERO, Telmo (2022): A transformaci\u00f3n da agricultura galega no cami\u00f1o da especializaci\u00f3n leiteira: ruptura coa innovaci\u00f3n labrega, industria l\u00e1ctea e modernizaci\u00f3n (1900-1980). Tese de Doutoramento en preparaci\u00f3n, Programa de Historia Contempor\u00e1nea. USC.<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Unha nova biograf\u00eda de Ribadenses Destacados: Enrique Su\u00e1rez Couto, por Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto. Enrique Su\u00e1rez Couto (Matanzas, Cuba,1881-Ribadeo, 1923) &nbsp; Agr\u00f3nomo e director da Granxa-Escola Pedro Murias Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto Catedr\u00e1tico de Historia Contempor\u00e1nea. Histagra. USC. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Enrique Su\u00e1rez Couto na s\u00faa corta pero intensa vida foi, entre outras cousas, o primeiro director da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2126,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-2125","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2125","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2125"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2125\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2126"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2125"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2125"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2125"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}