{"id":2102,"date":"2023-01-31T19:01:00","date_gmt":"2023-01-31T18:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:46:58","modified_gmt":"2024-10-23T14:46:58","slug":"casa-grande","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/01\/31\/casa-grande\/","title":{"rendered":"Casa grande"},"content":{"rendered":"<p><span>Casa Grande<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Di no Quixote que Alonso Quijano loitou contra mu\u00ed\u00f1os de vento que se lle asemellaron xigantes. Hoxe os sistemas de xeraci\u00f3n e\u00f3lica son xigantes en m\u00e1is dun sentido. En tama\u00f1o, sobrepasando en altura a lonxitude dun campo de f\u00fatbol, moito m\u00e1is que os antigos mu\u00ed\u00f1os do Quixote. Pero tam\u00e9n son xigantes relativos noutro tipo de tama\u00f1os, dende a contaminaci\u00f3n ac\u00fastica xerada \u00f3s destrozos no entorno para erixilos e mantelos, e, sobre todo, polas empresas que te\u00f1en detr\u00e1s, entramados societarios dos que a empresa &#8216;visible&#8217;&nbsp; que xestiona a concesi\u00f3n do proxecto \u00e9 unha m\u00e1is nunha rede moitas veces multinacional, e en calquera caso, dun tama\u00f1o financieiro, contactos e influencia moito maior que os Quixote que se podan opo\u00f1er \u00f3 levantamento do parque e\u00f3lico correspondente. Esa \u00e9 a principal raz\u00f3n da aceleraci\u00f3n de tr\u00e1mites, cambios de requisitos, imposici\u00f3n de necesidades, etc, das administraci\u00f3ns que rexen no sector: o tama\u00f1o de influencia.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Fronte a esas organizaci\u00f3ns empresariais, a xente que non quere ver perturbada a s\u00faa vida por instalaci\u00f3ns que, en principio, nin lle van nin lle ve\u00f1en en beneficios, e mesmo est\u00e1n pensadas para subministro doutras zonas ou industrias non relacionadas -repito, de xeito directo- con ela, e sen ter tida en conta. Como resultado da fraternidade entre empresas -m\u00e1is grande, m\u00e1is fraternidade- e administraci\u00f3ns, os administrados pasan de ser o motivo dos entes administrativos a ser unha molestia para eles. A molestia medra cando a xente se asocia, e as asociaci\u00f3ns x\u00fantanse, e ganan en influencia, convert\u00e9ndose os Quixote tam\u00e9n nunha especie de Quixote xigante para tentar medirse de ti a ti cos mu\u00ed\u00f1os. E as\u00ed, hai veces que os Quixote rematan desmontados do seu cabalo e con m\u00faltiples contusi\u00f3ns, pero algunha que outra vez poden cos mu\u00ed\u00f1os-xigante, a\u00ednda que rara sexa a vez que se libran de ter alg\u00fan tipo de secuela.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Escribo isto porque hai uns d\u00edas remato de decatarme dun caso particular, do rexeitamente dun parque de e\u00f3licos por ter unhas instalaci\u00f3ns agropecuarias &#8216;eco&#8217; preto deles. A resoluci\u00f3n vir\u00eda dada por primar o benestar animal e a maior protecci\u00f3n da produci\u00f3n ecol\u00f3xica fronte a todos eses adxectivos bondadosos que se lle colga \u00e1 produci\u00f3n e\u00f3lica de xeito indiscriminado. O caso \u00e9 que \u00e9 de supo\u00f1er que o benestar da xente estar\u00e1 visto \u00f3 nivel do benestar animal, e por ecol\u00f3xica que sexa considerada a produci\u00f3n da Casa Grande de Xanceda -ese \u00e9 o lugar, e de a\u00ed o t\u00edtulo- non creo que boa parte dos minifundios galegos te\u00f1an moito que envidiar en equilibrio ecol\u00f3xico \u00f3s produtos da Casa Grande, que por certo, en xeral g\u00fastanme.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Pero non creo que debamos tomar o anterior -as causas do rexeitamento do parque e\u00f3lico- \u00f3 p\u00e9 da letra. \u00c9 dicir, que as causas esgrimidas, con todo o loables que podan ser, non creo que sexan m\u00e1is ca utilitarias, no sentido de que o que conta son m\u00e1is as relaci\u00f3ns e influencias nos centros de toma de decisi\u00f3ns que os criterios obxectivos. As casas grandes tam\u00e9n est\u00e1n ben relacionadas&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Casa Grande &nbsp;&nbsp;&nbsp; Di no Quixote que Alonso Quijano loitou contra mu\u00ed\u00f1os de vento que se lle asemellaron xigantes. Hoxe os sistemas de xeraci\u00f3n e\u00f3lica son xigantes en m\u00e1is dun sentido. En tama\u00f1o, sobrepasando en altura a lonxitude dun campo de f\u00fatbol, moito m\u00e1is que os antigos mu\u00ed\u00f1os do Quixote. Pero tam\u00e9n son xigantes relativos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,13],"class_list":["post-2102","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2102","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2102"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2102\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2102"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2102"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2102"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}