{"id":2087,"date":"2023-02-15T10:03:00","date_gmt":"2023-02-15T09:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:46:30","modified_gmt":"2024-10-23T14:46:30","slug":"que-guerra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/02\/15\/que-guerra\/","title":{"rendered":"Que guerra?"},"content":{"rendered":"<p><span><span> Que guerra?<\/span><\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Facendo un repaso, atopamos a guerra na Ucra\u00edna (entre a Ucra\u00edna e Rusia, lembramos) como a m\u00e1is potente a nivel noticias mundo adiante. Mais non \u00e9 a \u00fanica que se libra con armas convencionais. De calquera xeito, hoxe as guerras que se fan con armas &#8216;de fogo&#8217;, con mortos que se poden fotografar cunha ferida de bala, e que se transmiten nos medios como guerra, son as menos. Pouco se fala da guerra a trav\u00e9s da internet para conseguir dominar \u00f3 declarado como inimigo sen disparar un s\u00f3 tiro, por moito que de cando en vez aparezan titulares indicando que un ou outro pa\u00eds est\u00e1 detr\u00e1s dun ataque \u00f3 funcionamento de determinada infraestrutura ou actividade dun terceiro. Ou das guerras econ\u00f3micas, na procura da asfixia dalg\u00fan grupo por falta de financiamento ou por non permitirlle acceder a recursos, (a\u00ednda que produzan mortos que non son noticia) como o caso dos EEUU e Cuba, ou a guerra econ\u00f3mica solapada agora mesmo coa de Ucra\u00edna e Rusia, co resultado secundario do acaparamento de gas por parte de Europa que asfixia a pa\u00edses do terceiro mundo. A\u00ednda as\u00ed, hai outros tipos de guerra, a m\u00e1is deses, ao que parece&#8230;<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai pouco, nun xornal asturiano, atopeime cunha carta \u00f3 director que titulaba &#8216;Morte \u00e1s empresas!&#8217;. Como o t\u00edtulo me chamou a atenci\u00f3n, pasei \u00f3 contido. O contido, no que aparec\u00eda o goberno ins\u00edpido desabrido inh\u00f3spito comunista terrorista de Espa\u00f1a, tr\u00f3uxome \u00e1 cabeza varios temas relacionados coa econom\u00eda, a sociedade e o medio no que nos desenvolvemos. E si, nesa carta, aparec\u00eda tam\u00e9n o termo &#8216;guerra&#8217;: &#8220;guerra contra as empresas&#8221; (iniciada e protagonizado polo goberno, ent\u00e9ndese). As verbas aguantan todo, e isto tam\u00e9n, case o mesmo d\u00eda que outro empresario, tras unha referencia semellante contra o mesmo goberno, non se explicaba os beneficios r\u00e9cord que obtivo a s\u00faa empresa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A carta-diatriba \u00e1 que me refiro corresponde a un tipo de matonismo, e est\u00e1 inserta nun chamamento \u00f3 c<\/span>ombate interno nunha sociedade: esa \u00e9 unha chamada para a rotura, e que gane o m\u00e1is forte, que resultar\u00e1 a maior\u00eda das veces o que ten m\u00e1is recursos de todo tipo. \u00c9 a mesma t\u00e1ctica que se empregou dende tempo inmemorial para machacar a un inocente designado contrario cando algu\u00e9n se cre seguro e superior, pensando en que as ganancias posteriores superar\u00e1n as (s\u00faas) perdas iniciais -por suposto, que os outros, vistos como perdedores, non podan dicir o mesmo, non importa-. Seguro, porque se non, non atacar\u00eda, e superior, porque atacar a iguais non \u00e9 &#8216;\u00e9tico&#8217; (debido \u00f3s perigos que acarrea). De a\u00ed que non sexa o com\u00fan que os corruptos se ataquen os uns \u00f3s outros tomando como base a s\u00faa corrupci\u00f3n, sendo m\u00e1is doado que cooperen nela. E de a\u00ed que, quen se sente seguro economicamente e superior por considerarse independente de estado e sociedade (como se as empresas viviran illadas dos clientes e non se beneficiaran das estruturas artelladas a trav\u00e9s de entidades sociais) se dea o gusto de desbarrar protexido en modo abuso mesmo fronte a entidades teoricamente poderosas como o goberno. E lembrar, sen defender todas as acci\u00f3ns gobernamentais nin moito menos, que o goberno, debido a acci\u00f3ns anteriores (e sobre todo, de gobernos anteriores) vese atado en moitas ocasi\u00f3ns.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u00c9<\/span> as\u00ed que quen se cre seguro pode desenvolver unha sensibilidade \u00f3 agravio por outros, pero desentend\u00e9ndose do inflixido por el. Unha mentalidade que se dopa entre iguais, entre quen sente algo semellante e fai que o propio constr\u00faa e constit\u00faa un mundo aparte, onde o que conta son &#8216;eles&#8217; (&#8216;n\u00f3s&#8217;), e o resto, sinxelos &#8216;recursos&#8217; \u00f3 seu servizo, recursos dos que te\u00f1en o poder e mesmo o deber de aproveitar \u00f3 seu favor, sexa auga, vento ou xente.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nota final: est\u00e1 demostrado que toda guerra \u00e9 mala&#8230; e que a aceptaci\u00f3n dun resultado electoral depende da aceptaci\u00f3n dos outros (como iguais). Non esperes que outro acepte as t\u00faas decisi\u00f3ns se non te ve como igual.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que guerra? &nbsp;&nbsp;&nbsp; Facendo un repaso, atopamos a guerra na Ucra\u00edna (entre a Ucra\u00edna e Rusia, lembramos) como a m\u00e1is potente a nivel noticias mundo adiante. Mais non \u00e9 a \u00fanica que se libra con armas convencionais. De calquera xeito, hoxe as guerras que se fan con armas &#8216;de fogo&#8217;, con mortos que se poden [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-2087","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2087","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2087"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2087\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2087"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2087"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2087"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}