{"id":2079,"date":"2023-02-19T12:26:00","date_gmt":"2023-02-19T11:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:46:20","modified_gmt":"2024-10-23T14:46:20","slug":"o-problema-de-ganar-sen-limites","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/02\/19\/o-problema-de-ganar-sen-limites\/","title":{"rendered":"O problema de ga\u00f1ar (sen l\u00edmites)"},"content":{"rendered":"<p><span>O problema de ga\u00f1ar (sen l\u00edmites)<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Viches a pel\u00edcula Rebelde sen causa? Lembras que nela hai unha carreira proposta que se realiza rematando coa morte dun dos dous mozos que compiten? Dous rapaces en coche cara \u00f3s acantilados para ver quen vence: o que se mante\u00f1a m\u00e1is tempo no coche.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha competici\u00f3n que cualificar\u00eda cando menos de est\u00fapida, na que, na pel\u00edcula, o que primeiro se raxa resulta quedar enganchado, non pode sa\u00edr e desp\u00e9nase polo precipicio dentro do coche, cara \u00f3 mar. Na pel\u00edcula, a carreira pode verse en orixe como un &#8216;mal menor&#8217; que evita unha pelexa con arma branca no que se dirimir\u00eda a preeminencia entre dous &#8216;machos alfa&#8217;, rapaces novos con ansia de comer o mundo, mesmo cos m\u00e1is dentro. O que te\u00f1an seguidores detr\u00e1s \u00e9 un detalle social importante, representando o poder por medio deles, das &#8216;bandas&#8217; das que ser\u00edan os xefes. \u00c9 dicir, unha imaxe representaci\u00f3n do sistema xeral que, mesmo con alg\u00fan filtro (o &#8216;evitar a loita con navallas&#8217;) leva \u00e1 sociedade, l\u00e9vanos, cara unha aposta con resultados globais que lanza \u00f3 precipicio \u00f3s participantes (n\u00f3s), que, se evitan caer, perden. O resultado posible? A morte en caso de ganar. Casual no caso de Rebelde sen causa (quedou no coche quen se \u00eda tirar antes, &#8216;o perdedor&#8217; en todos os sentidos), un xogo as\u00ed est\u00e1 previsto precisamente para, adrenalina mediante, non dar importancia \u00e1 morte de quen gane (&#8216;sexa m\u00e1is home&#8217;, &#8216;mereza m\u00e1is o poder&#8217;, etc) \u00f3 tempo que despreza \u00f3 perdedor. Nun tempo que din de estratexias &#8216;win &#8211; win&#8217; (na que todos os participantes sacan proveito), a exaltaci\u00f3n do &#8216;loss &#8211; loss&#8217; (cando todos perden).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A imaxe pode trasladarse \u00f3 mundo actual. No &#8216;noso&#8217; sistema socioecon\u00f3mico actual (case ao menos tan ben estar\u00eda o dicir que o sistema nos ten a n\u00f3s, que somos prisioneiros do sistema), ch\u00e1meselle &#8216;liberal, &#8216;capitalista&#8217; ou como se queira, hai unha loita por conseguir m\u00e1is cartos e poder. E, para iso, l\u00e9vase \u00f3 l\u00edmite a explotaci\u00f3n de recursos do planeta (medio ambiente ou persoas, inclu\u00eddos) ou as condici\u00f3ns na que se fai esa explotaci\u00f3n (sexan minas con nenos expostos a contaminaci\u00f3n de metais ou provocando \/ acelerando o aumento global de temperatura). Quen se desmonte antes, quen non sexa capaz de espremer \u00f3 m\u00e1ximo o entorno, perde, \u00e9 desprazado por outro explotador ou compa\u00f1\u00eda explotadora, por outro que consegue m\u00e1is cartos e poder. E mentres, o mundo enteiro, o mundo que co\u00f1ecemos, est\u00e1 cada vez m\u00e1is preto da beira do abismo.<br \/>\n<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O problema de ga\u00f1ar (sen l\u00edmites) &nbsp;&nbsp;&nbsp; Viches a pel\u00edcula Rebelde sen causa? Lembras que nela hai unha carreira proposta que se realiza rematando coa morte dun dos dous mozos que compiten? Dous rapaces en coche cara \u00f3s acantilados para ver quen vence: o que se mante\u00f1a m\u00e1is tempo no coche. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha competici\u00f3n que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-2079","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2079","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2079"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2079\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2079"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2079"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2079"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}