{"id":2072,"date":"2023-02-21T16:11:00","date_gmt":"2023-02-21T15:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:46:14","modified_gmt":"2024-10-23T14:46:14","slug":"a-historia-borrada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/02\/21\/a-historia-borrada\/","title":{"rendered":"A historia, borrada"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/02\/Dereito20C3B320esquecemento.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/02\/Dereito20C3B320esquecemento.jpg\" class=\"wp-image-2073\" width=\"534\" \/><\/a><\/span><\/p>\n<p><span>A historia, borrada<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A historia \u00e9 unha disciplina que ten a s\u00faa historia. Esa historia da historia incl\u00fae ideas que se foron sucedendo ou coexistindo entre si. Algunhas delas son amplamente co\u00f1ecidas, como o tela presente para non repetir os malos tragos pasados, o seu estudo sinxelamente para co\u00f1ecernos e saber de onde vimos, a pelexa pola interpretaci\u00f3n e asignaci\u00f3n de significado e mesmo borrado de feitos, ou a suposici\u00f3n -mesmo invenci\u00f3n- de sucesos para favorecer unha determinada li\u00f1a interpretativa. Cr\u00edas que as &#8216;fake&#8217; eran cousa moderna? Pois non, o que pasa agora \u00e9 que son de moita m\u00e1is doada transmisi\u00f3n! Se contamos os \u00faltimos tempos, tam\u00e9n podemos inclu\u00edr nesa metahistoria algo que apareceu de xeito moito m\u00e1is recente, o que se poder\u00eda chamar &#8216;borrado legal da historia&#8217;, concretado de xeito individual polo &#8216;dereito \u00f3 esquecemento&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Estes d\u00edas est\u00e1 no candeeiro un manexo hist\u00f3rico que xa leva tempo practic\u00e1ndose, a\u00ednda que de cando en vez xorde alg\u00fan caso novo e volve \u00f3s titulares. Tr\u00e1tase da modificaci\u00f3n de textos cl\u00e1sicos (os que non son &#8216;cl\u00e1sicos&#8217; dalg\u00fan xeito, pasan directamente \u00f3 esquecemento), escritos no seu tempo de xeito m\u00e1is ou menos transgresor ou pol\u00edtico e conforme coas ideas vixentes daquela, onde como m\u00ednimo, substit\u00faense agora determinadas palabras que neste tempo se consideran como inapropiadas por alg\u00fan colectivo ou a nivel xeral da sociedade. O \u00faltimo en caer foi Roald Dahl, autor de textos para xente nova (Charlie e a f\u00e1brica de chocolate, Matilda, &#8230;), que no seu momento, se ti\u00f1an algo de transgresores, iso era precisamente un plus m\u00e1is para o seu estilo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Da mitificaci\u00f3n como permiso para variaci\u00f3ns hist\u00f3ricas \u00e1 censura social como eliminaci\u00f3n da propia historia e a s\u00faa posible influencia na actualidade. En s\u00edntese, ese \u00e9 o cami\u00f1o recorrido ata o momento.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A cousa \u00e9 que calquera que te\u00f1a unha certa idade tardou en decatarse destas \u2018historias da historia\u2019, unha vez exceptuadas as ideas de que sirve para ver de onde vimos e aprender dos erros, esgrimidas como xustificaci\u00f3n para o estudo regrado da materia. As pelexas pola interpretaci\u00f3n non ti\u00f1an cabida en quen estudamos a\u00ednda na ditadura. O borrado de feitos chegou a min v\u00eda unha c\u00e9lebre foto na que se foron suprimindo de xeito sucesivo varios colegas de Lenin nun acto nos comezos da URSS, feito usado como propaganda anticomunista. O invento de sucesos f\u00edxoseme manifesto por medio da prensa, e non porque os medios foran cos da feira e vi\u00f1eran cos do mercado nun cambio de parecer, sen\u00f3n porque cousas como a tenencia de armas qu\u00edmicas polo Iraq de Saddam Hussein, unha vez usadas para convencer da necesidade do ataque, pod\u00eda dicirse que eran desinformaci\u00f3n ou sinxela mentira sen consecuencias negativas de ning\u00fan tipo para os ben protexidos mentireiros no seu poder.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En canto \u00e1s d\u00faas \u00faltimas \u2018historias da historia\u2019 citadas \u00f3 comezo, a\u00ednda estamos ca crista da onda. Por unha parte, se tes abondos medios, podes lograr que as falcatruadas que fixeches hai uns anos desaparezan dunha internet que polo demais, sabe -e deixa saber- m\u00e1is de ti que o que ti mesmo tes consciencia, sen que sexas capaz de parar de ceder m\u00e1is e m\u00e1is datos \u00edntimos a unhas entidades que aplican unha nova versi\u00f3n de aquelo que di \u2018todo o que digas poder\u00e1 ser usado na t\u00faa contra\u2019, coa ameaza continua de que pase o daquela cita dun c\u00e9lebre persoeiro que soe expo\u00f1erse m\u00e1is ou menos como \u2018d\u00e1deme catro li\u00f1as escritas por calquera persoa e atoparei motivos abondos para metela na cadea\u2019.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pola outra, o borrado de palabras, o cambio de textos que ilustraron toda unha cultura, t\u00f3mase como un xeito doado, pero estimo que err\u00f3neo, de cambiar esa historia cultural para cambiar a cultura \/ historia \/ relato actual.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pero tranquilos. Se hai unha sensaci\u00f3n de aceleraci\u00f3n dos cambios hist\u00f3ricos, isto non remata m\u00e1is que de comezar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A historia, borrada &nbsp;&nbsp;&nbsp; A historia \u00e9 unha disciplina que ten a s\u00faa historia. Esa historia da historia incl\u00fae ideas que se foron sucedendo ou coexistindo entre si. Algunhas delas son amplamente co\u00f1ecidas, como o tela presente para non repetir os malos tragos pasados, o seu estudo sinxelamente para co\u00f1ecernos e saber de onde vimos, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2073,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11,9],"class_list":["post-2072","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2072","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2072"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2072\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2073"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2072"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2072"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2072"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}