{"id":2008,"date":"2023-03-11T10:00:00","date_gmt":"2023-03-11T09:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:35:39","modified_gmt":"2024-10-23T14:35:39","slug":"levantinamente-xose-carlos-rodriguez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/03\/11\/levantinamente-xose-carlos-rodriguez\/","title":{"rendered":"LEVANTINAMENTE. Xos\u00e9 Carlos Rodr\u00edguez Ra\u00f1\u00f3n"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/03\/Collage_de_la_ciudad_de_Valencia_capital_de_la_Comunidad_Valenciana_EspaC3B1a.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"794\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/03\/Collage_de_la_ciudad_de_Valencia_capital_de_la_Comunidad_Valenciana_EspaC3B1a.jpg\" class=\"wp-image-2009\" width=\"531\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\"><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/w\/index.php?title=Ficheiro:Collage_de_la_ciudad_de_Valencia,_capital_de_la_Comunidad_Valenciana,_Espa%C3%B1a.png\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Collage sobre a vila de Valencia feito en Wikimedia Commons<\/a>. <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/4.0\/deed.gl\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Lic. CC BY SA 4.0<\/a><\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>LEVANTINAMENTE<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Xos%C3%A9%20Carlos%20Rodr%C3%ADguez%20Ra%C3%B1%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Xos\u00e9 Carlos Rodr\u00edguez Ra\u00f1\u00f3n<\/a><\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Voltei aproveitando o entroido \u00e1 cidade de Valencia vinte anos despois, os mesmos que non son nada segundo un tango. Segue co seu sempiterno aquel levantino e mesmo levantisco, tan mediterraneamente. No avi\u00f3n fun lendo a Juan Jos\u00e9 Mill\u00e1s, un dos meus escritores valencianos fetiche, con permiso do meu idolatrado Manuel Vicent e do inmenso Blasco Ib\u00e1\u00f1ez, outros dous valencian\u00edsimos,  tanto como o lum\u00ednico pintor Sorolla ou o Miquelet, o viravento da torre da catedral a cuxos p\u00e9s se reun\u00edan (e a\u00ednda re\u00fanen) todos os xoves os membros do Tribunal de les Aig\u00fces para resolveren litixios de regad\u00edos. Do seu impresionante interior, o que m\u00e1is me chamou a atenci\u00f3n foi que os confesionarios son como despachos, simples escritorios de oficina con l\u00e1mpadas de mesa inclu\u00eddas.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O edificio relixioso compite coa bas\u00edlica m\u00e1is querida para os habitantes da cidade: a da Verge dels Desamparats ou, como eles a nomean, \u201cla Mare de D\u00e9u\u201d. De a\u00ed que haxa tantas mulleres chamadas Amparo por estes lares \u00e1s beiras do Turia, ese r\u00edo furioso nas s\u00faas enchentes que tivo que ser canalizado para que o seu cauce circunvalara a urbe, acondicionando o antigo con parques, xard\u00edns, campos de f\u00fatbol, pistas de baloncesto, carr\u00eds-bici, sendas peon\u00eds e coas crust\u00e1ceas arquitecturas de Calatrava na Ciutat de les Arts i de les Ci\u00e8ncies, tan fermosas como ruinosas, co seu aspecto de insecto fosilizado xigantesco (como o da cascuda kafkiana metamorfoseada) ou de esqueleto de cet\u00e1ceo como o da balea Moby Dick.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No que atinxe ao poder civil, destacar a g\u00f3tica lonxa da seda e consulado do mar, cun bosque de columnas que ben poder\u00eda ser o palmeiral de Elxe, sen esquecer os mercados modernistas que hoxe non son de abastos, mais de lecer para parolar, comer e beber. A iso me adiquei tam\u00e9n entre paellas (con caracois e degustadas ao xeito tradicional, \u00e9 dicir, na propia paelleira) na praia da Malvarrosa (cos seus solpores sorollistas tan malvas e tan ros\u00e1ceos), fideu\u00e1s na praza da catedral, horchatas no Mercat Central e Aigua de Val\u00e8ncia a base de zume de laranxa (da horta levantina) e champa\u00f1a baixo a cuberta acristalada da Pla\u00e7a Redona (igual de redonda que a de touros) ao anoitecer, se cadra, \u201chaciendo castillos en el aire\u201d, ou como se di en franc\u00e9s \u201cfaire des ch\u00e0teaux \u00e0 Valence\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nun ambiente xa pre-falleiro, o entroido, para sorpresa mi\u00f1a, \u00e9 inexistente. Os postos dos diferentes artes\u00e1ns xa estaban a recadar para as noites da \u201cplant\u00e1\u201d, da \u201ccrem\u00e1\u201d e da \u201cmasclet\u00e1\u201d, nas que as fallas primeiro se chantan, logo se queiman e finalmente estoupan. Os ninots indultados de semellante destino aciago son levados ao museo, onde se expo\u00f1en desde os anos 20 do s\u00e9culo pasado at\u00e9 hoxe, excepci\u00f3n feita do trienio guerracivilista. Precisamente nesa \u00e9poca foi requisado, incautado e rapinado o luxoso chal\u00e9 que Blasco Ib\u00e1\u00f1ez ti\u00f1a \u00e1 beira do mar e no que tantas novelas creou cando non se adicaba a pasear pola area con Sorolla despois de que este cansara de pintar ao natural. Arestora \u00e9 un museo cun interior insulso e impersoal, sen nada que ver practicamente coa vivenda orixinal.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non moi lonxe est\u00e1 o barrio mari\u00f1eiro do Cabanyal co que a expeculaci\u00f3n urban\u00edstica quixo rematar. \u00c9 unha mestura de edificaci\u00f3ns se\u00f1oriais e marxinais, moitas delas afortunadamente rehabilitadas. Esta zona \u00e9 o nexo de uni\u00f3n (ou de separaci\u00f3n) do resto da cidade co mar. Paseando polas s\u00faas rectil\u00edneas r\u00faas e cuadriculadas agrupaci\u00f3ns de casas vin, por primeira vez na mi\u00f1a vida, un cad\u00e1ver tirado no chan, rodeado por unha cinta de \u201cNon pasar\u201d e cuberto cunha saba t\u00e9rmica como de papel de aluminio, mentres os polic\u00edas e os sanitarios (sen amosar ning\u00fan tipo de p\u00e1nico) fac\u00edan profesional e asepticamente o seu rutineiro traballo como nun CSI televisivo hisp\u00e1nico.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As r\u00faas do casco hist\u00f3rico (onde me aloxei nun coqueto hotel xusto enfronte das Corts Valencianes e que ti\u00f1a o jacuzzi no cuarto ao p\u00e9 da cama e non no ba\u00f1o) est\u00e1n ateigadas de edificaci\u00f3ns modernistas e racionalistas en perfecta combinaci\u00f3n. Entre elas, destacan como reliquias as medievais Torres dels Serrans coroadas pola \u201csenyera del Regne de Val\u00e8ncia\u201d, porta de entrada da antiga muralla, as termas romanas subterr\u00e1neas da Almoina, as Reais Atarazanas (antigos estaleiros de ribeira e logo almac\u00e9ns, cines e salas de exposici\u00f3ns) o \u201cMol\u00ec del arr\u00f2s\u201d (actual museo arroceiro) ou a estaci\u00f3n do ferrocarril (ao xeito da bilba\u00edna ou da portuense) e, por todas partes, fachadas e escaparates con colorida e moruna cer\u00e1mica de Manises e manierista porcelana de Lladr\u00f3, con senllos museos a escasos kil\u00f3metros da capital. Algunha peza houbo que mercar.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Sempre sostiven que sociopol\u00edtica e ling\u00fcisticamente, a Galiza ti\u00f1a m\u00e1is que ver coa Comunidade Valenciana (ou con Navarra) que con Euskadi ou Catalu\u00f1a. O valencianismo asem\u00e9llase ao galeguismo, o nacionalismo ten unha porcentaxe de voto semellante nos dous territorios e sempre \u00e9 de cerna progresista, o sentimento de identidade maioritario combina a pertenza \u00e1 terra propia e ao estado no que se incrusta e a situaci\u00f3n da lingua aut\u00f3ctona \u00e9 igual de precaria. Intentei sempre expresarme en \u201cvalenciano\u201d (que non \u00e9 m\u00e1is que o xeito de falar catal\u00e1n en Valencia) e c\u00f3ntanse cos dedos dunha man os que nese mesmo idioma me respostaron.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Malia todo, hai diferenzas rechamantes que fan singulares aos seus habitantes. Se cadra, por influencia do turismo europeo, acostuman a almorzar abondosamente, tanto d\u00f3ce como salgado, comezando os vi\u00f1os cedo a media ma\u00f1\u00e1 e xantando antes que noutros lugares de Espa\u00f1a. Niso precisamente estaba eu nas ateigadas terrazas a car\u00f3n da praia cando fixo a s\u00faa aparici\u00f3n estelar un inmigrante andino que tocaba marabillosamente a frauta con melod\u00edas da s\u00faa terra mentres, ao ritmo destas, se acoplou un chisco despois un futbolista afeccionado (e xa en idade de estar xubilado) que amosaba as s\u00faas habelencias balomp\u00e9dicas ao mesmo tempo que as s\u00faas eivas mentais. O espect\u00e1culo do improvisado d\u00fao foi inaudito. Semellaba que ambos os dous estaban \u201ca la luna de Valencia\u201d, mais baixo un morno, mareiro e grandioso sol de inverno sen competencia.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Collage sobre a vila de Valencia feito en Wikimedia Commons. Lic. CC BY SA 4.0 &nbsp; LEVANTINAMENTE Xos\u00e9 Carlos Rodr\u00edguez Ra\u00f1\u00f3n &nbsp;&nbsp; &nbsp;Voltei aproveitando o entroido \u00e1 cidade de Valencia vinte anos despois, os mesmos que non son nada segundo un tango. Segue co seu sempiterno aquel levantino e mesmo levantisco, tan mediterraneamente. No avi\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2009,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[31],"class_list":["post-2008","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-xose-carlos-rodriguez-ranon"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2008","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2008"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2008\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2009"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2008"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2008"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2008"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}