{"id":1957,"date":"2023-04-03T11:57:00","date_gmt":"2023-04-03T09:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:34:19","modified_gmt":"2024-10-23T14:34:19","slug":"superpoboacion-infrareproducion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/04\/03\/superpoboacion-infrareproducion\/","title":{"rendered":"Superpoboaci\u00f3n, infrareproduci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<\/p>\n<p><span><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/04\/demografia20galega20china.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"367\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/04\/demografia20galega20china.jpg\" class=\"wp-image-1958\" width=\"573\" \/><\/a><\/span><\/p>\n<p><span><br \/>\nSuperpoboaci\u00f3n, infrareproduci\u00f3n<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n  Non somos os \u00fanicos. Dise que Galicia ten un problema de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=demograf%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">natalidade<\/a>. Polo que parece, en Corea do Sur est\u00e1n a\u00ednda peor (que Espa\u00f1a, non que Galicia). E empeorando.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n  \u00d3 tempo, no mundo f\u00e1lase de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=poboaci%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">superpoboaci\u00f3n<\/a> e falta de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=natalidade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">natalidade<\/a>. Superpoboaci\u00f3n que afectar\u00eda a todo o planeta. Falta de natalidade en &#8216;occidente&#8217; (sexa o que sexa iso, inclu\u00edndo Xap\u00f3n e Corea) e en China, o que indica que a presi\u00f3n sobre determinados recursos, perda de diversidade ou contaminaci\u00f3n poder\u00e1 ter no futuro unha distribuci\u00f3n diferente \u00e1 actual.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><br \/>\n    A poboaci\u00f3n mundial segue a medrar, esperando acadar os 8 000 000 000 de habitantes en cousa de tres anos, despois de superar os 7 000 000 000 hai doce, e ter a metade de poboaci\u00f3n que hoxe hai s\u00f3 uns 50 anos. Est\u00e1n a nacer d\u00faas persoas por cada unha que morre. E claro, m\u00e1is poboaci\u00f3n, maior consumo de recursos, etc, a\u00ednda que tam\u00e9n sexa certo que unha persoa media da parte rica do planeta consume os mesmos recursos que unhas cantas da parte pobre: mesmo os pobres &#8216;medios&#8217; dun pa\u00eds rico poden consumir m\u00e1is que a media dun pa\u00eds pobre&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n  \u00d3 tempo que sucede o anterior, diversos pa\u00edses, como o m\u00e1is poboado, te\u00f1en unha crise de natalidade. A China est\u00e1 tratando de desfacerse da pol\u00edtica de fillo \u00fanico mentres a idade media da s\u00faa poboaci\u00f3n segue a medrar: ate os anos 70 do s\u00e9culo pasado non chegaba a 20 anos, e hoxe vai cami\u00f1o dos 40. Claro que a idade media en Galicia est\u00e1 en 48 anos, sobrepasando en Lugo e Ourense os 50; en Ribadeo est\u00e1 en preto de 50, parello a Galicia en xeral. Na Corea do Sur, anda polos 44 anos, cunha taxa de fertilidade de 1,11 fillos por muller, a\u00ednda maior ca galega, de 1,01 fillos por muller. Con eses n\u00fameros, en principio a poboaci\u00f3n da seguinte xeraci\u00f3n surcoreana ou galega ter\u00eda a metade de xente que a que a est\u00e1 a enxendrar. De feito, como Galicia xa leva moitos anos en cifras semellantes (Corea do Sur a\u00ednda non tantos), a pesar da inmigraci\u00f3n, leva baixando poboaci\u00f3n durante d\u00e9cadas de xeito continuado ano tras ano; se un ano aumenta un par de milleiros, \u00f3 seguinte baixa cinco veces m\u00e1is.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n  O anterior incide nunha morea de problemas, dende as causas do cambio clim\u00e1tico \u00e1 falta de materiais para a electr\u00f3nica, pasando pola perda de diversidade ou a contaminaci\u00f3n, e sobre todo, nunha distribuci\u00f3n an\u00f3mala de posibilidades para cada persoa. Poden facerse moitos comentarios e apreciaci\u00f3ns \u00f3s n\u00fameros anteriores, pero quedar\u00edame para considerar cuns poucos que est\u00e1n relacionados e que entendo que tentan a procura de soluci\u00f3n a un problema sen mirar as causas. Son aqueles que ven \u00e1 poboaci\u00f3n s\u00f3 como unha variable para o que chaman movemento econ\u00f3mico, o medrar en produto industrial bruto ou taxas semellantes. Aqueles xerados por xente \u00e1 que non se lle pasa pola cabeza un comentario do tipo dun que vin esta semana na rede: &#8220;Organizas un pa\u00eds en el que no vale la pena vivir y luego te preguntas por qu\u00e9 la gente no quiere tener hijos en \u00e9l. Me recuerda a mi pa\u00eds&#8221;. Xente que considera normal que na r\u00faa se vexan abondo m\u00e1is cans que nenos (claro, infl\u00fae a hora do colexio, os cans non van&#8230; e neces\u00edtase sacalos varias veces \u00f3 d\u00eda!). Pode que xente coma n\u00f3s mesmos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n    E \u00e9 que se se mira s\u00f3 dende a econom\u00eda, iso de non ter xente a quen vender pode ser unha cat\u00e1strofe tan grande ou m\u00e1is como non ter a xente que produza para levarse unha tallada do seu produto, e saen ideas como permitir que as empregadas dom\u00e9sticas estranxeiras podan cobrar menos do salario m\u00ednimo (algo legal nalg\u00fan pa\u00eds), ou perseguir e &#8216;tratar m\u00e9dicamente&#8217; a homosexualidade. Pode que porque en Galicia o neoliberalismo a\u00ednda est\u00e1 a impo\u00f1erse non se te\u00f1an proposto a\u00ednda ideas semellantes. Todo pode chegar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Superpoboaci\u00f3n, infrareproduci\u00f3n &nbsp;&nbsp;&nbsp; Non somos os \u00fanicos. Dise que Galicia ten un problema de natalidade. Polo que parece, en Corea do Sur est\u00e1n a\u00ednda peor (que Espa\u00f1a, non que Galicia). E empeorando. &nbsp;&nbsp;&nbsp; \u00d3 tempo, no mundo f\u00e1lase de superpoboaci\u00f3n e falta de natalidade. Superpoboaci\u00f3n que afectar\u00eda a todo o planeta. Falta de natalidade en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1958,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-1957","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1957","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1957"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1957\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1958"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1957"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1957"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1957"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}