{"id":1951,"date":"2023-04-05T10:07:00","date_gmt":"2023-04-05T08:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:34:10","modified_gmt":"2024-10-23T14:34:10","slug":"anda-se-onte-houbo-pleno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/04\/05\/anda-se-onte-houbo-pleno\/","title":{"rendered":"Anda! Se onte houbo pleno!"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O mirar as novas do concello vexo que onte houbo pleno. Avisado nela o mesmo d\u00eda, a nota non inclu\u00eda a convocatoria, que tampouco est\u00e1 na sede electr\u00f3nica, seguindo unha vella e mala costume que ultimamente parece que pouco a pouco poidera ir rachando. Xa foi. A <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=4724&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota<\/a> emitida d\u00e9ixoa a continuaci\u00f3n, coa perspectiva de que haber\u00eda pouca cousa a engadir despois do pleno:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/04\/1680620235261021_Foto_Concello_Ribadeo_-_copia.jpeg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"280\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/04\/1680620235261021_Foto_Concello_Ribadeo_-_copia.jpeg\" class=\"wp-image-1952\" width=\"343\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>TAM\u00c9N SE ABORDAR\u00c1N ASUNTOS DE \u00cdNDOLE CONTABLE<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPleno, esta tarde<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n04\/04\/2023<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Hoxe ter\u00e1 lugar o \u00faltimo pleno ordinario do mandato no Concello de Ribadeo. O novo centro de sa\u00fade e a praza de abastos forman parte dos asuntos que figuran na orde do d\u00eda desta sesi\u00f3n, na que ao seu inicio a Corporaci\u00f3n Municipal gardar\u00e1 un minuto de silencio pola memoria das v\u00edtimas do grave accidente de circulaci\u00f3n ocorrido o pasado s\u00e1bado en Xove, segundo deu a co\u00f1ecer esta ma\u00f1\u00e1 o alcalde, Fernando Su\u00e1rez.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO rexedor explicou que &#8220;temos convocado desde a semana pasada un pleno ordinario para estar tarde-noite, que por certo, vai ser o derradeiro deste mandato, e onde se han tratar, coma sempre, temas importantes para Ribadeo. Pero o primeiro que imos facer a Corporaci\u00f3n vai ser gardar un minuto de silencio pola memoria destas catro marabillosas persoas que perderon a vida no fatal accidente de tr\u00e1fico desta pasada fin de semana. Sabemos que a vida debe continuar, pero queremos, sempre co m\u00e1ximo respecto \u00e1s familias e como xesto de apoio e de cari\u00f1o dos representantes p\u00fablicos, expresar humildemente o noso sentimento de que nunca os imos esquecer&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nVarios asuntos figuran na orde do d\u00eda: &#8220;no pleno trataranse asuntos de \u00edndole contable, como a liquidaci\u00f3n do orzamento do ano pasado, como dotaci\u00f3n de remanentes de cr\u00e9dito para facturas que do 2022 foron presentadas no rexistro de entrada neste 2023, as\u00ed como unha serie de axustes contables que hai que facer no cambio de ano para que todo fl\u00faa e se poida seguir traballando con normalidade&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSu\u00e1rez Barcia subli\u00f1ou que &#8220;levaremos neste pleno tam\u00e9n a proposta de modificaci\u00f3n puntual do Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal para delimitar e clasificar con precisi\u00f3n os terreos urbanos comprometidos coa Conseller\u00eda de Sanidade para a futura construci\u00f3n dun novo Centro de Sa\u00fade. Despois dun proceso de meses de tramitaci\u00f3n t\u00e9cnica e de recibir os necesarios informes auton\u00f3micos, procederemos agora \u00e1 aprobaci\u00f3n inicial e posterior exposici\u00f3n p\u00fablica as\u00ed como coa petici\u00f3n do resto de informes sectoriais que marcan as leis&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO alcalde engadiu que &#8220;outro dos puntos ser\u00e1 o inicio do expediente de contrataci\u00f3n dunhas necesarias obras de mellora na Praza de Abastos coa substituci\u00f3n das vellas reixas e persianas dos postos comerciais por outras novas. Este asunto debe vir ao pleno pola demora excesiva e inxustificada por parte da Xunta de Galicia, xa que tras pedir unha subvenci\u00f3n o Concello, recibimos a resposta informal da s\u00faa concesi\u00f3n, e logo a resposta escrita deneg\u00e1ndoa. Diante desta curiosa situaci\u00f3n, o Concello tivo que recorrela, o que levou seguidamente aos t\u00e9cnicos da Xunta a informarnos de que efectivamente \u00edan rectificar na s\u00faa mala praxe. Pero o caso \u00e9 que as semanas pasan e debemos licitar as obras porque con axuda ou sen axuda da Xunta de Galicia, algo ao que xa estamos afeitos, estas obras vanse facer&#8221;.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O mirar as novas do concello vexo que onte houbo pleno. Avisado nela o mesmo d\u00eda, a nota non inclu\u00eda a convocatoria, que tampouco est\u00e1 na sede electr\u00f3nica, seguindo unha vella e mala costume que ultimamente parece que pouco a pouco poidera ir rachando. Xa foi. A nota emitida d\u00e9ixoa a continuaci\u00f3n, coa perspectiva [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1952,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42],"class_list":["post-1951","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1951","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1951"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1951\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1952"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1951"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1951"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1951"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}