{"id":1933,"date":"2023-04-17T11:56:00","date_gmt":"2023-04-17T09:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T16:33:46","modified_gmt":"2024-10-23T14:33:46","slug":"post-pandemia-nova-normalidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/04\/17\/post-pandemia-nova-normalidade\/","title":{"rendered":"Post pandemia. A nova normalidade"},"content":{"rendered":"<p><span>Post pandemia. A nova normalidade&nbsp;<\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/04\/aviC3B3ns20sobre20a20rC3ADa20de20Ribadeo.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"360\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2023\/04\/aviC3B3ns20sobre20a20rC3ADa20de20Ribadeo.jpeg\" class=\"wp-image-1934\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>As novas deixaron xa hai alg\u00fan tempo de falar de xeito regular de pandemia. Por suposto, o virus segue a circular polo mundo adiante, a\u00ednda que en versi\u00f3ns menos perigosas e en menor cantidade, contando xa dende hai tempo cunhas vacinas feitas \u00e1s pr\u00e9sas pero que serviron, a\u00ednda que dos efectos secundarios pouco transcendera.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>As\u00ed pois, o mundo leva volvendo \u00e1 normalidade un tempo que se mide xa por ciclos anuais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O certo \u00e9 que hai moita xente que dubidamos da volta \u00e1 normalidade. Non porque non se vexa un abandono das excepcionalidades tomadas ou forzadas pola pandemia, sen\u00f3n porque a normalidade anterior non estaba definida. Non o estaba no sentido de que cada quen -persoas e sociedades- ti\u00f1a a s\u00faa. En xeral, seguro que pouco ti\u00f1a que ver a que consideraras ti, que est\u00e1s a ler, da dunha neoiorquina no Bronx ou dun saharaui nun campo no deserto alxeriano. E, se consideras que ambos est\u00e1n moi lonxe para unha comparaci\u00f3n, mira a &#8216;normalidade&#8217; dalg\u00fan dos teus veci\u00f1os e veci\u00f1as e de seguro que ves diferencias evidentes xunto coas semellanzas esperadas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Pero a consideraci\u00f3n anterior \u00e9 s\u00f3 un aspecto a considerar nesa volta \u00f3 normal. En plena pandemia, houbo quen dixo que \u00edamos sa\u00edr mellores. Pero non vimos que as guerras remataran, nin que o matonismo dos pa\u00edses ou na nosa sociedade desaparecera, que a discriminaci\u00f3n por diversas causas se evaporara ou que a corrupci\u00f3n sexa auga pasada. Por suposto que hobo cambios: os aplausos \u00f3 persoal m\u00e9dico desapareceron para deixar paso \u00f3 aumento de queixas dos servizos de sa\u00fade, cada vez m\u00e1is escasos de persoal e cartos. Agora ben, p\u00f3dese dicir que cambiamos, ou que a normalidade xa non \u00e9 a mesma?<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai uns d\u00edas tomei unha foto \u00e1 ma\u00f1anci\u00f1a sobre a fermosa r\u00eda de Ribadeo. P\u00f3dense contar nela as estelas de ao menos 13 avi\u00f3ns. En pandemia, o c\u00f3mputo era abondo m\u00e1is doado. Non era necesario saber contar. Ou sexa, pasou a pandemia, e retornaron algunhas cousas de antes, da &#8216;normalidade&#8217; anterior, fora o que fora. E, \u00f3 tempo, o mundo mudou. Os que temos certa idade temos visto moitos cambios, \u00e1 vez que sentimos a sensaci\u00f3n de que os novos cambios cada vez suc\u00e9dense con m\u00e1is rapidez, algo contrastado e estudado nalg\u00fans aspectos, como a evoluci\u00f3n empresarial. Ou sexa, despois de tres anos dende o inicio da pandemia, era l\u00f3xico percibir cambios. Pero m\u00e1is a\u00ednda se hai que retornar dende as normativas impostas ou adoptadas por propia vontade e interiorizadas nos per\u00edodos de illamento, ofrecendo un contraste e perspectivas novas, que non hab\u00eda antes, \u00f3 tempo que h\u00e1bitos que tampouco hab\u00eda. E as\u00ed, \u00e9 &#8216;normal&#8217; que a &#8216;nova normalidade&#8217; se pareza a antiga, pero \u00f3 tempo, que te\u00f1a as s\u00faas peculiaridades. \u00c9 dicir, que sexa &#8216;outra&#8217; normalidade. E a\u00ednda m\u00e1is, se temos en conta que o tempo de pandemia serviu tam\u00e9n de catalizador para interiorizar e comezar a ver de xeito diferente fen\u00f3menos como o cambio clim\u00e1tico e os seus derivados -de seca a vagas fr\u00edas extempor\u00e1neas- ou a falta de recursos naturais, a contaminaci\u00f3n, a perda de biodiversidade, a\u00ednda que coste moito m\u00e1is traballo decatarse dunha das principais variables, da imbecilidade humana, con mostras incontables como as que provocaron eses fen\u00f3menos ou impiden mesmo a posibilidade de arranxo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Todo normal. Iso si, normalidade nova, como ven sendo normal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Post pandemia. A nova normalidade&nbsp; &nbsp;&nbsp;&nbsp; As novas deixaron xa hai alg\u00fan tempo de falar de xeito regular de pandemia. Por suposto, o virus segue a circular polo mundo adiante, a\u00ednda que en versi\u00f3ns menos perigosas e en menor cantidade, contando xa dende hai tempo cunhas vacinas feitas \u00e1s pr\u00e9sas pero que serviron, a\u00ednda que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1934,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-1933","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1933","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1933"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1933\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1934"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1933"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1933"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1933"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}